Return to Video

O segredo para gañar cartos como autónomo

  • 0:00 - 0:03
    Adoitaba ser pésima
    en gañar cartos.
  • 0:03 - 0:05
    Antes era subalterna en
    planificación financieira.
  • 0:05 - 0:08
    axudaba á xente
    a xestionar os seus cartos.
  • 0:08 - 0:11
    Mais gañaba tan pouco
    que ía ao traballo en bici
  • 0:11 - 0:12
    para aforrar en gasolina,
  • 0:12 - 0:15
    e fixen unha horta
    para aforrar en comida.
  • 0:15 - 0:17
    Agora teño unha axencia de contabilidade
  • 0:17 - 0:19
    que axuda concretamente
    a negocios artísticos.
  • 0:20 - 0:22
    [TED: como traballamos]
  • 0:22 - 0:24
    [Faino posible grazas a Dropbox]
  • 0:24 - 0:27
    Pode que resulte estraño
    da boca dunha planificadora financieira,
  • 0:27 - 0:29
    pero non son fan do capitalismo.
  • 0:29 - 0:34
    Case toda a xente coa que traballo,
    coñezo e quero son artistas, eu tamén.
  • 0:34 - 0:36
    Así que coñezo como funciona o sistema.
  • 0:36 - 0:40
    Os autónomos e os artistas
    adoitan estar moi mal pagos.
  • 0:40 - 0:44
    A miúdo cren que pensar nos cartos
    vai corromper a súa creatividade
  • 0:44 - 0:47
    ou simplemente cren que
    non son bos nos negocios.
  • 0:47 - 0:50
    Pero o certo é que podemos
    ser bos niso,
  • 0:50 - 0:51
    de feito, temos que selo,
  • 0:51 - 0:53
    porque a nosa liberdade depende diso:
  • 0:53 - 0:56
    a nosa liberdade de crear, de influenciar
  • 0:56 - 0:57
    e utilizar o poder dos cartos
  • 0:57 - 1:02
    para cambiarmos o sistema de explotación
    que ten aos artistas na ruína.
  • 1:03 - 1:04
    Xa non teño problemas
  • 1:04 - 1:07
    e aprendín moito
    dende que son planificadora financieiera,
  • 1:07 - 1:09
    e agora quero compartilo convosco.
  • 1:09 - 1:11
    Isto é o que aprendín e o que fixen.
  • 1:11 - 1:13
    Primeiro: o que farás.
  • 1:13 - 1:14
    Cando recibas unha proposición,
  • 1:14 - 1:16
    deberás responder esta pregunta:
  • 1:16 - 1:19
    Por que te elixirírian a ti
    antes que ao resto?
  • 1:19 - 1:22
    Se non podes responder a isto,
    tampouco poden os teus posibles clientes,
  • 1:22 - 1:26
    polo que non poderás pedir máis
    por iso que fai especial o teu traballo.
  • 1:26 - 1:29
    O prezo é o diferenciador,
    subastarse implica ir á cola.
  • 1:29 - 1:32
    O que te destaque poder ser o que fagas,
    por que o fas ou como o fagas:
  • 1:33 - 1:36
    un cuarteto de corda que toque
    mesturas de hip-hop
  • 1:36 - 1:41
    ou unha marca que sexa única publicitando
    tecnoloxía para a xeración do Baby Boom
  • 1:41 - 1:42
    ou un escenógrafo
  • 1:42 - 1:45
    famoso por confeccionar
    miniaturas en papel maché.
  • 1:45 - 1:47
    Segundo: para quen o fas.
  • 1:47 - 1:50
    Despois de definir o que
    te fai diferente,
  • 1:50 - 1:52
    atopa o teu tipo de cliente ideal.
  • 1:52 - 1:55
    Para maior eficacia,
    tes que limitar os teus horizontes.
  • 1:55 - 1:58
    Sen un obxectivo, tentas ser todo
    para todo o mundo
  • 1:58 - 2:00
    e rematas sendo nada para ninguén.
  • 2:00 - 2:03
    Logo, utiliza a linguaxe axeitada
    para atraeres o teu cliente obxectivo.
  • 2:03 - 2:07
    Elabora o tipo de publicidade ou traballos
    que máis os atraia.
  • 2:07 - 2:10
    De seguido tes que ir onde eles están,
    virtualmente ou na vida real.
  • 2:10 - 2:12
    Por exemplo, se es
    un videógrafo
  • 2:12 - 2:15
    e queres traballar
    con compañías comprometidas
  • 2:15 - 2:17
    para levar auga potable
    a lugares onde escasea,
  • 2:17 - 2:22
    fai un video que mostre o poder
    das imaxes para facer actuar á xente.
  • 2:22 - 2:27
    Terceiro: cando toque falar de prezo,
    ten en mente o valor real do teu traballo.
  • 2:27 - 2:31
    Non só te pagan polo tempo
    que dedicas a un proxecto.
  • 2:31 - 2:34
    Tamén por todo o que aprendiches
  • 2:34 - 2:36
    e todo o que fixeches ao longo dos anos
  • 2:36 - 2:38
    que te fai bo no que fas.
  • 2:38 - 2:39
    Pregúntate o seguinte:
  • 2:39 - 2:42
    Como o teu traballo impacta
    no balance final do teu cliente?
  • 2:42 - 2:45
    Como o teu traballlo
    pode axudalo a aforrar?
  • 2:45 - 2:47
    Cantos cartos pode gañar o teu cliente
  • 2:47 - 2:50
    co producto que lle axudas a crear?
  • 2:50 - 2:53
    Por exemplo, se es un autónomo
    que axuda aos "youtubers"
  • 2:53 - 2:56
    a comerciar produtos como
    camisetas ou gorras
  • 2:56 - 2:59
    menciona o beneficio que axudas
    a xerar aos teus clientes.
  • 2:59 - 3:03
    Ou se creaches un programa de adestramento
    en diversidade e inclusión
  • 3:03 - 3:04
    para empresas,
  • 3:04 - 3:08
    menciona cantos cartos e tempo
    aforra a empresa grazas ao teu producto
  • 3:08 - 3:10
    en lugar de crear o seu.
  • 3:10 - 3:15
    Cuarto: que o teu prezo inclúa
    impostos, gastos xerais e o teu beneficio.
  • 3:15 - 3:18
    Se es autónomo,
    ti es o teu negocio,
  • 3:18 - 3:20
    polo que es o responsable
    da publicidade,
  • 3:20 - 3:22
    contabilidade, impostos, temas legais,
  • 3:22 - 3:25
    seguro, gastos xerais e beneficio.
  • 3:25 - 3:26
    Se pos un prezo demasiado baixo,
  • 3:26 - 3:29
    xa negociaches na túa contra.
  • 3:29 - 3:32
    E se un posible cliente
    se queixa do prezo,
  • 3:32 - 3:33
    non pidas perdón.
  • 3:33 - 3:35
    Dille que tes un negocio que xestionar
  • 3:35 - 3:38
    e que non te podes permitir
    traballar por menos.
  • 3:38 - 3:39
    En lugar de corromper a túa creatividade,
  • 3:39 - 3:43
    centrarte en obter máis diñeiro
    pode estimulala
  • 3:43 - 3:45
    ao dáreste a liberdade de elixir.
  • 3:45 - 3:49
    Porque cando gañas dabondo
    traballando para quen valora o teu traballo,
  • 3:49 - 3:52
    non tes que facer concesións
    con clientes que non o valoran.
Title:
O segredo para gañar cartos como autónomo
Speaker:
Paco de Leon
Description:

A miúdo, os autónomos vense obrigados a decidir entre a súa creatividade e o seu beneficio. A planificadora financieira Paco de Leon desmonta esta crenza e dános consellos prácticos sobre como diferenciármonos e cobrarmos o que merecemos.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
03:52

Galician subtitles

Revisions