Como practicar séxting de xeito seguro.
-
0:01 - 0:05A xente leva empregando os Media para falar de sexo durante moito tempo
-
0:06 - 0:09Cartas de amor, sexo telefónico,
Polaroids picantes. -
0:09 - 0:16Hai incluso unha historia dunha chica que
fuxiu cun home que coñecera por telégrafo -
0:16 - 0:17en 1886.
-
0:19 - 0:24Hoxe en día temos o sexting,
e eu son unha experta en sexting. -
0:24 - 0:26Non unha experta na súa práctica.
-
0:27 - 0:31Non obstante, sei o que isto significa --
penso que vós tamén. -
0:31 - 0:32[É un pene]
-
0:32 - 0:35(Risas)
-
0:36 - 0:43Levo estudando sexting desde que se
popularizou a través dos medios en 2008. -
0:43 - 0:46Escribín un libro sobre o pánico
moral acerca do sexting. -
0:46 - 0:47E isto foi o que atopei:
-
0:47 - 0:51a maioría da xente está a se preocupar
polo que non debería. -
0:51 - 0:55Tratan de evitar que o sexting
se manifeste na súa totalidade. -
0:55 - 0:56Mais permitídeme facervos
unha pregunta: -
0:56 - 1:01Mentres sexa totalmente consensuado,
cal é o problema co sexting? -
1:01 - 1:05A xente está interesada en moitos tipos
de cousas nas que ti podes non estar, -
1:05 - 1:08como o queixo azul ou o coandro.
-
1:08 - 1:09(Risas)
-
1:11 - 1:15O sexting é claramente arriscado,
como todo aquilo que é divertido, -
1:15 - 1:21mais mentres un non envíe unha imaxe a
alguén que non queira recibila, -
1:21 - 1:23non hai ningún dano.
-
1:23 - 1:26O que penso que é un problema serio
-
1:26 - 1:29é cando a xente comparte imaxes
privadas doutras persoas -
1:29 - 1:31sen o seu permiso.
-
1:31 - 1:34E en lugar de preocuparnos
do sexting, -
1:34 - 1:38penso que deberiamos pensar máis
acerca da intimidade dixital. -
1:39 - 1:41A clave é o consentimento.
-
1:42 - 1:45Agora mesmo, a maioría da xente
pensa no sexting -
1:45 - 1:48sen pensar en consentimento
en absoluto. -
1:48 - 1:52Sabedes que actualmente criminalizamos
o sexting adolescente? -
1:53 - 1:57Pode ser un crime porque conta
como pornografía infantil, -
1:57 - 2:00se hai unha imaxe de alguén
menor de 18, -
2:00 - 2:01e non importa
-
2:01 - 2:05se tomaron esa foto de eles mesmos e
as compartiron voluntariamente. -
2:06 - 2:09Daquela rematamos nesta extraña
situación legal -
2:09 - 2:13onde dúas persoas de 17 anos poden ter
sexo legalmente en gran parte dos estados -
2:13 - 2:15de E.E.U.U., mais non poden
fotografialo. -
2:17 - 2:21Algúns estados tamén intentaron aprobar
leis nas que o sexting figuraba coma un -
2:21 - 2:24delito menor mais esas leis perpetuaron o
problema -
2:24 - 2:28xa que seguen facendo do sexting
consensual algo ilegal. -
2:29 - 2:30Non ten sentido
-
2:30 - 2:35tratar de prohibir todo o sexting para
tratar de enfrontarse ás violacións da -
2:35 - 2:36privacidade.
É coma dicir, -
2:36 - 2:42vamos resolver o problema da violación
facendo as citas completamente ilegais. -
2:43 - 2:48Á maioría dos adolescentes non son
detidos polo sexting, mais podedes adiviñar, -
2:49 - 2:53a quen si? Xeralmente son adolescentes
que foron rexeitados polas parellas dos -
2:54 - 2:58seus pais. E isto pode ser por prexuízos
de clase, racismo ou homofobia. -
2:59 - 3:02Moitos fiscais son, por suposto, o
suficientemente listos -
3:02 - 3:07como para non empregar cargos de
pornografía infantil contra adolescentes, -
3:08 - 3:11mais algúns fano. De acordo cos
investigadores da Uni de New Hampshire -
3:11 - 3:17o 7% de todos os arrestos por posesión de
pornografía infantil pertence a adolescentes, -
3:17 - 3:20que practicaban sexting consensuado
con outros adolescentes. -
3:21 - 3:24A pornografía infantil é un crime grave,
-
3:24 - 3:28porén non é o mesmo que o
sexting adolescente. -
3:29 - 3:32Pais e educadores tamén responden
acerca do sexting -
3:32 - 3:36sen pensaren realmente moito
no consentimento. -
3:36 - 3:40O que adoitan dicir aos adolescentes é:
"simplemente non o fagades". -
3:40 - 3:44E enténdoo perfectamente,
hai serios riscos legais -
3:44 - 3:47e por suposto, un gran potencial de
violación de privacidade. -
3:47 - 3:49E cando erades adolescentes,
-
3:49 - 3:52estou segura de que facíades todo o
que se vos dicía, verdade? -
3:53 - 3:57Seguramente estades a pensar,
"o meu fillo nunca faría sexting." -
3:57 - 4:00E é certo, o voso pequeno anxo pode
non estar a facer sexting -
4:00 - 4:04porque só o 33%
-
4:04 - 4:06dos mozos e mozas de 16 e 17 anos
fan sexting. -
4:07 - 4:12Mais, sintoo, para cando sexan maiores,
as probabilidades din que o farán. -
4:12 - 4:18Todos os estudios sitúan a
tasa sobre o 50% entre 18 e 24 anos. -
4:19 - 4:22E a maioría das veces, nada sae mal.
-
4:22 - 4:27A xente pregúntame todo o tempo cousas
como, "É o sexting tan perigoso?" -
4:27 - 4:31É como se non deixases a carteira
no banco dun parque -
4:31 - 4:34e esperases que fose ser roubada
se o fas, non si? -
4:35 - 4:36Isto é o que penso:
-
4:36 - 4:40sexting é como deixar a carteira
na casa do teu noivo. -
4:40 - 4:42Se volves ao día seguinte
-
4:42 - 4:44e desapareceu todo o diñeiro,
-
4:45 - 4:47realmente necesitas deixar a ese tipo.
-
4:48 - 4:50(Risas)
-
4:51 - 4:54De forma que en vez de
criminalizar o sexting -
4:54 - 4:56para tratar de previr
violacións de privacidade, -
4:56 - 5:00precisamos facer do consentimento
un punto central -
5:00 - 5:04acerca de como pensamos sobre a
circulación da nosa información privada. -
5:04 - 5:09Cada novo medio audiovisual presenta
problemas de privacidade. -
5:09 - 5:13De feito, en E.E.U.U. os principais
debates sobre privacidade -
5:13 - 5:18foron en resposta ás tecnoloxías que
naquel momento eran relativamente novas. -
5:18 - 5:22A finais do 1800, á xente preocupáballe
as cámaras, -
5:22 - 5:25que de repente eran máis
portátiles ca nunca, -
5:25 - 5:28e polas columnas de rexouba dos xornais.
-
5:28 - 5:32Preocupáballes que a cámara puidese
tomar información sobre eles, -
5:32 - 5:35sacala de contexto
e difundila. -
5:35 - 5:37Sóavos familiar?
-
5:37 - 5:42É exactamente a mesma preocupación que
temos agora coas redes sociais e os drons, -
5:42 - 5:43e, por suposto, o sexting.
-
5:44 - 5:46E eses medos con respecto á tecnoloxía,
-
5:46 - 5:47teñen sentido
-
5:47 - 5:51porque a tecnoloxía pode amplificar
e sacar a relucir -
5:51 - 5:54as nosas peores cualidades e actitudes.
-
5:54 - 5:57Mais existen solucións.
-
5:57 - 6:00E estivemos aquí antes cunha
perigosa nova tecnoloxía. -
6:01 - 6:04En 1908, Ford introduciu
o automóbil Modelo T. -
6:05 - 6:07As taxas de mortalidade de tráfico
estaban a aumentar. -
6:07 - 6:10Era un problema serio --
parece moi seguro, verdade? -
6:12 - 6:16A nosa primeira reacción foi a de tratar
de cambiar o comportamento do condutor, -
6:16 - 6:20de xeito que creamos límites de velocidade
e fixémolos cumprir mediante multas -
6:20 - 6:22Mais ao longo das décadas seguintes,
-
6:22 - 6:28démonos conta de que a tecnoloxía dun
coche non é só neutral. -
6:28 - 6:31Poderíamos deseñar o coche para facelo
máis seguro. -
6:31 - 6:34Daquela, nos anos 20, fixemos
parabrisas resistentes á rotura. -
6:34 - 6:37Nos anos 50, cintos de seguridade.
-
6:37 - 6:40E nos 90, airbags.
-
6:40 - 6:43As tres áreas:
-
6:43 - 6:48leis, persoas e industria
uníronse co tempo -
6:48 - 6:51para axudar a resolver o problema
que causa unha nova tecnoloxía. -
6:51 - 6:55E podemos facer o mesmo
coa privacidade dixital. -
6:55 - 6:58Por suposto, voltamos ao tema do
consentemento. -
6:58 - 7:00Esta é a idea.
-
7:00 - 7:03Antes de que alguén poida compartir
a túa información privada, -
7:03 - 7:06ten que conseguir a túa autorización.
-
7:06 - 7:11Esta idea do consentimento afirmativo
vén de activistas anti-violación -
7:11 - 7:15que din que precisamos consentemento
para cada acto sexual. -
7:15 - 7:19E temos estándares realmente altos con
respecto ao consentemento noutras áreas. -
7:19 - 7:21Pensemos na cirurxía.
-
7:21 - 7:23O voso doutor ten que asegurarse
-
7:23 - 7:27de que estades a dar o voso consentimento
total e voluntario para tal intervención. -
7:28 - 7:31Este non é un consentimento do tipo dos
Términos de Servizo de iTunes -
7:31 - 7:35onde vas ata o final da páxina e clicas para adiante "acepto, acepto, o que sexa."
-
7:35 - 7:37
(Risas) -
7:37 - 7:42Se pensamos máis no consentimento,
poderemos ter mellores leis de privacidade -
7:42 - 7:46Agora mesmo, non temos
moitas proteccións. -
7:46 - 7:49Se o teu ex-esposo ou a túa ex-muller
é unha persoa terrible, -
7:49 - 7:54pode coller as fotos de ti espido e
subilas a unha páxina porno. -
7:54 - 7:57Pode chegar a ser moi complicado
retirar esas imaxes. -
7:57 - 7:58E en moitos Estados,
-
7:58 - 8:02é mellor se as fotos as
fai un mesmo, -
8:02 - 8:05porque entón podes presentar
unha reclamación de copyright. -
8:05 - 8:07(Risas)
-
8:07 - 8:10Agora, se alguén viola
a túa privacidade, -
8:10 - 8:15xa sexa unha persoa, ou unha compañía,
ou o NSA (Axencia de Seguridade Nacional), -
8:15 - 8:18podes intentar presentar unha demanda,
-
8:18 - 8:20aínda que pode que non
resulte existosa -
8:20 - 8:25xa que moitos tribunais asumen que a
privacidade dixital é imposible. -
8:25 - 8:28De xeito que non están dispostos
a castigar a calquera que a viole. -
8:29 - 8:32Sigo a escoitar xente
preguntándome todo o tempo, -
8:32 - 8:37"unha imaxe dixital non está dalgún xeito
nunha liña difusa entre público e privado? -
8:37 - 8:39porque é dixital, non si?"
-
8:40 - 8:41Non! Non!
-
8:41 - 8:44Non todo o dixital é
automaticamente público. -
8:44 - 8:46Iso non ten sentido ningún.
-
8:46 - 8:50Como di a xurista da NYU
Helen Nissenbaum, -
8:50 - 8:52temos leis e regras e normas
-
8:52 - 8:56que protexen todo tipo de
información privada, -
8:56 - 8:59e non fan diferenzas por ser
ou non dixital. -
8:59 - 9:02Todos os vosos rexistros de saúde
están dixitalizados -
9:02 - 9:05mais o voso doutor non pode
compartilos con ninguén. -
9:05 - 9:09Toda a vosa información financieira
almacénase en bases de datos dixitais, mais -
9:09 - 9:14a vosa compañía de tarxetas de crédito non
pode publicar o voso historial de compras online. -
9:15 - 9:21Mellores leis axudarían a abordar as
violacións de privacidade despois de que -
9:21 - 9:25ocorran, mais unha das cousas máis simples
que podemos facer é facer cambios persoais -
9:25 - 9:28para axudar na protección
da privacidade dos demais. -
9:28 - 9:30Sempre nos dixeron que a privacidade
-
9:30 - 9:33é a nosa responsabilidade
exclusiva e individual. -
9:33 - 9:38Dinnos constantemente que controlemos e
actualicemos a nosa configuración de privacidade. -
9:38 - 9:42Dinnos que xamais compartamos nada que non quereríamos que todo o mundo vise.
-
9:43 - 9:45Isto non ten sentido.
-
9:45 - 9:48Os medios dixitais son ambientes sociais
-
9:48 - 9:52e compartimos cousas con xente na que
confiamos todo o día, cada día. -
9:53 - 9:56Como argumenta a invesigadora de
Princeton Janet Vertesi, -
9:56 - 10:00"Os nosos datos e privacidade
non son só persoais, -
10:00 - 10:02senón que, en verdade, son interpersoais."
-
10:02 - 10:06E unha cousa que podedes facer
e que é moi sinxela -
10:06 - 10:11é simplemente pedir permiso antes de
compartir a información doutra persoa. -
10:11 - 10:15Se queredes colgar unha foro de alguén
online, pedide permiso. -
10:15 - 10:18Se queredes reenviar un
correo electrónico, -
10:18 - 10:19pedide permiso.
-
10:19 - 10:22E se queredes compartir a selfie
de alguén espido, -
10:22 - 10:24obviamente, pedide permiso.
-
10:26 - 10:30Estes cambios individuais poden realmente
axudarnos a protexer a privacidade dos -
10:30 - 10:34demais, mais precisamos tamén a
colaboración de empresas tecnolóxicas. -
10:34 - 10:39Estas compañías apenas teñen incentivo
en axudarnos a protexer a nosa privacidade -
10:39 - 10:42porque os seus modelos de negocio se basan en nós compartíndoo todo
-
10:42 - 10:44co maior número de persoas posible.
-
10:45 - 10:47Agora mesmo, se vos envío unha imaxe,
-
10:47 - 10:50podedes reenviárllela a quen queirades.
-
10:50 - 10:54Pero, e se teño que decidir se esa imaxe
se pode reenviar ou non? -
10:54 - 10:58Isto indicaríavos que non tedes o meu
permiso para mandar esa imaxe. -
10:59 - 11:03Facemos este tipo de cousas todo o
tempo para protexer os dereitos de autor. -
11:03 - 11:07Se mercas un libro electrónico, non podes
mandárllelo á xente que queiras. -
11:07 - 11:10Así que por que non probar isto cos
teléfonos móbiles? -
11:11 - 11:16O que podemos facer é esixirlles ás
compañías tecnolóxicas que engadan esas -
11:16 - 11:19proteccións aos nosos dispositivos e
plataformas coma valores predeterminados. -
11:20 - 11:23A fin de contas, un pode escoller
a cor do seu coche, -
11:23 - 11:26mais os airbags son sempre estándar.
-
11:28 - 11:32Se non pensamos máis na privacidade
dixital e no consentimento, -
11:32 - 11:35pode haber serias consecuencias.
-
11:35 - 11:38Había unha adolescente de Ohio,
-
11:38 - 11:40imos chamala Jennifer, por respeto
á súa privacidade. -
11:41 - 11:45Ela compartiu fotos nas que saía espida
co seu noivo do instituto, -
11:45 - 11:46pensando que podía confiar nel.
-
11:48 - 11:50Por desgraza, el traizoouna
-
11:50 - 11:53e as súas fotos circularon
por toda a escola. -
11:53 - 11:56Jennifer estaba avergoñada e humillada,
-
11:57 - 12:01mais en lugar de seren compasivos, os
seus compañeiros acosárona. -
12:01 - 12:03Chamáronlle puta
-
12:03 - 12:05e fixéronlle a vida imposible.
-
12:05 - 12:09Jennifer comezou a faltar á escola e
as súas calificacións baixaron. -
12:10 - 12:13Finalmente, Jennifer decidiu acabar
coa súa propia vida. -
12:15 - 12:17Jennifer non fixo nada mal.
-
12:17 - 12:20O único que fixo foi compartir
unha foto na que saía espida -
12:20 - 12:23cunha persoa na que pensou que
podía confiar. -
12:23 - 12:25E, porén, as nosa leis dinlle
-
12:25 - 12:29que cometeu un crime horrible equivalente
á pornografía infantil. -
12:30 - 12:31As nosas normas de xénero din
-
12:31 - 12:35que ao producir esta imaxe dela
mesma espida, -
12:35 - 12:38dalgún xeito, fixo a cousa
máis horrible e vergoñenta. -
12:38 - 12:43E cando asumimos que a privacidade é
imposible nos medios dixitais, -
12:43 - 12:48condonamos e excusamos completamente
o mal comportamento do seu noivo. -
12:49 - 12:55A xente segue a dicirlles ás vítimas de
violacións de privacidade, -
12:55 - 12:56"En que pensabas?
-
12:56 - 12:59Xamais deberías ter enviado esa imaxe."
-
13:00 - 13:04Se estades a barallar que dicir no seu
lugar, probade con isto. -
13:04 - 13:08Imaxinade que visitades ao voso amigo
que rompeu unha perna esquiando. -
13:08 - 13:13Eles tomaron un risco para facer algo
divertido, e non saíu ben. -
13:13 - 13:15Mais non ides a ser os cretinos que
digan, -
13:15 - 13:18"Logo, non deberías ter ido a esquiar."
-
13:20 - 13:22Se pensamos no consentimento,
-
13:22 - 13:25poderemos ver que as vítimas de
violacións de privacidade -
13:26 - 13:27merecen a nosa compaixón;
-
13:27 - 13:32non discriminación, humillación,
acoso ou castigo. -
13:32 - 13:37Podemos apoiar as vítimas e previr
algunhas violacións de privacidade -
13:37 - 13:41se se fan estes cambios legais,
individuais e tecnolóxicos. -
13:42 - 13:48Porque o problema non é o sexting,
é a privacidade dixital. -
13:48 - 13:50E unha solución é o consentimento.
-
13:51 - 13:55Así que a próxima vez que unha vítima
de violación dixital se achegue a vós, -
13:55 - 13:58no lugar de culpala,
fagamos isto: -
13:58 - 14:01cambiemos as nosas ideas
sobre a privacidade dixital, -
14:01 - 14:04e respondamos con compaixón.
-
14:05 - 14:06Grazas.
-
14:06 - 14:12(Aplauso)
- Title:
- Como practicar séxting de xeito seguro.
- Speaker:
- Amy Adele Hasinoff
- Description:
-
No sexting, coma en calquera cousa que é divertida, existen riscos; porén, unha violación grave da privacidade non debe ser un deles. Amy Adele Hasinoff analiza as respostas problemáticas ao sexting nos medios de comunicación, o dereito e a educación, achegando solucións prácticas para que os individuos e empresas tecnolóxicas poidan protexer arquivos dixitais sensibles e potencialmente escandalosos.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 14:25
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for How to practice safe sexting | |
![]() |
Xosé María Moreno approved Galician subtitles for How to practice safe sexting | |
![]() |
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for How to practice safe sexting | |
![]() |
Xosé María Moreno accepted Galician subtitles for How to practice safe sexting | |
![]() |
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for How to practice safe sexting | |
![]() |
Enara Caride edited Galician subtitles for How to practice safe sexting | |
![]() |
Enara Caride edited Galician subtitles for How to practice safe sexting | |
![]() |
Enara Caride edited Galician subtitles for How to practice safe sexting |