Por que os nenos necesitan saber sobre xénero e sexualidade
-
0:00 - 0:03Ben, comecemos.
-
0:03 - 0:06(Música)
-
0:06 - 0:09(Cantando) Está ben ser gai!
-
0:09 - 0:12Somos diferentes de moitos xeitos
-
0:12 - 0:16É igual se es neno, nena
ou algo intermedio -
0:16 - 0:21Todos somos parte dunha gran familia
-
0:22 - 0:26"Gai" significa "feliz"
-
0:26 - 0:29Queer Kid Stuff.
-
0:29 - 0:31Ti es suficiente
-
0:31 - 0:33en Queer Kid Stuff.
-
0:35 - 0:38(Aplausos)
-
0:42 - 0:45Comezar cantando "Está ben ser gai"
-
0:45 - 0:47diante de adultos é unha cousa,
-
0:47 - 0:52outra cousa totalmente distinta
é facelo diante de nenos. -
0:52 - 0:56Acaban de escoitar a canción
da miña serie "Queer Kid Stuff", -
0:56 - 1:00onde fago vídeos LGTBQ+
e de xustiza social para todas as idades. -
1:00 - 1:04E cando digo todas as idades,
quero dicir dende meniños -
1:04 - 1:07ata as súas tataravoas.
-
1:07 - 1:10Eu sei o que estarán pensando:
-
1:10 - 1:13"Vaia, falar cos nenos de cousas gais"
-
1:13 - 1:18Pero falarlles disto aos nenos
resulta crucial. -
1:18 - 1:20A Academia Americana de Pediatría afirma
-
1:20 - 1:24que os nenos son conscientes
da súa identidade de xénero -
1:24 - 1:26dende os catro anos.
-
1:26 - 1:29Aí os nenos están desenvolvendo
a súa propia identidade. -
1:29 - 1:31Están observando o mundo que os rodea,
-
1:31 - 1:33absorbendo a información
-
1:33 - 1:34e interiorizándoa.
-
1:35 - 1:37A maioría de pais quere
que os seus fillos sexan -
1:37 - 1:40adultos bos, empáticos e con seguridade,
-
1:40 - 1:44e a exposición á diversidade é importante
-
1:44 - 1:46para ese desenvolvemento social e emotivo.
-
1:48 - 1:50E os nenos de xénero disconforme
-
1:50 - 1:55e os nenos trans e os nenos con pais queer
ou de xénero non binario -
1:55 - 1:57existen e están en todas partes.
-
2:00 - 2:05Na serie, o oso de peluche e mais eu
falamos da comunidade LGTB, -
2:05 - 2:07de activismo, xénero e pronomes,
-
2:07 - 2:10consentimento e de corpos en positivo.
-
2:10 - 2:12Introducimos os temas con cancións,
-
2:12 - 2:14parecidas á que acaban de escoitar,
-
2:14 - 2:17con definicións sinxelas e metáforas.
-
2:17 - 2:21Acercámonos ás ideas, como diría
unha antiga mestra, -
2:21 - 2:23situándonos á altura dun neno,
-
2:23 - 2:25poñéndonos no seu lugar
-
2:25 - 2:29e mirando cara a arriba ao gran mundo
que está perante os seus pequenos ollos, -
2:29 - 2:34collendo estas ideas que parecen complexas
e simplificándoas, -
2:34 - 2:36non reducíndoas a algo simplón,
-
2:36 - 2:38senón englobándoas nun concepto central.
-
2:38 - 2:42O xénero é a maneira na que nos sentimos
e na que nos expresamos. -
2:42 - 2:45A sexualidade está relacionada
co amor, o xénero e a familia, -
2:45 - 2:46non co sexo.
-
2:47 - 2:49E estas son ideas
que os nenos poden comprender -
2:49 - 2:52Nun dos primeiros episodios sobre xénero,
-
2:52 - 2:54Falei do concepto dos pronomes
-
2:54 - 2:57para minimizar a súa definición
e introducir pronomes de xénero neutro -
2:57 - 2:58como "ele".
-
2:59 - 3:01Animo aos nenos a pensar
nos seus propios pronomes -
3:01 - 3:04e a preguntar aos demáis
cales son os seus. -
3:04 - 3:07En episodios posteriores,
apoiándome nesta base -
3:07 - 3:11introducín palabras máis guais como
"non binario" e "transxénero". -
3:12 - 3:14Recibo correos de xente de 20 anos
-
3:14 - 3:19que usan os meus vídeos para falarlles
aos avós do xénero non binario. -
3:20 - 3:26Pero tamén recibo un comentario,
unha e outra vez: -
3:27 - 3:29"Hai que deixar aos nenos ser nenos".
-
3:30 - 3:33Si, é unha idea bonita,
-
3:33 - 3:38pero só, se inclúe a todos os nenos.
-
3:39 - 3:41Hai só unhas semanas,
-
3:41 - 3:44un rapaz de 15 anos de Huntsville, Alabama
-
3:44 - 3:48suicidouse tras sufrir acoso por ser gai.
-
3:49 - 3:53En 2018, foi un neno de 7 anos
-
3:53 - 3:55en Denver, Colorado.
-
3:56 - 4:00Houbo e haberá moitos máis.
-
4:01 - 4:03Lesbianas, gais e bisexuais adolescentes
-
4:03 - 4:06teñen un risco 3 veces maior
de intentar suicidarse -
4:06 - 4:08que os mozos heterosexuais,
-
4:08 - 4:12e os adolescentes transxénero
teñen un risco case 6 veces maior. -
4:13 - 4:16De acordo cun estudo,
un terzo dos xoves sen fogar -
4:16 - 4:20identifícase como lesbiana,
gai, bisexual ou indeciso -
4:20 - 4:24e case o 4% dos xoves
sen fogar identifícase como transxénero, -
4:24 - 4:28comparado co 1% da da poboación xeral
de xoves sen fogar. -
4:29 - 4:32De acordo con Human Rights Campaign,
-
4:32 - 4:37houbo 128 asasinatos de persoas trans
-
4:38 - 4:41en 87 cidades de 32 estados
-
4:41 - 4:43dende 2013.
-
4:43 - 4:46E eses son só os datos que constan.
-
4:47 - 4:52O 80% deses asasinatos foron
de mulleres trans de cor. -
4:54 - 4:58A situación queer é desoladora,
-
4:58 - 4:59por dicir pouco.
-
5:01 - 5:03Os comentarios dos meus vídeos en YouTube
-
5:03 - 5:05non son moito mellores.
-
5:06 - 5:07Estou afeita ao acoso.
-
5:07 - 5:10Recibo mensaxes cada día
chamándome pedófila -
5:10 - 5:14e dicindo que debería matarme
de xeitos cada vez máis creativos. -
5:15 - 5:18Tiven que incluir "camión"
na lista de palabras silenciadas -
5:18 - 5:20porque alguén quería
que me esfachase un camión. -
5:20 - 5:23"Ducha" e "forno" tamén están nesa lista,
-
5:23 - 5:27polas referencias ao Holocausto,
menos creativas pero máis preocupantes. -
5:27 - 5:30Cando os neonazis se manifestaron
en Charlottesville, -
5:30 - 5:32non me sorprendeu descubrir
-
5:32 - 5:36que o creador dun meme violento
sobre un dos meus episodios -
5:36 - 5:39estaba na multitude que levaba os fachos.
-
5:40 - 5:44Este bombardeo de negatividade é
contra o que nos enfrontamos: -
5:44 - 5:47as estatísticas desoladoras, a violencia,
os riscos para a saúde mental. -
5:47 - 5:51a resposta con boas intencións pero
equivocada dos meus pais -
5:51 - 5:54cando saín do armario: que non
querían que tivese unha vida dura. -
5:55 - 5:57Iso é contra o que estamos.
-
5:58 - 6:00Pero a pesar de todo isto,
-
6:01 - 6:04quédome coa felicidade.
-
6:04 - 6:08Quédome cos arcos da vella,
cos unicornios e coa purpurina, -
6:08 - 6:13e canto que está ben ser gai
co oso de peluche da miña infancia -
6:14 - 6:15Fago contido queer para nenos
-
6:15 - 6:19porque a min gustaríame ter isto
cando tiña a súa idade. -
6:19 - 6:23Fágoo para que outras persoas
non pasen polo mesmo ca min, -
6:23 - 6:25que non entendía a miña identidade
-
6:25 - 6:28porque non tiña ningún referente
do que eu podería ser. -
6:29 - 6:33Ensino e comparto esta mensaxe
con alegría e positividade -
6:33 - 6:36en lugar de centrarme nas dificultades
da vida das persoas queer -
6:37 - 6:39Quero que os nenos se fagan maiores
-
6:39 - 6:43e sintan orgullo polo que son
e por quen poden ser, -
6:43 - 6:47sen importar a quen queren ou a roupa
que leven ou os pronomes que usen. -
6:47 - 6:50E quero que se queiran e queiran
os demais polas súas diferenzas -
6:51 - 6:52non a pesar delas.
-
6:53 - 6:57Creo que fomentarmos
este orgullo e empatía -
6:57 - 7:02fará do mundo un lugar
máis amable e igualitario -
7:02 - 7:06e loitará contra a intolerancia
e o odio que infecta o noso mundo. -
7:08 - 7:13Así que, falenlles aos nenos sobre xénero.
-
7:13 - 7:15Falenlles aos nenos sobre sexualidade.
-
7:15 - 7:17Ensinenlles aos nenos
sobre consentimento. -
7:17 - 7:20Díganlles que está ben
que os nenos leven vestidos -
7:20 - 7:23e que as nenas falen con decisión.
-
7:23 - 7:27Estendamos a alegría radical queer.
-
7:28 - 7:30Grazas.
-
7:30 - 7:34(Aplausos)
- Title:
- Por que os nenos necesitan saber sobre xénero e sexualidade
- Speaker:
- Lindsay Amer
- Description:
-
Lindsay Amer é a creadora de "Queer Kid Stuff", unha serie de vídeos educativos que simplifica ideas complicadas sobre xénero e sexualidade a través de cancións e metáforas. Amer espera contribuir a crear adultos máis empáticos ofrecendo un vocabulario aos nenos e as familias para expresarse, e tamén espera estender unha mensaxe de aceptación radical nun mundo onde ás veces é perigoso simplemente ser nós mesmos. "Quero que os nenos se fagan maiores con orgullo por como son e por quen poden chegar a ser", di Amer.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 07:47
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Why kids need to learn about gender and sexuality | ||
Xosé María Moreno approved Galician subtitles for Why kids need to learn about gender and sexuality | ||
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for Why kids need to learn about gender and sexuality | ||
Xosé María Moreno accepted Galician subtitles for Why kids need to learn about gender and sexuality | ||
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for Why kids need to learn about gender and sexuality | ||
Henar Meilán Martínez edited Galician subtitles for Why kids need to learn about gender and sexuality |