Por que son un profe pirata? | Alberto Sacido | TEDxGalicia
-
0:10 - 0:14Vouvos contar por que son un profe pirata.
-
0:14 - 0:19Os docentes non lemos habitualmente
as leis de educación. -
0:20 - 0:22Teño que confesar.
-
0:23 - 0:28Pero a maioría dos implicados
no sistema educativo tampouco as len. -
0:32 - 0:39Dalgunha maneira pode ser porque
o noso sistema educativo está aí -
0:40 - 0:43parado na época da EXB.
-
0:43 - 0:47Esa Lei xeral de educación
do ano 1970, que está aí -
0:47 - 0:51como se fora un transatlántico,
-
0:51 - 0:55varado nesas areas cómodas
e confortables para todo o mundo -
0:55 - 0:58da Educación Xeral Básica.
-
1:01 - 1:04O que vedes aí pode darnos unha idea.
-
1:05 - 1:07Trátase dunha aula de primaria
de hoxe en día. -
1:09 - 1:11Todo o mundo a recoñece, verdade?
-
1:12 - 1:17Pois esta aula, que pode ser de primaria
ou de secundaria, con esas filas -
1:17 - 1:20cara adiante e o encerado,
-
1:20 - 1:22parécese moito a esta outra.
-
1:22 - 1:26Esta outra, ademais, é unha recreación
do Museo Pedagóxico de Galicia -
1:26 - 1:27da primeira EXB.
-
1:27 - 1:29A que non hai moita diferenza?
-
1:29 - 1:31E parécese bastante pouco
-
1:31 - 1:33a esta que vedes aí.
-
1:33 - 1:41Trátase dunha aula dunha unitaria
de aquí moi preto de Santiago, -
1:41 - 1:43do CRA de Boqueixón-Vedra,
-
1:43 - 1:47onde, como podedes ver, os nenos
e as nenas están traballando -
1:49 - 1:51de forma cooperativa entre eles,
-
1:51 - 1:56por zonas diferentes e non nesas filas
dereitiñas mirando cara ao encerado, -
1:56 - 1:58que é o habitual.
-
1:58 - 2:04Pasa menos en infantil, máis en primaria
e, cando se pasa á secundaria, -
2:04 - 2:07xa son todas como as anteriores.
-
2:07 - 2:13Talvez isto ocorre porque,
ao mellor, estamos preparando -
2:13 - 2:16aos nosos nenos e nenas
-
2:16 - 2:22para superar eses cumios vertixinosos
da Selectividade -
2:22 - 2:25que podedes ver en pantalla.
-
2:25 - 2:30Mete medo case ver esta foto, non?
Moitos de nós estivemos aí. -
2:30 - 2:31O medo que mete...
-
2:31 - 2:35Oínlle hai uns días a Ángel Carracedo
[xenetista da Univ. de Santiago] -
2:35 - 2:38que segundo de bacharelato
é o ano máis horrible -
2:38 - 2:40da vida dunha persoa.
-
2:40 - 2:41Quen está de acordo?
-
2:41 - 2:45Ah! Moi ben... (Risas)
-
2:47 - 2:52Tamén pode ser porque esteamos
facéndolle exames continuamente -
2:52 - 2:53para comprobar
-
2:53 - 2:55que saben ben a lección.
-
2:56 - 3:00A palabra "lección", no Dicionario
da Real Academia Galega, -
3:00 - 3:03vemos que ten un sinómino.
-
3:03 - 3:05Fixádevos:
-
3:05 - 3:06"Escarmento" (Risas)
-
3:06 - 3:11É máis. Se se le, poderase ver
neste exemplo que -
3:11 - 3:12"Hai que darlle unha lección!"
-
3:12 - 3:17"O suspenso serviulle
de lección para outra vez". -
3:17 - 3:21Pois resulta que un 25%
do noso alumnado -
3:22 - 3:27non chega a recibir o Graduado
en Educación Secundaria Obrigatoria. -
3:27 - 3:29Todo o tramo obrigatorio.
-
3:32 - 3:34Por que será isto?
-
3:34 - 3:36Vouvos dar unha pista...
-
3:38 - 3:40Quen non coñece este instrumento?
-
3:40 - 3:44A maior parte de nós
tivemos esta ferramenta -
3:44 - 3:49como case o libro da Biblia,
a seguir diariamente. -
3:49 - 3:52Fixádevos que algúns,
agora na actualidade, -
3:52 - 3:54(aínda que un está feito
por Lázaro Carreter -
3:54 - 3:59e o outro por José Manuel Blecua,
os dous directores da RAE) -
3:59 - 4:02(esta é a miña materia,
Lingua e Literatura) -
4:02 - 4:07póñenlle un apelido especial.
Fixádevos aí no centro: pon -
4:07 - 4:11"Proyecto Conecta dos punto cero".
-
4:11 - 4:13Non sei se pillades o tema...
-
4:13 - 4:15"Conecta-dos punto cero" (Risas)
-
4:15 - 4:18Vouvos ensinar o interior
para ver se estades "conectados" -
4:18 - 4:20ou non estades "conectados".
-
4:20 - 4:24Todo o mundo vai poder identificar isto.
-
4:24 - 4:26A que o coñecedes moi ben?
-
4:26 - 4:29Que non tivo un libro coma este?
-
4:30 - 4:33Fixádevos dentro o que temos:
-
4:33 - 4:37Moita gramática. No caso,
de novo, da miña materia. -
4:37 - 4:39Oracións impersoais.
-
4:39 - 4:41E fixádevos no exemplo que se dá.
-
4:42 - 4:43Non se ve, verdade?
-
4:43 - 4:45Vóuvolo agrandar.
-
4:46 - 4:48[¡Me han suspendido en lengua!] (Risas)
-
4:48 - 4:53Vedes que seguimos
estando obsesionados por suspender. -
4:53 - 4:55Prometo que non o busquei a propósito.
-
4:55 - 4:57Foi o que aopei como libro dixital.
-
4:57 - 5:00Este é o libro dixital, non? 2.0.
-
5:01 - 5:03Na maioría dos casos
(aínda que non o ides ver -
5:03 - 5:06porque está bastante pequeno aí arriba)
-
5:06 - 5:10veredes que pon os exercicios que se
lles poñen aos rapaces, os deberes; -
5:10 - 5:14é dicir, "Identifica que oracións son
persoais ou impersoais", -
5:14 - 5:19con exemplos que non teñen
nada que ver co alumnado. -
5:19 - 5:23Esta é outra das razóns, talvez,
polas que me convertín -
5:23 - 5:25nun profe pirata, claro.
-
5:26 - 5:29Pero nun profe pirata
(é o que vou intentar, -
5:29 - 5:31o que estou intentando e o
que intentarei no futuro) -
5:31 - 5:35é ser un verdadeiro profesor pirata 2.0
-
5:35 - 5:37Non como o anterior.
-
5:38 - 5:39Para isto...
-
5:39 - 5:42(e fixádevos, LOE, que demo é iso?)
-
5:42 - 5:45Pois é unha das leis
vixentes na actualidade. -
5:45 - 5:48Todos pensamos que é a LOMCE,
pero tamén a LOE. -
5:48 - 5:51A LOMCE só varía á LOE
nunhas partes determinadas. -
5:51 - 5:54E se miro á miña materia,
estame dicindo que -
5:56 - 5:58que en Lingua Castelá e Literatura
-
5:58 - 6:03eu o que teño é que modificar
as tarefas que fago habitualmente -
6:04 - 6:09por unhas tarefas máis alá daquelas que
estean dirixidas á adquisición -
6:09 - 6:10dun coñecemento gramatical.
-
6:10 - 6:14É dicir, non como as que vimos antes.
-
6:15 - 6:20E a LOE vai aínda un pouquiño máis alá
e dinos que, no século XXI, -
6:20 - 6:23(non sei, parece que non nos deramos
conta aínda de que estabamos aí) -
6:24 - 6:27temos que aceptar un novo
concepto de alfabetización. -
6:27 - 6:30É dicir, que toda esta información
que temos, temos que saber -
6:30 - 6:32xestionala dalgunha maneira:
-
6:32 - 6:35"saber cando e por que se necesita
información, onde encontrala, -
6:35 - 6:40e como avaliala, utilizala e
comunicala de maneira ética". -
6:41 - 6:45E vós diredes: "Ben, pero resulta
que che ven a LOMCE encima". -
6:45 - 6:47Entón, que pasa?
-
6:47 - 6:53Pois resulta que, sorprendentemente,
para este pirata isto é como -
6:53 - 6:55unha especie de patente de corso.
-
6:55 - 6:58Porque a propia lei diche
cousas moi curiosas. -
6:58 - 7:03Por exemplo, "a lingua apréndese non para
falar, ler ou escribir sobre a lingua, -
7:03 - 7:08senón para falar, ler ou escribir sobre
emocións, afectos e aventuras". -
7:08 - 7:11Pódese facer isto
coas oracións impersoais? (Risas) -
7:11 - 7:13Paréceme a min que non.
-
7:13 - 7:17Facendo deberes: exercicio un,
dous, tres, catro, cinco...? -
7:17 - 7:19Paréceme que non.
-
7:19 - 7:24É máis. A LOMCE aínda se atreve
a dicirnos como temos que facelo. -
7:24 - 7:28É dicir, que a nosa metodoloxía
deberá ser como a que vimos -
7:28 - 7:29nesa aula de infantil.
-
7:29 - 7:35Máis activa, máis participativa...
na que sexa o alumnado o que realmente -
7:35 - 7:37estea aprendendo por si mesmo.
-
7:37 - 7:39Aprende facendo.
-
7:39 - 7:42Favorecendo, ademais, unha cousa
moi importante -
7:42 - 7:44que é favorecer o traballo cooperativo.
-
7:44 - 7:48A cooperación é fundamental.
Imos ter que traballar en equipo -
7:48 - 7:50nos nosos traballos.
-
7:50 - 7:53E, ademais, o enfoque ten
que ser multidisciplinario. -
7:53 - 7:56Non podemos ter as materias
divididas en nichos estancos. -
7:57 - 8:00E, por último, dinos que, sobre todo,
-
8:00 - 8:04habería que aproveitar as posibilidades
das metodoloxías de proxectos. -
8:04 - 8:08E, agora, vouvos explicar como.
É dicir, como traballo eu, -
8:08 - 8:10coa metodoloxía esta que nos favorece.
-
8:10 - 8:12Polo tanto, xa teño
a miña "patente de corso". -
8:12 - 8:17Xa me acaba de dar a lei o permiso
para poder traballar así. -
8:17 - 8:20A pesar de ser pirata, claro.
-
8:22 - 8:24Fórmulas pode haber moitas,
pero eu propoño: -
8:24 - 8:26"Pasar da lección á acción"
-
8:26 - 8:31E aquí imos mirar cal é esa
etimoloxía da palabra "pirata". -
8:31 - 8:35A palabra "pirata" vén
do grego "peiratés", que, á súa vez, -
8:35 - 8:37ven do verbo "peirán",
-
8:37 - 8:41que significa o que vedes aí:
"esforzarse", "arriscar", -
8:41 - 8:44"intentar" e "experimentar".
-
8:44 - 8:47E diso se trata: de experimentar.
E moito. E arriscar. Bastante. -
8:47 - 8:48Por que?
-
8:48 - 8:52Porque é saír daquí, desa lección,
-
8:52 - 8:53a onde?
-
8:53 - 8:54Pois aquí.
-
8:54 - 8:58Estes son os meus alumnos hai dous cursos.
-
8:58 - 9:02Eu volvín da Consellería ao Instituto
Rosalía e puxémonos a traballar aí. -
9:02 - 9:08Fixádevos que están en grupiños,
non nesas liñas tan claras. -
9:08 - 9:12Pero vou deixar que o amosen
eles mesmos en acción. -
9:13 - 9:16Aquí aparecen nesa aula de informática
onde os vedes como se foran -
9:16 - 9:18a redacción dun xornal.
-
9:18 - 9:21Eles estaban creando un xornal dixital.
-
9:21 - 9:23É o que están facendo aí.
-
9:23 - 9:26Como vedes, traballando
en pequenos grupos e seccións. -
9:27 - 9:31Outra das posibilidades,
das fórmulas, sería -
9:31 - 9:34[Integrar o contorno
no proceso de aprendizaxe.] -
9:34 - 9:37Isto é importantísimo,
porque é o que eles -
9:37 - 9:39están máis motivados en facer,
-
9:39 - 9:41que sería traballar
no que eles coñecen, -
9:41 - 9:43no sitio no que eles traballan.
-
9:43 - 9:47Por exemplo, aquí vemos a este alumno
de 2º da ESO deste curso -
9:47 - 9:48traballando nun proxecto
-
9:48 - 9:53sobre o Camiño de Santiago
e entrevistando a un peregrino -
9:53 - 9:55na propia Praza do Obradoiro.
-
9:56 - 10:00Ou aproveitar que vén un autor ao centro
co seu libro, neste caso -
10:00 - 10:02Javier Cercas con El impostor,
-
10:02 - 10:06e crear un coloquio desa lectura.
-
10:06 - 10:10Ou aproveitar que temos na ANPA
do centro a un historiador -
10:10 - 10:12como Lourenzo Fernández Prieto
-
10:13 - 10:19que le o libro e comparte esa lectura
co alumnado á maneira de coloquio -
10:19 - 10:20sobre a memoria histórica,
-
10:20 - 10:23que é sobre o que vai
este libro en particular. -
10:24 - 10:26Outra fórmula sería
[Promovendo o traballo cooperativo], -
10:26 - 10:28como xa dixen antes.
-
10:28 - 10:30Acordádevos da "patente de corso"
que vimos antes. -
10:33 - 10:36Aquí os temos,
a estes mesmos alumnos de antes. -
10:36 - 10:40Como non funcionaba a aula de informática
porque había moi pouco ancho de banda, -
10:40 - 10:45pois resulta que o pai dunha alumna,
que ten unha cafetería no Ensanche, -
10:45 - 10:49permitiunos que 28 destes alumnos
puideran traballar alí e rematar, -
10:49 - 10:53nese último esforzo, ese traballo.
-
10:53 - 10:58Como vedes, ao final de todo este esforzo
cooperativo hai unha pizza barbacoa. -
10:59 - 11:01Moi importante. Moi importante. (Risas)
-
11:01 - 11:03(Risas e aplausos)
-
11:09 - 11:13Por último, é "chegar á
motivación pola emoción por aprender". -
11:14 - 11:16Fixádevos nas caras destas dúas rapazas.
-
11:16 - 11:20Estaban falando, dous días antes
de pechar o xornal dixital -
11:20 - 11:21que estábamos facendo,
-
11:21 - 11:24co Premio Nobel da Paz,
que estaba en Nova Delhi nese momento. -
11:24 - 11:28E no último minuto foron capaces
de conseguir ese contacto -
11:28 - 11:30e de falar por teléfono con el.
-
11:30 - 11:33Isto é no mesmo bar
que vistes antes. -
11:34 - 11:39Ou estas dúas rapazas que,
despois de ir a Madrid varios meses antes, -
11:39 - 11:40onde tiñan concertada
-
11:40 - 11:43unha cita con Pedro Sánchez,
e non apareceu. -
11:43 - 11:46Foron a Madrid a propósito e non apareceu.
-
11:46 - 11:50Pero, o día antes xusto de pechar
o xornal, apareceu por Santiago. -
11:50 - 11:54É máis, aparcou o autobús
xusto en fronte do instituto. -
11:54 - 11:56Nós sabiamos que
ía estar por alí. -
11:56 - 11:59E solicitou ir ao baño do Rosalía.
-
12:00 - 12:03Aínda saíu unha foto
na prensa de todo isto. -
12:03 - 12:06Resulta que alí estaba, fíxose
unha foto con elas e, -
12:06 - 12:09despois de loitar a brazo partido
-
12:09 - 12:14coa súa xefa de prensa, (que non quería),
arrincáronlle dúas preguntas. -
12:14 - 12:17Mirade a cara de satisfacción
e de emoción que teñen. -
12:17 - 12:21O último sería olvidarse dese xeito
único [de avaliar] -
12:21 - 12:23(non digo que non se poida facer).
-
12:23 - 12:26Case temos un xeito único de
avaliar, que sería o exame escrito; -
12:26 - 12:28ese da Selectividade que vimos antes.
-
12:28 - 12:32E avaliar o proceso. Apréndese no proceso.
-
12:32 - 12:36O proceso é o máis importante.
E non só os resultados. -
12:36 - 12:40Vou deixar que os propios alumnos
que vedes falen dese proceso. -
12:41 - 12:45A mín persoalmente sorprendeume
moitísimo ao principio. -
12:45 - 12:49Porque chegamos un día á clase
e Alberto díxonos que este curso -
12:49 - 12:54iamos esquecernos do libro de texto
e facer algo máis práctico. -
12:54 - 13:01E ao principio pareceunos raro e inusual
porque nunca nos propuxeran -
13:01 - 13:03nada parecido.
-
13:03 - 13:06Pero despois creo que
empezamos a ilusionarnos e a ver -
13:06 - 13:07como funcionaban as cousas
-
13:07 - 13:12e chegamos a aprender moitísimo.
E si, foi, a verdade, superemocionante. -
13:13 - 13:17Aprendemos na práctica
e aprendemos traballando -
13:17 - 13:20non simplemente cun libro de texto
no que, falando mal e pronto, -
13:20 - 13:24chápaste vinte páxinas
e vomítalas nun exame para que -
13:24 - 13:26despois se che esqueza á semana seguinte.
-
13:26 - 13:31Nós o que fixemos foi estudiar
e levalo á práctica. -
13:31 - 13:34Fixemos entrevistas e aprendemos,
ademais de saber o que é unha entrevista, -
13:34 - 13:35como se fai.
-
13:35 - 13:39Non vou preguntar quen chapou
e despois vomitou nun exame -
13:39 - 13:43porque levantariamos a man todos, supoño.
-
13:43 - 13:49E dirédesme: "No Rosalía, en Santiago,
isto é bastante doado de facer, -
13:49 - 13:51estando na capital de Galicia".
-
13:51 - 13:56Vou deixar a uns alumnos e
alumnas de hai once anos, -
13:56 - 14:03Eu estiven doce anos no CPI de Bembibre,
un centro rural onde hai a ESO- -
14:03 - 14:05que falen da súa experiencia.
-
14:05 - 14:11Estes son rapaces que a estas alturas
falan desa experiencia de hai 11 anos. -
14:12 - 14:17O xeito no que traballabamos era
totalmente diferente -
14:17 - 14:20ao que estabamos facendo noutras materias.
-
14:20 - 14:22Fronte a traballos que podiamos facer,
máis ou menos aburridos, -
14:22 - 14:24para outras materias,
-
14:24 - 14:26esta era unha maneira máis creativa.
-
14:26 - 14:30Por iso o faciamos con tanta gana,
porque era algo creativo, algo diferente. -
14:31 - 14:35A min, persoalmente, serviume
para saber estruturar un texto, -
14:35 - 14:39saber como encaixar as partes,
como redactar. -
14:39 - 14:41E tamén a maquetar.
-
14:41 - 14:45Dalgún xeito, grazas a "iso"
[ao proxecto] seguimos unidos, -
14:45 - 14:47seguimos recordando e rememorando aquilo.
-
14:47 - 14:52Aínda nos xuntamos e
levámonos todos moi ben. -
14:52 - 14:55E creo que iso foi moi importante,
-
14:55 - 14:59que nos uniu como amigos,
como persoas e como todo. -
14:59 - 15:03Pois é unha experiencia moi
enriquecedora e, para min, -
15:03 - 15:06sería unha das mellores
experiencias da miña vida. -
15:07 - 15:11Para pechar, simplemente
quero reflexionar sobre -
15:11 - 15:14por que son un profe pirata.
-
15:14 - 15:19Porque é moi importante ir a esa
esa etimoloxía [da palabra "pirata"] -
15:19 - 15:22e ver que o "risco" do que
nós facemos día a día -
15:22 - 15:24nas aulas é importante
-
15:24 - 15:27porque estamos nunha época
na que hai moito risco. -
15:27 - 15:31É moi importante tamén
poder "experimentar". -
15:31 - 15:33Tamén, desde logo, "esforzarse".
-
15:33 - 15:37Iso vano facer os propios alumnos
na súa propia aprendizaxe. -
15:38 - 15:43Outras medidas serían a "integración
no contorno", o "traballo cooperativo", -
15:43 - 15:46(fomentar esas dinámicas
cooperativas entre eles), -
15:46 - 15:49"motivar e emocionar" ao alumnado
é importantísimo -
15:49 - 15:51e, por último, "avaliar o proceso".
-
15:51 - 15:57E xa para pechar, voulles pedir
a todas as persoas -
15:57 - 16:00que están implicadas no sistema educativo
-
16:00 - 16:04(pais, nais, alumnado,
profesorado e a administración) -
16:04 - 16:07que aproveiten a patente de corso
-
16:07 - 16:10que temos nas propias leis,
os ditados das propias leis, -
16:10 - 16:14e que se atrevan a ser,
coma min, corsarios, -
16:14 - 16:19e que poidamos facer
este cambio todos xuntos. -
16:19 - 16:26Eu penso que disto é xustamente do
que está feito o futuro da educación. -
16:26 - 16:34Neste século XXI de enormes cambios
o importante é actuar, arriscar, -
16:34 - 16:36experimentar e esforzarse.
-
16:36 - 16:37Moitas grazas.
-
16:37 - 16:41(Aplausos)
- Title:
- Por que son un profe pirata? | Alberto Sacido | TEDxGalicia
- Description:
-
Curiosamente o percorrido polas leis de educación LOE e LOMCE, son a base que forza a Alberto a se converter nun profe pirata.
Nesta intervención nos conta como se poden facer as cousas deixando algunhas reflexións memorables acerca da educación e como esta se está a aplicar.
Profesor de Lingua Castelá e Literatura no IES Rosalía de Castro. Con máis de 20 anos adicado á docencia Alberto considerase actualmente un profesor pirata e curiosamente porque non fai máis que seguir o que lle indican as leis e as normativas de educación.
This talk was given at a TEDx event using the TED conference format but independently organized by a local community. Learn more at http://ted.com/tedx
- Video Language:
- Galician
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDxTalks
- Duration:
- 16:48