WEBVTT 00:00:00.266 --> 00:00:02.761 Adoitaba ser pésima en gañar cartos. 00:00:02.761 --> 00:00:05.100 Antes era subalterna en planificación financieira. 00:00:05.134 --> 00:00:07.593 axudaba á xente a xestionar os seus cartos. 00:00:07.597 --> 00:00:10.760 Mais gañaba tan pouco que ía ao traballo en bici 00:00:10.784 --> 00:00:12.129 para aforrar en gasolina, 00:00:12.153 --> 00:00:14.631 e fixen unha horta para aforrar en comida. 00:00:14.655 --> 00:00:16.677 Agora teño unha axencia de contabilidade 00:00:16.701 --> 00:00:19.048 que axuda concretamente a negocios artísticos. NOTE Paragraph 00:00:19.528 --> 00:00:21.730 [TED: como traballamos] NOTE Paragraph 00:00:21.754 --> 00:00:23.758 [Faino posible grazas a Dropbox] NOTE Paragraph 00:00:23.782 --> 00:00:26.824 Pode que resulte estraño da boca dunha planificadora financieira, 00:00:26.848 --> 00:00:28.599 pero non son fan do capitalismo. 00:00:28.623 --> 00:00:33.738 Case toda a xente coa que traballo, coñezo e quero son artistas, eu tamén. 00:00:33.762 --> 00:00:36.311 Así que coñezo como funciona o sistema. 00:00:36.335 --> 00:00:40.178 Os autónomos e os artistas adoitan estar moi mal pagos. 00:00:40.202 --> 00:00:43.977 A miúdo cren que pensar nos cartos vai corromper a súa creatividade 00:00:44.001 --> 00:00:47.376 ou simplemente cren que non son bos nos negocios. NOTE Paragraph 00:00:47.400 --> 00:00:49.888 Pero o certo é que podemos ser bos niso, 00:00:49.888 --> 00:00:51.387 de feito, temos que selo, 00:00:51.387 --> 00:00:53.454 porque a nosa liberdade depende diso: 00:00:53.478 --> 00:00:55.737 a nosa liberdade de crear, de influenciar 00:00:55.761 --> 00:00:57.430 e utilizar o poder dos cartos 00:00:57.454 --> 00:01:02.190 para cambiarmos o sistema de explotación que ten aos artistas na ruína. NOTE Paragraph 00:01:02.682 --> 00:01:04.266 Xa non teño problemas 00:01:04.266 --> 00:01:07.089 e aprendín moito dende que son planificadora financieiera, 00:01:07.089 --> 00:01:09.125 e agora quero compartilo convosco. 00:01:09.149 --> 00:01:10.923 Isto é o que aprendín e o que fixen. NOTE Paragraph 00:01:10.947 --> 00:01:12.651 Primeiro: o que farás. 00:01:12.651 --> 00:01:14.136 Cando recibas unha proposición, 00:01:14.136 --> 00:01:16.242 deberás responder esta pregunta: 00:01:16.286 --> 00:01:18.839 Por que te elixirírian a ti antes que ao resto? 00:01:18.839 --> 00:01:22.249 Se non podes responder a isto, tampouco poden os teus posibles clientes, 00:01:22.249 --> 00:01:25.543 polo que non poderás pedir máis por iso que fai especial o teu traballo. 00:01:25.543 --> 00:01:28.790 O prezo é o diferenciador, subastarse implica ir á cola. 00:01:28.790 --> 00:01:32.352 O que te destaque poder ser o que fagas, por que o fas ou como o fagas: 00:01:32.746 --> 00:01:35.859 un cuarteto de corda que toque mesturas de hip-hop 00:01:35.883 --> 00:01:40.599 ou unha marca que sexa única publicitando tecnoloxía para a xeración do Baby Boom 00:01:40.623 --> 00:01:42.113 ou un escenógrafo 00:01:42.137 --> 00:01:45.248 famoso por confeccionar miniaturas en papel maché. NOTE Paragraph 00:01:45.462 --> 00:01:47.466 Segundo: para quen o fas. 00:01:47.490 --> 00:01:49.529 Despois de definir o que te fai diferente, 00:01:49.553 --> 00:01:51.790 atopa o teu tipo de cliente ideal. 00:01:51.814 --> 00:01:54.998 Para maior eficacia, tes que limitar os teus horizontes. 00:01:55.022 --> 00:01:57.540 Sen un obxectivo, tentas ser todo para todo o mundo 00:01:57.564 --> 00:01:59.887 e rematas sendo nada para ninguén. 00:01:59.911 --> 00:02:03.322 Logo, utiliza a linguaxe axeitada para atraeres o teu cliente obxectivo. 00:02:03.346 --> 00:02:07.286 Elabora o tipo de publicidade ou traballos que máis os atraia. 00:02:07.286 --> 00:02:10.472 De seguido tes que ir onde eles están, virtualmente ou na vida real. 00:02:10.472 --> 00:02:12.413 Por exemplo, se es un videógrafo 00:02:12.437 --> 00:02:14.796 e queres traballar con compañías comprometidas 00:02:14.816 --> 00:02:17.261 para levar auga potable a lugares onde escasea, 00:02:17.295 --> 00:02:21.925 fai un video que mostre o poder das imaxes para facer actuar á xente. NOTE Paragraph 00:02:22.169 --> 00:02:26.993 Terceiro: cando toque falar de prezo, ten en mente o valor real do teu traballo. 00:02:27.117 --> 00:02:30.934 Non só te pagan polo tempo que dedicas a un proxecto. 00:02:30.958 --> 00:02:33.555 Tamén por todo o que aprendiches 00:02:33.579 --> 00:02:35.564 e todo o que fixeches ao longo dos anos 00:02:35.588 --> 00:02:37.802 que te fai bo no que fas. 00:02:37.826 --> 00:02:39.463 Pregúntate o seguinte: 00:02:39.487 --> 00:02:42.169 Como o teu traballo impacta no balance final do teu cliente? 00:02:42.193 --> 00:02:45.080 Como o teu traballlo pode axudalo a aforrar? 00:02:45.104 --> 00:02:47.173 Cantos cartos pode gañar o teu cliente 00:02:47.197 --> 00:02:49.569 co producto que lle axudas a crear? 00:02:49.593 --> 00:02:53.347 Por exemplo, se es un autónomo que axuda aos "youtubers" 00:02:53.371 --> 00:02:56.153 a comerciar produtos como camisetas ou gorras 00:02:56.177 --> 00:02:59.287 menciona o beneficio que axudas a xerar aos teus clientes. 00:02:59.311 --> 00:03:02.877 Ou se creaches un programa de adestramento en diversidade e inclusión 00:03:02.901 --> 00:03:04.325 para empresas, 00:03:04.349 --> 00:03:08.162 menciona cantos cartos e tempo aforra a empresa grazas ao teu producto 00:03:08.186 --> 00:03:10.195 en lugar de crear o seu. NOTE Paragraph 00:03:10.219 --> 00:03:15.075 Cuarto: que o teu prezo inclúa impostos, gastos xerais e o teu beneficio. 00:03:15.099 --> 00:03:18.020 Se es autónomo, ti es o teu negocio, 00:03:18.044 --> 00:03:20.020 polo que es o responsable da publicidade, 00:03:20.044 --> 00:03:22.372 contabilidade, impostos, temas legais, 00:03:22.396 --> 00:03:24.614 seguro, gastos xerais e beneficio. 00:03:24.638 --> 00:03:26.248 Se pos un prezo demasiado baixo, 00:03:26.248 --> 00:03:28.804 xa negociaches na túa contra. 00:03:28.828 --> 00:03:31.860 E se un posible cliente se queixa do prezo, 00:03:31.884 --> 00:03:33.410 non pidas perdón. 00:03:33.410 --> 00:03:35.220 Dille que tes un negocio que xestionar 00:03:35.220 --> 00:03:37.506 e que non te podes permitir traballar por menos. NOTE Paragraph 00:03:37.506 --> 00:03:39.462 En lugar de corromper a túa creatividade, 00:03:39.462 --> 00:03:42.775 centrarte en obter máis diñeiro pode estimulala 00:03:42.799 --> 00:03:44.727 ao dáreste a liberdade de elixir. 00:03:44.751 --> 00:03:48.944 Porque cando gañas dabondo traballando para quen valora o teu traballo, 00:03:48.968 --> 00:03:52.186 non tes que facer concesións con clientes que non o valoran.