0:00:10.792,0:00:13.792 Probablemente non se dean conta 0:00:13.792,0:00:16.838 de que agora mesmo[br]están vendo algo bastante raro. 0:00:16.838,0:00:22.148 Porque eu son un millennial [br]escritor de libros de informática 0:00:22.149,0:00:24.027 nun evento TEDx 0:00:24.028,0:00:26.579 e inda así, nunca tiven [br]unha conta nas redes sociais. 0:00:26.579,0:00:30.147 De feito, a forma en que sucedeu isto[br]foi dalgunha maneira fortuíta. 0:00:30.148,0:00:33.258 A primeira vez que oín falar delas[br]eu estaba na universidade, 0:00:33.259,0:00:34.823 no meu segundo ano, 0:00:34.823,0:00:37.149 foi entón cando Facebook[br]chegou ao campus. 0:00:37.167,0:00:41.300 Daquela, xusto despois[br]da primeira quebra das puntocom, 0:00:41.300,0:00:45.092 eu tiña unha idea de negocio en liña[br]que tiven que abandonar pola quebra, 0:00:45.092,0:00:47.769 e entón outro rapaz de Harvard, Mark, 0:00:47.771,0:00:51.079 creou un produto chamado Facebook,[br]que tiña á xente entusiasmada. 0:00:51.079,0:00:54.049 Así que nunha especie [br]de infantil ataque de celos profesional, 0:00:54.050,0:00:55.920 dixen: ''Non penso usar isto. 0:00:55.920,0:00:59.052 Non vou apoiar o negocio deste rapaz,[br]tanto me ten ao que chegue'' 0:00:59.052,0:01:01.500 Mentres sigo coa miña vida[br]vexo que pouco despois 0:01:01.500,0:01:03.750 todo o mundo está enganchado a iso. 0:01:03.751,0:01:05.300 E dende a claridade que se acada 0:01:05.300,0:01:07.962 cando un ten algo de obxectividade,[br]algo de perspectiva, 0:01:07.962,0:01:10.282 decateime de que parecía [br]algo un pouco perigoso. 0:01:10.283,0:01:11.653 Así que non me rexistrei. 0:01:11.653,0:01:14.154 Dende aquela nunca tiven[br]unha conta en redes sociais. 0:01:14.155,0:01:17.214 Estou aquí por dúas razóns;[br]quero deixar dúas mensaxes. 0:01:17.215,0:01:19.134 A primeira mensaxe que quero deixar 0:01:19.135,0:01:22.734 é que a pesar de nunca ter[br]unha conta en redes socias, 0:01:22.735,0:01:25.055 estou ben, non tedes que preocuparvos. 0:01:26.105,0:01:28.234 Resulta que sigo tendo amigos, 0:01:28.235,0:01:30.245 sigo sabendo o que pasa no mundo; 0:01:30.365,0:01:31.824 como experto informático 0:01:31.825,0:01:34.324 sigo colaborando con xente[br]de arredor do mundo, 0:01:34.325,0:01:37.414 sigo estando exposto regularmente[br]a ideas interesantes, 0:01:37.415,0:01:41.065 e raramente me describiría[br]como alguén sen opcións de ocio. 0:01:41.585,0:01:44.164 Todo o tempo estiven ben, pero ata diría 0:01:44.165,0:01:49.138 que non só estou ben sen redes sociais[br]senón que estou mellor sen elas. 0:01:49.497,0:01:54.046 Creo que son máis feliz, que teño[br]máis sostibilidade na miña vida, 0:01:54.047,0:01:56.773 e que acadei máis éxito profesional 0:01:56.774,0:01:58.847 porque non uso as redes sociais. 0:01:59.547,0:02:01.736 O meu segundo obxectivo aquí no escenario 0:02:01.737,0:02:05.478 é tratar de convencer á maioría de vós[br]para crerdes o mesmo. 0:02:05.998,0:02:08.436 Imos ver se podo conseguir convencervos 0:02:08.437,0:02:11.477 de que sería mellor[br]que deixásedes as redes sociais. 0:02:11.478,0:02:15.026 Entón, se o tema deste evento TEDx[br]é “Tempo Futuro”. 0:02:15.027,0:02:18.036 supoño que, noutras palabras,[br]a miña visión do futuro 0:02:18.037,0:02:21.047 é un no que menos persoas[br]usen as redes sociais. 0:02:21.050,0:02:23.847 É unha afirmación importante,[br]penso que preciso apoiala. 0:02:23.848,0:02:25.296 Así que o que vou facer 0:02:25.297,0:02:28.248 é coller os tres reparos máis comúns [br]que escoito 0:02:28.248,0:02:30.776 cando lle suxiro á xente[br]que deixe as redes sociais, 0:02:30.776,0:02:33.318 e para cada un deles[br]tentarei desactivar a propaganda 0:02:33.318,0:02:36.410 e ver se consigo facervos ver a realidade. 0:02:38.150,0:02:41.240 Este é a primeira obxección [br]que máis adoito escoitar. 0:02:42.680,0:02:43.995 Non é un ermitán, 0:02:43.995,0:02:47.089 é un desenvolvedor web hipster da rúa 8;[br]non estou seguro. 0:02:47.089,0:02:47.979 (Risas) 0:02:47.979,0:02:50.360 Hipster ou ermitán,[br]ás veces costa distinguilos. 0:02:51.280,0:02:53.449 A primeira obxección é: 0:02:53.789,0:02:56.902 ''Cal, as redes sociais son [br]unha das tecnoloxías fundamentais 0:02:56.903,0:02:58.073 do século XXI. 0:02:58.083,0:03:02.440 Rexeitar as redes sociais [br]sería un acto extremo de ludismo. 0:03:02.441,0:03:05.599 Sería como ir traballar de a cabalo[br]ou usar un teléfono de disco. 0:03:05.719,0:03:08.860 Non podo tomar [br]unha decisión tan extrema.'' 0:03:08.861,0:03:12.411 A miña reacción a ese reparo[br]é pensar que non ten sentido. 0:03:13.031,0:03:16.020 As redes sociais non son[br]tecnoloxía fundamental. 0:03:16.021,0:03:18.051 Beben de tecnoloxías fundamentais, 0:03:18.052,0:03:20.771 pero enténdense mellor así. 0:03:21.701,0:03:24.000 É dicir, son unha fonte de entretemento, 0:03:24.001,0:03:25.471 un produto de entretemento. 0:03:25.541,0:03:27.834 A forma en que o tecnólogo[br]Jaron Lanier o explica 0:03:27.861,0:03:31.980 é que estas compañías [br]ofrécenche regalos brillantes 0:03:31.981,0:03:35.831 a cambio de minutos da túa atención[br]e bytes de información persoal, 0:03:35.832,0:03:38.770 que poida ser empaquetada e vendida. 0:03:39.350,0:03:43.948 Así que dicir que non usas redes sociais[br]non debería ser unha postura social, 0:03:43.948,0:03:46.681 é só rexeitar unha forma de ocio [br]como outras. 0:03:46.682,0:03:48.897 Non debería ser máis polémico que dicir: 0:03:48.897,0:03:52.327 ''Non me gustan os xornais,[br]prefiro seguir as noticias nas revistas,'' 0:03:52.327,0:03:55.745 ou ''prefiro a televisión por cable[br]antes que a gratuíta.'' 0:03:55.745,0:03:58.655 Non é unha cuestión política importante[br]ou unha postura social 0:03:58.655,0:04:00.875 dicir que non usas este produto. 0:04:00.876,0:04:04.294 A elección da imaxe da comecartos[br]non é accidental 0:04:04.295,0:04:07.224 porque se miras de cerca[br]estas tecnoloxías, 0:04:07.225,0:04:09.464 non é só que sexan fontes de entretemento 0:04:09.464,0:04:12.107 senón que son [br]fontes de entretemento desaboridas. 0:04:12.107,0:04:15.106 Agora sabemos que moitas[br]das grandes compañías de redes sociais 0:04:15.106,0:04:17.614 contratan a persoas[br]chamadas enxeñeiros da atención, 0:04:17.614,0:04:20.204 que aproveitan os principios [br]dos casinos de Las Vegas, 0:04:20.204,0:04:21.483 entre outros lugares, 0:04:21.483,0:04:25.385 para intentar facer estes produtos[br]o máis adictivos posibles. 0:04:25.386,0:04:27.807 Ese o modelo de uso desexado [br]para estes produtos: 0:04:27.937,0:04:31.432 que os uses de forma adictiva[br]porque maximiza o beneficio 0:04:31.433,0:04:34.533 que pode extraerse[br]da túa atención e información. 0:04:34.533,0:04:36.605 Así que non é unha tecnoloxía fundamental, 0:04:36.605,0:04:39.145 é só unha forma de entretemento,[br]entre tantas outras, 0:04:39.146,0:04:42.117 e algo desaborida [br]se a miras un chisco máis de cerca. 0:04:42.597,0:04:44.925 Esta é a segunda obxección máis común[br]que escoito 0:04:44.926,0:04:47.032 cando suxiro abandonar as redes sociais. 0:04:47.033,0:04:48.362 Di así: 0:04:48.362,0:04:50.324 ''Cal, non podo deixar as redes sociais 0:04:50.325,0:04:54.984 porque é vital para lograr éxito[br]na economía do século XXI. 0:04:54.985,0:04:58.545 Se non teño unhas boas redes sociais[br]da miña marca, 0:04:58.546,0:05:01.536 a xente non saberá quen son,[br]a xente non poderá encontrarme, 0:05:01.537,0:05:03.348 non terei ningunha oportunidade, 0:05:03.349,0:05:06.735 e desaparecerei da economía.'' 0:05:06.846,0:05:09.135 A miña reacción é de novo: 0:05:09.136,0:05:11.986 ese reparo tampouco ten sentido. 0:05:12.896,0:05:14.905 Publiquei hai pouco este libro 0:05:14.906,0:05:19.438 que se basea en múltiples evidencias 0:05:19.440,0:05:24.051 para destacar que [br]nunha economía competitiva do século XXI 0:05:24.051,0:05:26.200 o que o mercado valora 0:05:26.201,0:05:30.502 é a capacidade de crear cousas[br]diferentes e valiosas. 0:05:31.256,0:05:33.601 Se produces algo diferente e valioso, 0:05:33.602,0:05:34.987 o mercado ha valoralo. 0:05:34.988,0:05:37.787 O que o mercado descarta, maiormente, 0:05:37.788,0:05:41.887 son as actividades fáciles de replicar[br]e que producen pouco beneficio. 0:05:42.617,0:05:45.867 O uso das redes sociais é o epítome 0:05:45.867,0:05:48.952 dunha actividade fácil de replicar[br]que non produce moito valor; 0:05:48.952,0:05:52.387 algo que calquera neno de 6 anos[br]cun teléfono intelixente podería facer. 0:05:52.388,0:05:53.387 Por definición, 0:05:53.388,0:05:56.499 o mercado non vai valorar moito[br]estes comportamentos. 0:05:56.619,0:05:59.357 En cambio, vai premiar [br]o traballo profundo e concentrado 0:05:59.357,0:06:03.288 requirido para acadar habilidades reais [br]e aplicalas na produción de cousas 0:06:03.559,0:06:05.248 --como un artesán-- 0:06:05.629,0:06:07.639 que sexan diferentes e valiosas. 0:06:07.640,0:06:09.510 Por dicilo doutra forma: 0:06:09.620,0:06:11.820 Se podes escribir un algoritmo elegante, 0:06:12.610,0:06:15.628 se podes escribir un estudo xurídico[br]que pode cambiar un caso, 0:06:15.628,0:06:17.829 se podes escribir[br]miles de palabras de prosa 0:06:17.829,0:06:20.097 que van enganchar un lector ata o final, 0:06:20.217,0:06:23.870 se podes mirar un mar de datos ambiguos 0:06:23.870,0:06:25.929 e aplicar a estatística [br]e tirar conclusións 0:06:25.929,0:06:28.359 que poderían transformar[br]unha estratexia de negocio, 0:06:28.359,0:06:31.760 se podes facer este tipo de actividades[br]que requiren traballo profundo, 0:06:31.760,0:06:34.352 que dan resultados diferentes e valiosos, 0:06:34.353,0:06:36.160 a xente hate encontrar. 0:06:36.161,0:06:38.061 Serás capaz de controlar o teu negocio 0:06:38.061,0:06:39.125 e construír as bases 0:06:39.135,0:06:41.149 dunha vida profesional exitosa, 0:06:41.785,0:06:45.734 independentemente de cantos seguidores[br]teñas en Instagram. 0:06:48.081,0:06:51.235 Esta é a terceira obxección máis común[br]que escoito 0:06:51.236,0:06:53.720 cando lle suxiro a xente[br]deixar as redes sociais, 0:06:53.721,0:06:56.600 e creo que é unha das máis importantes. 0:06:56.601,0:06:58.150 A obxección di: 0:06:58.151,0:07:01.741 ''Cal, pode ser que teñas razón,[br]non é tecnoloxía fundamental, 0:07:01.742,0:07:06.051 quizais o uso das redes sociais [br]non é o centro do meu éxito profesional, 0:07:06.052,0:07:07.421 pero sabes que? 0:07:07.423,0:07:11.661 Son inofensivas, divírtenme[br](que raro, Twitter divertido), 0:07:11.661,0:07:14.091 non as uso tanto, [br]son dos primeiros en usar todo, 0:07:14.092,0:07:16.030 é algo interesante de probar 0:07:16.031,0:07:18.572 e tal vez podería perder algo [br]se non as uso. 0:07:18.572,0:07:20.222 Que mal teñen?'' 0:07:20.232,0:07:25.022 Entón volvo a dicir:[br]Esta obxección tampouco ten sentido. 0:07:25.632,0:07:29.401 Neste caso o que se perde[br]é unha realidade moi importante, 0:07:29.402,0:07:31.731 da que precisamos falar sinceramente: 0:07:31.732,0:07:34.331 É que as redes sociais traen consigo 0:07:34.332,0:07:37.402 múltiples prexuízos, significantes [br]e ben documentados. 0:07:38.812,0:07:41.392 Temos que enfrontarnos a eles directamente 0:07:41.393,0:07:42.791 ao tomar a decisión 0:07:42.792,0:07:45.643 de se adoptamos ou non esta tecnoloxía 0:07:45.644,0:07:47.583 e a deixamos entrar nas nosas vidas. 0:07:48.183,0:07:50.853 Un dos prexuízos que sabemos[br]que trae consigo 0:07:50.854,0:07:53.603 está relacionado co éxito profesional. 0:07:53.604,0:07:57.503 Antes expliquei que [br]a capacidade de concentrarse moito, 0:07:57.504,0:07:59.642 de crear cousas diferentes e valiosas, 0:07:59.643,0:08:02.015 de perfeccionar habilidades [br]que o mercado valora, 0:08:02.015,0:08:03.785 é a chave para a nosa economía. 0:08:03.786,0:08:05.555 Pero xusto antes, 0:08:05.556,0:08:08.158 expliquei que as ferramentas [br]das redes sociais 0:08:08.158,0:08:10.524 están destinadas a crear adicción. 0:08:10.524,0:08:13.361 O verdadeiro obxectivo delas 0:08:13.362,0:08:15.933 é que fragmentes a túa atención[br]o máximo posible 0:08:15.934,0:08:17.323 ao longo do día; 0:08:17.324,0:08:19.473 para iso se deseñaron. 0:08:19.474,0:08:21.893 Temos moita investigación que nos di 0:08:21.894,0:08:24.545 que se pasas moito tempo ao día 0:08:24.546,0:08:27.123 nun estado de atención fragmentada, 0:08:27.124,0:08:29.708 moito tempo ao día [br]rompendo a túa atención, 0:08:29.709,0:08:33.346 para botar unha ollada,[br]ver un momento Instagram, 0:08:33.466,0:08:36.950 isto pode reducir a túa concentración[br]de forma permanente. 0:08:37.134,0:08:40.102 Noutras palabras, poderías reducir[br]permanentemente a capacidade 0:08:40.102,0:08:42.444 de facer exactamente [br]o tipo de esforzo profundo 0:08:42.444,0:08:45.355 que resulta ser máis e máis necesario 0:08:45.356,0:08:47.346 nunha economía cada vez máis competitiva. 0:08:47.346,0:08:49.297 O uso das redes sociais non é inofensivo, 0:08:49.297,0:08:51.556 poder ter un impacto[br]significativamente negativo 0:08:51.556,0:08:53.845 na capacidade de medrar economicamente. 0:08:53.846,0:08:57.291 Preocúpame especialmente isto[br]nas novas xeracións, 0:08:57.292,0:08:59.493 que son as máis saturadas[br]por estas tecnoloxías. 0:08:59.613,0:09:02.537 Se perdes a capacidade[br]de manter a concentración, 0:09:02.538,0:09:06.408 vas volverte cada vez menos importante[br]para esta economía. 0:09:06.409,0:09:09.832 Tamén hai prexuízos psicolóxicos[br]provocados polas redes sociais 0:09:09.833,0:09:13.038 que están ben documentados[br]e que necesitamos abordar. 0:09:13.039,0:09:16.448 Sabemos pola bibliografía [br]que canto máis usas as redes sociais, 0:09:16.449,0:09:19.708 máis probable é [br]que te sintas só ou illado. 0:09:19.709,0:09:23.407 Sabemos que a exposición constante 0:09:23.408,0:09:27.734 aos retratos coidadosamente seleccionados [br]e positivos da vida dos teus amigos 0:09:27.735,0:09:31.319 pode facerte sentir incapaz[br]e aumentar as taxas de depresión. 0:09:31.921,0:09:35.558 E algo do que penso que oiremos[br]falar moito no futuro próximo 0:09:35.559,0:09:37.909 é que hai un desaxuste fundamental 0:09:37.910,0:09:40.760 entre como están conectados[br]os nosos cerebros 0:09:40.760,0:09:43.489 e este comportamento de expoñernos[br]a múltiples estímulos 0:09:43.489,0:09:46.378 con recompensas intermitentes[br]ao longo das horas. 0:09:46.379,0:09:49.838 Unha cousa é pasar un par de horas[br]nunha máquina comecartos en Las Vegas, 0:09:49.839,0:09:53.029 pero se levas unha contigo[br]e estás dándolle aos botóns todo o día, 0:09:53.029,0:09:56.379 dende que te ergues ata que te deitas:[br]non estamos afeitos a iso. 0:09:56.380,0:09:57.800 Iso curtocircuíta o cerebro, 0:09:57.800,0:10:01.136 e estamos comezando a encontrar[br]que ten consecuencias cognitivas reais, 0:10:01.136,0:10:04.355 unha das cales é[br]a xeneralizada sensación de ansiedade. 0:10:05.220,0:10:08.879 A avanzada deste problema[br]encóntrase nos campus universitarios. 0:10:08.880,0:10:12.899 Se falas con expertos en saúde mental[br]nos campus, diranche 0:10:13.309,0:10:16.149 que coa irrupción do uso continuo[br]do teléfono intelixente 0:10:16.149,0:10:18.460 e das redes sociais[br]entre o estudantado do campus 0:10:18.461,0:10:22.649 chegou unha explosión de trastornos[br]relacionados coa ansiedade nos campus. 0:10:22.759,0:10:24.079 Velaí o que nos vén enriba. 0:10:24.079,0:10:27.250 Este tipo de comportamento é un desaxuste [br]para a cablaxe cerebral 0:10:27.250,0:10:28.880 e pode facernos sentir miserables. 0:10:28.880,0:10:32.161 Hai un custo real[br]no uso das redes sociais; 0:10:32.162,0:10:35.344 así que cando esteas pensando[br]“Debería usar isto ou non?”, 0:10:35.344,0:10:37.260 dicir que é inofensivo non é suficiente. 0:10:37.260,0:10:41.710 Debes identificar un beneficio claro,[br]significativamente positivo 0:10:41.711,0:10:45.962 que supere os danos potenciais,[br]que non son triviais en absoluto. 0:10:47.702,0:10:48.911 A xente a miúdo pregunta: 0:10:48.912,0:10:51.561 ''Vale, pero como é a vida[br]sen redes sociais?'' 0:10:51.562,0:10:54.091 Pode meter un pouco de medo pensalo. 0:10:54.091,0:10:56.351 Segundo as persoas que pasaron[br]por este proceso, 0:10:56.351,0:10:58.267 pode haber algunhas semanas complicadas. 0:10:58.267,0:11:00.251 É coma un proceso de desintoxicación. 0:11:00.252,0:11:02.981 As primeiras dúas semanas[br]poden ser incómodas: 0:11:02.982,0:11:06.152 sénteste un pouco nervioso,[br]como se che faltara unha extremidade. 0:11:06.153,0:11:08.091 Pero despois as cousas cálmanse, 0:11:08.092,0:11:11.903 e a vida despois das redes sociais[br]pode ser bastante positiva. 0:11:12.663,0:11:16.312 Hai dúas cousas que eu podo contar[br]do mundo sen redes sociais. 0:11:17.140,0:11:20.347 O primeiro é[br]que pode ser bastante produtiva. 0:11:20.348,0:11:24.353 Son profesor nun centro de investigación,[br]escribín cinco libros, 0:11:24.354,0:11:27.176 entre semana, non adoito traballar [br]despois das 5 da tarde. 0:11:28.190,0:11:30.583 En parte estou intentando facer isto 0:11:30.584,0:11:35.334 e porque resulta[br]que se tratas a túa atención con respecto, 0:11:35.335,0:11:37.965 se non a fragmentas, se a mantés íntegra, 0:11:37.966,0:11:39.535 se protexes a túa concentración, 0:11:39.536,0:11:40.806 á hora de traballar 0:11:40.807,0:11:43.665 podes facer unha cousa tras outra,[br]e facelas con intensidade, 0:11:43.665,0:11:45.715 e a intensidade pode ser trocada[br]por tempo. 0:11:45.715,0:11:48.355 É sorprendente todo o que podes facer[br]en oito horas 0:11:48.356,0:11:52.135 se podes darlle concentración intensa[br]a unha cousa tras outra. 0:11:52.136,0:11:55.784 Outra cousa que podo contar[br]da vida sen redes sociais 0:11:55.785,0:11:59.866 é que fóra do traballo,[br]as cousas poden ser bastante tranquilas. 0:12:00.666,0:12:03.657 Adoito facer bromas con que sería feliz[br]como granxeiro de 1930, 0:12:03.667,0:12:05.544 porque se observas o meu tempo libre, 0:12:05.545,0:12:07.655 leo o xornal mentres amence, 0:12:07.656,0:12:09.315 escoito o béisbol na radio, 0:12:09.316,0:12:11.325 sento nunha cadeira de coiro 0:12:11.326,0:12:14.855 e leo un libro de tapa dura á noite[br]despois de que os nenos vaian durmir. 0:12:14.856,0:12:17.915 Soa anticuado pero ten unha finalidade. 0:12:17.916,0:12:23.527 É unha forma reparadora e pacífica[br]de pasar o tempo fóra do traballo. 0:12:23.528,0:12:25.837 Non tes ese constante[br]murmurio de estímulos, 0:12:25.838,0:12:29.168 e a sensación de ansiedade que iso trae. 0:12:29.169,0:12:32.419 A vida sen redes sociais non é tan mala. 0:12:32.959,0:12:35.818 Se xuntades estes fíos[br]veredes o meu argumento completo: 0:12:35.819,0:12:39.268 non todo o mundo,[br]pero moita máis xente agora mesmo, 0:12:39.269,0:12:41.728 moita máis xente[br]debería deixar as redes sociais. 0:12:41.729,0:12:44.258 Para resumir, primeiro porque 0:12:44.258,0:12:46.349 podemos descartar a inquedanza principal 0:12:46.349,0:12:48.913 de que é unha tecnoloxía fundamental[br]que debemos usar. 0:12:48.913,0:12:51.589 Non ten sentido:[br]é unha máquina comecartos no teu móbil. 0:12:51.589,0:12:54.570 Podemos descartar que [br]non vaias conseguir traballo sen elas. 0:12:54.570,0:12:57.000 Parvadas: algo que un neno [br]de seis anos cun móbil 0:12:57.000,0:12:59.038 poida facer non é o que o mercado premia. 0:12:59.038,0:13:01.869 É subliñei o punto[br]de que hai perigos reais. 0:13:01.870,0:13:03.139 Non son inofensivas. 0:13:03.140,0:13:05.533 Tería que haber un beneficio significativo 0:13:05.534,0:13:07.974 para poder dicir [br]que este intercambio paga a pena. 0:13:07.974,0:13:10.510 Finalmente mencionei[br]a vida sen redes sociais: 0:13:10.511,0:13:13.220 hai efectos moi positivos nela. 0:13:13.221,0:13:17.020 Espero que moitos de vós[br]fagades estes mesmos cálculos, 0:13:17.020,0:13:20.340 polo menos valoredes a perspectiva [br]que estou presentando agora mesmo: 0:13:20.720,0:13:23.039 que hai moita xente [br]que estaría moito mellor 0:13:23.349,0:13:25.136 se non usara esta tecnoloxía. 0:13:25.519,0:13:27.040 Algúns non estaredes de acordo, 0:13:27.041,0:13:31.191 algúns teredes críticas[br]duras e acertadas 0:13:31.191,0:13:32.690 sobre min e os meus argumentos, 0:13:32.690,0:13:34.970 e acepto, abofé,[br]todas as opinións negativas. 0:13:35.237,0:13:38.239 Só vos pido [br]que deixedes os comentarios en Twitter. 0:13:38.240,0:13:39.490 Grazas.[br](Risas) 0:13:39.491,0:13:40.831 (Aplausos)