Return to Video

Deixar as redes sociais | Cal Newport | TEDxTysons

  • 0:11 - 0:14
    Probablemente non se dean conta
  • 0:14 - 0:17
    de que agora mesmo
    están vendo algo bastante raro.
  • 0:17 - 0:22
    Porque eu son un millennial
    escritor de libros de informática
  • 0:22 - 0:24
    nun evento TEDx
  • 0:24 - 0:27
    e inda así, nunca tiven
    unha conta nas redes sociais.
  • 0:27 - 0:30
    De feito, a forma en que sucedeu isto
    foi dalgunha maneira fortuíta.
  • 0:30 - 0:33
    A primeira vez que oín falar delas
    eu estaba na universidade,
  • 0:33 - 0:35
    no meu segundo ano,
  • 0:35 - 0:37
    foi entón cando Facebook
    chegou ao campus.
  • 0:37 - 0:41
    Daquela, xusto despois
    da primeira quebra das puntocom,
  • 0:41 - 0:45
    eu tiña unha idea de negocio en liña
    que tiven que abandonar pola quebra,
  • 0:45 - 0:48
    e entón outro rapaz de Harvard, Mark,
  • 0:48 - 0:51
    creou un produto chamado Facebook,
    que tiña á xente entusiasmada.
  • 0:51 - 0:54
    Así que nunha especie
    de infantil ataque de celos profesional,
  • 0:54 - 0:56
    dixen: ''Non penso usar isto.
  • 0:56 - 0:59
    Non vou apoiar o negocio deste rapaz,
    tanto me ten ao que chegue''
  • 0:59 - 1:02
    Mentres sigo coa miña vida
    vexo que pouco despois
  • 1:02 - 1:04
    todo o mundo está enganchado a iso.
  • 1:04 - 1:05
    E dende a claridade que se acada
  • 1:05 - 1:08
    cando un ten algo de obxectividade,
    algo de perspectiva,
  • 1:08 - 1:10
    decateime de que parecía
    algo un pouco perigoso.
  • 1:10 - 1:12
    Así que non me rexistrei.
  • 1:12 - 1:14
    Dende aquela nunca tiven
    unha conta en redes sociais.
  • 1:14 - 1:17
    Estou aquí por dúas razóns;
    quero deixar dúas mensaxes.
  • 1:17 - 1:19
    A primeira mensaxe que quero deixar
  • 1:19 - 1:23
    é que a pesar de nunca ter
    unha conta en redes socias,
  • 1:23 - 1:25
    estou ben, non tedes que preocuparvos.
  • 1:26 - 1:28
    Resulta que sigo tendo amigos,
  • 1:28 - 1:30
    sigo sabendo o que pasa no mundo;
  • 1:30 - 1:32
    como experto informático
  • 1:32 - 1:34
    sigo colaborando con xente
    de arredor do mundo,
  • 1:34 - 1:37
    sigo estando exposto regularmente
    a ideas interesantes,
  • 1:37 - 1:41
    e raramente me describiría
    como alguén sen opcións de ocio.
  • 1:42 - 1:44
    Todo o tempo estiven ben, pero ata diría
  • 1:44 - 1:49
    que non só estou ben sen redes sociais
    senón que estou mellor sen elas.
  • 1:49 - 1:54
    Creo que son máis feliz, que teño
    máis sostibilidade na miña vida,
  • 1:54 - 1:57
    e que acadei máis éxito profesional
  • 1:57 - 1:59
    porque non uso as redes sociais.
  • 2:00 - 2:02
    O meu segundo obxectivo aquí no escenario
  • 2:02 - 2:05
    é tratar de convencer á maioría de vós
    para crerdes o mesmo.
  • 2:06 - 2:08
    Imos ver se podo conseguir convencervos
  • 2:08 - 2:11
    de que sería mellor
    que deixásedes as redes sociais.
  • 2:11 - 2:15
    Entón, se o tema deste evento TEDx
    é “Tempo Futuro”.
  • 2:15 - 2:18
    supoño que, noutras palabras,
    a miña visión do futuro
  • 2:18 - 2:21
    é un no que menos persoas
    usen as redes sociais.
  • 2:21 - 2:24
    É unha afirmación importante,
    penso que preciso apoiala.
  • 2:24 - 2:25
    Así que o que vou facer
  • 2:25 - 2:28
    é coller os tres reparos máis comúns
    que escoito
  • 2:28 - 2:31
    cando lle suxiro á xente
    que deixe as redes sociais,
  • 2:31 - 2:33
    e para cada un deles
    tentarei desactivar a propaganda
  • 2:33 - 2:36
    e ver se consigo facervos ver a realidade.
  • 2:38 - 2:41
    Este é a primeira obxección
    que máis adoito escoitar.
  • 2:43 - 2:44
    Non é un ermitán,
  • 2:44 - 2:47
    é un desenvolvedor web hipster da rúa 8;
    non estou seguro.
  • 2:47 - 2:48
    (Risas)
  • 2:48 - 2:50
    Hipster ou ermitán,
    ás veces costa distinguilos.
  • 2:51 - 2:53
    A primeira obxección é:
  • 2:54 - 2:57
    ''Cal, as redes sociais son
    unha das tecnoloxías fundamentais
  • 2:57 - 2:58
    do século XXI.
  • 2:58 - 3:02
    Rexeitar as redes sociais
    sería un acto extremo de ludismo.
  • 3:02 - 3:06
    Sería como ir traballar de a cabalo
    ou usar un teléfono de disco.
  • 3:06 - 3:09
    Non podo tomar
    unha decisión tan extrema.''
  • 3:09 - 3:12
    A miña reacción a ese reparo
    é pensar que non ten sentido.
  • 3:13 - 3:16
    As redes sociais non son
    tecnoloxía fundamental.
  • 3:16 - 3:18
    Beben de tecnoloxías fundamentais,
  • 3:18 - 3:21
    pero enténdense mellor así.
  • 3:22 - 3:24
    É dicir, son unha fonte de entretemento,
  • 3:24 - 3:25
    un produto de entretemento.
  • 3:26 - 3:28
    A forma en que o tecnólogo
    Jaron Lanier o explica
  • 3:28 - 3:32
    é que estas compañías
    ofrécenche regalos brillantes
  • 3:32 - 3:36
    a cambio de minutos da túa atención
    e bytes de información persoal,
  • 3:36 - 3:39
    que poida ser empaquetada e vendida.
  • 3:39 - 3:44
    Así que dicir que non usas redes sociais
    non debería ser unha postura social,
  • 3:44 - 3:47
    é só rexeitar unha forma de ocio
    como outras.
  • 3:47 - 3:49
    Non debería ser máis polémico que dicir:
  • 3:49 - 3:52
    ''Non me gustan os xornais,
    prefiro seguir as noticias nas revistas,''
  • 3:52 - 3:56
    ou ''prefiro a televisión por cable
    antes que a gratuíta.''
  • 3:56 - 3:59
    Non é unha cuestión política importante
    ou unha postura social
  • 3:59 - 4:01
    dicir que non usas este produto.
  • 4:01 - 4:04
    A elección da imaxe da comecartos
    non é accidental
  • 4:04 - 4:07
    porque se miras de cerca
    estas tecnoloxías,
  • 4:07 - 4:09
    non é só que sexan fontes de entretemento
  • 4:09 - 4:12
    senón que son
    fontes de entretemento desaboridas.
  • 4:12 - 4:15
    Agora sabemos que moitas
    das grandes compañías de redes sociais
  • 4:15 - 4:18
    contratan a persoas
    chamadas enxeñeiros da atención,
  • 4:18 - 4:20
    que aproveitan os principios
    dos casinos de Las Vegas,
  • 4:20 - 4:21
    entre outros lugares,
  • 4:21 - 4:25
    para intentar facer estes produtos
    o máis adictivos posibles.
  • 4:25 - 4:28
    Ese o modelo de uso desexado
    para estes produtos:
  • 4:28 - 4:31
    que os uses de forma adictiva
    porque maximiza o beneficio
  • 4:31 - 4:35
    que pode extraerse
    da túa atención e información.
  • 4:35 - 4:37
    Así que non é unha tecnoloxía fundamental,
  • 4:37 - 4:39
    é só unha forma de entretemento,
    entre tantas outras,
  • 4:39 - 4:42
    e algo desaborida
    se a miras un chisco máis de cerca.
  • 4:43 - 4:45
    Esta é a segunda obxección máis común
    que escoito
  • 4:45 - 4:47
    cando suxiro abandonar as redes sociais.
  • 4:47 - 4:48
    Di así:
  • 4:48 - 4:50
    ''Cal, non podo deixar as redes sociais
  • 4:50 - 4:55
    porque é vital para lograr éxito
    na economía do século XXI.
  • 4:55 - 4:59
    Se non teño unhas boas redes sociais
    da miña marca,
  • 4:59 - 5:02
    a xente non saberá quen son,
    a xente non poderá encontrarme,
  • 5:02 - 5:03
    non terei ningunha oportunidade,
  • 5:03 - 5:07
    e desaparecerei da economía.''
  • 5:07 - 5:09
    A miña reacción é de novo:
  • 5:09 - 5:12
    ese reparo tampouco ten sentido.
  • 5:13 - 5:15
    Publiquei hai pouco este libro
  • 5:15 - 5:19
    que se basea en múltiples evidencias
  • 5:19 - 5:24
    para destacar que
    nunha economía competitiva do século XXI
  • 5:24 - 5:26
    o que o mercado valora
  • 5:26 - 5:31
    é a capacidade de crear cousas
    diferentes e valiosas.
  • 5:31 - 5:34
    Se produces algo diferente e valioso,
  • 5:34 - 5:35
    o mercado ha valoralo.
  • 5:35 - 5:38
    O que o mercado descarta, maiormente,
  • 5:38 - 5:42
    son as actividades fáciles de replicar
    e que producen pouco beneficio.
  • 5:43 - 5:46
    O uso das redes sociais é o epítome
  • 5:46 - 5:49
    dunha actividade fácil de replicar
    que non produce moito valor;
  • 5:49 - 5:52
    algo que calquera neno de 6 anos
    cun teléfono intelixente podería facer.
  • 5:52 - 5:53
    Por definición,
  • 5:53 - 5:56
    o mercado non vai valorar moito
    estes comportamentos.
  • 5:57 - 5:59
    En cambio, vai premiar
    o traballo profundo e concentrado
  • 5:59 - 6:03
    requirido para acadar habilidades reais
    e aplicalas na produción de cousas
  • 6:04 - 6:05
    --como un artesán--
  • 6:06 - 6:08
    que sexan diferentes e valiosas.
  • 6:08 - 6:10
    Por dicilo doutra forma:
  • 6:10 - 6:12
    Se podes escribir un algoritmo elegante,
  • 6:13 - 6:16
    se podes escribir un estudo xurídico
    que pode cambiar un caso,
  • 6:16 - 6:18
    se podes escribir
    miles de palabras de prosa
  • 6:18 - 6:20
    que van enganchar un lector ata o final,
  • 6:20 - 6:24
    se podes mirar un mar de datos ambiguos
  • 6:24 - 6:26
    e aplicar a estatística
    e tirar conclusións
  • 6:26 - 6:28
    que poderían transformar
    unha estratexia de negocio,
  • 6:28 - 6:32
    se podes facer este tipo de actividades
    que requiren traballo profundo,
  • 6:32 - 6:34
    que dan resultados diferentes e valiosos,
  • 6:34 - 6:36
    a xente hate encontrar.
  • 6:36 - 6:38
    Serás capaz de controlar o teu negocio
  • 6:38 - 6:39
    e construír as bases
  • 6:39 - 6:41
    dunha vida profesional exitosa,
  • 6:42 - 6:46
    independentemente de cantos seguidores
    teñas en Instagram.
  • 6:48 - 6:51
    Esta é a terceira obxección máis común
    que escoito
  • 6:51 - 6:54
    cando lle suxiro a xente
    deixar as redes sociais,
  • 6:54 - 6:57
    e creo que é unha das máis importantes.
  • 6:57 - 6:58
    A obxección di:
  • 6:58 - 7:02
    ''Cal, pode ser que teñas razón,
    non é tecnoloxía fundamental,
  • 7:02 - 7:06
    quizais o uso das redes sociais
    non é o centro do meu éxito profesional,
  • 7:06 - 7:07
    pero sabes que?
  • 7:07 - 7:12
    Son inofensivas, divírtenme
    (que raro, Twitter divertido),
  • 7:12 - 7:14
    non as uso tanto,
    son dos primeiros en usar todo,
  • 7:14 - 7:16
    é algo interesante de probar
  • 7:16 - 7:19
    e tal vez podería perder algo
    se non as uso.
  • 7:19 - 7:20
    Que mal teñen?''
  • 7:20 - 7:25
    Entón volvo a dicir:
    Esta obxección tampouco ten sentido.
  • 7:26 - 7:29
    Neste caso o que se perde
    é unha realidade moi importante,
  • 7:29 - 7:32
    da que precisamos falar sinceramente:
  • 7:32 - 7:34
    É que as redes sociais traen consigo
  • 7:34 - 7:37
    múltiples prexuízos, significantes
    e ben documentados.
  • 7:39 - 7:41
    Temos que enfrontarnos a eles directamente
  • 7:41 - 7:43
    ao tomar a decisión
  • 7:43 - 7:46
    de se adoptamos ou non esta tecnoloxía
  • 7:46 - 7:48
    e a deixamos entrar nas nosas vidas.
  • 7:48 - 7:51
    Un dos prexuízos que sabemos
    que trae consigo
  • 7:51 - 7:54
    está relacionado co éxito profesional.
  • 7:54 - 7:58
    Antes expliquei que
    a capacidade de concentrarse moito,
  • 7:58 - 8:00
    de crear cousas diferentes e valiosas,
  • 8:00 - 8:02
    de perfeccionar habilidades
    que o mercado valora,
  • 8:02 - 8:04
    é a chave para a nosa economía.
  • 8:04 - 8:06
    Pero xusto antes,
  • 8:06 - 8:08
    expliquei que as ferramentas
    das redes sociais
  • 8:08 - 8:11
    están destinadas a crear adicción.
  • 8:11 - 8:13
    O verdadeiro obxectivo delas
  • 8:13 - 8:16
    é que fragmentes a túa atención
    o máximo posible
  • 8:16 - 8:17
    ao longo do día;
  • 8:17 - 8:19
    para iso se deseñaron.
  • 8:19 - 8:22
    Temos moita investigación que nos di
  • 8:22 - 8:25
    que se pasas moito tempo ao día
  • 8:25 - 8:27
    nun estado de atención fragmentada,
  • 8:27 - 8:30
    moito tempo ao día
    rompendo a túa atención,
  • 8:30 - 8:33
    para botar unha ollada,
    ver un momento Instagram,
  • 8:33 - 8:37
    isto pode reducir a túa concentración
    de forma permanente.
  • 8:37 - 8:40
    Noutras palabras, poderías reducir
    permanentemente a capacidade
  • 8:40 - 8:42
    de facer exactamente
    o tipo de esforzo profundo
  • 8:42 - 8:45
    que resulta ser máis e máis necesario
  • 8:45 - 8:47
    nunha economía cada vez máis competitiva.
  • 8:47 - 8:49
    O uso das redes sociais non é inofensivo,
  • 8:49 - 8:52
    poder ter un impacto
    significativamente negativo
  • 8:52 - 8:54
    na capacidade de medrar economicamente.
  • 8:54 - 8:57
    Preocúpame especialmente isto
    nas novas xeracións,
  • 8:57 - 8:59
    que son as máis saturadas
    por estas tecnoloxías.
  • 9:00 - 9:03
    Se perdes a capacidade
    de manter a concentración,
  • 9:03 - 9:06
    vas volverte cada vez menos importante
    para esta economía.
  • 9:06 - 9:10
    Tamén hai prexuízos psicolóxicos
    provocados polas redes sociais
  • 9:10 - 9:13
    que están ben documentados
    e que necesitamos abordar.
  • 9:13 - 9:16
    Sabemos pola bibliografía
    que canto máis usas as redes sociais,
  • 9:16 - 9:20
    máis probable é
    que te sintas só ou illado.
  • 9:20 - 9:23
    Sabemos que a exposición constante
  • 9:23 - 9:28
    aos retratos coidadosamente seleccionados
    e positivos da vida dos teus amigos
  • 9:28 - 9:31
    pode facerte sentir incapaz
    e aumentar as taxas de depresión.
  • 9:32 - 9:36
    E algo do que penso que oiremos
    falar moito no futuro próximo
  • 9:36 - 9:38
    é que hai un desaxuste fundamental
  • 9:38 - 9:41
    entre como están conectados
    os nosos cerebros
  • 9:41 - 9:43
    e este comportamento de expoñernos
    a múltiples estímulos
  • 9:43 - 9:46
    con recompensas intermitentes
    ao longo das horas.
  • 9:46 - 9:50
    Unha cousa é pasar un par de horas
    nunha máquina comecartos en Las Vegas,
  • 9:50 - 9:53
    pero se levas unha contigo
    e estás dándolle aos botóns todo o día,
  • 9:53 - 9:56
    dende que te ergues ata que te deitas:
    non estamos afeitos a iso.
  • 9:56 - 9:58
    Iso curtocircuíta o cerebro,
  • 9:58 - 10:01
    e estamos comezando a encontrar
    que ten consecuencias cognitivas reais,
  • 10:01 - 10:04
    unha das cales é
    a xeneralizada sensación de ansiedade.
  • 10:05 - 10:09
    A avanzada deste problema
    encóntrase nos campus universitarios.
  • 10:09 - 10:13
    Se falas con expertos en saúde mental
    nos campus, diranche
  • 10:13 - 10:16
    que coa irrupción do uso continuo
    do teléfono intelixente
  • 10:16 - 10:18
    e das redes sociais
    entre o estudantado do campus
  • 10:18 - 10:23
    chegou unha explosión de trastornos
    relacionados coa ansiedade nos campus.
  • 10:23 - 10:24
    Velaí o que nos vén enriba.
  • 10:24 - 10:27
    Este tipo de comportamento é un desaxuste
    para a cablaxe cerebral
  • 10:27 - 10:29
    e pode facernos sentir miserables.
  • 10:29 - 10:32
    Hai un custo real
    no uso das redes sociais;
  • 10:32 - 10:35
    así que cando esteas pensando
    “Debería usar isto ou non?”,
  • 10:35 - 10:37
    dicir que é inofensivo non é suficiente.
  • 10:37 - 10:42
    Debes identificar un beneficio claro,
    significativamente positivo
  • 10:42 - 10:46
    que supere os danos potenciais,
    que non son triviais en absoluto.
  • 10:48 - 10:49
    A xente a miúdo pregunta:
  • 10:49 - 10:52
    ''Vale, pero como é a vida
    sen redes sociais?''
  • 10:52 - 10:54
    Pode meter un pouco de medo pensalo.
  • 10:54 - 10:56
    Segundo as persoas que pasaron
    por este proceso,
  • 10:56 - 10:58
    pode haber algunhas semanas complicadas.
  • 10:58 - 11:00
    É coma un proceso de desintoxicación.
  • 11:00 - 11:03
    As primeiras dúas semanas
    poden ser incómodas:
  • 11:03 - 11:06
    sénteste un pouco nervioso,
    como se che faltara unha extremidade.
  • 11:06 - 11:08
    Pero despois as cousas cálmanse,
  • 11:08 - 11:12
    e a vida despois das redes sociais
    pode ser bastante positiva.
  • 11:13 - 11:16
    Hai dúas cousas que eu podo contar
    do mundo sen redes sociais.
  • 11:17 - 11:20
    O primeiro é
    que pode ser bastante produtiva.
  • 11:20 - 11:24
    Son profesor nun centro de investigación,
    escribín cinco libros,
  • 11:24 - 11:27
    entre semana, non adoito traballar
    despois das 5 da tarde.
  • 11:28 - 11:31
    En parte estou intentando facer isto
  • 11:31 - 11:35
    e porque resulta
    que se tratas a túa atención con respecto,
  • 11:35 - 11:38
    se non a fragmentas, se a mantés íntegra,
  • 11:38 - 11:40
    se protexes a túa concentración,
  • 11:40 - 11:41
    á hora de traballar
  • 11:41 - 11:44
    podes facer unha cousa tras outra,
    e facelas con intensidade,
  • 11:44 - 11:46
    e a intensidade pode ser trocada
    por tempo.
  • 11:46 - 11:48
    É sorprendente todo o que podes facer
    en oito horas
  • 11:48 - 11:52
    se podes darlle concentración intensa
    a unha cousa tras outra.
  • 11:52 - 11:56
    Outra cousa que podo contar
    da vida sen redes sociais
  • 11:56 - 12:00
    é que fóra do traballo,
    as cousas poden ser bastante tranquilas.
  • 12:01 - 12:04
    Adoito facer bromas con que sería feliz
    como granxeiro de 1930,
  • 12:04 - 12:06
    porque se observas o meu tempo libre,
  • 12:06 - 12:08
    leo o xornal mentres amence,
  • 12:08 - 12:09
    escoito o béisbol na radio,
  • 12:09 - 12:11
    sento nunha cadeira de coiro
  • 12:11 - 12:15
    e leo un libro de tapa dura á noite
    despois de que os nenos vaian durmir.
  • 12:15 - 12:18
    Soa anticuado pero ten unha finalidade.
  • 12:18 - 12:24
    É unha forma reparadora e pacífica
    de pasar o tempo fóra do traballo.
  • 12:24 - 12:26
    Non tes ese constante
    murmurio de estímulos,
  • 12:26 - 12:29
    e a sensación de ansiedade que iso trae.
  • 12:29 - 12:32
    A vida sen redes sociais non é tan mala.
  • 12:33 - 12:36
    Se xuntades estes fíos
    veredes o meu argumento completo:
  • 12:36 - 12:39
    non todo o mundo,
    pero moita máis xente agora mesmo,
  • 12:39 - 12:42
    moita máis xente
    debería deixar as redes sociais.
  • 12:42 - 12:44
    Para resumir, primeiro porque
  • 12:44 - 12:46
    podemos descartar a inquedanza principal
  • 12:46 - 12:49
    de que é unha tecnoloxía fundamental
    que debemos usar.
  • 12:49 - 12:52
    Non ten sentido:
    é unha máquina comecartos no teu móbil.
  • 12:52 - 12:55
    Podemos descartar que
    non vaias conseguir traballo sen elas.
  • 12:55 - 12:57
    Parvadas: algo que un neno
    de seis anos cun móbil
  • 12:57 - 12:59
    poida facer non é o que o mercado premia.
  • 12:59 - 13:02
    É subliñei o punto
    de que hai perigos reais.
  • 13:02 - 13:03
    Non son inofensivas.
  • 13:03 - 13:06
    Tería que haber un beneficio significativo
  • 13:06 - 13:08
    para poder dicir
    que este intercambio paga a pena.
  • 13:08 - 13:11
    Finalmente mencionei
    a vida sen redes sociais:
  • 13:11 - 13:13
    hai efectos moi positivos nela.
  • 13:13 - 13:17
    Espero que moitos de vós
    fagades estes mesmos cálculos,
  • 13:17 - 13:20
    polo menos valoredes a perspectiva
    que estou presentando agora mesmo:
  • 13:21 - 13:23
    que hai moita xente
    que estaría moito mellor
  • 13:23 - 13:25
    se non usara esta tecnoloxía.
  • 13:26 - 13:27
    Algúns non estaredes de acordo,
  • 13:27 - 13:31
    algúns teredes críticas
    duras e acertadas
  • 13:31 - 13:33
    sobre min e os meus argumentos,
  • 13:33 - 13:35
    e acepto, abofé,
    todas as opinións negativas.
  • 13:35 - 13:38
    Só vos pido
    que deixedes os comentarios en Twitter.
  • 13:38 - 13:39
    Grazas.
    (Risas)
  • 13:39 - 13:41
    (Aplausos)
Title:
Deixar as redes sociais | Cal Newport | TEDxTysons
Description:

Esta charla provén dun evento TEDx que utilizou o formato da conferencia TED pero foi organizado de forma independiente por unha comunidade local. Máis información en: http://ted.com/tedx

'Deep work' ['Enfócate', na edición en español] farate mellor naquilo que fagas. Conseguirás máis en menos tempo e sentirás a sensación de verdadeira realización que comporta o dominio dunha habilidade.

Cal Newport é profesor asistente de Ciencias da Computación na Universidade de Georgetown. Ademais de estudar os fundamentos teóricos da nosa era dixital, Newport tamén escribe sobre o impacto destas tecnoloxías no mundo laboral. O seu libro máis recente, 'Deep Work' defende que a concentración é o novo cociente intelectual no mundo laboral moderno e que a capacidade de concentrarse sen distraerse é cada vez máis valiosa. Con anterioridade escribira 'So Good They Can’t Ignore You' ['Hazlo tan bien que no puedan ignorarte', na edición en español], un libro que desbarata a antigua convicción de que "seguir a túa paixón" é un bo consello, e tres populares libros de consellos pouco convencionais para estudantes.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDxTalks
Duration:
13:51
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for Quit social media | Cal Newport | TEDxTysons
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for Quit social media | Cal Newport | TEDxTysons
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Quit social media | Cal Newport | TEDxTysons
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Quit social media | Cal Newport | TEDxTysons
Alba Lorenzo Alonso edited Galician subtitles for Quit social media | Cal Newport | TEDxTysons
Alba Lorenzo Alonso edited Galician subtitles for Quit social media | Cal Newport | TEDxTysons
Alba Lorenzo Alonso edited Galician subtitles for Quit social media | Cal Newport | TEDxTysons
Alba Lorenzo Alonso edited Galician subtitles for Quit social media | Cal Newport | TEDxTysons
Show all

Galician subtitles

Revisions

  • Revision 27 Edited
    Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela