Os hábitos sorprendentes dos pensadores orixinais
-
0:01 - 0:06Hai sete anos, un estudante veume ver
para pedirme que investise na súa empresa. -
0:06 - 0:08Díxome: "Traballo con tres amigos,
-
0:08 - 0:11e imos tratar de rebentar un sector
industrial coa venda en liña." -
0:12 - 0:15Eu dixen: "Moi ben, pasastes todo
o verán con isto, non?" -
0:15 - 0:18"Non, todos estivemos de prácticas,
por se a cousa non sae ben." -
0:18 - 0:21"Xa, pero ídesvos pór a tempo completo,
cando vos graduedes." -
0:22 - 0:25"Non exactamente. Todos temos
preparado outro traballo por se acaso." -
0:26 - 0:27Pasan seis meses,
-
0:27 - 0:29chega o día do lanzamento da empresa,
-
0:29 - 0:31e non teñen aínda a páxina web
en marcha. -
0:31 - 0:34"Vós decatádesvos de que toda
a empresa é unha páxina web. -
0:34 - 0:36Iso é literalmente todo o que é."
-
0:37 - 0:40Así que loxicamente non investín.
-
0:42 - 0:44E ao final chamáronlle á empresa
Warby Parker. -
0:44 - 0:46(Risas)
-
0:46 - 0:47Venden gafas por internet.
-
0:48 - 0:52Hai pouco nomeárona a empresa
máis innovadora do mundo -
0:52 - 0:54e valorárona en máis de mil millóns
de dólares. -
0:54 - 0:57E agora? A miña muller
leva os nosos investimentos. -
0:59 - 1:01Por que cometín un erro
tan grande? -
1:01 - 1:05Para atopar a resposta, levo tempo
estudando a persoas que chamo "orixinais". -
1:05 - 1:07Os orixinais son inconformistas,
-
1:07 - 1:09son persoas que non só
teñen ideas novidosas -
1:09 - 1:12senón que ademais actúan
e loitan por elas. -
1:12 - 1:14Son persoas que destacan
e fanse oír. -
1:14 - 1:17Os orixinais impulsan a creatividade
e o cambio no mundo. -
1:17 - 1:20Son esas persoas polas que un
desexa apostar. -
1:20 - 1:22E non se parecen en nada
ao que eu esperaba. -
1:23 - 1:25Hoxe quérovos amosar
tres cousas que aprendín -
1:25 - 1:27sobre como recoñecer aos orixinais
-
1:27 - 1:30e comezar a parecerse
un pouquiño máis a eles. -
1:30 - 1:34A primeira razón pola que
lle dixen non a Warby Parker -
1:34 - 1:37foi que tardaron moito en despegar.
-
1:37 - 1:41Todos estades ben familiarizados
coa mente dun procrastinador. -
1:43 - 1:47Pois teño algo que confesarvos.
Eu son o contrario: un precrastinador. -
1:48 - 1:49Si, o termo existe.
-
1:49 - 1:53Sabedes ese pánico que sintes cando
a unhas horas dun prazo importante -
1:53 - 1:54aínda non fixeches nada.
-
1:55 - 1:57A min pásame con meses de antelación.
-
1:57 - 1:59(Risas)
-
2:00 - 2:07Comezou axiña: cando era un neno
tomaba a Nintendo moi en serio. -
2:07 - 2:09Despertaba ás 5 da mañá,
-
2:09 - 2:11comezaba cun xogo e non paraba
ata dominalo. -
2:12 - 2:16Finalmente fóiseme das mans ata
tal punto que un xornal local publicou -
2:16 - 2:20unha historia sobre o lado escuro
da Nintendo, comigo de protagonista. -
2:20 - 2:23(Risas)
-
2:23 - 2:25(Aplausos)
-
2:29 - 2:32Desde entón, cambiei pelo por dentes.
-
2:32 - 2:35(Risas)
-
2:37 - 2:40Pero isto foime de moita utilidade
na universidade, -
2:40 - 2:45xa que rematei o proxecto final
catro meses antes do prazo. -
2:46 - 2:50E estaba orgulloso diso ata hai uns anos.
-
2:50 - 2:54Unha das miñas estudantes, Jihae,
veume ver e díxome: -
2:54 - 2:57"As ideas máis creativas véñenme
cando estou procrastinando." -
2:57 - 3:01Contestei: "Iso está moi ben, pero onde
están os catro ensaios que me debes?" -
3:01 - 3:02(Risas)
-
3:02 - 3:04De feito era unha das
estudantes máis creativas, -
3:04 - 3:08e como psicólogo organizacional,
esta é a clase de ideas que analizo. -
3:08 - 3:10Así que desafieina a que recollese datos.
-
3:10 - 3:12Ela preséntase en varias empresas.
-
3:12 - 3:15Pídelles aos empregados que cubran
cuestionarios sobre canto procrastinan. -
3:15 - 3:19Logo pídelles aos seus xefes que valoren
o creativos e innovadores que son. -
3:19 - 3:22E efectivamente,
os precrastinadores coma min, -
3:22 - 3:24que apuran e rematan todo cedo,
-
3:24 - 3:26son valorados como menos creativos
-
3:26 - 3:28cós que procrastinan moderadamente.
-
3:28 - 3:32Así que quixen saber que pasaba
cos procrastinadores crónicos. -
3:32 - 3:35Ela respondeu: "Non o sei.
Non cubriron o cuestionario." -
3:35 - 3:37(Risas)
-
3:37 - 3:39É broma. Estes son os resultados.
-
3:40 - 3:44De feito vemos que os que
agardan ata o último minuto -
3:44 - 3:48están tan ocupados perdendo o tempo
que non teñen ideas novas. -
3:49 - 3:52No polo oposto,
os que van a todo correr -
3:52 - 3:56padecen de tal ansiedade que
tampouco teñen pensamentos orixinais. -
3:57 - 4:01Existe unha zona ideal
onde habitan os orixinais. -
4:02 - 4:03Por que pasa isto?
-
4:03 - 4:07Pode que a xente orixinal simplemente
teña malos hábitos de traballo. -
4:07 - 4:10Pode que a procrastinación
non sexa a causa da creatividade. -
4:10 - 4:13Para comprobar isto, deseñamos
varios experimentos. -
4:13 - 4:16Pedímoslles a unha serie de persoas
que xerasen ideas empresariais, -
4:16 - 4:18e logo buscamos lectores
independentes -
4:18 - 4:21que avaliasen a creatividade e
a utilidade desas ideas. -
4:21 - 4:24A algúns pediuselles que comezasen
coa tarefa inmediatamente. -
4:24 - 4:27A outros asignámolos ao chou
ao grupo de procrastinadores -
4:27 - 4:29poñéndolles diante o xogo
do Buscaminas -
4:30 - 4:32durante cinco ou 10 minutos.
-
4:32 - 4:35E en efecto,
os procrastinadores moderados -
4:35 - 4:39son o 16 por cento máis creativos
cós outros dous grupos. -
4:39 - 4:43Agora ben, o Buscaminas é fantástico,
pero non é o que provoca ese efecto, -
4:43 - 4:46dado que se un se pon a xogar
antes de coñecer a tarefa, -
4:46 - 4:48non se observa unha mellora
da creatividade. -
4:48 - 4:50É só cando che din que vas
traballar neste problema, -
4:50 - 4:52e logo ti comezas a procrastinar,
-
4:52 - 4:55pero a tarefa permanece activa
na túa mente nun segundo plano, -
4:55 - 4:57entón é cando comezas a incubar.
-
4:57 - 5:01A procrastinación dache tempo
para contemplar ideas diverxentes, -
5:01 - 5:04para pensar de xeito non lineal e
dar saltos inesperados. -
5:04 - 5:07Agora que estabamos rematando
con estes experimentos, -
5:07 - 5:10eu estaba comezando a escribir
un libro sobre os orixinais, -
5:10 - 5:14e pensei: "É o momento perfecto
para ensinarme a procrastinar, -
5:14 - 5:16ao tempo que escribo o capítulo
sobre procrastinación." -
5:17 - 5:18Así que metaprocrastinei,
-
5:20 - 5:23e coma calquera procrastinador
que se respecte, -
5:24 - 5:25erguinme cedo á mañá seguinte
-
5:25 - 5:28e fixen unha lista de pasos
para procrastinar. -
5:28 - 5:30(Risas)
-
5:31 - 5:35E traballei con dilixencia
-
5:35 - 5:39cara ao obxectivo de non avanzar
cara ao meu obxectivo. -
5:40 - 5:42Comecei a redactar o capítulo
sobre procrastinación, -
5:42 - 5:44e un día -- cando ía pola metade --
-
5:44 - 5:47literalmente deixeino a un lado
á metade dunha frase -
5:47 - 5:48durante meses.
-
5:48 - 5:50Foi angustioso.
-
5:51 - 5:54Pero cando voltei a el,
tiña toda clase de ideas novas. -
5:55 - 5:56En palabras de Aaron Sorkin,
-
5:56 - 5:59"Ti chámalo procrastinar.
Eu chámoo pensar." -
6:00 - 6:02E no proceso descubrín
-
6:02 - 6:05que moitos dos orixinais da historia
eran procrastinadores. -
6:06 - 6:07Leonardo da Vinci,
sen ir máis lonxe. -
6:07 - 6:11Peleou intermitentemente
durante 16 anos -
6:11 - 6:13coa Mona Lisa.
-
6:13 - 6:14Sentíase un fracasado.
-
6:14 - 6:16Así o puso no seu diario.
-
6:18 - 6:21Pero algunhas das excursións
que fixo pola Óptica -
6:21 - 6:23transformaron
a súa concepción da luz -
6:23 - 6:25e convertírono nun pintor mellor.
-
6:26 - 6:28E que me dicides de
Martin Luther King, Jr.? -
6:28 - 6:31A noite antes do discurso máis
importante da súa vida, -
6:31 - 6:32o da Marcha sobre Washington,
-
6:32 - 6:35estivo esperto ata máis das 3
da mañá, reescribíndoo. -
6:35 - 6:38Está sentado entre o público,
agardando a súa quenda -
6:38 - 6:42e aínda sigue engadindo notas
e riscando liñas. -
6:43 - 6:45Cando sube ao estrado
e leva falando 11 minutos, -
6:45 - 6:47deixa as súas notas
-
6:47 - 6:50e pronuncia unhas palabras
que mudaron o rumbo da historia: -
6:50 - 6:51"Teño un soño"
-
6:52 - 6:54Aquilo non estaba no guion.
-
6:55 - 7:00Ao atrasar a finalización do discurso
ata o último minuto, -
7:00 - 7:03deixou aberta a porta a unha serie
amplísima de ideas posibles. -
7:04 - 7:06E como o texto non era inamovible,
-
7:06 - 7:08tivo liberdade para improvisar.
-
7:09 - 7:12Procrastinar é un vicio cando
falamos de produtividade, -
7:12 - 7:15pero pode ser unha virtude
para a creatividade. -
7:15 - 7:17O que vemos en moitos
dos grandes orixinais -
7:17 - 7:21é que comezan rápido
pero tardan en rematar. -
7:21 - 7:23E iso é o que eu pasei por alto
con Warby Parker. -
7:24 - 7:26Cando eles postergaron
o tema durante seis meses, -
7:26 - 7:28mireinos e díxenlles:
-
7:28 - 7:31"Veredes, moitas outras empresas están
comezando a vender gafas por internet." -
7:31 - 7:34Eles perderon a vantaxe
de ser os primeiros. -
7:34 - 7:37Pero do que non me decatara é
de que dedicaban todo ese tempo -
7:37 - 7:39a tratar de descubrir como facer
-
7:39 - 7:41que a xente se sentise cómoda
encargando gafas en liña. -
7:41 - 7:44E resulta que esa vantaxe do primeiro
e, en boa medida, un mito. -
7:44 - 7:48Fixádevos nun estudo clásico
de máis de 50 categorías de produtos, -
7:48 - 7:50no que se comparan os pioneiros
que crearon o mercado -
7:50 - 7:54cos que despois introduciron
un produto diferente e mellorado. -
7:55 - 7:59O que atopamos é que o índice de fracaso
dos pioneiros é do 47 por cento, -
7:59 - 8:02en comparación con só o 8 por cento
dos que melloraron o produto. -
8:03 - 8:06Fixádevos en Facebook, que
construíu a súa rede social -
8:06 - 8:09despois de Myspace e Friendster.
-
8:09 - 8:13Fixádevos en Google, que veu
anos despois de Altavista e Yahoo. -
8:13 - 8:16É moito máis doado mellorar
a idea doutro -
8:16 - 8:18que crear algo novo partindo de cero.
-
8:19 - 8:23A lección é que para ser orixinal
non fai falla ser o primeiro. -
8:23 - 8:25Só se necesita ser diferente e mellor.
-
8:26 - 8:30Pero ese non foi o único motivo polo que
non aceptei a proposta de Warby Parker. -
8:30 - 8:32Tiñan ademais moitas dúbidas.
-
8:32 - 8:34Tiñan preparados plans alternativos,
-
8:34 - 8:37e iso fíxome dubidar de que tivesen
coraxe para ser orixinais, -
8:37 - 8:42porque eu esperaba que os orixinais
fosen máis ben así. -
8:43 - 8:45(Risas)
-
8:47 - 8:48A primeira vista,
-
8:48 - 8:50moitos orixinais parecen
moi seguros de si mesmos, -
8:50 - 8:52pero entre bastidores
-
8:52 - 8:54teñen os mesmos medos e dúbidas
có resto de nós. -
8:54 - 8:56Simplemente enfréntanse a iso
de forma diferente. -
8:57 - 8:59Demostraréivolo:
Este esquema representa -
8:59 - 9:01como funciona o proceso creativo
para a maioría de nós. -
9:04 - 9:06(Risas)
-
9:08 - 9:11Ben, nas miñas investigacións descubrín
que hai dúas clases de dúbida. -
9:11 - 9:13A dúbida sobre un mesmo e
a dúbida sobre unha idea. -
9:13 - 9:15A dúbida sobre un mesmo
é paralizante. -
9:15 - 9:16Lévanos ao bloqueo.
-
9:16 - 9:18Pero a dúbida sobre unha idea
é vigorizante. -
9:18 - 9:21Motívanos a probar,
a experimentar, a perfeccionar, -
9:21 - 9:23tal e como fixo M. Luther King.
-
9:23 - 9:26Así que a clave para ser orixinal
-
9:26 - 9:28é a simple cuestión
-
9:28 - 9:32de evitar dar o salto
do paso tres ao catro. -
9:32 - 9:33No canto de dicir:
"non vallo para nada" -
9:33 - 9:36dicimos: "Os primeiros borradores
nunca valen, -
9:37 - 9:38e aínda non logrei o que busco."
-
9:39 - 9:41Que hai que facer para logralo?
-
9:41 - 9:42Pois, según parece, danos unha pista
-
9:42 - 9:44o navegador que usades.
-
9:45 - 9:48Pódese predicir o noso rendemento
no traballo e a nosa implicación -
9:48 - 9:50simplemente sabendo
que navegador usamos. -
9:51 - 9:54A algúns non vos van gustar
os resultados deste estudo. -
9:54 - 9:56(Risas)
-
9:56 - 10:00Pero hai probas de que os usuarios
de Firefox e Chrome -
10:00 - 10:03superan significativamente
aos de Internet Explorer e Safari. -
10:04 - 10:05Si.
-
10:05 - 10:07(Aplausos)
-
10:07 - 10:11Ademais que quedarse no seu posto
un 15 por cento máis de tempo, por certo. -
10:11 - 10:13Por que? Non é unha vantaxe técnica.
-
10:13 - 10:17Os catro grupos de usuarios teclean
a unha velocidade media similar -
10:17 - 10:20e teñen niveis semellantes
de coñecementos informáticos. -
10:20 - 10:22Ten que ver con como
se obtivo o navegador. -
10:22 - 10:24Porque se usades Internet Explorer
ou Safari, -
10:24 - 10:27eses veñen preinstalados,
-
10:27 - 10:30e é que aceptastes a opción
por defecto que vos chegou. -
10:30 - 10:34Se preferistes Firefox ou Chrome,
cuestionastes a que viña por defecto, -
10:34 - 10:36e preguntastes se existía
unha opción diferente, -
10:36 - 10:39fostes un pouquiño enxeñosos
e descargastes un novo navegador. -
10:40 - 10:42Algúns que oen falar do estudo din:
-
10:42 - 10:46"Xenial, se quero mellorar no choio
só teño que actualizar o navegador?" -
10:46 - 10:47(Risas)
-
10:47 - 10:49Non, trátase de ser o tipo de persoa
-
10:49 - 10:51que toma a iniciativa de cuestionar
a opción por defecto -
10:51 - 10:54e buscar outra mellor.
-
10:54 - 10:55E se o fas como é debido,
-
10:55 - 10:58poderás experimentar
o contrario dun déjà vu. -
10:59 - 11:02Ten nome. Chámase "vuja de".
-
11:02 - 11:04(Risas)
-
11:05 - 11:08O vuja de é cando miras algo
que xa viras moitas veces -
11:08 - 11:11e, de repente, velo con novos ollos.
-
11:12 - 11:15É o caso dunha guionista
que revisa un guion de cine -
11:15 - 11:18que leva máis de cincuenta anos
sen recibir luz verde. -
11:18 - 11:22En todas as versións anteriores,
a protagonista era unha raíña malvada. -
11:22 - 11:25Pero Jennifer Lee comeza a
cuestionarse se iso ten sentido. -
11:25 - 11:27Reescribe o primeiro acto,
-
11:27 - 11:29reinventa o vilán como
heroe torturado -
11:29 - 11:33e Frozen convírtese na película de
animación de máis éxito da historia. -
11:34 - 11:36A mensaxe desta historia é clara.
-
11:36 - 11:38Cando teñas dúbidas,
"non o soltes". -
11:39 - 11:41(Risas)
-
11:42 - 11:43E que hai do medo?
-
11:43 - 11:45Os orixinais tamén sinten medo.
-
11:46 - 11:47Teñen medo a fracasar,
-
11:47 - 11:50pero o que os diferencia
do resto de nós -
11:50 - 11:52é que teñen aínda máis medo
de non intentalo. -
11:52 - 11:55Saben que podemos fracasar por montar
unha empresa que vai á ruína -
11:55 - 11:58ou por simplemente non montar nada.
-
11:58 - 12:02Saben que a longo prazo, o que máis
lamentaremos non son as nosas accións -
12:02 - 12:04senón a nosa inacción.
-
12:04 - 12:07As cousas que nos gustaría corrixir,
se nos fixamos nos estudos, -
12:07 - 12:09son as oportunidades desaproveitadas.
-
12:10 - 12:13Elon Musk contoume hai pouco que
non esperaba que Tesla tivese éxito. -
12:13 - 12:16E estaba convencido de que
os primeiros lanzamentos de SpaceX -
12:16 - 12:19non lograrían entrar en órbita,
nin, por suposto, voltar á Terra, -
12:19 - 12:22pero eran demasiado importantes
como para non intentalo. -
12:22 - 12:25Moitos de nós, cando temos
unha idea importante, -
12:25 - 12:26nin nos molestamos en intentalo.
-
12:27 - 12:29Pero teño boas novas para vós.
-
12:29 - 12:32Non vos van xulgar
polas malas ideas que teñades. -
12:32 - 12:33Moitos pensan que si.
-
12:33 - 12:35Se miramos en todos os
sectores industriais -
12:35 - 12:38e lle preguntamos á xente pola súa idea
ou proposta máis importante, -
12:39 - 12:43o 85 por cento quedaron calados
no canto de expoñela. -
12:43 - 12:47Tiveron medo de facer o ridículo
ou parecer estúpidos. -
12:47 - 12:50Pero sabedes que? Os orixinais
teñen moreas de malas ideas, -
12:50 - 12:51toneladas delas, de feito.
-
12:53 - 12:55Pensade no que inventou isto.
-
12:55 - 12:58Importa moito que se lle ocorrese
unha boneca parlante tan horrible -
12:58 - 13:01que asustaba a nenos e adultos por igual?
-
13:02 - 13:06Non. Eloxiamos a Thomas Edison
por inventar a lámpada. -
13:06 - 13:08(Risas)
-
13:09 - 13:11En todos os sectores,
-
13:11 - 13:14os máis orixinais
son os que máis fallan, -
13:14 - 13:16porque son os que máis o intentan.
-
13:16 - 13:19Pensade nos compositores clásicos,
os mellores dos mellores. -
13:19 - 13:23Por que ocupan uns máis páxinas
nas enciclopedias ca outros? -
13:23 - 13:26e por que se gravan máis veces
as súas composicións? -
13:26 - 13:27Un dos indicadores máis fiables
-
13:27 - 13:30é o volume total de composicións
que xeran. -
13:31 - 13:34Canto máis produces,
máis variedade obtés -
13:34 - 13:38e máis posibilidades tes de dar
con algo verdadeiramente orixinal. -
13:38 - 13:42As tres grandes figuras da música clásica
--Bach, Beethoven, Mozart-- -
13:42 - 13:45tamén tiveron que xerar centos
e centos de composicións -
13:46 - 13:49para reunir un número moito máis pequeno
de obras maestras. -
13:50 - 13:51Preguntarédesvos:
-
13:51 - 13:55Como acadou este tío a grandeza
sen facer moitas cousas? -
13:56 - 13:57Eu non sei como o logrou Wagner?
-
13:59 - 14:01Pero para a maioría de nós,
se queremos ser máis orixinais, -
14:01 - 14:04temos que xerar máis ideas.
-
14:05 - 14:08Cando os fundadores de Warby Parker
buscaban un nome para a empresa, -
14:08 - 14:12necesitaban algo sofisticado,
único, sen asociacións negativas -
14:12 - 14:14para crear unha marca de distribución,
-
14:14 - 14:16e probaron máis de 2.000 posibilidades
-
14:16 - 14:17antes de idear finalmente
-
14:17 - 14:19Warby and Parker.
-
14:20 - 14:23Así que se xuntamos todo isto,
vemos que os orixinais -
14:23 - 14:25non son tan diferentes
do resto de nós. -
14:26 - 14:29Teñen medo e dúbidas.
Procrastinan. -
14:29 - 14:31Teñen malas ideas.
-
14:31 - 14:34E en ocasións, non é a pesar
desas cualidades, senón grazas a elas -
14:34 - 14:36que teñen éxito.
-
14:36 - 14:39Por tanto, cando as teñades diante
non cometades o mesmo erro ca min. -
14:39 - 14:40Non as desbotedes.
-
14:40 - 14:43E cando se trata de vós,
non vos descartedes tampouco. -
14:43 - 14:46Lembrade que comezar rápido
pero ser lentos en rematar -
14:46 - 14:48pode estimular a vosa creatividade,
-
14:48 - 14:50que podedes motivarvos
dubidando das vosas ideas -
14:50 - 14:53e aceptando o medo a non intentalo
-
14:53 - 14:56e que son necesarias moitas malas ideas
para ter algunhas boas. -
14:57 - 14:59Mirade, ser orixinal non é doado,
-
14:59 - 15:01pero non me cabe dúbida disto:
-
15:01 - 15:04É a maneira idónea de mellorar
o mundo que nos rodea. -
15:04 - 15:05Grazas
-
15:05 - 15:09(Aplausos)
- Title:
- Os hábitos sorprendentes dos pensadores orixinais
- Speaker:
- Adam Grant
- Description:
-
Como se lles ocorren as grandes ideas ás persoas creativas? O psicólogo organizacional Adam Grant estuda aos "orixinais": pensadores que soñan ideas novas e pasan á acción para traelas ao mundo. A través desta charla coñeceremos tres hábitos inesperados dos orixinais --entre os que se inclúe aceptar o fracaso. "Os grandes orixinais son os que máis fallan, porque son os que máis o intentan," di Grant. "Son necesarias moitas malas ideas para obter unhas poucas boas."
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 15:25
![]() |
Dimitra Papageorgiou approved Galician subtitles for The surprising habits of original thinkers | |
![]() |
Marta Lorenzo Carballo accepted Galician subtitles for The surprising habits of original thinkers | |
![]() |
Mario Cal edited Galician subtitles for The surprising habits of original thinkers | |
![]() |
Mario Cal edited Galician subtitles for The surprising habits of original thinkers | |
![]() |
Mario Cal edited Galician subtitles for The surprising habits of original thinkers | |
![]() |
Mario Cal edited Galician subtitles for The surprising habits of original thinkers | |
![]() |
Mario Cal edited Galician subtitles for The surprising habits of original thinkers | |
![]() |
Mario Cal edited Galician subtitles for The surprising habits of original thinkers |