O misterioso mundo das covas submarinas
-
0:01 - 0:04Son exploradora submarina,
-
0:04 - 0:08máis ben,
unha mergulladora de cavernas. -
0:09 - 0:12Eu quería ser astronauta
cando era unha nena -
0:12 - 0:17pero en Canadá, daquela,
non era posible. -
0:17 - 0:21Mais resulta que sabemos
moito máis sobre o espazo -
0:21 - 0:26que sobre os cursos subterráneos de auga
que percorren o noso planeta, -
0:26 - 0:29a alma da Nai Terra.
-
0:29 - 0:33Por iso, decidín facer algo
aínda máis importante. -
0:33 - 0:35En lugar de explorar o espazo exterior,
-
0:35 - 0:40quería explorar as marabillas
do espazo interior. -
0:40 - 0:42Moita xente diravos
-
0:42 - 0:46que o mergullo en covas é talvez
unha das tarefas máis perigosas. -
0:47 - 0:49É dicir, imaxinade que aquí, nesta sala,
-
0:49 - 0:52de súpeto, quedaramos
sumidos na escuridade, -
0:52 - 0:55coa única misión de atopar a saída,
-
0:55 - 0:57ás veces, nadando en grandes espazos,
-
0:57 - 1:00noutros momentos, arrastrándonos
baixo os asentos, -
1:00 - 1:04seguindo unha estreita corda guía,
-
1:04 - 1:07agardando o soporte vital
para a seguinte respiración. -
1:07 - 1:10Ben, ese é o meu lugar de traballo.
-
1:10 - 1:13Pero o que quero amosar hoxe
-
1:13 - 1:17é que o noso mundo
non é unha gran rocha sólida. -
1:17 - 1:20Parécese moito máis a unha esponxa.
-
1:20 - 1:24Eu podo nadar por moitos
dos poros da nosa esponxa terrestre, -
1:24 - 1:25mais onde eu non podo,
-
1:25 - 1:30outras formas de vida e materiais
poden facer esa viaxe sen min. -
1:30 - 1:33E a miña voz é a que vos vai mostrar
-
1:33 - 1:36o interior da Nai Terra.
-
1:38 - 1:41Eu non tiven ningunha guía
-
1:41 - 1:48cando decidín ser a primeira persoa
en bucear dentro dos icebergs antárticos. -
1:48 - 1:52No 2000, este foi o obxecto máis grande
en movemento no planeta. -
1:52 - 1:54Desprendeuse da Barreira de Xeo de Ross
-
1:54 - 1:57e nós fomos alí para explorar
a ecoloxía do xeo -
1:57 - 2:00e buscar formas de vida baixo el.
-
2:00 - 2:03Usamos unha tecnoloxía
chamada rebreathers. -
2:03 - 2:08É moi parecida á tecnoloxía
usada nas camiñadas espaciais. -
2:08 - 2:11Esta tecnoloxía permítenos
ir máis ao fondo -
2:11 - 2:13do que imaxinabamos mesmo hai 10 anos.
-
2:13 - 2:15Usamos gases exóticos
-
2:15 - 2:20e facemos misións baixo a auga
de máis de 20 horas. -
2:21 - 2:23Traballo con biólogos.
-
2:23 - 2:28Resulta que as covas son almacéns
de incribles formas de vida, -
2:28 - 2:31de especies descoñecidas.
-
2:32 - 2:35Moitas destas formas de vida
viven de xeitos estraños. -
2:35 - 2:38Non teñen pigmentos, ás veces nin ollos,
-
2:38 - 2:43e estes animais tamén son moi lonxevos.
-
2:43 - 2:47De feito, os animais
que hoxe nadan nesas covas -
2:47 - 2:50son idénticos aos do rexistro fósil
-
2:50 - 2:53anterior á extinción dos dinosauros.
-
2:53 - 2:57Así que imaxinade que son
como pequenos dinosauros que nadan. -
2:57 - 3:01Que poden ensinarnos
sobre evolución e supervivencia? -
3:01 - 3:05Cando observamos un remípede
como este que nada no frasco, -
3:05 - 3:09vemos que ten
cabeiros xigantes con veleno. -
3:09 - 3:12Pode atacar algo 40 veces
máis grande ca el e matalo. -
3:12 - 3:14Se tivese o tamaño dun gato,
-
3:14 - 3:17sería o ser máis perigoso do planeta.
-
3:17 - 3:21E estes animais viven
en lugares moi fermosos -
3:21 - 3:26e nalgúns casos, en covas
coma esta, que son moi novas -
3:26 - 3:28aínda que os animais son antigos.
-
3:28 - 3:29Como chegaron aí?
-
3:30 - 3:32Tamén traballo con físicos,
-
3:32 - 3:35e moitas veces interésanse
polo cambio climático global. -
3:36 - 3:38Poden coller as rochas dentro das covas,
-
3:38 - 3:41poden cortalas en rodas
e mirar as capas interiores, -
3:41 - 3:43que son como aneis dunha árbore,
-
3:43 - 3:45e poden recuar na historia
-
3:45 - 3:48e aprender sobre o clima do planeta
en tempos moi afastados. -
3:48 - 3:51O vermello que vedes nesta foto
-
3:51 - 3:54En realidade, é po do deserto do Sáhara.
-
3:54 - 3:58O vento recolleuno
e empurrouno a través do Atlántico. -
3:58 - 4:03A choiva depositouno, neste caso,
na illa de Abaco nas Bahamas. -
4:03 - 4:05A terra absorbeuno
-
4:05 - 4:09e pousouno nas rochas
dentro destas covas. -
4:09 - 4:12E ao mirar as capas destas rochas
podemos atopar os tempos -
4:12 - 4:15en que o clima era moi moi seco na Terra
-
4:15 - 4:19e podemos recuar centos de miles de anos.
-
4:19 - 4:23Aos paleoclimatólogos tamén lles interesa
-
4:23 - 4:26coñecer onde estaba o nivel do mar
noutros tempos da Terra. -
4:26 - 4:29Aquí, nas Bermudas,
o meu equipo e eu embarcamos -
4:29 - 4:32nas inmersións tripuladas
máis profundas na historia da rexión -
4:32 - 4:32e buscamos lugares
-
4:32 - 4:37en que o nivel do mar
acostumaba tocar a costa, -
4:37 - 4:40moitos centos de metros
por baixo dos niveis actuais. -
4:40 - 4:44Tamén traballo con paleontólogos
e arqueólogos. -
4:44 - 4:48En lugares como México,
nas Bahamas e mesmo en Cuba, -
4:48 - 4:53analizamos restos culturais
e tamén restos humanos nas covas, -
4:53 - 4:55e dinnos moito
-
4:55 - 4:58sobre algúns dos primeiros
habitantes destas rexións. -
4:58 - 5:02Pero o meu proxecto preferido
foi hai máis de 15 anos, -
5:02 - 5:05cando fun parte do equipo
que fixo o primeiro -
5:05 - 5:08mapa tridimensional preciso
dunha superficie subterránea. -
5:08 - 5:11Este dispositivo que guío
a través da cova -
5:11 - 5:15en realidade ía creando un modelo
tridimensional mentres conduciamos. -
5:15 - 5:17Tamén usamos radio
de frecuencia ultrabaixa -
5:17 - 5:22para retransmitirlle á superficie
a nosa posición exacta na cova. -
5:22 - 5:27Así que nadei baixo vivendas, negocios,
casas de birlos e campos de golf -
5:27 - 5:31e mesmo por baixo dun BBQ Restaurant.
-
5:31 - 5:34Algo extraordinario,
e o que isto me ensinou -
5:34 - 5:36foi que todo o que facemos
na superficie da Terra -
5:36 - 5:38hásenos devolver para beber.
-
5:38 - 5:43O noso planeta de auga
non son só ríos, lagos e océanos -
5:43 - 5:48senón unha ampla rede de auga subterránea
que nos conecta a todos. -
5:48 - 5:51É un recurso compartido
do que todos bebemos. -
5:51 - 5:56E cando entendemos as conexións humanas
coas augas subterráneas -
5:56 - 5:59e todos os recursos hídricos do planeta,
-
5:59 - 6:01entón ocuparémonos do problema
-
6:01 - 6:04que quizais sexa o asunto
máis importante deste século. -
6:04 - 6:09Así que nunca cheguei a ser a astronauta
que sempre quixen ser, -
6:09 - 6:12pero este dispositivo de mapeo
deseñado polo Dr. Bill Stone serao. -
6:12 - 6:13En realidade transformouse.
-
6:13 - 6:16Agora é un robot autónomo que nada,
-
6:16 - 6:18con intelixencia artificial,
-
6:18 - 6:22e o seu obxectivo final é ir a Europa,
a lúa de Xúpiter -
6:22 - 6:28explorar os océanos que están
baixo a súa superficie conxelada. -
6:28 - 6:31E iso é bastante abraiante.
-
6:31 - 6:32(Aplausos)
- Title:
- O misterioso mundo das covas submarinas
- Speaker:
- Jill Heinerth
- Description:
-
A submarinista Jill Heinerth explora as canles de augas subterráneas que percorren o noso planeta. Traballando con biólogos, climatólogos e arqueólogos, Heinerth desvela os misterios das formas de vida que habitan algúns dos lugares máis remotos do planeta e axuda os investigadores a desbloquear a historia do cambio climático. Nesta curta charla, mergúllate baixo as ondas e explora as marabillas do espazo interior.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 06:49
![]() |
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for The mysterious world of underwater caves | |
![]() |
Xusto Rodriguez accepted Galician subtitles for The mysterious world of underwater caves | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The mysterious world of underwater caves | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The mysterious world of underwater caves | |
![]() |
Carme Paz edited Galician subtitles for The mysterious world of underwater caves | |
![]() |
Carme Paz edited Galician subtitles for The mysterious world of underwater caves | |
![]() |
Carme Paz edited Galician subtitles for The mysterious world of underwater caves | |
![]() |
Carme Paz edited Galician subtitles for The mysterious world of underwater caves |