Galician subtitles

← OTP Learning Series 06: Como transcribir

Get Embed Code
29 Languages

Showing Revision 4 created 02/20/2018 by Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela.

  1. [Como transcribir]
  2. Transcribir significa crear subtítulos
    na lingua do vídeo.
  3. Vale. Pero para que
    necesitamos transcricións?
  4. Os subtítulos no idioma do vídeo
    axudan de tres formas.
  5. Permítenlle a persoas xordas
    e con problemas de audición
  6. acceder á charla.
  7. Axudan a difundir na Web
    as ideas das charlas,
  8. porque logo de que o vídeo
    teña unha transcrición,
  9. aparecerá en Google
    cando se busquen temas relacionados.
  10. E por último,
    cando unha charla ten transcrición
  11. pode traducirse a outros idiomas
    e difundirse polo mundo adiante.
  12. Perfecto. E como se transcribe?
  13. Polo xeral, cando se transcribe,
    escríbese todo o que se oe
  14. e fíxase o momento
    en que aparece o subtítulo
  15. e o momento en que desaparece.
  16. No entanto, hai outras regras simples
  17. que cómpre ter en conta ao transcribir.
  18. Non transcribas lapsus linguae
    nin erros obvios,
  19. por exemplo se quen fala di
    "nós pensas” no canto de "nós pensamos”.
  20. Faga de cada subtítulo un texto claro,
  21. aínda que o orador dubide
    no medio da frase,
  22. ou aínda que lle dea patadas á gramática
    ao falar nun idioma estranxeiro.
  23. Respecte a lonxitude da liña,
    a do subtítulo e a velocidade de lectura.
  24. E lembre que, igual que cando traduce,
  25. nalgunhas ocasións,
    cando non abonde con axustar a minutaxe,
  26. terá que reducir o texto nos subtítulos
  27. para manter a velocidade de lectura.
  28. Tente sincronizar o subtítulo
    co que se estea a dicir.
  29. Tanto ten se se o subtítulo se superpón
    un pouco sobre seguinte frase que se di,
  30. sobre todo se se precisa para ter
    unha boa velocidade de lectura.
  31. No entanto, non comece o subtítulo
    máis de 100 milisegundos antes
  32. de que a frase se diga.
  33. Se non, dariámoslle ao espectador
    unha sensación de anticipación estraña
  34. ao ver que a linguaxe corporal
    de quen fala non se axusta ao subtítulo.
  35. E non deixe que o subtítulo
    dure en pantalla máis de 1 segundo
  36. despois de que se diga
    a frase correspondente.
  37. Non termine o subtítulo
    cun anaco da seguinte frase.
  38. Se é posible, faga subtítulos
    con frases ou enunciados completos.
  39. Así será máis fácil de seguir,
  40. e tamén máis fácil de traducir,
  41. pois a sintaxe do idioma de destino
  42. pode facer imposible dividir a oración
  43. tal e como está na transcrición.
  44. Inclúa notas dos sons para persoas xordas
    ou con dificultades auditivas.
  45. Use parénteses,
  46. para indicar risas, música e aplausos,
  47. identifique os cambios de orador
    fóra de pantalla
  48. e describa calquera outro son
    esencial para entender a charla.
  49. Ningún subtítulo debe estar en pantalla
    menos de 1 segundo nin máis de 7.
  50. Para fragmentos máis longos
    de música ou aplausos,
  51. a información sobre o son debe aparecer
    só os primeiros 3 segundos,
  52. e indicar ao final que o son remata.
  53. Se aparece un texto en pantalla,
    no idioma da charla,
  54. por exemplo subtítulos nun vídeo
    que se reproduce en escena,
  55. transcriba este texto, se se pode facer
    sen solapalo con outros subtítulos.
  56. Isto permitirá traducilo a outros idiomas.
  57. E para indicar que é texto en pantalla
    e non palabras do orador,
  58. use corchetes.
  59. Infórmese da grafía correcta
    dos nomes propios usados na charla.
  60. Se non entende o que di o orador,
  61. pregunte no grupo
    "I transcribe TEDx talks"
  62. ou no grupo do seu idioma en Facebook.
  63. E sobre todo lembre que, ao transcribir,
  64. está a prestarlle un gran servizo
    ao mundo enteiro
  65. porque permite que as ideas da charla
    acaden unha audiencia más ampla, global.
  66. Se quere saber máis sobre transcricións
  67. lea a guía "How to tackle a Transcript "
    onde se explica con detalle.
  68. E agora,
    felices transcricións e traducións!