Como é unha nai traballadora?
Se lle preguntan a Internet,
esta é a resposta que terán.
Tanto ten se isto é
o que escriben realmente
se tentan traballar no ordenador
cun neno no colo.
(Risas)
E non, esta non é unha nai traballadora.
Percibirán un tema recorrente nestas fotos
ese tema é a marabillosa luz natural
que, como todos sabemos,
é a habitual
en calquera lugar de traballo nos EUA.
Hai miles de imaxes coma esta.
Abonda con escribir "nai traballadora"
en calquera motor de busca
ou galería de fotos.
Están por toda a Internet,
encabezando entradas de blog e noticias,
e estamos obsesionados con elas
e a mentira que nos contan
e a tranquilidade que nos dan
de que en relación
coas novas nais traballadoras
todo vai de marabilla.
Pero non vai de marabilla.
Como país, devolvemos
ao traballo millóns de mulleres
cada ano, cunha rapidez
incrible e terrible,
despois de que dean a luz.
Este é un problema moral,
pero hoxe quero explicar por que
é tamén un problema económico.
Remato tan anoxada e obsesionada
con estas imaxes tan irreais
tan diferentes da miña vida,
que hai pouco decidín facer e protagonizar
unhas serie de fotos paródicas
coa esperanza de que a xente
as empezase a usar
amosando a curiosa realidade
de volver ao traballo
cando a comida do teu neno
vai pegada ao teu corpo.
Voulles amosar dúas delas.
(Risas)
Nada axuda tanto a conseguir
un ascenso como as manchas de leite
no vestido durante unha presentación.
Fíxense en que non hai ningún neno na foto
porque non funciona así,
polo menos para a maioría das nais.
Sabían, e isto vailles estragar o día,
que cada vez que tiran da cisterna
o que hai dentro vaporízase
e permanece no aire durante horas?
Aínda así, para moitas nais traballadoras
ese é o único lugar en todo o día
en que poden darlles de comer
aos seus bebés acabados de nacer.
Presento estas cousas,
unha ducia delas, ao mundo.
Quería deixar algo claro.
Non sabía que ao mesmo tempo
estaba abrindo unha porta
porque agora todo tipo
de persoas descoñecidas
me escriben a cadora
para me contaren como
é para elas volver ao traballo
só uns días ou semanas despois
de teren un fillo.
Vou compartir con vostedes
dez das súas historias hoxe.
Son totalmente reais,
algunhas moi dolorosas
e ningunha delas se parece a isto.
Aquí vai a primeira.
"Era unha traballadora activa
nunha prisión federal.
Volvín ao traballo tras o máximo permitido
de oito semanas após unha cesárea.
Un compañeiro varón enfadouse
porque eu marchara 'de vacacións',
así que abriu a mantenta a porta
mentres eu sacaba leite do peito
e permaneceu na porta
cos reclusos no corredor".
Moitas das historias
que estas mulleres envían
non tratan sequera sobre aleitar.
Unha muller escribiume para dicir:
"Tiven dous xemelgos e volvín
ao traballo tras sete semanas sen salario.
Estaba emocionalmente rota.
Fisicamente tivera unha grande hemorraxia
e un desgarro durante o parto,
apenas podía erguerme, sentarme ou andar.
O meu xefe díxome que non podía
usar os meus días de vacacións
porque era tempada alta".
Penso que non podemos asumir
situacións coma esta
porque nos horrorizaríamos,
e se nos horrorizamos,
entón temos que reaccionar.
Eliximos, entón, mirar e crer nesta imaxe.
Non teño claro que ocorre nesta imaxe,
porque me parece rara e algo sinistra.
(Risas)
Ela, que está a facer?
Pero sei o que a foto nos conta.
Cóntanos que todo vai ben.
Todo vai ben para esta nai, para todas
as nais traballadoras e todos os nenos.
Aquí non hai nada que mirar.
E aínda así, as mulleres decidiron,
así que nada disto é o noso problema.
Quero dividir este tema da elección
en dúas partes.
A primeira elección di
que as mulleres decidiron traballar.
E non é verdade.
En América as mulleres son hoxe
o 47% da poboación activa,
e no 40% dos fogares americanos
a muller é o único
ou o principal sustento da familia.
O noso traballo remunerado é
unha parte enorme do motor desta economía,
e é esencial para a economía
das nosas familias.
A nivel nacional, o noso traballo
non é unha opción.
A segunda di que as mulleres
decidiron ter fillos,
así que teñen que cangar
coas consecuencias da súa decisión.
En fin, esta é unha desas cousas
que poden parecer verdade
se as oes de pasada.
Eu non che mandei ter un neno.
Non estaba alí cando pasou.
Pero esta afirmación
ignora unha verdade fundamental:
a procreación a escala nacional
non é unha opción.
Os fillos que teñen estas mulleres,
moitas traballadoras,
serán algún día os nosos traballadores,
protexerán as fronteiras,
pagarán os impostos.
A procreación non é unha opción
a escala nacional.
Non son escollas.
Necesitamos que as mulleres traballen.
Necesitamos que as mulleres teñan fillos.
Entón deberiamos facer
que as dúas cousas á vez
fosen, como mínimo, aceptables, non si?
Ben, é tempo para o test de revista:
que porcentaxe de mulleres traballadoras
pensades que nos EUA
non ten acceso a baixa de maternidade?
88 por cento.
O 88 por cento de nais traballadoras
non terán nin unha miga da axuda
despois de ter o seu fillo.
Pensade agora na baixa
sen dereito a cobro.
Existe nos EUA.
Chámase FMLA e non funciona.
Por como se estrutura,
con todo tipo de excepcións,
a metade das nais
non pode optar a ela.
Funciona así.
"Adoptamos o noso fillo.
Cando me chamaron o día que naceu,
tiven que saír do traballo.
Non estivera tempo abondo
para ter dereito ao FMLA,
polo que non podía optar á baixa.
Cando pedín días libres
para estar co meu novo fillo
perdín o traballo."
Este tipo de fotos corporativas
agochan outra realidade.
Das nais que si teñen acceso
á baixa sen dereito a cobro,
moitas non poden permitirse usala.
Unha enfermeira explicoume "Non tiña
opción á baixa maternal
porque o meu embarazo foi considerado
condición preexistente.
Gastamos toda a devolución de facenda
e a metade dos aforros
nas miñas seis semanas sen soldo.
Non podiamos seguir por máis tempo.
Era duro a nivel físico,
pero no emocional era peor.
Sufrín durante meses
estando lonxe do meu fillo".
Entón esta decisión
de volver tan cedo ao traballo
é unha decisión económica racional
motivada pola economía familiar,
pero a miúdo é horrible a nivel físico
porque traer un ser humano
ao mundo é complicado.
Unha camareira contoume:
"Co meu primeiro fillo, volvín
ao traballo cinco semanas após o parto.
Co segundo, tiven unha cirurxía seria
despois de dar a luz
e tiven que esperar seis semanas.
Tiña desgarros de nivel tres."
O 23% das novas nais traballadoras nos EUA
volverán ao traballo
dúas semanas despois do parto.
"Traballaba como camareira e cociñeira
75 horas á semana durante o embarazo.
Volvín traballar
antes de que o neno tivese un mes,
traballando 60 horas á semana.
Unha das miñas compañeiras só puido
permitirse 10 días co seu neno."
Por suposto, esta non é só unha situación
con implicacións económicas e físicas.
O nacemento é, e será sempre,
un enorme acontecemento psicolóxico.
Unha profesora explicoume:
"Volvín ao traballo
oito semanas despois do nacemento.
Xa tiña problemas de ansiedade,
pero os ataques de pánico que tiven
antes de volver eran insoportables".
A nivel estatístico,
canto menos dure a baixa
despois de ter o fillo,
máis probable é que se sufran
problemas emocionais posparto,
como depresión ou ansiedade.
Entre outras consecuencias posibles
destas desordes,
o suicidio é a segunda causa
de morte máis frecuente
no primeiro ano despois do parto.
Atención á seguinte historia!
Nunca coñecín a esta muller,
a súa historia éme difícil de aturar.
"Sinto moitísima pena e rabia
porque perdín un tempo fundamental,
insubstituíble e formativo co meu fillo.
O parto e o nacemento deixáronme desfeita.
Daqueles meses só lembro
os berros: dixeron que era un cólico.
Eu afogaba por dentro.
Preguntábame cada mañá
durante canto tempo podería aturalo.
Deixáronme levar o neno ao traballo.
Pechei a porta da oficina
mentres o aloumiñaba
e lle suplicaba que deixase de berrar
para non ter problemas eu.
Agocheime detrás da porta cada maldito día
e choraba mentres el berraba.
Choraba no baño
mentres limpaba o sacaleite.
Cada día choraba ao ir traballar
e ao volver para a casa.
Prometínlle ao meu xefe
que o traballo que non facía polo día,
faríao de noite na casa.
Pensei que algo non marchaba ben en min,
que non podía controlalo".
Así son as nais.
E os nenos?
Como país, preocupámonos
polos millóns de nenos
que as nais traballadoras teñen cada ano?
Penso que non,
non até que chegan á idade de traballar
e pagar impostos e ser soldados.
Moi ben, xa os veremos en 18 anos,
chegar ata alí xa é cousa súa.
Unha das razóns polas que o sei
é porque os fillos de nais
que pasan 12 ou máis semanas
na casa con eles
teñen mais posibilidades de ser vacinados
e examinados no seu primeiro ano.
Eses nenos están máis protexidos
fronte a enfermidades mortais e perigosas.
Imaxes coma esta agochan esas realidades.
Os EUA teñen unha mensaxe para as nais
traballadoras e os seus fillos.
Deberías estar agradecida
polo tempo que tes co teu fillo,
e es un estorbo
para a economía e para os teus xefes.
Esta narrativa da gratitude
existe en moitas historias que escoito.
Unha muller díxome:
"Volvín ás oito semanas da miña cesárea
porque o meu home non tiña traballo.
Sen min, a milla filla
tivo problemas para desenvolverse.
Non tomaba o biberón.
Empezou a perder peso.
Por sorte, o meu xefe foi moi comprensivo.
Miña nai puido traer o neno,
que estaba con osíxeno e monitorizado
catro veces por quenda
para que o aleitase".
Hai un pequeno club de países no mundo
que non ofrece
baixas pagadas estatais ás nais.
Saben cales son?
Os primeiros oito suman
en total oito millóns de habitantes.
Son Papua Nova Guinea,
Surinam e as pequenas illas-nación
de Micronesia, as Illas Marshall,
Nauru, Niue, Palau e Tonga.
O número nove son
os Estados Unidos de América
con 320 millóns de persoas.
E xa está.
Ese é o final da lista.
Todas as outras economías do mundo
atoparon un xeito de ofrecer
baixas de maternidade pagadas
para as persoas cuxo traballo
significa o futuro deses países,
pero dicimos "Non é posible facelo".
Dicimos que o mercado
solucionará este problema
e celebrámolo cando as empresas
ofrecen máis baixas pagadas ás mulleres,
que son xa as que teñen mellores estudos
e soldos de entre nós.
Lembran o 88 por cento?
As mulleres con soldos medios e baixos
non reciben esas axudas.
Sabemos que este enfoque ten
asombrosos custos económicos,
financeiros, físicos e emocionais.
Demos en decidir
--en decidir, non por accidente--
cargarlles estes custos ás mulleres
traballadoras e aos seus fillos.
Sabemos que o prezo é alto
para mulleres con soldo baixo,
inda máis desproporcionado
para as mulleres de color.
Cargámoslles os custos igual.
Todo isto é a vergoña de América.
Pero é tamén o risco de América.
Porque podería pasar
que todas estas supostas decisións
de ter fillos
se volvesen
decisións individuais de non telos.
Unha muller díxome:
"A maternidade moderna é difícil.
Non debería ser un trauma.
Cando agora falamos
de aumentar a familia,
centrámonos no tempo que teremos
para coidar de nós e do neno.
Se tivésemos que facer igual
que co primeiro fillo,
talvez teriamos un só neno".
A taxa de natalidade que os EUA precisan
para manter a poboación
é de 2,1 fillos por muller.
Hoxe temos un 1,86.
Precisamos que as mulleres teñan fillos,
e estamos desanimando ás mulleres
traballadoras que poderían facelo.
Que pasaría coa poboación
activa, a innovación e o PIB
se unha a unha,
as mulleres deste país decidisen
que non poden facer isto máis dunha vez?
Estou aquí hoxe cunha única idea
que paga a pena compartir
e xa saben cal é.
Chegou a hora
de que o país máis poderoso da Terra
ofreza baixas de maternidade pagadas
para as persoas que traballan
polo futuro deste país
e para os nenos
que representan este futuro.
O nacemento é un ben de interese público.
A baixa debería ser un subsidio estatal.
Non debería haber excepcións
para negocios pequenos,
duración do traballo ou emprendedores.
Debería poderse compartir
entre os proxenitores.
Falei deste tema con moitas nais,
pero os pais son chave a moitos niveis.
Ningunha muller debería volver ao traballo
mentres coxea e sangra.
Ningunha familia debería
consumir os seus aforros
para mercar uns días de descanso,
recuperación e achegamento.
Ningún neno fraxil
tería que ir directamente
da incubadora á gardería
porque os seus pais usaron
todo o seu escaso tempo
sentados na UCI.
A ningunha familia traballadora
deberìa dicírselle
que a relación entre o seu traballo,
que precisan, e a maternidade que queren
é o seu problema.
O problema é que cando isto lle pasa
a unha nova familia, é esgotador,
e unha familia cun neno
é máis vulnerable economicamente
do que nunca antes fora,
así que a nai non pode falar por si mesma.
Pero todos nós temos voces.
Eu xa non vou ter máis fillos,
e vostede pode ser pre-neno,
pode ser post-neno
pode ser ningún neno.
Tanto debería ter.
Deixemos de entendelo
como un problema das nais,
nin sequera das mulleres.
É un problema dos EUA.
Temos que deixar de tragar
a mentira das imaxes que nos amosan.
Temos que deixar de aceptar a súa calma.
Temos que cuestionar por que din
que isto non pode funcionar
cando vemos que funciona
en todo o mundo.
Temos que recoñecer
que esta realidade americana
é a nosa vergoña e o noso problema.
Porque isto non é,
isto non é
e isto non é
o aspecto dunha nai traballadora.
(Aplauso)