-
A Visualización é a base do meu traballo.
-
Eu ensino sobre saúde global.
-
E sei, que ter todos os datos non é suficiente.
-
Teño que ensinalo de maneira que a xente o disfrute e o entenda.
-
Agora, vou tentar algo que nunca fixera antes:
-
mostrar os datos no espazo real,
-
cun pouco de asistencia técnica por parte do meu equipo.
-
Polo tanto, imos aló: primeiro un eixe para a saúde.
-
Esperanza de vida dende os 25 anos ós 75 anos.
-
E aquí abaixo, un eixe para a riqueza:
-
Ingresos por persoa: 400, 4.000 e 40.000 dolares.
-
Aquí abaixo, significa pobre e doente,
-
e aquí enriba sería rico e saudábel.
-
Agora vouvos mostrar o mundo fai 200 anos atrás,
-
no 1810.
-
Aquí representamos todos os países:
-
Europa marrón, Asia vermello, Oriente medio verde, Africa Subsahariana azul,
-
e America sería amarelo.
-
Ademais o tamaño do círculo representa o tamaño da poboación dese país.
-
En 1810, estaba bastante saturada a rexión de aquí embaixo, non si?
-
Todos os países eran enfermos e pobres,
-
esperanza de vida estaba embaixo dos 40 pra todos os países
-
e só o Reino Unido e os Países Baixos estaban lixeiramente mellor,
-
mais non moito.
-
E agora, comeza o mundo a evolucionar.
-
A revolución industrial fixo ós países europeos e algún máis
-
separarse do resto,
-
pero os países colonizados en Asia e Africa,
-
quedaron parados na parte baixa da gráfica.
-
E finalmente, os países occidentais foron máis e maís sans.
-
E agora, reduzamos a velocidade para mostrar o impacto
-
da primeira guerra mundial
-
e a epidemia española de gripe. Qué desfeita!
-
E agora bulimos a través dos anos 20 e 30 do século XX.
-
E, a pesares da Gran Depresion,
-
os países occidentais consolidáronse
-
cara maiores niveis de riqueza e benestar.
-
Xapón e outros países intentaron seguilos
-
mais a maioría seguían estancados na parte máis baixa.
-
Agora, tralas traxedias da Segunda Guerra Mundial,
-
paramos un pouco a mirar o mundo no 1948.
-
1948 foi un gran ano: a guerra rematara,
-
Suecia gañou máis medallas que ningún outro país nas Olimpiadas de Inverno,
-
e nacín eu.
-
Mais as diferencias entre os países do mundo
-
eran as maiores.
-
Os Estados Unidos eran os líderes, Xapón seguíaos de preto,
-
Brasil avanzaba paseniñamente por detrás,
-
Iran era algo máis rico grazas o petróleo mais a esperanza de vida era curta.
-
E os xigantes asiáticos:
-
China, India, Pakistan, Bangladesh e Indonesia,
-
Eles aínda seguían sendo pobres,
-
mais atención ó que está a piques de suceder!
-
Imos aló!
-
Durante a miña vida, as colonias orixinais independizáronse,
-
e finalmente acadaron mellores niveis de saúde,
-
e cada vez mellores,
-
e mellores,
-
E nos anos 70 do século XX, países de Asia e Latinoamérica
-
comezaron a alcanzaren ós países occidentais:
-
Eles chegaron a ser os "países emerxentes".
-
Algún país de Africa seguíu o exemplo,
-
outros porém, quedaron freados polas guerras civís,
-
outro polo virus da SIDA.
-
E agora podemos o mundo de hoxe en día,
-
coas estadísticas máis actuais.
-
A maior parte da xente viven na parte media.
-
Mais ó mesmo tempo temos grandes diferencias
-
entre os países máis desenrolados e os máis atrasados
-
e ademais temos grandes desigualdades dentro dos propios países.
-
Estas burbullas mostras as medias do país,
-
mais podemos dividilas.
-
Collamos China, partímola en provincias.
-
Aquí estaría Shanghai.
-
Ten o mesmo nivel de riqueza e benestar que Italia.
-
E aquí esta a provincia interior e pobre de Guizhou,
-
que estaría ó mesmo nivel que Pakistan
-
e se aínda continuo a división
-
as partes rurais son coma Ghana en Africa.
-
Non obstante, a pesares das disparidades de hoxe en día,
-
temos visto nestes 200 anos un progreso destacábel.
-
A gran distancia histórica
-
entre o Occidente e o resto, agora estase a pechar.
-
Somos un mundo enteiro a converxer,
-
e vexo unha tendencia común no noso futuro,
-
coa axuda da cooperación, comercio, tecnoloxía verde e a paz.
-
É totalmente posible que calquera poida chegar
-
a esquina do benestar-riqueza.
-
Ben, O que acabamos de ver nun poucos minutos
-
é a historia de 200 países
-
mostrados dende fai 200 anos atrás.
-
Isto involucrou o tratamento de 120.000 números.
-
Bastante sinxelo, non si?