Galician subtitles

← O segredo para gañar cartos como autónomo

A miúdo, os autónomos vense obrigados a decidir entre a súa creatividade e o seu beneficio. A planificadora financieira Paco de Leon desmonta esta crenza e dános consellos prácticos sobre como diferenciármonos e cobrarmos o que merecemos.

Get Embed Code
40 Languages

Showing Revision 5 created 11/14/2020 by Xosé María Moreno.

  1. Adoitaba ser pésima
    en gañar cartos.
  2. Antes era subalterna en
    planificación financieira.
  3. axudaba á xente
    a xestionar os seus cartos.
  4. Mais gañaba tan pouco
    que ía ao traballo en bici
  5. para aforrar en gasolina,
  6. e fixen unha horta
    para aforrar en comida.
  7. Agora teño unha axencia de contabilidade
  8. que axuda concretamente
    a negocios artísticos.
  9. [TED: como traballamos]

  10. [Faino posible grazas a Dropbox]

  11. Pode que resulte estraño
    da boca dunha planificadora financieira,

  12. pero non son fan do capitalismo.
  13. Case toda a xente coa que traballo,
    coñezo e quero son artistas, eu tamén.
  14. Así que coñezo como funciona o sistema.
  15. Os autónomos e os artistas
    adoitan estar moi mal pagos.
  16. A miúdo cren que pensar nos cartos
    vai corromper a súa creatividade
  17. ou simplemente cren que
    non son bos nos negocios.
  18. Pero o certo é que podemos
    ser bos niso,

  19. de feito, temos que selo,
  20. porque a nosa liberdade depende diso:
  21. a nosa liberdade de crear, de influenciar
  22. e utilizar o poder dos cartos
  23. para cambiarmos o sistema de explotación
    que ten aos artistas na ruína.
  24. Xa non teño problemas

  25. e aprendín moito
    dende que son planificadora financieiera,
  26. e agora quero compartilo convosco.
  27. Isto é o que aprendín e o que fixen.
  28. Primeiro: o que farás.

  29. Cando recibas unha proposición,
  30. deberás responder esta pregunta:
  31. Por que te elixirírian a ti
    antes que ao resto?
  32. Se non podes responder a isto,
    tampouco poden os teus posibles clientes,
  33. polo que non poderás pedir máis
    por iso que fai especial o teu traballo.
  34. O prezo é o diferenciador,
    subastarse implica ir á cola.
  35. O que te destaque poder ser o que fagas,
    por que o fas ou como o fagas:
  36. un cuarteto de corda que toque
    mesturas de hip-hop
  37. ou unha marca que sexa única publicitando
    tecnoloxía para a xeración do Baby Boom
  38. ou un escenógrafo
  39. famoso por confeccionar
    miniaturas en papel maché.
  40. Segundo: para quen o fas.

  41. Despois de definir o que
    te fai diferente,
  42. atopa o teu tipo de cliente ideal.
  43. Para maior eficacia,
    tes que limitar os teus horizontes.
  44. Sen un obxectivo, tentas ser todo
    para todo o mundo
  45. e rematas sendo nada para ninguén.
  46. Logo, utiliza a linguaxe axeitada
    para atraeres o teu cliente obxectivo.
  47. Elabora o tipo de publicidade ou traballos
    que máis os atraia.
  48. De seguido tes que ir onde eles están,
    virtualmente ou na vida real.
  49. Por exemplo, se es
    un videógrafo
  50. e queres traballar
    con compañías comprometidas
  51. para levar auga potable
    a lugares onde escasea,
  52. fai un video que mostre o poder
    das imaxes para facer actuar á xente.
  53. Terceiro: cando toque falar de prezo,
    ten en mente o valor real do teu traballo.

  54. Non só te pagan polo tempo
    que dedicas a un proxecto.
  55. Tamén por todo o que aprendiches
  56. e todo o que fixeches ao longo dos anos
  57. que te fai bo no que fas.
  58. Pregúntate o seguinte:
  59. Como o teu traballo impacta
    no balance final do teu cliente?
  60. Como o teu traballlo
    pode axudalo a aforrar?
  61. Cantos cartos pode gañar o teu cliente
  62. co producto que lle axudas a crear?
  63. Por exemplo, se es un autónomo
    que axuda aos "youtubers"
  64. a comerciar produtos como
    camisetas ou gorras
  65. menciona o beneficio que axudas
    a xerar aos teus clientes.
  66. Ou se creaches un programa de adestramento
    en diversidade e inclusión
  67. para empresas,
  68. menciona cantos cartos e tempo
    aforra a empresa grazas ao teu producto
  69. en lugar de crear o seu.
  70. Cuarto: que o teu prezo inclúa
    impostos, gastos xerais e o teu beneficio.

  71. Se es autónomo,
    ti es o teu negocio,
  72. polo que es o responsable
    da publicidade,
  73. contabilidade, impostos, temas legais,
  74. seguro, gastos xerais e beneficio.
  75. Se pos un prezo demasiado baixo,
  76. xa negociaches na túa contra.
  77. E se un posible cliente
    se queixa do prezo,
  78. non pidas perdón.
  79. Dille que tes un negocio que xestionar
  80. e que non te podes permitir
    traballar por menos.
  81. En lugar de corromper a túa creatividade,

  82. centrarte en obter máis diñeiro
    pode estimulala
  83. ao dáreste a liberdade de elixir.
  84. Porque cando gañas dabondo
    traballando para quen valora o teu traballo,
  85. non tes que facer concesións
    con clientes que non o valoran.