< Return to Video

Ken Robinson di que as escolas matan a creatividade

  • 0:00 - 0:07
    Bo día. Como estades? Está sendo estupendo, verdade?
  • 0:07 - 0:11
    Impresionoume moitísimo todo isto.
  • 0:11 - 0:15
    De feito, vou marchar. (Sorrisos)
  • 0:15 - 0:19
    Houbo tres temas, verdade?
  • 0:19 - 0:23
    repetíndose ao longo da conferencia, que son relevantes
  • 0:23 - 0:25
    para o que que quero dicir.
  • 0:25 - 0:29
    Un é a proba extraordinaria da creatividade humana
  • 0:29 - 0:32
    en todas as presentacións que tivemos
  • 0:32 - 0:35
    e en toda a xente que está aquí. Simplemente a variedade
  • 0:35 - 0:38
    e a amplitude da mesma. O segundo é que
  • 0:38 - 0:41
    isto nos sitúa nun lugar no que non temos a menor idea do que vai acontecer,
  • 0:41 - 0:43
    en termos do futuro. Nin idea
  • 0:43 - 0:45
    sobre como isto vai evoluir.
  • 0:45 - 0:48
    A min interésame a educación --
  • 0:48 - 0:51
    de feito, o que noto é que todo o mundo está interesado na educación.
  • 0:51 - 0:53
    Non credes? Penso que isto é moi interesante.
  • 0:53 - 0:56
    Se estás nunha cea dunha festa, e dis
  • 0:56 - 0:59
    que traballas na educación --
  • 0:59 - 1:06
    realmente, non estás moito en festas, francamente, se traballas na educación.
  • 1:06 - 1:09
    (Sorrisos) Non vos convidan.
  • 1:09 - 1:14
    E nunca voltades a ser convidados, curiosamente. Non o entendo.
  • 1:14 - 1:16
    Mais se estivérades e lle dixérades a alguén,
  • 1:16 - 1:18
    é dicir, eles preguntan, "A que te adicas?"
  • 1:18 - 1:20
    e respondes que traballas na educación,
  • 1:20 - 1:24
    podes ver o sangue escapar da súa cara. Están pensando:
  • 1:24 - 1:30
    "Meu deus,", xa sabedes, "Por que eu? A única noite que saio en toda a semana." (Sorrisos)
  • 1:30 - 1:32
    Mais se preguntas sobre a súa educación,
  • 1:32 - 1:34
    arrincónanche contra a parede. Porque é unha desas cousas
  • 1:34 - 1:37
    que a xente leva no máis fondo, estou no certo?
  • 1:37 - 1:40
    Como a relixión, o diñeiro e outras cousas.
  • 1:40 - 1:44
    Teño moito interese na educación, e penso que todos o temos.
  • 1:44 - 1:46
    Temos un enorme interese persoal nela,
  • 1:46 - 1:49
    en parte porque é a educación o que se supón que
  • 1:49 - 1:52
    nos levará nese futuro que non podemos comprender.
  • 1:52 - 1:55
    Se o pensades, os nenos que comezan a escola este ano
  • 1:55 - 2:01
    retiraranse no 2065. Ninguén ten nin idea -
  • 2:01 - 2:04
    a pesar de todo o coñecemento que leva desfilado nos últimos catro días -
  • 2:04 - 2:06
    de como vai ser o mundo
  • 2:06 - 2:08
    dentro de cinco anos. E a pesar diso suponse
  • 2:08 - 2:11
    que estamos educándoos para iso. Así que o impredecíbel, penso,
  • 2:11 - 2:13
    é extraordinario.
  • 2:13 - 2:15
    E a terceira parte disto é que
  • 2:15 - 2:20
    todos estivemos dacordo, a pesar de todo, sobre
  • 2:20 - 2:23
    as capacidades realmente extraordinarias que teñen os nenos -
  • 2:23 - 2:25
    as súas capacidades para a innovación. Quero dicir, Sirena a pasada noite foi unha marabilla,
  • 2:25 - 2:28
    non si? Simplemente ver o que ela pode facer.
  • 2:28 - 2:33
    E ela é excepcional, pero eu penso que non o é, por dicilo dalgún xeito,
  • 2:33 - 2:36
    non é excepcional entre todos os nenos.
  • 2:36 - 2:39
    O que tedes aí é unha persoa de dedicación extraordinaria
  • 2:39 - 2:41
    que atopou un talento. E a miña teoría é,
  • 2:41 - 2:43
    que todos os nenos teñen talentos fantásticos.
  • 2:43 - 2:45
    E dilapidámolos, sen piedade.
  • 2:45 - 2:48
    Así que quero falar sobre educación e
  • 2:48 - 2:51
    quero falar sobre creatividade. A miña teoría é que
  • 2:51 - 2:54
    a creatividade é tan importante na educación como a alfabetización,
  • 2:54 - 2:58
    e deberíamos darlle o mesmo status.
  • 2:58 - 3:06
    (Aplausos) Grazas. Iso era todo, por certo.
  • 3:06 - 3:10
    Moitas grazas. (Sorrisos) Ben, quedan 15 minutos.
  • 3:10 - 3:17
    Ben, eu nacín... non. (Sorrisos)
  • 3:17 - 3:21
    Escoitei unha gran historia recentemente -- encántame contala --
  • 3:21 - 3:25
    dunha nena pequena que estaba nunha lección de debuxo. Tiña seis anos
  • 3:25 - 3:27
    e estaba ao fondo, debuxando,
  • 3:27 - 3:29
    e a mestra díxo que esta neniña case nunca
  • 3:29 - 3:33
    atendía, e nesta clase de debuxo fíxoo.
  • 3:33 - 3:35
    A mestra estaba fascinada e achegouse a ela
  • 3:35 - 3:38
    e dixo, "Que estás a debuxar?"
  • 3:38 - 3:41
    E a nena dixo, "Estou debuxando unha imaxe de Deus."
  • 3:41 - 3:44
    E a mestra dixo, "Pero ninguén sabe como é Deus."
  • 3:44 - 3:51
    E a nena dixo, "Saberán nun minuto."
  • 3:51 - 3:52
    (Sorrisos)
  • 3:52 - 3:57
    Cando o meu fillo tiña catro anos en Inglaterra --
  • 3:57 - 4:00
    de feito tiña catro en todas partes, a verdade. (Sorrisos)
  • 4:00 - 4:06
    Se somos estrictos sobre o tema, onde queira que fomos, tiña catro aquel ano.
  • 4:06 - 4:08
    Estaba na representación da Natividade.
  • 4:08 - 4:11
    Lembrades a historia? Non, foi famosa.
  • 4:11 - 4:14
    Foi unha historia famosa. Mel Gibson fixo a secuela.
  • 4:14 - 4:19
    Quizais a vísedes: "Natividade II". Pero a James tocoulle a parte de Xosé,
  • 4:19 - 4:22
    polo que estábamos encantados.
  • 4:22 - 4:24
    Consideramos que era un dos papeis principais.
  • 4:24 - 4:26
    Tíñamos todo o lugar cheo de axentes con camisetas:
  • 4:26 - 4:29
    "James Robinson É Xosé!" (Sorrisos)
  • 4:29 - 4:31
    El non tivo que falar, pero sabedes o momento
  • 4:31 - 4:34
    no que os tres reis magos chegan. Chegan cos agasallos,
  • 4:34 - 4:36
    traen ouro, incenso e mirra.
  • 4:36 - 4:38
    Isto aconteceu realmente. Estabamos sentados aló
  • 4:38 - 4:40
    e penso que se enganaron,
  • 4:40 - 4:42
    porque falamos co neniño despois e dixemos,
  • 4:42 - 4:44
    "Está todo correcto?" E dixo, "Si, por que? Que estivo mal?"
  • 4:44 - 4:46
    Simplemente confundíranse, iso foi todo.
  • 4:46 - 4:47
    De calquera xeito, os nenos entraron --
  • 4:47 - 4:49
    nenos de catro anos con panos de cociña nas súas cabezas --
  • 4:49 - 4:52
    e pousaron as caixas no chan,
  • 4:52 - 4:54
    e o primeiro neno dixo, "Traio ouro."
  • 4:54 - 4:57
    E o segundo neno dixo, "Traio mirra."
  • 4:57 - 5:11
    E o terceiro neno dixo, "Frank manda isto." (Sorrisos) (en inglés rima con incenso)
  • 5:11 - 5:13
    O que estas cousas teñen en común é que os nenos van probar sorte.
  • 5:13 - 5:16
    Se non saben, tentarano igual.
  • 5:16 - 5:19
    Non estou no certo? Non teñen medo de estar equivocados.
  • 5:19 - 5:24
    Agora ben, non estou a dicir que estar equivocado sexa a mesma cousa que ser creativo.
  • 5:24 - 5:25
    O que sabemos é,
  • 5:25 - 5:28
    que se non estás preparado para equivocarte,
  • 5:28 - 5:31
    nunca proporás nada orixinal.
  • 5:31 - 5:34
    Se non estás preparado para estar equivocado. E en canto chegan a ser adultos,
  • 5:34 - 5:36
    a maior parte dos nenos perden esa capacidade.
  • 5:36 - 5:39
    Pasaron a ter medo a equivocarse.
  • 5:39 - 5:41
    E diriximos as empresas así, por certo.
  • 5:41 - 5:44
    Estigmatizamos os erros. E temos agora
  • 5:44 - 5:47
    sistemas nacionais de educación onde
  • 5:47 - 5:50
    os erros son a peor cousa que se pode facer.
  • 5:50 - 5:53
    E o resultado é que estamos a educar á xente para que perda
  • 5:53 - 5:56
    as súas capacidades creativas. Picasso dixo isto unha vez.
  • 5:56 - 5:59
    Dixo que todos os nenos nacen artistas.
  • 5:59 - 6:03
    O problema é seguir sendo artista ao medrar. Creo nisto apaixoadamente,
  • 6:03 - 6:05
    que non medramos na creatividade,
  • 6:05 - 6:08
    medramos perdéndoa. Ou mellor dito, somos educados para perdela.
  • 6:08 - 6:10
    E por que acontece isto?
  • 6:10 - 6:14
    Vivín en Stratford-on-Avon ata fai cinco anos.
  • 6:14 - 6:16
    De feito, mudámonos de Stratford a Los Ángeles.
  • 6:16 - 6:20
    Así que vos podedes imaxinar que transición máis doada foi.
  • 6:20 - 6:22
    (Sorrisos) De feito,
  • 6:22 - 6:24
    vivimos nun lugar chamado Snitterfield,
  • 6:24 - 6:26
    xusto ao sair de Stratford, que é onde
  • 6:26 - 6:31
    o pai de Shakespeare naceu. Acábavos de invadir un novo pensamento? A min pasoume.
  • 6:31 - 6:33
    Nunca se pensa que Shakespeare tivese un pai, verdade?
  • 6:33 - 6:35
    Verdade? Porque nunca se pensa que
  • 6:35 - 6:37
    Shakespeare fose un neno, verdade?
  • 6:37 - 6:40
    Shakespeare con sete anos? Nunca pensei niso. Quero dicir, tivo
  • 6:40 - 6:42
    sete anos nalgún momento. Estivo na
  • 6:42 - 6:51
    clase de inglés dalquén, non? Como de molesto sería iso?
  • 6:51 - 7:05
    (Sorrisos) "Precisa mellorar." Cando o seu pai o manda a durmir, por exemplo,
  • 7:05 - 7:08
    a Shakespeare, "Vai á cama, agora,"
  • 7:08 - 7:10
    a William Shakespeare, "e deixa o lapiz apoiado.
  • 7:10 - 7:18
    E deixa de falar así. Está confundindo a todo o mundo."
  • 7:18 - 7:23
    (Sorrisos)
  • 7:23 - 7:26
    En calquera caso, movímonos de Stratford a Los Ángeles
  • 7:26 - 7:30
    e só quero dicir unhas palabras sobre a transición, de feito.
  • 7:30 - 7:33
    O meu fillo non quería vir.
  • 7:33 - 7:36
    Teño dous fillos. El ten 21 agora; a miña filla 16.
  • 7:36 - 7:38
    El non quería vir a Los Ángeles. Encantáballe,
  • 7:38 - 7:43
    pero tiña unha noiva en Inglaterra. O amor da súa vida, Sarah.
  • 7:43 - 7:45
    Coñecíaa dende facía un mes.
  • 7:45 - 7:48
    Tede en conta, que tiveran xa o seu cuarto aniversario,
  • 7:48 - 7:52
    porque é moito tempo cando tes 16.
  • 7:52 - 7:54
    En calquera caso, estaba moi enfadado no avión,
  • 7:54 - 7:56
    e dixo, "Nunca atoparei outra rapaza como Sarah."
  • 7:56 - 7:58
    E estábamos encantados con iso, francamente,
  • 7:58 - 8:10
    porque ela era a principal razón pola que estabamos a deixar o país.
  • 8:10 - 8:13
    (Sorrisos)
  • 8:13 - 8:16
    Mais algo sorpréndeche cando te trasladas a América
  • 8:16 - 8:18
    e cando viaxas polo mundo:
  • 8:18 - 8:22
    Todo sistema educativo na terra ten a mesma xerarquía de contidos.
  • 8:22 - 8:24
    Todos. Independentemente de a onde vaias.
  • 8:24 - 8:26
    Un pensaría que sería diferente, pero non o é.
  • 8:26 - 8:29
    No cumio están as matemáticas e as linguas,
  • 8:29 - 8:31
    despois veñen as humanidades, e abaixo de todo as artes.
  • 8:31 - 8:33
    En calquera lugar da terra.
  • 8:33 - 8:36
    E en case calquera sistema tamén,
  • 8:36 - 8:38
    existe unha xerarquía dentro das artes.
  • 8:38 - 8:40
    Arte e música teñen normalmente un estatus superior nas escolas
  • 8:40 - 8:43
    que drama ou baile. Non existe un sistema educativo no planeta
  • 8:43 - 8:45
    que ensine baile todos os días aos nenos
  • 8:45 - 8:48
    do xeito que o facemos cosas matemáticas. Por que?
  • 8:48 - 8:50
    Porque non? Penso que é bastante importante.
  • 8:50 - 8:53
    Penso que as matemáticas son moi importantes, pero tamén o é o baile.
  • 8:53 - 8:56
    Os nenos bailan todo o tempo se se lles deixa, todos facémolo.
  • 8:56 - 8:59
    Todos temos corpos, non? Perdínme unha reunión?
  • 8:59 - 9:03
    (Sorrisos) Sinceramente, o que ocorre é,
  • 9:03 - 9:05
    que cando os nenos medran, comezamos a educalos
  • 9:05 - 9:08
    progresivamente da cintura para arriba. E entón enfocámonos nas súas cabezas.
  • 9:08 - 9:10
    E un pouco cara a un lado.
  • 9:10 - 9:14
    Se estivésedes visitando a educación, como un extraterrestre,
  • 9:14 - 9:17
    e dixérades "Para que é, a educación pública?"
  • 9:17 - 9:19
    Penso que teríades que concluir -- se mirades o resultado,
  • 9:19 - 9:21
    a quen realmente triunfa nisto,
  • 9:21 - 9:23
    quenes fan todo o que deberían,
  • 9:23 - 9:26
    quenes levan todos os puntos, os que son os triunfadores --
  • 9:26 - 9:29
    penso que teríades que concluir que o propósito da educación pública
  • 9:29 - 9:30
    en todo o mundo
  • 9:30 - 9:34
    é producir profesores universitarios. Verdade?
  • 9:34 - 9:36
    Son as persoas que chegan ao cumio.
  • 9:37 - 9:40
    E eu soía ser un, nin máis nin menos. (Sorrisos)
  • 9:40 - 9:44
    E gústanme os profesores universitarios, pero sabedes,
  • 9:44 - 9:48
    non deberíamos consideralos a cota máis alta dos logros da humanidade.
  • 9:48 - 9:50
    Son simplemente un xeito de vida,
  • 9:50 - 9:52
    outro xeito de vida. Pero son bastante curiosos,
  • 9:52 - 9:54
    e digo isto con afecto cara a eles.
  • 9:54 - 9:57
    Hai algo curioso nos profesores, na miña experiencia --
  • 9:57 - 10:00
    non todos eles, mais típicamente -- viven nas súas cabezas.
  • 10:00 - 10:02
    Viven aí enriba, e lixeiramente cara a un lado.
  • 10:02 - 10:06
    Son incorpóreos, sabedes, dun xeito bastante literal.
  • 10:06 - 10:08
    Consideran o seu corpo
  • 10:08 - 10:17
    un medio de transporte para as súas cabezas, non credes?
  • 10:17 - 10:24
    (Sorrisos) É un medio para levar ás súas cabezas a reunións.
  • 10:24 - 10:27
    Se queredes proba real de experiencias extracorpóreas,
  • 10:27 - 10:30
    por certo, ide a unha conferencia con aloxamento
  • 10:30 - 10:32
    de académicos senior,
  • 10:32 - 10:35
    e pasade pola discoteca na última noite.
  • 10:35 - 10:39
    (Sorrisos) E alí o veredes -- homes e mulleres maduros
  • 10:39 - 10:43
    retorcéndose incontrolábelmente, fora de ritmo,
  • 10:43 - 10:47
    esperando a que remate para poder ir á casa e escreber un artigo sobre iso.
  • 10:47 - 10:53
    O noso sistema educativo está baseado na idea da aptitude académica.
  • 10:53 - 10:56
    E hai unha razón.
  • 10:56 - 10:58
    Todo o sistema foi inventado -- en todo o mundo, non había
  • 10:58 - 11:00
    sistemas de educación públicos, realmente, antes do século XIX.
  • 11:00 - 11:03
    Todos nacen
  • 11:03 - 11:04
    para satisfacer as necesidades do industrialismo.
  • 11:04 - 11:07
    De xeito que a xerarquía está enraizada en dúas ideas.
  • 11:07 - 11:11
    Primeiro, que as asignaturas máis útiles para o traballo
  • 11:11 - 11:13
    están no cumio. Así que seguramente mantivéronvos alonxados benévolamente
  • 11:13 - 11:15
    de cousas na escola cando erades nenos, cousas que vos gustaban,
  • 11:15 - 11:17
    coa xustificación de que
  • 11:17 - 11:20
    nunca teríades un traballo facendo iso. É así?
  • 11:20 - 11:22
    Non fagas música, non vas ser un músico;
  • 11:22 - 11:24
    non fagas arte, non vas ser un artista.
  • 11:25 - 11:29
    Consello benigno -- mais profundamente equivocado. O mundo enteiro
  • 11:29 - 11:30
    está sumido nunha revolución.
  • 11:30 - 11:33
    E o segundo é a aptitude académica, que ten chegado a dominar
  • 11:33 - 11:34
    a nosa visión da intelixencia,
  • 11:34 - 11:37
    porque as universidades deseñaron o sistema á súa imaxe.
  • 11:37 - 11:39
    Se o pensades, todo o sistema
  • 11:39 - 11:41
    de educación pública en todo o mundo é un alongado proceso
  • 11:41 - 11:43
    de entrada na universidade.
  • 11:43 - 11:46
    E a consecuencia é que moitas persoas con talento,
  • 11:46 - 11:48
    brillantes e creativas, pensan que non o son,
  • 11:48 - 11:50
    porque a cousa na que destacaban na escola
  • 11:50 - 11:54
    non se valoraba, ou estaba estigmatizada.
  • 11:54 - 11:56
    E penso que non nos podemos permitir ir por ese camiño.
  • 11:56 - 11:58
    Nos próximos 30 anos, según a UNESCO,
  • 11:58 - 12:01
    vaise graduar máis xente no mundo
  • 12:01 - 12:03
    no sistema educativo da que o fixo dende o comezo da historia.
  • 12:03 - 12:05
    Máis xente, e é a combinación
  • 12:05 - 12:07
    de todas as cousas das que falamos --
  • 12:07 - 12:10
    a tecnoloxía e o seu efecto transformador no traballo, e a demografía
  • 12:10 - 12:12
    e a enorme explosión da poboación.
  • 12:12 - 12:15
    De súpeto, os títulos non serven para nada. Non é certo?
  • 12:15 - 12:19
    Cando era un estudante, se tiñas un título, tiñas un traballo.
  • 12:19 - 12:22
    Se non tiñas un traballo era porque non o querías.
  • 12:22 - 12:25
    E eu, non o quería, francamente. (Sorrisos)
  • 12:25 - 12:30
    Mais agora os rapaces con títulos moitas veces
  • 12:30 - 12:31
    vanse á casa para seguir a xogar cos videoxogos,
  • 12:31 - 12:34
    porque precisas unha licenciatura onde o traballo anterior precisaba unha diplomatura,
  • 12:34 - 12:37
    e agora precisas un doutoramento para o outro.
  • 12:37 - 12:39
    É un proceso de inflación académica.
  • 12:39 - 12:41
    E indica que toda a estructura educativa
  • 12:41 - 12:43
    está mudando diante do noso nariz. Temos que repensar radicalmente
  • 12:43 - 12:44
    a nosa visión da inteligencia.
  • 12:44 - 12:46
    Sabemos tres cousas sobre a intelixencia.
  • 12:46 - 12:49
    Unha, que é diversa. Pensamos sobre o mundo de todos os xeitos
  • 12:49 - 12:51
    en que o experimentamos. Pensamos visualmente,
  • 12:51 - 12:54
    pensamos en sóns, pensamos kinestésicamente.
  • 12:54 - 12:57
    Pensamos en termos abstractos, pensamos en movemento.
  • 12:57 - 12:59
    Segunda, que a intelixencia é dinámica.
  • 12:59 - 13:02
    Se miramos as interacións do cerebro humano, tal e como escoitamos
  • 13:02 - 13:05
    onte en varias presentacións,
  • 13:05 - 13:07
    a intelixencia é marabillosamente interactiva.
  • 13:07 - 13:10
    O cerebro non está dividido en compartimentos.
  • 13:10 - 13:13
    De feito, a creatividade -- que eu defino como o proceso
  • 13:13 - 13:15
    de ter ideas orixinais que teñen valor --
  • 13:15 - 13:18
    a maior parte do tempo maniféstase pola interacción
  • 13:18 - 13:21
    de diferentes xeitos disciplinarios de ver as cousas.
  • 13:21 - 13:23
    O cerebro é intencionadamente -- por certo,
  • 13:23 - 13:26
    hai un conxunto de nervios que unen as dúas metades do cerebro
  • 13:26 - 13:28
    chamados corpus callosum. É máis groso nas mulleres.
  • 13:28 - 13:30
    Continuando o que dixo Helen onte, penso
  • 13:30 - 13:34
    que isto é probablemente polo que as mulleres son mellores na multi-tarefa.
  • 13:34 - 13:36
    Porque o sodes, non?
  • 13:36 - 13:39
    Hai unha morea de investigación, pero eu seino pola miña vida persoal.
  • 13:39 - 13:41
    Se a miña muller está cociñando na casa --
  • 13:41 - 13:45
    que non é moi de cotío, por sorte. (Sorrisos)
  • 13:45 - 13:48
    Pero xa sabedes, ela está facendo -- non, ela é boa nalgunhas cousas --
  • 13:48 - 13:50
    pero se está cociñando, sabedes,
  • 13:50 - 13:52
    está tratanco con xente no teléfono,
  • 13:52 - 13:55
    está falándolles aos nenos, está pintando o teito,
  • 13:55 - 13:58
    está facendo ciruxía a corazón aberto aquí.
  • 13:58 - 14:01
    Se eu estou a cociñar, a porta está pechada, os nenos están fora,
  • 14:01 - 14:04
    o teléfono está colgado, se ela ven eu enfádome.
  • 14:04 - 14:17
    Digo, "Terry, por favor, estou tentando fritir un ovo aquí. Dame un respiro." (Sorrisos)
  • 14:17 - 14:19
    De feito, sabedes esa cousa filosófica,
  • 14:19 - 14:22
    de que se unha árbore cae no bosque e ninguén a escoita,
  • 14:22 - 14:25
    pasou? Lembrades ese vella historia?
  • 14:25 - 14:28
    Vin unha camiseta estupenda recentemente que dicía, "Se un home di o que pensa
  • 14:28 - 14:31
    nun bosque, e ningunha muller o escoita,
  • 14:31 - 14:40
    está igualmente equivocado?" (Sorrisos)
  • 14:40 - 14:42
    E a terceira cousa sobre a intelixencia é,
  • 14:43 - 14:45
    é única. Estou a escreber un novo libro agora
  • 14:45 - 14:47
    chamado "Epifanía," que está baseado nunha serie de
  • 14:47 - 14:49
    entrevistas con xente sobre como descubriron
  • 14:49 - 14:51
    o seu talento. Estou fascinado por como a xente chegou aí.
  • 14:51 - 14:54
    Está realmente provocado por unha conversa que tiven
  • 14:54 - 14:56
    cunha muller marabillosa da que se cadra a maioría da xente
  • 14:56 - 14:58
    nunca escoitou falar, chamada Gillian Lynne,
  • 14:58 - 15:00
    escoitáchedes falar dela? Algúns si. É coreógrafa
  • 15:00 - 15:02
    e todo o mundo coñece o seu traballo.
  • 15:02 - 15:04
    Fixo "Cats," e "A pantasma da ópera."
  • 15:04 - 15:08
    É marabillosa. Eu soía estar no consello do Royal Ballet, en Inglaterra,
  • 15:08 - 15:10
    como podedes ver.
  • 15:10 - 15:12
    De calquera xeito, Gillian e eu almorzamos un día e dixen,
  • 15:12 - 15:14
    "Gillian, como chegaches a ser unha bailarina?" E ela dixo
  • 15:14 - 15:16
    que era interesante, que cando estaba na escola,
  • 15:16 - 15:19
    estaba desesperada. E a escola, nos anos 30,
  • 15:19 - 15:21
    escrebeu aos seus pais dicindo, "Pensamos
  • 15:21 - 15:23
    que Gillian ten trastornos de aprendizaxe." Non se podía concentrar,
  • 15:23 - 15:25
    estaba inqueda. Penso que agora dirían
  • 15:25 - 15:29
    que ela tiña déficit de atención (ADHD). Non credes? Pero eran os anos 30,
  • 15:29 - 15:32
    e o ADHD non se inventara ainda.
  • 15:32 - 15:35
    Non era unha enfermidade disponíbel. (Sorrisos)
  • 15:35 - 15:39
    A xente non sabía que podían ter iso.
  • 15:39 - 15:43
    De calquera xeito, ela foi ver este especialista. Entón, un cuarto revestido de carballo,
  • 15:43 - 15:46
    e ela estaba aló coa súa nai,
  • 15:46 - 15:49
    guiárona para que se sentara nunha cadeira ao final,
  • 15:49 - 15:51
    e sentouse sobre as súas máns durante 20 minutos mentres
  • 15:51 - 15:53
    este home falaba coa súa nai sobre todos
  • 15:53 - 15:57
    os problemas que Gillian estaba a ter na escola. E ao final de todo --
  • 15:57 - 15:59
    porque ela estaba a molestar á xente,
  • 15:59 - 16:01
    os seus deberes sempre os facía tarde, etcétera,
  • 16:01 - 16:04
    pequena de 8 anos -- e ao final, o doctor foi e sentouse
  • 16:04 - 16:06
    ao lado de Gillian e dixo, "Gillian,
  • 16:06 - 16:08
    escoitei todas estas cousas que a túa nai
  • 16:08 - 16:10
    me contou, e preciso falar con ela en privado."
  • 16:10 - 16:13
    Dixo, "Espera aquí, voltaremos, non tardaremos moito."
  • 16:13 - 16:15
    e fóronse e deixárona.
  • 16:15 - 16:17
    Pero ao sair do cuarto, encendeu a radio
  • 16:17 - 16:19
    que estaba apoiada na súa mesa. E candosairon
  • 16:19 - 16:21
    do cuarto, díxolle á súa nai,
  • 16:21 - 16:24
    "Simplemente queda de pé e míraa." E ao minuto de que eles sairan,
  • 16:24 - 16:28
    dixo, ela estaba de pé, movéndose coa música.
  • 16:28 - 16:30
    E miraron por uns minutos
  • 16:30 - 16:33
    e el xirou cara á súa nai e dixo,
  • 16:33 - 16:37
    "Señora Lynne, Gillian non está enferma, é unha bailarina.
  • 16:37 - 16:39
    Lévea a unha escola de baile."
  • 16:39 - 16:41
    E eu dixen, "E que aconteceu?"
  • 16:41 - 16:44
    E ela dixo, "Fíxoo. E non che podo dicir o marabilloso que era.
  • 16:44 - 16:46
    Entramos naquel cuarto e estaba cheo de
  • 16:46 - 16:49
    xente coma min. Persoas que non podían quedarse quedas.
  • 16:49 - 16:52
    Persoas que se tiñan que mover para pensar." Que tiñan que moverse para pensar.
  • 16:52 - 16:54
    Fixeron ballet, fixeron claqué, fixeron jazz,
  • 16:54 - 16:56
    fixeron baile moderno, fixeron contemporáneo.
  • 16:56 - 16:59
    Ela probou finalmente para a Royal Ballet School,
  • 16:59 - 17:01
    convertiuse nunha solista, tivo unha carreira marabillosa
  • 17:01 - 17:03
    no Royal Ballet. Finalmente licenciouse
  • 17:03 - 17:05
    da Royal Ballet School,
  • 17:05 - 17:08
    formou a súa propia compañía -- a Gillian Lynne Dance Company --
  • 17:08 - 17:11
    coñeceu a Andrew Lloyd Weber. E é responsable de
  • 17:11 - 17:13
    algunha das produccións de teatro musical
  • 17:13 - 17:18
    máis exitosas da historia, deu placer a millóns,
  • 17:18 - 17:21
    e é multimillonaria. Outro
  • 17:21 - 17:25
    teríaa medicado e teríalle dito
  • 17:25 - 17:27
    que se calmase.
  • 17:27 - 17:30
    Agora ben, eu penso... (Aplausos) O que se pode concluir é isto:
  • 17:30 - 17:32
    Al Gore falou a outra noite
  • 17:32 - 17:35
    sobre ecoloxía, e a revolución que fora iniciada por Rachel Carson.
  • 17:35 - 17:39
    Penso que a nosa única esperanza para o futuro
  • 17:39 - 17:42
    é adoptar unha nova concepción de ecoloxía humana,
  • 17:42 - 17:46
    unha na que podamos comezar a reconstituir a nosa concepción
  • 17:46 - 17:48
    da riqueza da capacidade humana.
  • 17:48 - 17:52
    O noso sistema educativo explotou as nosas mentes do xeito
  • 17:52 - 17:54
    no que nós explotamos a terra: na busca dun producto concreto.
  • 17:54 - 17:57
    E para o futuro, non nos servirá.
  • 17:57 - 18:00
    Temos que repensar os principios fundamentais
  • 18:00 - 18:02
    nos que estamos a educar aos nosos nenos. Había
  • 18:02 - 18:06
    unha marabillosa cita de Jonas Salk, que dixo, "Se todos os insectos
  • 18:06 - 18:09
    desapareceran da terra,
  • 18:09 - 18:12
    en 50 anos a vida na Terra desaparecería.
  • 18:12 - 18:15
    Se todos os seres humanos desapareceran da terra,
  • 18:15 - 18:19
    en 50 anos todo tipo de formas de vida florecerían.
  • 18:19 - 18:21
    E ten razón.
  • 18:21 - 18:24
    O que TED celebra é o don da imaxinación humana.
  • 18:24 - 18:28
    Temos que ter coidado agora de usar ese don
  • 18:28 - 18:31
    con sabiduría, e de impedir algúns escenarios
  • 18:31 - 18:34
    escenarios dos que falamos. E o único xeito
  • 18:35 - 18:38
    de facer isto é ver as nosas capacidades creativas
  • 18:38 - 18:40
    polo ricas que son, e ver
  • 18:40 - 18:43
    aos nosos fillos pola esperanza que representan. E a nosa tarefa
  • 18:43 - 18:46
    é educar o seu completo ser, para que podan afrontar este futuro.
  • 18:46 - 18:49
    Por certo -- se cadra nós non veremos este futuro,
  • 18:49 - 18:52
    pero eles verano. E o noso traballo é axudarlles
  • 18:52 - 18:54
    a obter proveito del. Moitas grazas.
Title:
Ken Robinson di que as escolas matan a creatividade
Speaker:
Sir Ken Robinson
Description:

Sir Ken Robinson defende de xeito entretido e profundamente conmovedor a creación dun sistema educativo que potencie (en vez de minar) a creatividade.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
19:00
Juan Jose Sanchez Penas added a translation

Galician subtitles

Revisions