Educar sobre a alimentación a tódolos nenos
-
0:01 - 0:03Por desgraza,
-
0:03 - 0:06nos vindeiros 18 minutos,
mentres mantemos esta conversa, -
0:06 - 0:09catro cidadáns estadounidenses
-
0:09 - 0:12morrerán por mor da súa mala alimentación.
-
0:15 - 0:16Chámome Jamie Oliver.
-
0:16 - 0:17Teño 34 anos.
-
0:18 - 0:20Son de Essex, Inglaterra
-
0:20 - 0:23e durante os últimos sete anos
-
0:23 - 0:28traballei a reo
para salvar vidas ao meu xeito. -
0:29 - 0:31Non son médico;
-
0:31 - 0:32son cociñeiro.
-
0:32 - 0:34Non dispoño dun caro equipamento
-
0:35 - 0:36ou menciñas.
-
0:36 - 0:38A miña ferramenta é
a información, a educación. -
0:39 - 0:42Creo profundamente que a comida
-
0:42 - 0:45ten un papel fundamental nos fogares;
-
0:45 - 0:50é un dos principais praceres da vida.
-
0:52 - 0:57Temos unha pésima, pésima
realidade nestes momentos. -
0:59 - 1:01Estados Unidos, levades a palma.
-
1:02 - 1:05Este é un dos países máis insáns do mundo.
-
1:06 - 1:08Pódovos pedir que ergades a man
-
1:08 - 1:11os presentes nesta sala que tedes fillos?
-
1:11 - 1:12Por favor, levantade as mans.
-
1:12 - 1:16Se tedes sobriños erguédeas tamén.
-
1:16 - 1:18Sodes a maioría. Perfecto.
-
1:18 - 1:21Nós, os adultos
das catro últimas xeracións, -
1:21 - 1:24deixámoslles aos nosos cativos a herdanza
-
1:24 - 1:28dunha esperanza de vida
máis curta cá de seus pais. -
1:30 - 1:34Teu fillo vivirá dez anos menos ca ti
-
1:35 - 1:38pola relación cos alimentos
que lles fomos transmitindo. -
1:39 - 1:41Dous terzos desta sala,
-
1:41 - 1:44estatisticamente, hoxe, nos EUA,
teñen sobrepeso ou obesidade. -
1:44 - 1:45Seino, todos vós estades ben,
-
1:45 - 1:48mais co tempo caeredes,
non vos preocupedes. -
1:48 - 1:49(Risos)
-
1:49 - 1:53As estatísticas sobre mala saúde
son claras, moi claras. -
1:53 - 1:54[Causas de morte, EUA]
-
1:54 - 1:57Pasamos a vida paranoicos coa morte:
asasinato, homicidio... -
1:57 - 2:01Noméana na primeira plana
de tódolos xornais, na CNN. -
2:01 - 2:04Agora fixádevos na gráfica
co homicidio abaixo de todo! -
2:04 - 2:06Que vos parece?
-
2:06 - 2:10(Risas e aplausos)
-
2:12 - 2:16Cada unha das enfermidades en vermello
está ligada á alimentación. -
2:16 - 2:19Calquera doutor ou especialista
diravos o mesmo. -
2:19 - 2:22Dato: as doenzas relacionadas coa dieta
constitúen a principal causa de morte -
2:22 - 2:26nos Estados Unidos, aquí e agora.
-
2:28 - 2:30Este é un problema global.
-
2:31 - 2:32É unha catástrofe.
-
2:32 - 2:33Arrasa como a couza!
-
2:33 - 2:36Inglaterra está xusto detrás vosa...
coma de costume. -
2:36 - 2:39(Gargalladas)
-
2:40 - 2:42Sabía que eran íntimos, pero non tanto!
-
2:43 - 2:44Precisamos dunha revolución.
-
2:44 - 2:46México, Australia, Alemaña,
-
2:47 - 2:48A India, A China,
-
2:48 - 2:51todos teñen enormes problemas
de obesidade e mala saúde. -
2:53 - 2:54Pensade no tabaco...
-
2:55 - 2:57hoxe en día,
custa moito menos cá obesidade. -
2:58 - 3:03Estadounidenses, a obesidade supón
o 10% do voso gasto sanitario: -
3:03 - 3:05150 mil millóns de dólares ao ano.
-
3:07 - 3:09En 10 anos, será o dobre:
-
3:09 - 3:10300 mil millóns ao ano.
-
3:10 - 3:13Sexamos honestos...
non tendes tantos cartos! -
3:13 - 3:15(Gargalladas)
-
3:17 - 3:23Vin ata aquí para comezar
a revolución alimentaria na que creo. -
3:23 - 3:25Precisamos dela. Agora é o momento.
-
3:25 - 3:27Atopámonos nun punto crítico.
-
3:27 - 3:29Levo facendo isto sete anos.
-
3:29 - 3:31Levo sete anos tentando isto
nos Estados Unidos. -
3:31 - 3:35Agora é tempo de recoller o sementado.
-
3:35 - 3:37Fun á cerna do problema.
-
3:37 - 3:40A Virxinia Occidental,
o estado menos saudable dos EUA. -
3:40 - 3:41Ou polo menos érao o ano pasado.
-
3:41 - 3:44Este ano hai un novo;
traballaremos alí a tempada que vén. -
3:44 - 3:46(Risos)
-
3:46 - 3:48Huntington, Virxinia Occidental.
Fermosa cidade. -
3:48 - 3:52Quixen poñerlles alma e corazón,
-
3:52 - 3:53nome e cara,
-
3:53 - 3:57aos datos das estatísticas
que tan acostumados estamos a ver. -
3:57 - 4:00Quero presentarvos algunhas persoas
que son importantes para min: -
4:00 - 4:02a súa xente, seus fillos.
-
4:02 - 4:04Vouvos amosar unha fotografía
da miña amiga Brittany. -
4:05 - 4:06Ten 16 anos.
-
4:07 - 4:10Quédanlle tan só seis anos de vida.
-
4:10 - 4:13A causa é a súa mala alimentación.
-
4:13 - 4:15Pertence á terceira xeración
de estadounidenses -
4:15 - 4:18que medraron faltos dun ambiente saudable.
-
4:18 - 4:20Non lles ensinaron a cociñar.
Nin na casa, nin na escola. -
4:20 - 4:22Tampouco as nais, nin as avoas.
-
4:22 - 4:24Réstanlle seis anos de vida.
-
4:26 - 4:28Está a esmagar o seu propio fígado!
-
4:28 - 4:30Stacy, da familia Edwards.
-
4:31 - 4:32Esta é unha familia normal.
-
4:33 - 4:35Stacy faino o mellor que pode,
-
4:35 - 4:36pero tamén pertence á terceira xeración;
-
4:36 - 4:38ninguén lle aprendeu a cociñar.
-
4:38 - 4:39Toda a familia é obesa.
-
4:39 - 4:42Este é Justin. Ten 12 anos.
Pesa preto de 160 quilos. -
4:42 - 4:44Sofre acoso. É unha mágoa.
-
4:44 - 4:46A filla, Katie, ten catro anos.
-
4:46 - 4:49Antes de entrar na escola primaria
xa ten obesidade. -
4:49 - 4:51Marissa, pola contra, está sa.
-
4:52 - 4:53Mais sabedes o que?
-
4:53 - 4:56Seu pai era obeso, morreu nos seus brazos;
-
4:57 - 4:59seu tío, o seu outro piar,
-
4:59 - 5:01tamén morreu de obesidade.
-
5:02 - 5:04E, agora, seu padrasto tamén é obeso.
-
5:05 - 5:06Como podedes ver,
-
5:07 - 5:09a obesidade e as doenzas
relacionadas con ela -
5:09 - 5:11afectan non só a quen as padece,
-
5:11 - 5:13senón tamén aos amigos, familia,
irmáns, irmás, ... -
5:15 - 5:17Este é o pastor Steve:
-
5:17 - 5:18un home inspirador,
-
5:18 - 5:21un dos meus primeiros aliados
en Huntington. -
5:21 - 5:25Steve atópase no gume da navalla.
-
5:25 - 5:27El é quen enterra a estas persoas.
-
5:28 - 5:29Está farto de enterralos.
-
5:29 - 5:32Farto de soterrar amigos,
familiares e veciños. -
5:32 - 5:35Cando chega o inverno,
o número de mortos triplícase. -
5:35 - 5:37Non pode máis.
-
5:37 - 5:40Esta doenza pódese previr.
Están a estragar as súas vidas. -
5:40 - 5:42Por certo, aquí é onde os enterran.
-
5:43 - 5:45Non estamos preparados para isto.
-
5:46 - 5:49Non poden sacalos pola porta.
Estou a falar en serio. -
5:49 - 5:51Empregan un montacargas para movelos.
-
5:51 - 5:53Eu vexo isto coma un triángulo.
-
5:53 - 5:55Este é o noso panorama alimentario.
-
5:55 - 5:57Se cadra xa o escoitastes antes,
-
5:57 - 5:59pero imos repasalo para que o entendades.
-
5:59 - 6:00Ao longo dos últimos 30 anos,
-
6:00 - 6:02que foi o que máis dano lle fixo a este país?
-
6:03 - 6:04Sexamos francos e honestos.
-
6:05 - 6:08Ben. O estilo de vida moderno.
-
6:08 - 6:09Imos comezar coa Avenida Principal.
-
6:10 - 6:13A comida rápida invadiu o país; sabémolo.
-
6:13 - 6:16As grandes marcas son algunhas
das principais potencias do país, -
6:16 - 6:17teñen moito poder aquí.
-
6:18 - 6:19(Suspiro)
-
6:19 - 6:21Os supermercados, o mesmo.
-
6:21 - 6:23As grandes empresas, grandes compañías!
-
6:24 - 6:26Hai 30 anos, a maioría da comida
-
6:26 - 6:29era fresca e producida de forma local.
-
6:29 - 6:32Agora, é maioritariamente procesada,
leva aditivos a encher, -
6:32 - 6:35ingredientes extra,...
xa coñecedes como é a historia. -
6:35 - 6:38O tamaño das racións é obviamente
un problema xigantesco. -
6:40 - 6:45A etiquetaxe tamén é un gran problema.
Neste país é espantosa! -
6:45 - 6:50A industria busca controlalo todo...
até queren inspeccionarse a si mesmos! -
6:50 - 6:51[Aceno negando]
-
6:51 - 6:53O que? Con este panorama? Non o merecen.
-
6:54 - 6:57Como poden dicir que algo é baixo en graxa
cando está cheo de azucre? -
6:58 - 6:59O fogar.
-
7:01 - 7:03O meirande problema cos fogares
-
7:03 - 7:07é que acostumaban a ser o eixe
onde se transmitía a cultura alimentaria; -
7:08 - 7:10a nosa sociedade construíuse deste xeito.
-
7:10 - 7:12Isto xa non está a acontecer.
-
7:12 - 7:15Segundo entramos no mundo laboral,
e segundo a vida muda, -
7:15 - 7:16e a vida sempre está a evolucionar,
-
7:17 - 7:19debemos ollar o problema
dun xeito holístico -
7:19 - 7:21--dar un paso atrás
e reaxustar o equilibrio--. -
7:21 - 7:23Isto non ocorreu nos últimos 30 anos.
-
7:24 - 7:27Quero ensinarvos unha situación
-
7:28 - 7:31que é moi normal na actualidade.
A familia Edwards. -
7:32 - 7:34(Vídeo) Jamie Oliver: Falemos.
-
7:34 - 7:38Todo isto é o que entra no teu organismo
e no da túa familia cada semana. -
7:38 - 7:40Cómpre que saibas
-
7:40 - 7:44que isto vai acurtar a vida
dos teus fillos. -
7:45 - 7:46Como te sentes?
-
7:47 - 7:50Stacy: Agora mesmo
síntome moi triste e deprimida. -
7:51 - 7:54Mais desexo que os meus fillos
triunfen na vida -
7:54 - 7:56e isto non llelo vai permitir.
-
7:57 - 7:58Sen querer, estou a matalos.
-
8:00 - 8:03JO: É certo. Estalo a facer.
-
8:03 - 8:04Pero podemos detelo.
-
8:08 - 8:09Normal.
-
8:10 - 8:12Agora falemos das escolas,
-
8:12 - 8:15lugares que se converteron
na miña especialidade. -
8:16 - 8:17A escola.
-
8:17 - 8:20Que é a escola? Quen a inventou?
Cal é a finalidade da escola? -
8:20 - 8:23As escolas creáronse
para darnos as ferramentas -
8:23 - 8:26necesarias para sermos creativos,
para facer cousas marabillosas, -
8:26 - 8:28para gañar a vida, etc., etc., etc.
-
8:28 - 8:32Ten sido así durante moito, moito tempo.
-
8:33 - 8:35Mais a escola non evolucionou
-
8:35 - 8:38para loitar contra as catástrofes
de saúde de Estados Unidos. -
8:38 - 8:41A comida de comedor escolar
-
8:41 - 8:44alimenta á maioría dos nenos
--31 millóns diarios, sendo exactos-- -
8:44 - 8:48dúas veces ao día
--normalmente para almorzar e xantar--, -
8:49 - 8:50180 días ao ano.
-
8:51 - 8:54Entón, podemos dicir que a comida
dos comedores é moi importante, -
8:54 - 8:55atendendo ás circunstancias.
-
8:56 - 8:58(Risos)
-
9:01 - 9:03Antes de comezar co meu desabafo,
-
9:03 - 9:05--sei que o estades desexando--
-
9:06 - 9:07(Risos)
-
9:08 - 9:10Preciso dicir unha cousa;
algo moi importante -
9:10 - 9:13na maxia que vai suceder
e desenvolverse, -
9:13 - 9:14nos próximos tres meses.
-
9:15 - 9:18As cociñeiras dos comedores
dos Estados Unidos... -
9:18 - 9:21ofrézome como embaixador seu.
-
9:22 - 9:23Non me vou meter con elas.
-
9:23 - 9:25Estano a facer o mellor que poden.
-
9:28 - 9:29Están dando o mellor delas.
-
9:30 - 9:32Pero están a facer o que lles mandan,
-
9:32 - 9:34e o que lles mandan facer está mal.
-
9:34 - 9:38O sistema está dirixido
maioritariamente por contables; -
9:38 - 9:42e –case-- ninguén entende de alimentación
no mundo dos negocios. -
9:42 - 9:43Isto é un problema:
-
9:43 - 9:46se non es un experto en alimentación,
e manexas presupostos axustados -
9:46 - 9:48cada vez máis axustados...
non podes ser creativo, -
9:48 - 9:51non podes poñerte a investigar
e inventar novas receitas. -
9:51 - 9:53Se es un contable, e un burócrata,
-
9:53 - 9:55o único que podes facer
nestas circunstancias -
9:55 - 9:57é mercar porcalladas máis baratas.
-
9:57 - 9:59Agora, a realidade é esta:
-
9:59 - 10:02o que os vosos fillos comen a diario
é comida rápida, -
10:02 - 10:03altamente procesada,
-
10:04 - 10:06non hai alimentos frescos dabondo
nos comedores. -
10:06 - 10:08A cantidade de aditivos, números E,
-
10:08 - 10:10ingredientes que non imaxinades...
-
10:10 - 10:11non hai suficientes verduras.
-
10:11 - 10:13As patacas fritidas considéranse verdura.
-
10:13 - 10:16Pizza para almorzar.
Nin sequera usan cubertos! -
10:17 - 10:19Coitelos e garfos?
Non! Son demasiado perigosos! -
10:19 - 10:21Teñen tesoiras nas aulas,
-
10:21 - 10:22pero coitelos e garfos? Non!
-
10:22 - 10:23Na miña opinión,
-
10:23 - 10:26se non tes coitelos nin garfos
na túa escola, -
10:26 - 10:28estás a apoiar, a nivel estatal,
-
10:28 - 10:31o emprego de comida rápida,
que se come coas mans. -
10:31 - 10:33Certamente, é comida rápida:
-
10:33 - 10:34son carnes procesadas, hamburguesas,
-
10:34 - 10:37salchichas, pizzas,
son todo porcalladas. -
10:38 - 10:40(Suspiro)
-
10:40 - 10:43Como xa mencionei,
gastamos o 10% do orzamento sanitario -
10:43 - 10:46na obesidade,
e vai aumentar ao dobre. -
10:47 - 10:49Non estamos educando aos nosos nenos.
-
10:49 - 10:51Non hai leis que obriguen
a educar sobre alimentación, -
10:51 - 10:53nin en primaria nin en secundaria.
-
10:53 - 10:55Non estamos a educalos nisto, verdade?
-
10:55 - 10:58Este é un pequeno vídeo
gravado nunha escola de primaria, -
10:58 - 11:00moi comúns en Inglaterra.
-
11:01 - 11:04(Vídeo)
Jamie Oliver: Quen sabe o que é isto? -
11:04 - 11:05Neno: Patacas.
-
11:05 - 11:07JO: Pataca? Pensas que isto son patacas?
-
11:07 - 11:08Sabes qué é isto?
-
11:09 - 11:10Sabes qué é isto?
-
11:10 - 11:11Neno: Brócoli?
-
11:11 - 11:13JO: E isto? O noso vello amigo.
Sabes o que é pequena? -
11:13 - 11:15Nena: Apio?
-
11:15 - 11:17JO: Non. Que cres que é?
-
11:17 - 11:18Nena: Cebola.
JO: Cebola? Non. -
11:18 - 11:21JO: Inmediatamente podemos saber
-
11:21 - 11:24se os rapaces coñecen
"de onde procede a comida". -
11:24 - 11:26Quen sabe o que é isto?
Neno: Mmm, pera? -
11:26 - 11:28JO: Que cres que é isto?
Neno: Non sei. -
11:28 - 11:30JO: Se os nenos non saben
o que son as cousas, -
11:30 - 11:32nunca as comerán.
-
11:34 - 11:35(Murmurios)
-
11:35 - 11:38Isto é o normal en Inglaterra e nos EUA,
-
11:38 - 11:39Inglaterra, e os Estados Unidos.
-
11:40 - 11:42Adiviñen como arranxamos isto.
-
11:42 - 11:44En dúas sesións dunha hora.
-
11:45 - 11:49Temos que educar aos nosos fillos
sobre a alimentación nas escolas. Punto. -
11:49 - 11:53(Aplausos)
-
11:56 - 11:59Quero contarvos algo que,
-
11:59 - 12:03en certo modo, representa o problema
no que nos atopamos. -
12:03 - 12:06Quero falarvos de algo tan básico
como é o leite. -
12:06 - 12:09Tódolos nenos teñen o dereito
de tomar leite na escola. -
12:09 - 12:12Os vosos fillos toman leite na escola,
para almorzar e xantar, non si? -
12:12 - 12:14Están a beber dous vasos, certo?
-
12:14 - 12:16A maioría dos nenos fano.
-
12:16 - 12:18Mais o leite non é suficientemente bo.
-
12:18 - 12:21Non me malinterpretedes,
estou a favor do leite... -
12:21 - 12:23pero algún magnate do leite probablemente
-
12:23 - 12:26pagou un bo feixe de cartos
a asesores que lle recomendaron -
12:26 - 12:28pór moreas de condimentos,
-
12:28 - 12:29colorantes e azucre no leite,
-
12:29 - 12:31para que lles guste máis aos nenos.
-
12:32 - 12:33Por suposto.
-
12:33 - 12:35E obviamente, isto vai continuar.
-
12:35 - 12:37Os magnates das mazás daranse conta
-
12:37 - 12:40de que se cobren as mazás con caramelo
tamén as venderán mellor. -
12:40 - 12:41Entendedes o que vos digo?
-
12:41 - 12:44Para min, non hai necesidade ningunha
de condimentar o leite. -
12:44 - 12:46Hai azucre por todas partes.
-
12:46 - 12:48Coñezo os segredos
de todos eses ingredientes. -
12:48 - 12:50Están en todo.
-
12:50 - 12:53O mesmo leite non puido fuxir
destes problemas da vida moderna. -
12:53 - 12:55Este é o noso leite. Este é o envase.
-
12:55 - 12:59Nel, hai case tanto azucre
coma nunha lata de refresco, -
12:59 - 13:01e están a tomar dous ao día.
-
13:01 - 13:02Daquela, deixádeme ensinarvos:
-
13:02 - 13:05temos un neno, aquí,
-
13:07 - 13:11tomando oito culleradas de azucre diarias.
-
13:12 - 13:14Isto á semana.
-
13:14 - 13:16Todo isto nun mes.
-
13:18 - 13:20E tomei a liberdade de amorear
-
13:20 - 13:23tan só o azucre que consumirá
en cinco anos de ensino primario. -
13:26 - 13:28Isto é só o azucre que vén do leite.
-
13:31 - 13:33Ben. Non sei qué fariades vós,
-
13:33 - 13:35mais xulgando as circunstancias,
-
13:36 - 13:38calquera xuíz de calquera parte do mundo,
-
13:38 - 13:40ollando as estatísticas
e as probas, -
13:40 - 13:44condenaría ao goberno que promovera isto
como culpable de abuso infantil. -
13:44 - 13:45Esta é a miña opinión.
-
13:46 - 13:50(Aplausos)
-
13:54 - 13:57Agora ben, se eu viñera aquí
--e gustaríame facelo-- -
13:57 - 14:00cunha cura contra a sida ou o cancro,
-
14:00 - 14:03todos vós estariades pelexando
por chegar onda min e conseguila. -
14:03 - 14:06Todas estas malas noticias son evitables.
-
14:07 - 14:08Esas son as boas novas.
-
14:08 - 14:10Son moi, moi evitábeis.
-
14:11 - 14:14Xa que logo, pensemos nisto,
temos un problema, -
14:14 - 14:15precisamos comezar de novo.
-
14:16 - 14:19Ben. Entón, que podemos facer?
-
14:19 - 14:20Esta é a cuestión, certo?
-
14:21 - 14:23Non hai unha única solución.
-
14:23 - 14:26Comezar de novo
e levar a cabo cambios tanxibles, -
14:26 - 14:29cambios reais, de modo
que puideramos mirarnos aos ollos -
14:29 - 14:31e dicir: "Dentro de 10 anos,
-
14:31 - 14:33a historia das vidas dos nosos fillos,
-
14:33 - 14:36a felicidade --e non esquezamos que son
máis intelixentes se comen ben, -
14:36 - 14:38posto que saben que vivirán máis--
-
14:38 - 14:41todo iso, será distinto."
-
14:41 - 14:43Entón, imos cos supermercados.
-
14:43 - 14:46Hai outro lugar no que merquemos
tan relixiosamente? -
14:46 - 14:46Semana tras semana.
-
14:47 - 14:49Cantos cartos gastamos neles
ao longo da nosa vida? -
14:49 - 14:50Amámolos.
-
14:50 - 14:53Véndennos xustamente
o que desexamos. Todo ben. -
14:53 - 14:57Débennos unha. Débennos pór un embaixador
de alimentación nos grandes supermercados. -
14:58 - 14:59Necesitan axudarnos a mercar.
-
14:59 - 15:03Necesitan ensinarnos cómo cociñar
pratos rápidos, saborosos e de tempada -
15:03 - 15:05para persoas ocupadas.
-
15:05 - 15:06Isto non é caro.
-
15:07 - 15:10Xa se fai nalgúns supermercados,
e debería facerse a grande escala -
15:10 - 15:12nos EUA, rápida e prontamente.
-
15:12 - 15:15As grandes marcas, as marcas de comida,
-
15:15 - 15:18precisan inserir a educación alimentaria
no centro dos seus negocios. -
15:19 - 15:20Sei que é máis doado dicilo que facelo.
-
15:20 - 15:23É o futuro. É a única saída que queda.
-
15:23 - 15:24A comida rápida.
-
15:24 - 15:26A industria da comida rápida
-
15:27 - 15:29é moi competitiva.
-
15:29 - 15:31Teño moreas de documentos
e negociacións secretas -
15:31 - 15:33con restaurantes de comida rápida.
-
15:33 - 15:34Eu sei como o fan.
-
15:35 - 15:37Basicamente, fixéronnos adictos
-
15:37 - 15:40a esas doses de azucre, sal e graxa,
e todo o demais, -
15:40 - 15:42e todo o mundo lle encantan, non si?
-
15:42 - 15:45Entón, estes tipiños
serán parte da solución. -
15:45 - 15:47Pero precisamos que o goberno traballe
-
15:47 - 15:50con tódolos provedores de comida rápida
e coa industria da restauración, -
15:50 - 15:52para, nun período
de cinco, seis, sete anos, -
15:52 - 15:54desacostumarnos das doses extremas
-
15:54 - 15:58de graxa, azucre e o resto de ingredientes
que non son alimentos. -
15:58 - 16:00Volvendo ás grandes marcas...
-
16:00 - 16:03a etiquetaxe, como xa vos comentei,
é unha farsa total -
16:03 - 16:05e ten que ser arranxada.
-
16:06 - 16:08Agora, as escolas.
-
16:08 - 16:11Obviamente, nas escolas,
debemos asegurarnos -
16:11 - 16:13de que neses 180 días ao ano,
-
16:13 - 16:15os rapaciños dende os catro anos
-
16:15 - 16:17ata os 18, 20, 24, ou os que sexan,
-
16:17 - 16:21reciban comida cociñada adecuadamente,
alimentos frescos -
16:22 - 16:23procedentes de cultivos locais.
-
16:23 - 16:26Precisamos novas normas
sobre alimentos frescos e apropiados -
16:26 - 16:28para os vosos fillos, non si?
-
16:29 - 16:31(Aplausos)
-
16:32 - 16:36Nestas circunstancias,
é de vital importancia -
16:36 - 16:38que cada un dos nenos dos EUA,
ao rematar a escola, -
16:38 - 16:40saiba cociñar 10 receitas
-
16:40 - 16:42que salvarán a súa vida.
-
16:43 - 16:44Habilidades para a vida.
-
16:44 - 16:46(Aplausos)
-
16:46 - 16:49Iso implica que poden ser
estudantes, pais mozos, -
16:49 - 16:54e serán quen de comezar a experimentar
cos principios básicos da cociña, -
16:54 - 16:56sen importar a recesión
que lles toque vivir. -
16:56 - 16:58Se sabes cociñar,
a mingua de cartos non importa. -
16:58 - 17:01Se sabes cociñar, o tempo non importa.
-
17:02 - 17:04O lugar de traballo...
aínda non falamos del. -
17:06 - 17:08É hora de esixirlles
responsabilidade ás empresas -
17:08 - 17:12para ver qué alimentos cociñan
ou poñen a disposición do seu persoal. -
17:12 - 17:15Ese persoal son as nais e os pais
dos nenos estadounidenses. -
17:15 - 17:18Lembrades a Marissa?
Seu pai morreu nos seus brazos. -
17:18 - 17:20Creo que ela sería feliz
-
17:20 - 17:23se as empresas dos EUA alimentasen
correctamente ao seu persoal. -
17:23 - 17:25Non deberían quedar alleos
a estes cambios. -
17:25 - 17:27Volvamos ao tema do fogar.
-
17:27 - 17:29Se facemos todo o mencionado
--e podemos facelo, -
17:29 - 17:30é acadable--
-
17:30 - 17:32podemos coidar e
facer negocio ao tempo. -
17:32 - 17:33Sen dúbida ningunha.
-
17:33 - 17:37Mais é preciso que nos fogares
se volva a ensinar a cociñar. É preciso. -
17:38 - 17:40É preciso, transmitilo
coma unha filosofía. -
17:40 - 17:42E para min, é algo moi romántico,
-
17:42 - 17:44pero se unha soa persoa
lles ensina a outras tres -
17:44 - 17:46cómo cociñar algo,
-
17:46 - 17:48e esas tres llelo aprenden
a tres achegados, -
17:48 - 17:50isto tería que repetirse só 25 veces,
-
17:50 - 17:52para que chegara a toda
a poboación dos EUA. -
17:52 - 17:56Romántico? Si. Pero o máis importante
-
17:57 - 17:59é intentar que a xente se decate de que
-
17:59 - 18:02cada un dos seus esforzos individuais
marca a diferenza. -
18:02 - 18:05Temos que recuperar o que perdemos.
-
18:05 - 18:06A Cociña de Huntington.
-
18:07 - 18:09En Huntington, onde fixemos o programa,
-
18:09 - 18:11emitímolo en horario de máxima audiencia
-
18:11 - 18:14e esperamos que motive á xente
para formar parte deste cambio. -
18:14 - 18:16Creo de verdade que este cambio ocorrerá.
-
18:16 - 18:18A Cociña de Huntington.
Traballo cunha comunidade. -
18:18 - 18:20Traballei nas escolas.
-
18:20 - 18:22Recadei fondos locais sostibles
-
18:22 - 18:26para lograr que cada escola da área mudara
a comida lixo por alimentos frescos: -
18:26 - 18:286.500 dólares por escola.
-
18:29 - 18:30(Aplausos)
-
18:30 - 18:33Iso é todo o que custa,
6.500 dólares por escola. -
18:33 - 18:35A Cociña son 25.000 ao mes. Vale?
-
18:35 - 18:38Nela pódense formar 5.000 persoas ó ano,
-
18:38 - 18:40o que constitúe o 10% da súa poboación.
-
18:40 - 18:42Son persoas ensinando a persoas.
-
18:42 - 18:44Son cociñeiros locais
ensinando a persoas locais. -
18:44 - 18:47Son clases de cociña gratuítas,
na Avenida Principal. -
18:48 - 18:52Isto é real, é un cambio tanxible.
-
18:52 - 18:55Nos Estados Unidos,
se ollamos cara a atrás, -
18:55 - 18:58están a suceder moitas cousas magníficas.
-
18:59 - 19:00Hai moitas cousas fermosas sucedendo.
-
19:00 - 19:04Temos anxos levando a cabo boas accións
-
19:04 - 19:07nas escolas: acordos de escolas
con granxas, -
19:07 - 19:09coidando hortas, educación, ...
-
19:09 - 19:12Hai xente espléndida
facendo isto agora mesmo. -
19:12 - 19:14O problema é que queren dar a coñecer
-
19:14 - 19:16ao resto das escolas o que están a facer,
-
19:16 - 19:17pero non hai cartos para iso.
-
19:18 - 19:22Precisamos recoñecer aos expertos
e aos anxos rapidamente, -
19:22 - 19:25identificalos e axudalos a atopar
recursos doadamente -
19:25 - 19:27para que poidan espallar
o que xa están a facer, -
19:27 - 19:28algo que fan moi ben.
-
19:29 - 19:31As empresas estadounidenses
teñen que apoiar -
19:31 - 19:34á Sra. Obama nas cousas que desexa facer.
-
19:34 - 19:37(Aplausos)
-
19:40 - 19:42E mirade, sei que é raro
-
19:42 - 19:45que xustamente sexa un inglés
-
19:45 - 19:46o que vos estea a falar disto.
-
19:46 - 19:48Todo o que podo dicir é: impórtame.
-
19:48 - 19:49Son pai,
-
19:50 - 19:51e amo este país.
-
19:52 - 19:55E realmente creo
-
19:55 - 19:57que se logramos facer o cambio neste país,
-
19:57 - 20:00pasarán cousas fermosas no resto do mundo.
-
20:00 - 20:02Se Estados Unidos o fai,
os demais hanse unir. -
20:02 - 20:03É incriblemente importante.
-
20:04 - 20:05(Audiencia) Si!
-
20:05 - 20:09(Aplausos)
-
20:10 - 20:12Cando estiven en Huntington,
-
20:12 - 20:14mentres trataba de facer funcionar cousas
e nada funcionaba, -
20:14 - 20:20pensei: "Se tivera unha
variña máxica, que faría?" -
20:20 - 20:21E pensei: "Sabes o que?
-
20:21 - 20:24O único que desexaría é atoparme diante
-
20:24 - 20:26das persoas máis influentes dos EUA".
-
20:27 - 20:30E un mes despois, chamáronme de TED
e agasalláronme con este premio. -
20:32 - 20:33E aquí estou.
-
20:35 - 20:37Este era o meu desexo.
-
20:42 - 20:44Son disléxico, por iso son algo lento.
-
20:49 - 20:50O meu desexo
-
20:51 - 20:54é que vós axudedes a crear
un movemento forte e sostible, -
20:55 - 20:57para educar a cada neno
-
20:59 - 21:01sobre a alimentación,
-
21:01 - 21:04para motivar ás familias a cociñar de novo
-
21:05 - 21:07e para axudar a que xente de todo o mundo
-
21:07 - 21:09poida loitar contra a obesidade.
-
21:10 - 21:12(Aplausos)
-
21:20 - 21:21Grazas.
-
21:21 - 21:24(Os aplausos continúan).
- Title:
- Educar sobre a alimentación a tódolos nenos
- Speaker:
- Jamie Oliver
- Description:
-
O gañador do Premio TED, Jamie Oliver, tenta combater a nosa ignorancia sobre a alimentación compartindo connosco historias e testemuños reais recollidos no marco do seu proxecto contra a obesidade, desenvolvido na cidade de Huntington (Virxinia Occidental).
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 21:37
![]() |
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for Teach every child about food | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for Teach every child about food | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Teach every child about food | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Teach every child about food | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Teach every child about food | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Teach every child about food | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Teach every child about food | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Teach every child about food |