Os segredos que descubro no misterioso fondo mariño
-
0:01 - 0:02Son química mariña.
-
0:02 - 0:04Estudo as propiedades químicas
actuais dos océanos. -
0:04 - 0:07E as propiedades químicas
dos océanos no pasado. -
0:07 - 0:09Para observar o pasado,
-
0:09 - 0:13utilizo restos fósiles de corais
de augas profundas. -
0:13 - 0:15Detrás de min tedes unha imaxe
dun destes corais. -
0:15 - 0:20Foi recollido cerca da Antártida,
a miles de metros de profundidade. -
0:20 - 0:22Moi distinto, polo tanto,
do tipo de corais -
0:22 - 0:25que se cadra tivestes a sorte de atopar
se fostes de vacacións ao trópico. -
0:26 - 0:27Con esta charla espero ofrecervos
-
0:27 - 0:30unha visión do océano
en catro dimensións. -
0:30 - 0:33Dúas dimensións, como as desta
fermosa imaxe, que representa -
0:33 - 0:35a temperatura superficial do mar.
-
0:35 - 0:39Tomouse vía satélite, polo que ten
unha resolución espacial altísima. -
0:40 - 0:43Os trazos xerais son moi doados
de entender. -
0:43 - 0:46As rexións ecuatoriais están máis quentes
porque reciben máis luz solar. -
0:46 - 0:49As rexións polares están frías
porque reciben menos luz. -
0:49 - 0:52Iso permite que se formen grandes
capas de xeo na Antártida -
0:52 - 0:54e no extremo do hemisferio norte.
-
0:54 - 0:58Se nos mergullamos no mar a gran
profundidade, ou só metemos o pé, -
0:58 - 1:00notamos máis frío canto máis
descendemos, -
1:00 - 1:04e iso ocorre sobre todo porque as augas
profundas do abismo oceánico -
1:04 - 1:07proceden das frías rexións polares
onde a densidade da auga é alta. -
1:08 - 1:11Se retrocedésemos no tempo
uns 20.000 anos, -
1:11 - 1:13a Terra tería un aspecto
moi distinto. -
1:13 - 1:16Este debuxo representa unha das
diferenzas máis importantes -
1:16 - 1:19que veríamos se retrocedésemos
todo ese tempo. -
1:19 - 1:20As capas de xeo eran moito maiores.
-
1:20 - 1:23Cubrían gran parte do continente
e estendíanse polo océano. -
1:24 - 1:26O nivel do mar era 120 metros
máis baixo. -
1:26 - 1:30Os niveis de dióxido de carbono
eran moi inferiores aos actuais. -
1:30 - 1:34Así que a temperatura media da Terra era
entre tres e cinco graos máis baixa, -
1:34 - 1:37e moitísimo máis baixa
nas rexións polares. -
1:38 - 1:39O que trato de entender,
-
1:39 - 1:42coma outros colegas meus,
-
1:42 - 1:45é como pasamos daquelas
condicións climáticas frías -
1:45 - 1:47ás condicións máis cálidas
das que gozamos hoxe. -
1:48 - 1:50Sabemos pola análise de mostras de xeo
-
1:50 - 1:53que a transición destas condicións frías
a outras máis cálidas -
1:53 - 1:57non foi gradual, como cabería predicir
polo lento aumento da radiación solar. -
1:58 - 2:01Sabémolo polas mostras de xeo,
porque, ao perforar o xeo, -
2:01 - 2:05atopamos bandas anuais, como
podedes observar neste iceberg. -
2:05 - 2:07Son esas capas azuis e brancas.
-
2:07 - 2:10Os gases quedan atrapados no xeo,
polo que podemos medir o CO2 -- -
2:10 - 2:13por iso sabemos que había
menos CO2 no pasado-- -
2:13 - 2:16e a composición química do xeo
dinos a temperatura -
2:16 - 2:17das rexións polares.
-
2:17 - 2:21Se avanzamos dende
hai 20.000 anos ata hoxe, -
2:21 - 2:23vemos que a temperatura aumentou.
-
2:23 - 2:24Non aumentou de xeito gradual.
-
2:24 - 2:26Ás veces aumentaba moi rápido,
-
2:26 - 2:27logo estabilizábase,
-
2:27 - 2:29logo aumentaba rápido.
-
2:29 - 2:31Era distinta nas dúas rexións polares,
-
2:31 - 2:34e o CO2 tamén aumentou a tiróns.
-
2:35 - 2:38Así que estamos convencidos de que
o océano ten moito que ver. -
2:38 - 2:40O océano almacena cantidades enormes
de carbono, -
2:40 - 2:4360 veces máis do que hai
na atmosfera. -
2:43 - 2:46Tamén intervén no transporte de calor
dun lado ao outro do ecuador, -
2:46 - 2:50e está cheo de nutrientes e controla
a produtividade primaria. -
2:50 - 2:53Así que se queremos saber o que pasa
nas profundidades do mar, -
2:53 - 2:55temos que baixar alí,
-
2:55 - 2:56ver o que hai
-
2:56 - 2:57e comezar a explorar.
-
2:57 - 3:00Estas son imaxes espectaculares obtidas
nun monte submarino -
3:00 - 3:03a un quilómetro de profundidade
en augas internacionais -
3:03 - 3:06na zona ecuatorial do Atlántico,
lonxe de terra firme. -
3:06 - 3:09Sodes dos primeiros en ver
este anaco de fondo mariño, -
3:09 - 3:10xunto co meu equipo.
-
3:11 - 3:13Igual estades vendo especies novas.
-
3:13 - 3:14Non o sabemos.
-
3:14 - 3:18Habería que recoller as mostras e facer
unha análise taxonómica rigorosa. -
3:18 - 3:20Aquí vedes o fermoso
Paragorgia arborea. -
3:20 - 3:22Nestes corais viven ofiuras.
-
3:22 - 3:25Son esas cousas con forma de tentáculo
que saen dos corais. -
3:25 - 3:28Corais de distintas formas
de carbonato de calcio -
3:28 - 3:32viven no basalto deste enorme
monte submarino, -
3:32 - 3:35e o material escuro que se ve
son corais fosilizados, -
3:35 - 3:37dos que imos falar un pouco máis
-
3:37 - 3:39ao retrocedermos no tempo.
-
3:39 - 3:42Para iso temos que fretar
un barco de investigación. -
3:42 - 3:45Este é o James Cook, un buque
oceánico de investigación -
3:45 - 3:46atracado en Tenerife.
-
3:46 - 3:47Precioso, non si?
-
3:48 - 3:49Fantástico, se un non é
un gran mariño. -
3:50 - 3:52En ocasións ten máis ben
estoutro aspecto. -
3:52 - 3:55Estes somos nós tratando de non
perder mostras moi valiosas. -
3:55 - 3:58Todos á carreira, e eu
maréome moitísimo, -
3:58 - 4:01así que non sempre é divertido,
aínda que en xeral, si. -
4:01 - 4:04Para dedicarse a isto hai que ser
moi bos cartógrafos. -
4:04 - 4:08Non se atopa en calquera sitio esa
espectacular abundancia de coral. -
4:08 - 4:11É global e está a gran profundidade,
-
4:11 - 4:13pero hai que buscala nos lugares
adecuados. -
4:13 - 4:16Acabamos de ver un mapamundi,
no que sinalamos -
4:16 - 4:17a travesía do ano pasado.
-
4:18 - 4:19Foron sete semanas de viaxe,
-
4:19 - 4:21e este é o mapa que nós fixemos
-
4:21 - 4:26en sete semanas duns 75.000
quilómetros cadrados de fondo mariño, -
4:26 - 4:28unha porción diminuta do fondo do mar.
-
4:28 - 4:30Desprazámonos de oeste a leste,
-
4:30 - 4:33sobre unha zona da que un mapa
a gran escala non mostraría nada, -
4:33 - 4:37aínda que algúns destes montes teñen
o tamaño do Everest. -
4:37 - 4:39Cos mapas que facemos a bordo,
-
4:39 - 4:41obtemos unha resolución duns 100 metros,
-
4:41 - 4:44o que abonda para decidir
onde despregar o equipo, -
4:44 - 4:45pero non permite ver gran cousa.
-
4:45 - 4:48Para facer isto precisamos
dispositivos con control remoto -
4:48 - 4:50que se desprazan a uns cinco metros
do fondo. -
4:50 - 4:54Dese xeito podemos obter mapas
cunha resolución dun metro -
4:54 - 4:56a miles de metros de profundidade.
-
4:56 - 4:58Este é un deses dispositivos remotos,
-
4:58 - 5:00un vehículo de máxima precisión.
-
5:00 - 5:03Dispón de grandes focos
na parte superior, -
5:03 - 5:06cámaras de alta definición,
brazos robóticos, -
5:06 - 5:09e múltiples caixiñas e cousas
para gardar as mostras. -
5:09 - 5:13Esta era a nosa primeira inmersión
nesta expedición concreta. -
5:13 - 5:15Estámonos mergullando.
-
5:15 - 5:17Imos rápido para que
outros barcos non afecten -
5:17 - 5:19aos nosos dispositivos
con control remoto. -
5:19 - 5:20Imos descendendo,
-
5:20 - 5:23e estas son as cousas que se ven.
-
5:23 - 5:26Estas son esponxas de augas profundas,
a escala dun metro. -
5:27 - 5:31Aquí vemos unha holoturia nadando --
en esencia, unha pequena lesma mariña. -
5:31 - 5:32Esta está a cámara lenta.
-
5:32 - 5:35A maioría das imaxes que amoso
están aceleradas, -
5:35 - 5:37porque todo isto leva moito tempo.
-
5:37 - 5:40Esta é outra fermosa holoturia.
-
5:41 - 5:43E o animal que ides ver agora
foi unha gran sorpresa. -
5:43 - 5:46Nunca vira algo así e colleunos
a todos un pouco por sorpresa. -
5:46 - 5:50Levabamos unhas 15 horas traballando
e estabamos algo sobreexcitados -
5:50 - 5:54e de repente este monstro
pasou a rolos por diante de nós -
5:54 - 5:57Chámase pirosoma, ou tamén
tunicado colonial. -
5:57 - 5:59Non era isto o que buscabamos.
-
5:59 - 6:01Nós andabamos á procura
de corais de augas profundas. -
6:02 - 6:04Ides ver deseguida
unha imaxe dun destes. -
6:04 - 6:07É pequeno, duns cinco centímetros de alto.
-
6:07 - 6:10Está composto de carbonato de calcio
e vemos os seus tentáculos, -
6:10 - 6:13que se moven coa corrente.
-
6:13 - 6:16Un organismo coma este vive
probablemente uns cen anos. -
6:16 - 6:20Ao medrar, vai tomando substancias
químicas do océano. -
6:20 - 6:22E a cantidade destas substancias
-
6:22 - 6:25depende da temperatura, do pH
-
6:25 - 6:26e dos nutrientes.
-
6:26 - 6:30Se logramos entender como se integran
estas substancias no esqueleto, -
6:30 - 6:32podemos voltar, recoller
espécimes fósiles -
6:32 - 6:35e reconstruír como era
o océano no pasado. -
6:35 - 6:39Aquí estamos recollendo ese coral
cun sistema de baleiro, -
6:39 - 6:41para poñelo nun recipiente de mostras.
-
6:41 - 6:44Debo engadir que o facemos
con moitísimo coidado. -
6:44 - 6:46Algúns destes organismos viven
aínda máis tempo. -
6:46 - 6:48Esta é unha foto dun coral negro
chamado leiopathes. -
6:48 - 6:53Foi tomada por un colega, Brendan Roark,
en Hawaii, a 500 metros de profundidade. -
6:53 - 6:55Catro mil anos é moito tempo.
-
6:55 - 6:58Se collemos unha póla dun
destes corais e a pulimos, -
6:58 - 7:00isto son uns 100 microns.
-
7:01 - 7:03Brendan analizou varias seccións
deste coral -
7:03 - 7:05--pódense ver as marcas--
-
7:05 - 7:08e puido demostrar que en realidade
se trata de franxas anuais, -
7:08 - 7:10de modo que mesmo a 500 metros
de profundidade -
7:10 - 7:13os corais poden rexistrar
cambios estacionais. -
7:13 - 7:15o cal é bastante espectacular.
-
7:15 - 7:18Pero 4.000 anos non abonda para chegar
ao punto máximo da última glaciación. -
7:18 - 7:20Que facemos entón?
-
7:20 - 7:22Pois imos por estes espécimes fósiles.
-
7:22 - 7:25Por isto non lle caio moi ben
ao meu equipo. -
7:25 - 7:26Cando nos mergullamos,
-
7:26 - 7:28vemos moitos tiburóns xigantes,
-
7:28 - 7:30pirosomas, holoturias nadando,
-
7:30 - 7:32esponxas xigantes,
-
7:32 - 7:34pero eu obrígoos a baixar
ás zonas mortas dos fósiles, -
7:34 - 7:38onde pasan horas remexendo
o fondo mariño. -
7:38 - 7:41Recollemos todos estes corais,
subímolos e clasificámolos. -
7:41 - 7:44Son de distintas idades, e
-
7:44 - 7:46se logramos determinar
a de cada espécime -
7:46 - 7:48e medir eses sinais químicos,
-
7:48 - 7:50iso axúdanos a saber
-
7:50 - 7:52que aconteceu no océano
en épocas pasadas. -
7:53 - 7:54Para obter a imaxe da esquerda,
-
7:54 - 7:57collín unha sección de coral,
pulina con moito coidado -
7:57 - 7:59e fotografeina.
-
7:59 - 8:00Para a imaxe da dereita
-
8:00 - 8:04puxemos o mesmo anaco de coral
nun reactor nuclear, -
8:04 - 8:05inducimos a fisión
-
8:05 - 8:06e cada vez que hai desintegración
-
8:06 - 8:08queda unha marca no coral,
-
8:08 - 8:11e así podemos ver
a distribución do uranio. -
8:11 - 8:12Por que facemos isto?
-
8:12 - 8:14O uranio é un elemento
con moi mala reputación, -
8:14 - 8:15pero a min encántame.
-
8:15 - 8:18A desintegración axúdanos a coñecer
os ritmos e as datas -
8:18 - 8:20do que acontece no océano.
-
8:20 - 8:22Se lembrades o que dixen ao comezo,
-
8:22 - 8:24iso é o que queremos saber
cando pensamos no clima. -
8:24 - 8:27Así que aplicamos un láser
a estes corais para analizar -
8:27 - 8:29o uranio e un dos seus
produtos fillos, o torio, -
8:29 - 8:32e iso dinos con exactitude
a idade dos fósiles. -
8:33 - 8:35Esta fermosa animación
do Océano Antártico -
8:35 - 8:38servirame para ilustrar como
empregamos estes corais -
8:38 - 8:42para obter información
sobre o océano arcaico. -
8:42 - 8:45Podedes ver a densidade
das augas superficiais -
8:45 - 8:47nesta imaxe animada creada
por Ryan Abernathey. -
8:47 - 8:49Mostra os datos dun só ano
-
8:49 - 8:52pero pódese ver o dinámico
que é o Océano Antártico. -
8:52 - 8:56A intensa mestura, sobre todo
o Paso de Drake, -
8:56 - 8:58sinalado cun recadro,
-
8:58 - 9:01é de feito unha das correntes
máis fortes do mundo -
9:01 - 9:03a que flúe por aquí
de oeste a leste. -
9:03 - 9:05A mestura é moi turbulenta,
-
9:05 - 9:07porque circula sobre eses enormes
montes submarinos, -
9:07 - 9:12o cal permite o intercambio
de calor e CO2 coa atmosfera. -
9:12 - 9:16En esencia, os océanos respiran
a través do Océano Antártico. -
9:17 - 9:22Recollimos corais ao longo
de todo este paso antártico, -
9:22 - 9:25e descubrimos algo bastante sorprendente
grazas á datación do uranio: -
9:25 - 9:28os corais migraron de sur a norte
-
9:28 - 9:31durante esta transición da glaciación
ao período interglaciar. -
9:31 - 9:32Non sabemos ben por que,
-
9:32 - 9:35pero pensamos que ten que ver
coas fontes de alimento -
9:35 - 9:37e se cadra coa concentración
de osíxeno na auga. -
9:37 - 9:38Neste punto nos atopamos.
-
9:38 - 9:41Vou ilustrar o que penso que levamos
descuberto sobre o clima -
9:41 - 9:43grazas aos corais do Océano Antártico.
-
9:43 - 9:47Subimos e baixamos montes submarinos.
Recollimos pequenos fósiles de coral. -
9:47 - 9:48Así o represento eu.
-
9:48 - 9:50Pensamos que durante
a glaciación, -
9:50 - 9:52segundo as nosas análises dos corais,
-
9:52 - 9:55a zona profunda do Océano Antártico
era moi rica en carbono -
9:55 - 9:58e había unha capa de baixa densidade
xusto encima -
9:58 - 10:01que impedía que o carbono
saíse do océano. -
10:02 - 10:04Entón atopamos corais
dunha idade intermedia -
10:04 - 10:09que demostran que o océano se mesturou
no medio desa transición climática. -
10:09 - 10:11Iso permite ao carbono
saír da zona máis profunda. -
10:12 - 10:15E se analizamos corais máis
próximos á época moderna, -
10:15 - 10:18ou se baixamos hoxe mesmo alí
-
10:18 - 10:20e medimos as propiedades químicas
dos corais, -
10:20 - 10:24vemos que pasamos a unha situación
na que pode haber intercambio de carbono. -
10:24 - 10:26Este é o modo en que os corais fósiles
-
10:26 - 10:28nos axudan a aprender cousas
sobre o medio. -
10:30 - 10:32Déixovos cunha última diapositiva.
-
10:32 - 10:36É unha imaxe fixa tirada da primeira
gravación que mostrei. -
10:36 - 10:38É un xardín de corais espectacular.
-
10:38 - 10:41Non esperabamos atopar
algo tan fermoso. -
10:41 - 10:43Está a miles de metros de profundidade.
-
10:43 - 10:44Hai especies novas.
-
10:44 - 10:46É simplemente un lugar fermoso.
-
10:46 - 10:48Tamén hai fósiles,
-
10:48 - 10:50e veño de prepararvos para
valorar os fósiles de coral -
10:50 - 10:52que se atopan aló abaixo.
-
10:52 - 10:55A próxima vez que teñades a sorte
de voar sobre o océano -
10:55 - 10:56ou de navegar por el,
-
10:56 - 10:59lembrade que aló abaixo
hai enormes montes submarinos -
10:59 - 11:01que ninguén viu aínda,
-
11:01 - 11:02e fermosos corais.
-
11:02 - 11:03Grazas.
-
11:03 - 11:08(Aplausos)
- Title:
- Os segredos que descubro no misterioso fondo mariño
- Speaker:
- Laura Robinson
- Description:
-
A centos de metros baixo a superficie do océano, Laura Robinson explora as escarpadas ladeiras dos montes submarinos. Anda á procura de corais de miles de anos de idade para analizalos nun reactor nuclear e descubrir como cambia o océano. Estudando a historia da Terra, Robinson espera descubrir pistas sobre o que podería acontecer no futuro.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 11:21
![]() |
Dimitra Papageorgiou approved Galician subtitles for The secrets I find on the mysterious ocean floor | |
![]() |
Belén García Penerbosa accepted Galician subtitles for The secrets I find on the mysterious ocean floor | |
![]() |
Belén García Penerbosa edited Galician subtitles for The secrets I find on the mysterious ocean floor | |
![]() |
Belén García Penerbosa edited Galician subtitles for The secrets I find on the mysterious ocean floor | |
![]() |
Belén García Penerbosa edited Galician subtitles for The secrets I find on the mysterious ocean floor | |
![]() |
Mario Cal edited Galician subtitles for The secrets I find on the mysterious ocean floor | |
![]() |
Mario Cal edited Galician subtitles for The secrets I find on the mysterious ocean floor | |
![]() |
Mario Cal edited Galician subtitles for The secrets I find on the mysterious ocean floor |