Os Estados Unidos necesitan a baixa de maternidade polo ben do seu futuro
-
0:01 - 0:03Como é unha nai traballadora?
-
0:03 - 0:06Se lle preguntan a Internet,
esta é a resposta que terán. -
0:07 - 0:10Tanto ten se isto é
o que escriben realmente -
0:11 - 0:14se tentan traballar no ordenador
cun neno no colo. -
0:14 - 0:15(Risas)
-
0:15 - 0:18E non, esta non é unha nai traballadora.
-
0:18 - 0:21Percibirán un tema recorrente nestas fotos
-
0:21 - 0:24ese tema é a marabillosa luz natural
-
0:26 - 0:27que, como todos sabemos,
-
0:27 - 0:30é a habitual
en calquera lugar de traballo nos EUA. -
0:31 - 0:34Hai miles de imaxes coma esta.
-
0:35 - 0:38Abonda con escribir "nai traballadora"
en calquera motor de busca -
0:38 - 0:40ou galería de fotos.
-
0:40 - 0:41Están por toda a Internet,
-
0:41 - 0:43encabezando entradas de blog e noticias,
-
0:43 - 0:48e estamos obsesionados con elas
e a mentira que nos contan -
0:48 - 0:50e a tranquilidade que nos dan
-
0:50 - 0:53de que en relación
coas novas nais traballadoras -
0:53 - 0:55todo vai de marabilla.
-
0:55 - 0:57Pero non vai de marabilla.
-
0:57 - 1:00Como país, devolvemos
ao traballo millóns de mulleres -
1:00 - 1:04cada ano, cunha rapidez
incrible e terrible, -
1:04 - 1:05despois de que dean a luz.
-
1:06 - 1:07Este é un problema moral,
-
1:07 - 1:10pero hoxe quero explicar por que
é tamén un problema económico. -
1:11 - 1:15Remato tan anoxada e obsesionada
con estas imaxes tan irreais -
1:15 - 1:17tan diferentes da miña vida,
-
1:17 - 1:22que hai pouco decidín facer e protagonizar
unhas serie de fotos paródicas -
1:22 - 1:24coa esperanza de que a xente
as empezase a usar -
1:25 - 1:29amosando a curiosa realidade
de volver ao traballo -
1:29 - 1:32cando a comida do teu neno
vai pegada ao teu corpo. -
1:33 - 1:35Voulles amosar dúas delas.
-
1:36 - 1:37(Risas)
-
1:38 - 1:41Nada axuda tanto a conseguir
un ascenso como as manchas de leite -
1:41 - 1:43no vestido durante unha presentación.
-
1:43 - 1:45Fíxense en que non hai ningún neno na foto
-
1:46 - 1:48porque non funciona así,
-
1:48 - 1:50polo menos para a maioría das nais.
-
1:51 - 1:53Sabían, e isto vailles estragar o día,
-
1:53 - 1:56que cada vez que tiran da cisterna
o que hai dentro vaporízase -
1:56 - 1:58e permanece no aire durante horas?
-
1:58 - 2:01Aínda así, para moitas nais traballadoras
-
2:01 - 2:04ese é o único lugar en todo o día
en que poden darlles de comer -
2:04 - 2:06aos seus bebés acabados de nacer.
-
2:07 - 2:10Presento estas cousas,
unha ducia delas, ao mundo. -
2:10 - 2:12Quería deixar algo claro.
-
2:12 - 2:15Non sabía que ao mesmo tempo
estaba abrindo unha porta -
2:15 - 2:19porque agora todo tipo
de persoas descoñecidas -
2:19 - 2:21me escriben a cadora
-
2:21 - 2:25para me contaren como
é para elas volver ao traballo -
2:25 - 2:27só uns días ou semanas despois
de teren un fillo. -
2:28 - 2:30Vou compartir con vostedes
dez das súas historias hoxe. -
2:30 - 2:34Son totalmente reais,
algunhas moi dolorosas -
2:34 - 2:37e ningunha delas se parece a isto.
-
2:38 - 2:40Aquí vai a primeira.
-
2:40 - 2:43"Era unha traballadora activa
nunha prisión federal. -
2:44 - 2:48Volvín ao traballo tras o máximo permitido
de oito semanas após unha cesárea. -
2:48 - 2:52Un compañeiro varón enfadouse
porque eu marchara 'de vacacións', -
2:52 - 2:56así que abriu a mantenta a porta
mentres eu sacaba leite do peito -
2:56 - 2:59e permaneceu na porta
cos reclusos no corredor". -
3:00 - 3:03Moitas das historias
que estas mulleres envían -
3:03 - 3:05non tratan sequera sobre aleitar.
-
3:05 - 3:07Unha muller escribiume para dicir:
-
3:07 - 3:12"Tiven dous xemelgos e volvín
ao traballo tras sete semanas sen salario. -
3:12 - 3:14Estaba emocionalmente rota.
-
3:14 - 3:18Fisicamente tivera unha grande hemorraxia
e un desgarro durante o parto, -
3:18 - 3:21apenas podía erguerme, sentarme ou andar.
-
3:21 - 3:25O meu xefe díxome que non podía
usar os meus días de vacacións -
3:25 - 3:27porque era tempada alta".
-
3:28 - 3:32Penso que non podemos asumir
situacións coma esta -
3:32 - 3:34porque nos horrorizaríamos,
-
3:34 - 3:37e se nos horrorizamos,
entón temos que reaccionar. -
3:37 - 3:41Eliximos, entón, mirar e crer nesta imaxe.
-
3:41 - 3:44Non teño claro que ocorre nesta imaxe,
-
3:44 - 3:46porque me parece rara e algo sinistra.
-
3:46 - 3:47(Risas)
-
3:48 - 3:49Ela, que está a facer?
-
3:52 - 3:53Pero sei o que a foto nos conta.
-
3:53 - 3:55Cóntanos que todo vai ben.
-
3:56 - 3:59Todo vai ben para esta nai, para todas
as nais traballadoras e todos os nenos. -
3:59 - 4:01Aquí non hai nada que mirar.
-
4:01 - 4:05E aínda así, as mulleres decidiron,
-
4:05 - 4:07así que nada disto é o noso problema.
-
4:07 - 4:10Quero dividir este tema da elección
en dúas partes. -
4:10 - 4:13A primeira elección di
que as mulleres decidiron traballar. -
4:14 - 4:16E non é verdade.
-
4:16 - 4:20En América as mulleres son hoxe
o 47% da poboación activa, -
4:21 - 4:23e no 40% dos fogares americanos
-
4:23 - 4:26a muller é o único
ou o principal sustento da familia. -
4:27 - 4:31O noso traballo remunerado é
unha parte enorme do motor desta economía, -
4:31 - 4:34e é esencial para a economía
das nosas familias. -
4:34 - 4:38A nivel nacional, o noso traballo
non é unha opción. -
4:38 - 4:41A segunda di que as mulleres
decidiron ter fillos, -
4:41 - 4:44así que teñen que cangar
coas consecuencias da súa decisión. -
4:46 - 4:48En fin, esta é unha desas cousas
-
4:48 - 4:50que poden parecer verdade
se as oes de pasada. -
4:50 - 4:52Eu non che mandei ter un neno.
-
4:52 - 4:54Non estaba alí cando pasou.
-
4:57 - 5:00Pero esta afirmación
ignora unha verdade fundamental: -
5:00 - 5:04a procreación a escala nacional
non é unha opción. -
5:05 - 5:09Os fillos que teñen estas mulleres,
moitas traballadoras, -
5:10 - 5:13serán algún día os nosos traballadores,
protexerán as fronteiras, -
5:13 - 5:14pagarán os impostos.
-
5:15 - 5:18A procreación non é unha opción
a escala nacional. -
5:19 - 5:20Non son escollas.
-
5:20 - 5:24Necesitamos que as mulleres traballen.
Necesitamos que as mulleres teñan fillos. -
5:24 - 5:26Entón deberiamos facer
que as dúas cousas á vez -
5:26 - 5:28fosen, como mínimo, aceptables, non si?
-
5:29 - 5:31Ben, é tempo para o test de revista:
-
5:32 - 5:35que porcentaxe de mulleres traballadoras
pensades que nos EUA -
5:35 - 5:38non ten acceso a baixa de maternidade?
-
5:39 - 5:4188 por cento.
-
5:42 - 5:45O 88 por cento de nais traballadoras
non terán nin unha miga da axuda -
5:45 - 5:46despois de ter o seu fillo.
-
5:47 - 5:49Pensade agora na baixa
sen dereito a cobro. -
5:50 - 5:53Existe nos EUA.
Chámase FMLA e non funciona. -
5:54 - 5:57Por como se estrutura,
con todo tipo de excepcións, -
5:57 - 6:01a metade das nais
non pode optar a ela. -
6:01 - 6:02Funciona así.
-
6:04 - 6:06"Adoptamos o noso fillo.
-
6:06 - 6:10Cando me chamaron o día que naceu,
tiven que saír do traballo. -
6:10 - 6:13Non estivera tempo abondo
para ter dereito ao FMLA, -
6:14 - 6:16polo que non podía optar á baixa.
-
6:16 - 6:19Cando pedín días libres
para estar co meu novo fillo -
6:19 - 6:20perdín o traballo."
-
6:22 - 6:26Este tipo de fotos corporativas
agochan outra realidade. -
6:27 - 6:30Das nais que si teñen acceso
á baixa sen dereito a cobro, -
6:30 - 6:33moitas non poden permitirse usala.
-
6:34 - 6:37Unha enfermeira explicoume "Non tiña
opción á baixa maternal -
6:37 - 6:41porque o meu embarazo foi considerado
condición preexistente. -
6:41 - 6:44Gastamos toda a devolución de facenda
e a metade dos aforros -
6:44 - 6:46nas miñas seis semanas sen soldo.
-
6:46 - 6:47Non podiamos seguir por máis tempo.
-
6:48 - 6:50Era duro a nivel físico,
pero no emocional era peor. -
6:50 - 6:53Sufrín durante meses
estando lonxe do meu fillo". -
6:53 - 6:56Entón esta decisión
de volver tan cedo ao traballo -
6:56 - 7:00é unha decisión económica racional
motivada pola economía familiar, -
7:00 - 7:02pero a miúdo é horrible a nivel físico
-
7:02 - 7:06porque traer un ser humano
ao mundo é complicado. -
7:06 - 7:07Unha camareira contoume:
-
7:07 - 7:11"Co meu primeiro fillo, volvín
ao traballo cinco semanas após o parto. -
7:11 - 7:14Co segundo, tiven unha cirurxía seria
despois de dar a luz -
7:14 - 7:17e tiven que esperar seis semanas.
-
7:17 - 7:19Tiña desgarros de nivel tres."
-
7:21 - 7:24O 23% das novas nais traballadoras nos EUA
-
7:24 - 7:28volverán ao traballo
dúas semanas despois do parto. -
7:30 - 7:35"Traballaba como camareira e cociñeira
75 horas á semana durante o embarazo. -
7:35 - 7:38Volvín traballar
antes de que o neno tivese un mes, -
7:38 - 7:39traballando 60 horas á semana.
-
7:40 - 7:44Unha das miñas compañeiras só puido
permitirse 10 días co seu neno." -
7:45 - 7:49Por suposto, esta non é só unha situación
con implicacións económicas e físicas. -
7:49 - 7:53O nacemento é, e será sempre,
un enorme acontecemento psicolóxico. -
7:54 - 7:56Unha profesora explicoume:
-
7:56 - 7:59"Volvín ao traballo
oito semanas despois do nacemento. -
7:59 - 8:01Xa tiña problemas de ansiedade,
-
8:01 - 8:05pero os ataques de pánico que tiven
antes de volver eran insoportables". -
8:06 - 8:08A nivel estatístico,
-
8:08 - 8:11canto menos dure a baixa
despois de ter o fillo, -
8:11 - 8:14máis probable é que se sufran
problemas emocionais posparto, -
8:14 - 8:16como depresión ou ansiedade.
-
8:17 - 8:20Entre outras consecuencias posibles
destas desordes, -
8:21 - 8:24o suicidio é a segunda causa
de morte máis frecuente -
8:24 - 8:26no primeiro ano despois do parto.
-
8:27 - 8:29Atención á seguinte historia!
-
8:29 - 8:33Nunca coñecín a esta muller,
a súa historia éme difícil de aturar. -
8:33 - 8:37"Sinto moitísima pena e rabia
porque perdín un tempo fundamental, -
8:38 - 8:41insubstituíble e formativo co meu fillo.
-
8:42 - 8:44O parto e o nacemento deixáronme desfeita.
-
8:45 - 8:49Daqueles meses só lembro
os berros: dixeron que era un cólico. -
8:50 - 8:51Eu afogaba por dentro.
-
8:52 - 8:55Preguntábame cada mañá
durante canto tempo podería aturalo. -
8:56 - 8:58Deixáronme levar o neno ao traballo.
-
8:59 - 9:02Pechei a porta da oficina
mentres o aloumiñaba -
9:02 - 9:05e lle suplicaba que deixase de berrar
para non ter problemas eu. -
9:05 - 9:07Agocheime detrás da porta cada maldito día
-
9:07 - 9:09e choraba mentres el berraba.
-
9:09 - 9:13Choraba no baño
mentres limpaba o sacaleite. -
9:13 - 9:16Cada día choraba ao ir traballar
e ao volver para a casa. -
9:16 - 9:19Prometínlle ao meu xefe
que o traballo que non facía polo día, -
9:19 - 9:21faríao de noite na casa.
-
9:21 - 9:25Pensei que algo non marchaba ben en min,
que non podía controlalo". -
9:27 - 9:28Así son as nais.
-
9:29 - 9:30E os nenos?
-
9:31 - 9:33Como país, preocupámonos
polos millóns de nenos -
9:33 - 9:35que as nais traballadoras teñen cada ano?
-
9:36 - 9:37Penso que non,
-
9:37 - 9:40non até que chegan á idade de traballar
e pagar impostos e ser soldados. -
9:40 - 9:42Moi ben, xa os veremos en 18 anos,
-
9:42 - 9:44chegar ata alí xa é cousa súa.
-
9:46 - 9:49Unha das razóns polas que o sei
é porque os fillos de nais -
9:49 - 9:51que pasan 12 ou máis semanas
na casa con eles -
9:51 - 9:55teñen mais posibilidades de ser vacinados
e examinados no seu primeiro ano. -
9:55 - 9:59Eses nenos están máis protexidos
fronte a enfermidades mortais e perigosas. -
10:00 - 10:03Imaxes coma esta agochan esas realidades.
-
10:06 - 10:11Os EUA teñen unha mensaxe para as nais
traballadoras e os seus fillos. -
10:12 - 10:15Deberías estar agradecida
polo tempo que tes co teu fillo, -
10:17 - 10:18e es un estorbo
-
10:18 - 10:21para a economía e para os teus xefes.
-
10:21 - 10:26Esta narrativa da gratitude
existe en moitas historias que escoito. -
10:26 - 10:27Unha muller díxome:
-
10:28 - 10:30"Volvín ás oito semanas da miña cesárea
-
10:30 - 10:32porque o meu home non tiña traballo.
-
10:32 - 10:34Sen min, a milla filla
tivo problemas para desenvolverse. -
10:34 - 10:36Non tomaba o biberón.
-
10:36 - 10:37Empezou a perder peso.
-
10:37 - 10:40Por sorte, o meu xefe foi moi comprensivo.
-
10:40 - 10:42Miña nai puido traer o neno,
-
10:42 - 10:44que estaba con osíxeno e monitorizado
-
10:44 - 10:46catro veces por quenda
para que o aleitase". -
10:48 - 10:51Hai un pequeno club de países no mundo
-
10:51 - 10:55que non ofrece
baixas pagadas estatais ás nais. -
10:55 - 10:57Saben cales son?
-
10:58 - 11:01Os primeiros oito suman
en total oito millóns de habitantes. -
11:02 - 11:05Son Papua Nova Guinea,
Surinam e as pequenas illas-nación -
11:05 - 11:11de Micronesia, as Illas Marshall,
Nauru, Niue, Palau e Tonga. -
11:11 - 11:14O número nove son
os Estados Unidos de América -
11:14 - 11:16con 320 millóns de persoas.
-
11:18 - 11:20E xa está.
-
11:20 - 11:21Ese é o final da lista.
-
11:22 - 11:24Todas as outras economías do mundo
-
11:24 - 11:28atoparon un xeito de ofrecer
baixas de maternidade pagadas -
11:28 - 11:31para as persoas cuxo traballo
significa o futuro deses países, -
11:31 - 11:34pero dicimos "Non é posible facelo".
-
11:35 - 11:37Dicimos que o mercado
solucionará este problema -
11:37 - 11:42e celebrámolo cando as empresas
ofrecen máis baixas pagadas ás mulleres, -
11:42 - 11:45que son xa as que teñen mellores estudos
e soldos de entre nós. -
11:45 - 11:47Lembran o 88 por cento?
-
11:47 - 11:51As mulleres con soldos medios e baixos
non reciben esas axudas. -
11:52 - 11:55Sabemos que este enfoque ten
-
11:55 - 12:00asombrosos custos económicos,
financeiros, físicos e emocionais. -
12:00 - 12:04Demos en decidir
--en decidir, non por accidente-- -
12:04 - 12:07cargarlles estes custos ás mulleres
traballadoras e aos seus fillos. -
12:08 - 12:11Sabemos que o prezo é alto
para mulleres con soldo baixo, -
12:11 - 12:13inda máis desproporcionado
para as mulleres de color. -
12:13 - 12:15Cargámoslles os custos igual.
-
12:16 - 12:18Todo isto é a vergoña de América.
-
12:19 - 12:22Pero é tamén o risco de América.
-
12:22 - 12:24Porque podería pasar
-
12:24 - 12:28que todas estas supostas decisións
de ter fillos -
12:28 - 12:32se volvesen
decisións individuais de non telos. -
12:33 - 12:35Unha muller díxome:
-
12:35 - 12:38"A maternidade moderna é difícil.
Non debería ser un trauma. -
12:38 - 12:41Cando agora falamos
de aumentar a familia, -
12:41 - 12:44centrámonos no tempo que teremos
para coidar de nós e do neno. -
12:45 - 12:48Se tivésemos que facer igual
que co primeiro fillo, -
12:48 - 12:50talvez teriamos un só neno".
-
12:52 - 12:54A taxa de natalidade que os EUA precisan
-
12:54 - 12:56para manter a poboación
é de 2,1 fillos por muller. -
12:57 - 13:00Hoxe temos un 1,86.
-
13:01 - 13:03Precisamos que as mulleres teñan fillos,
-
13:03 - 13:07e estamos desanimando ás mulleres
traballadoras que poderían facelo. -
13:08 - 13:11Que pasaría coa poboación
activa, a innovación e o PIB -
13:11 - 13:15se unha a unha,
as mulleres deste país decidisen -
13:15 - 13:18que non poden facer isto máis dunha vez?
-
13:20 - 13:23Estou aquí hoxe cunha única idea
que paga a pena compartir -
13:23 - 13:25e xa saben cal é.
-
13:25 - 13:29Chegou a hora
de que o país máis poderoso da Terra -
13:29 - 13:31ofreza baixas de maternidade pagadas
-
13:31 - 13:34para as persoas que traballan
polo futuro deste país -
13:34 - 13:36e para os nenos
que representan este futuro. -
13:37 - 13:39O nacemento é un ben de interese público.
-
13:39 - 13:41A baixa debería ser un subsidio estatal.
-
13:42 - 13:44Non debería haber excepcións
para negocios pequenos, -
13:44 - 13:46duración do traballo ou emprendedores.
-
13:47 - 13:49Debería poderse compartir
entre os proxenitores. -
13:49 - 13:51Falei deste tema con moitas nais,
-
13:51 - 13:53pero os pais son chave a moitos niveis.
-
13:56 - 13:59Ningunha muller debería volver ao traballo
-
13:59 - 14:01mentres coxea e sangra.
-
14:02 - 14:05Ningunha familia debería
consumir os seus aforros -
14:06 - 14:09para mercar uns días de descanso,
recuperación e achegamento. -
14:09 - 14:11Ningún neno fraxil
-
14:12 - 14:14tería que ir directamente
da incubadora á gardería -
14:14 - 14:17porque os seus pais usaron
todo o seu escaso tempo -
14:17 - 14:18sentados na UCI.
-
14:19 - 14:21A ningunha familia traballadora
deberìa dicírselle -
14:21 - 14:26que a relación entre o seu traballo,
que precisan, e a maternidade que queren -
14:26 - 14:27é o seu problema.
-
14:29 - 14:33O problema é que cando isto lle pasa
a unha nova familia, é esgotador, -
14:33 - 14:36e unha familia cun neno
é máis vulnerable economicamente -
14:36 - 14:37do que nunca antes fora,
-
14:38 - 14:41así que a nai non pode falar por si mesma.
-
14:42 - 14:43Pero todos nós temos voces.
-
14:44 - 14:47Eu xa non vou ter máis fillos,
-
14:48 - 14:49e vostede pode ser pre-neno,
-
14:49 - 14:51pode ser post-neno
-
14:51 - 14:52pode ser ningún neno.
-
14:52 - 14:54Tanto debería ter.
-
14:54 - 14:57Deixemos de entendelo
como un problema das nais, -
14:57 - 14:58nin sequera das mulleres.
-
14:58 - 15:00É un problema dos EUA.
-
15:02 - 15:05Temos que deixar de tragar
a mentira das imaxes que nos amosan. -
15:06 - 15:08Temos que deixar de aceptar a súa calma.
-
15:08 - 15:11Temos que cuestionar por que din
que isto non pode funcionar -
15:11 - 15:13cando vemos que funciona
en todo o mundo. -
15:14 - 15:17Temos que recoñecer
que esta realidade americana -
15:18 - 15:21é a nosa vergoña e o noso problema.
-
15:21 - 15:23Porque isto non é,
-
15:24 - 15:25isto non é
-
15:25 - 15:27e isto non é
-
15:27 - 15:29
o aspecto dunha nai traballadora. -
15:30 - 15:32(Aplauso)
- Title:
- Os Estados Unidos necesitan a baixa de maternidade polo ben do seu futuro
- Speaker:
- Jessica Shortall
- Description:
-
Precisamos que as mulleres traballen e que as mulleres traballadoras teñan fillos. Entón... por que segue Estados Unidos sen ofrecer unha baixa de maternidade pública a todas as nais? Nesta charla rompedora, Jessica Shortall é quen de amosar a realidade problemática da maternidade americana: millóns de mulleres vense obrigadas a volver ao traballo cada ano apenas semanas despois do parto. A súa idea: é momento de que comprendamos os custos económicos, físicos e psicolóxicos do xeito no que achegamos ás nais traballadoras e á súa descendencia. É momento, tamén, de asegurar o seu futuro económico por medio de baixas pagadas para todas as nais e pais traballadores.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 15:45
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for How America fails new parents -- and their babies | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for How America fails new parents -- and their babies | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for How America fails new parents -- and their babies | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for How America fails new parents -- and their babies | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for How America fails new parents -- and their babies | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for How America fails new parents -- and their babies | ||
Xosé María Moreno accepted Galician subtitles for How America fails new parents -- and their babies | ||
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for How America fails new parents -- and their babies |