YouTube

Got a YouTube account?

New: enable viewer-created translations and captions on your YouTube channel!

Galician subtitles

← Todos deberíamos ser feministas

Get Embed Code
41 Languages

Showing Revision 25 created 10/17/2017 by Alicia Ferreiro.

  1. Gustaríame comezar falándolles
    dun dos meus grandes amigos,

  2. Okoloma Maduewesi.
  3. Okoloma vivía na miña rúa
  4. e coidaba de min coma un irmán maior.
  5. Se me gustaba un rapaz, gustábame
    pedirlle opinión a Okoloma.
  6. Okoloma morreu no coñecido
    accidente aéreo de Sosoliso
  7. en Nixeria en decembro de 2005.
  8. Fai case exactamente sete anos.
  9. Okoloma era unha persoa coa que podía
    discutir, rir e verdadeiramente falar.
  10. Tamén foi a primeira persoa
    que me chamou feminista.
  11. Eu tiña uns 14 anos,
    estabamos na súa casa rifando.

  12. Ámbolos dous alporizados polos
    escasos coñecementos obtidos
  13. dos libros que leramos.
  14. Non recordo sobre
    que era a discusión en particular,
  15. pero recordo que rifaba e rifaba,
  16. Okoloma miroume e díxome:
    "Ti es unha feminista".
  17. Non era un piropo.
  18. (Risas)

  19. Decateime polo seu ton,

  20. o mesmo ton que empregarías
    para dicir:
  21. "Ti es unha terrorista".
  22. (Risas)

  23. Non sabía exactamente,
    o que significaba "feminista",

  24. e non quería que Okoloma soubera
    que eu non o sabía.
  25. Así que afasteina, e seguín discutindo.
  26. E o primeiro que fixen
    ao chegar á miña casa
  27. foi busca-la palabra
    "feminista" no dicionario.
  28. Agora dando un salto no tempo,
    algúns anos máis tarde,

  29. escribín unha novela sobre un home que,
    entre outras cousas, pegaba á súa muller
  30. e cuxa historia non remata moi ben.
  31. Mentres eu promocionaba
    a novela en Nixeria,
  32. un periodista agradable,
    un home ben intencionado,
  33. dixo que quería darme un consello.
  34. E para os nixerianos aquí,
  35. estou segura que todos estamos
    familiarizados
  36. có rápida que é a nosa xente
    dando consellos non solicitados.
  37. Díxome que a xente dicía
    que a miña novela era feminista
  38. e o seu consello para min,
  39. e sacudía a cabeza
    con tristura mentres falaba,
  40. foi que nunca debería
    dicir que son feminista
  41. porque as feministas
    son mulleres descontentas
  42. porque non poden atopar marido.
  43. (Risas)

  44. Así que decidín autodenominarme
    "feminista feliz".

  45. Entón, unha muller Nixeriana
    académica díxome
  46. que o feminismo
    non era da nosa cultura
  47. e que o feminismo non era africano,
  48. e que me autodenominaba feminista
  49. porque estaba corrompida
    por "libros occidentais."
  50. O cal divertiume moito,
  51. porque moitas das miñas primeiras
    lecturas foron claramente anti-feministas.
  52. Creo que lin cada novela (rosa)
    publicada de Mills e Boon
  53. antes de ter 16 anos.
  54. E cada vez que intentaba ler eses libros,
  55. chamados "os clásicos feministas",
  56. aburríame, e tiven que esforzarme
    para terminar de lelos.
  57. Pero, como de calquera xeito,
    o feminismo non era africano,
  58. decidín que agora denominaríame
    "feminista africana feliz".
  59. Nese momento era unha feminista
    africana feliz que non odiaba aos homes
  60. e á que lle gustaba
    o carmín nos beizos
  61. e que levaba tacóns para si mesma
    e non para os homes.
  62. (Risas)

  63. Por suposto, moito disto é retranca,

  64. pero a palabra feminista é unha carga
    tan pesada, tan negativa.
  65. Odias aos homes,
    odias aos suxeitadores,
  66. odias a cultura africana,
    ese tipo de cousas.
  67. Agora unha historia da miña nenez.

  68. Cando estaba na escola primaria,
  69. a miña mestra dixo ao comezo do curso
    que faría unha proba á clase
  70. e aquel que tivera a puntuación
    máis alta sería o delegado da clase.
  71. Ser delegado de clase
    era moi importante.
  72. Se un era delegado de clase,
  73. tiña que apuntar
    os nomes dos revoltosos,
  74. (Risas)

  75. o que che daba bastante poder.

  76. Pero a miña mestra tamén che daba
    un bastón para soster na túa man
  77. mentres patrullabas a clase para
    controlar aos revoltosos.
  78. Por suposto, non tiñas permitido
    realmente usar o bastón.
  79. Pero era unha actividade moi excitante
    para unha nena de nove anos.
  80. Tiña moitas ganas de ser
    a delegada da clase.
  81. E conseguín a puntuación máis
    alta na proba.
  82. Entón, para a miña sorpresa, a profesora
    dixo que o delegado tiña que ser un neno.
  83. Esquecérase de deixalo claro antes
  84. porque ela asumira que era... obvio.
  85. (Risas)

  86. Un neno tivo a segunda nota
    máis alta na proba,

  87. e el foi o delegado.
  88. Agora, o que resulta aínda
    máis interesante nisto
  89. é que o neno era unha
    alma cándida
  90. que non tiña ningún interese en
    patrulla-la clase có bastón,
  91. mentres que eu estaba
    desexando facelo.
  92. Pero eu era muller e el era un home,
  93. e así el chegou a ser o delegado da clase.
  94. E eu nunca esquecín ese incidente.
  95. A miúdo, eu cometo o erro de pensar

  96. que algo que é obvio para min,
    ten que selo para os demais.
  97. Agora, tomemos ao meu querido amigo Louis
  98. por exemplo.
  99. Louis é un home brillante, progresista,
  100. e tiñamos conversas nas
    que el me dicía,
  101. "Non sei que queres dicir con que as
    cousas son máis difíciles para a muller.
  102. Talvez no pasado, pero non agora ".
  103. E eu non entendía como Louis non podía ver
    o que para min é tan evidente.
  104. Entón, unha tarde, en Lagos, Louis
    e máis eu saímos cuns amigos.
  105. E para os que están aquí
    e que non coñecen Lagos,
  106. alí teñen algo marabilloso,
  107. sempre hai algún home enérxico
    pululando arredor dos establecementos
  108. e de xeito moi serio "axúdate"
    a aparca-lo teu coche.
  109. Eu estaba impresionada
    cun home en particular
  110. que conseguiu atoparnos unha praza
    de aparcamento pola noite.
  111. E así, cando marchabamos, decidín
    deixarlle unha propina.
  112. Abrín o meu bolso,
  113. metín dentro a miña man,
  114. saquei os meus cartos que
    gañara có meu traballo,
  115. e deillos ao home.
  116. E ese home, que estaba moi agradecido
    e moi feliz,
  117. colleu os meus cartos,
  118. mirou cara Louis
  119. e díxolle: "Grazas, señor!"
  120. (Risas)

  121. Louis miroume, sorprendido,
    e preguntoume

  122. "Por que mo agradece a min?
    Eu non lle din o diñeiro."
  123. Entón vin a revelación
    no rostro de Louis.
  124. O home pensaba que calquera diñeiro
    que eu tivera,
  125. tiña que vir, en última instancia,
    de Louis.
  126. Porque Louis é un home.
  127. Homes e mulleres son diferentes.

  128. Temos diferentes hormonas,
    temos órganos sexuais distintos,
  129. temos diferentes capacidades biolóxicas.
  130. As mulleres poden ter bebés,
    os homes non.
  131. Ao menos, polo de agora.
  132. (Risas)

  133. Os homes teñen testosterona e son,
    en xeral, máis fortes cas mulleres.

  134. Hai lixeiramente máis mulleres
    que homes no mundo,
  135. arredor do 52 % da poboación mundial
    é de sexo feminino.
  136. Pero a maioría das posicións de poder
    e prestixio están ocupadas por homes.
  137. A última premio Nobel da Paz de Kenia,
  138. Wangari Maathai,
  139. díxoo moi claro en poucas palabras:
  140. "Canto máis ascendes,
    menos mulleres hai"
  141. Nas pasadas elecións americanas estivemos
    moi pendentes da lei Lilly Ledbetter,
  142. e indo máis aló da retórica,
    o nome da dita Lei,
  143. refírese realmente a homes
    e mulleres que,
  144. facendo o mesmo traballo,
    estando igualmente preparados,
  145. págaselle máis ao home,
    porque é un home.
  146. Así, no sentido literal,
    os homes gobernan o mundo,

  147. e isto tiña sentido fai mil anos
  148. porque os seres humanos
    vivían entón nun mundo
  149. no que a forza física era o atributo
    máis importante cara a supervivencia.
  150. A persoa fisicamente máis forte era,
    probablemente, a que mandaba,
  151. e os homes, en xeral, son
    fisicamente mais fortes.
  152. Por suposto, hai moitas excepcións.
  153. (Risas)

  154. Pero hoxe en día vivimos
    nun mundo moi diferente.

  155. A persoa que probablemente manda
    non é a persoa fisicamente máis forte;
  156. é a persoa máis creativa,
    a persoa máis intelixente,
  157. a persoa máis innovadora,
  158. e non hai hormonas para eses atributos.
  159. Un home ten a mesma probabilidade
    que unha muller de ser intelixente
  160. ser creativo, ser innovador.
  161. Evolucionamos;
  162. pero paréceme que as nosas ideas
    de xénero non evolucionaron.
  163. Fai algunhas semanas, entrei no vestíbulo
    dun dos mellores hoteis de Nixeria.

  164. Pensaba darlle-lo nome do hotel,
    pero probablemente no debería.
  165. E un garda na entrada paroume
    e fíxome preguntas molestas,
  166. debido á súa suposición automática de que
  167. unha muller Nixeriana que entra soa
    nun hotel é unha traballadora sexual.
  168. E, por certo,
  169. por que eses hoteis céntranse
    na oferta ostentosa
  170. e non na demanda de profesionais do sexo?
  171. En Lagos eu non podo ir soa
    a certos bares e clubs "respectables".
  172. Eles simplemente non te deixan entrar
    se vas soa,
  173. tes que ir en compañia dun home.
  174. Cada vez que entro nun restaurante
    nixeriano cun home,
  175. o camareiro saúda ao home
    e a min ignórame.
  176. Os camareiros son produtos
  177. (Risas)

  178. E nisto algunhas mulleres senten
    como "Si! Iso pensaba eu!"

  179. Os camareiros son produto dunha sociedade
  180. que lles ensinou que os homes son
    máis importantes cas mulleres.
  181. Eu sei que os camareiros
    non pretenden facer dano.
  182. Pero unha cousa é o saber intelectual,
    e outra moi distinta son as emocións.
  183. Cada vez que me ignoran,
    síntome invisible.
  184. Síntome molesta.
  185. Quero dicirlles que eu son
    tan humana como un home,
  186. son tan merecente de consideración.
  187. Son pequenas cousas,
  188. pero, as veces, son as pequenas
    cousas as que máis doen.
  189. Hai pouco tempo, escribín un artigo

  190. acerca do que significa ser
    xove e muller en Lagos,
  191. e os editores dixéronme que,
  192. "era tan indignado."
  193. Por suposto que era indignado!
  194. (Risas)

  195. Eu estou indignada.

  196. O xénero, tal e como funciona hoxe en día,
    é unha grave inxustiza.
  197. Todos deberíamos estar indignados.
  198. A indignación adoita traer
    cambios positivos;
  199. pero, ademais de estar indignada,
    eu tamén estou esperanzada.
  200. Porque creo profundamente
    na capacidade dos seres humanos
  201. para mellorarse cada vez máis.
  202. O xénero é importante
    en todo o mundo,

  203. pero eu quero centrarme en Nixeria
  204. e en África en xeral,
  205. porque é o que eu coñezo, e porque é
    onde está o meu corazón.
  206. E gustaríame preguntar hoxe
  207. como empezamos a soñar e planificar
    un mundo diferente,
  208. un mundo máis xusto,
  209. un mundo de homes e mulleres máis felices
    que son máis fieis a si mesmos.
  210. E así é como debemos facelo:
  211. debemos educar as nosas fillas
    de maneira diferente.
  212. Tamén debemos educar aos nosos fillos
    de maneira diferente.
  213. Facemos un fraco favor aos nenos
    tal e como os educamos;
  214. reprimimos a humanidade dos nenos.
  215. Definimos a masculinidade
    dun xeito moi limitado,
  216. a masculinidade convértese
    nunha ríxida e pequena gaiola
  217. e poñemos aos nenos dentro da gaiola.
  218. Ensinamos aos nenos a ter medo do medo.
  219. Ensinamos aos nenos a ter medo
    da debilidade, da vulnerabilidade.
  220. Ensinámoslles ocultar
    o seu verdadeiro ser,
  221. porque teñen que ser, como din os
    nixerianos, "homes duros!"
  222. No instituto, un rapaz e unha rapaza,
    ámbolos dous adolescentes,
  223. ámbolos dous coa mesma cantidade
    de cartos no peto,
  224. se saíran, esperaríamos
    que o rapaz pagase
  225. para demostrar a súa masculinidade.
  226. E aínda preguntamos por que os nenos é
    máis probable que rouben aos seus pais?
  227. Que pasaría se educásemos aos nenos
    e as nenas

  228. para non vincular a masculinidade
    cós cartos?
  229. Que pasaría se a actitude non fora
    "o rapaz ten que pagar"
  230. senón máis ben
    "o que máis ten, debe pagar?"
  231. Agora, por suposto, debido a
    unha vantaxe histórica,
  232. a maioría das veces serán os homes
    os que máis teñan hoxe,
  233. pero se comezamos a educar aos nenos
    doutro xeito,
  234. entón, en cincuenta anos, en cen anos,
  235. os nenos xa non terán a presión de ter que
    demostrar a súa masculinidade.
  236. Pero, con moito, o peor que
    lles facemos aos varóns,
  237. facéndolles sentir que
    teñen que ser duros,
  238. é que os deixamos con egos moi fráxiles.
  239. Canto máis "home duro" séntese
    obrigado a ser un home,
  240. máis débil é o seu ego.
  241. E entón facemos un prexuízo
    moito maior ás nenas
  242. porque as educamos para atender
    ós fráxiles egos dos homes.
  243. Ensinamos ás nenas a reprimirse a si
    mesmas, a facerse máis pequenas,
  244. dicimos ás nenas,
  245. "Podes ter ambición, pero non demasiada."
  246. (Risas)

  247. "Podes busca-lo éxito, pero non demasiado,

  248. senón, serás unha ameaza para o home".
  249. Se ti e-lo sostén da túa relación
    cun home,
  250. tes que finxir que non o es,
  251. sobre todo en público,
  252. senón vas a castralo.
  253. Pero, que pasa se cuestionamos
    a premisa en si mesma?

  254. Por que debería ser o éxito dunha muller
    unha ameaza para o home?
  255. que pasa se, simplemente,
    desfacémonos desa palabra,
  256. e non creo que haxa unha palabra inglesa
    que me desguste máis que "castración".
  257. Un coñecido nixeriano preguntoume unha vez
  258. se me preocupaba que os homes
    sentíranse intimidados por min.
  259. Non estaba preocupada en absoluto.
  260. De feito, non se me ocorrera
    estar preocupada
  261. porque un home que se sentira
    intimidado por min
  262. é exactamente o tipo de home
    que non me interesa.
  263. (Risas)

  264. (Aplausos)

  265. Aínda así, eu estaba realmente
    sorprendida por isto.

  266. Como son muller, espérase
    que aspire ao matrimonio;
  267. Espérase que tome as decisións
    da miña vida
  268. sempre tendo en conta que o matrimonio
    é o máis importante.
  269. Un matrimonio pode ser algo bo;
  270. pode ser fonte de alegría e amor,
    e de apoio mutuo.
  271. Pero, por que ensinamos ás nenas
    a aspirar ao matrimonio
  272. e non ensinamos o mesmo aos nenos?
  273. Coñezo a unha muller que decidiu
    vende-la súa casa

  274. porque non quería intimidar
    ao home que puidera casar con ela.
  275. Coñezo unha muller solteira en Nixeria
    que, cando vai a congresos,
  276. leva anel de casada
  277. porque, segundo ela,
  278. quere que os outros participantes
    do congreso lle "teñan respecto"
  279. Eu coñezo mulleres novas, que están
    baixo tanta presión
  280. da familia, dos amigos,
    incluso do traballo, para casarse,
  281. que son empurradas a tomar
    decisións terribles.
  282. Unha muller de certa idade
    que non está casada,
  283. na nosa sociedade ensínasenos a velo
    como un profundo fracaso persoal.
  284. E un home de certa idade
    que non está casado,
  285. só pensamos que non lle chegou o tempo
    de facer a súa elección.
  286. (Risas)

  287. É fácil para nós dicir,

  288. "Oh, pero as mulleres poden simplemente
    dicir non a todo isto."
  289. Pero a realidade é máis difícil
    e máis complexa.
  290. Todos somos seres sociais.
  291. Interiorizamos ideas a partires
    desa socialización.
  292. Incluso a linguaxe que usamos,
  293. cando falamos sobre o matrimonio
    e as relaciones, ilustra isto.
  294. A linguaxe do matrimonio é,a miúdo,
    a linguaxe da propiedade
  295. máis ca linguaxe da asociación.
  296. Usamos a palabra "respecto"
  297. no sentido de algo que unha muller
    amosa a un home
  298. pero, a miúdo non é algo que un home
    amosa a unha muller.
  299. Tanto homes como mulleres en Nixeria dirán

  300. -isto é unha expresión que me parece
    moi divertida-
  301. "Fíxeno polo ben do meu matrimonio."
  302. Agora ben, cando é un home quen o di,
  303. xeralmente refírese a algo que
    non debería fixer.
  304. (Risas)

  305. As veces, eles din aos seus amigos,

  306. é algo que dicir aos seus amigos
    dun xeito claramente exasperado,
  307. xa sabedes, algo que, finalmente,
    demostra o masculinos que son,
  308. o necesarios e queridos que son.
  309. "Oh, a miña muller di que non podo ir
    ao club tódalas noites,
  310. así que, para o ben do meu matrimonio,
    só vou a fin de semana ".
  311. (Risas)

  312. Agora, cando unha muller di,
    "fíxeno polo ben do meu matrimonio,"

  313. xeralmente está a falar de renunciar
    a un posto de traballo,
  314. a un sono,
  315. a unha carreira.
  316. Ensinamos ás mulleres que, nas relacións,
  317. o compromiso é o que fan as mulleres.
  318. Educamos as nenas para que vexan
    ás outras como competidoras,
  319. non para postos de traballo ou outros
    logros, o cal pode ser algo bo,
  320. senón para a atención dos homes.
  321. Ensinamos ás nenas que non poden
    ser seres sexuais
  322. no xeito en que son os nenos.
  323. Se temos fillos, non nos preocupamos
    de coñecer ás súas noivas.
  324. Pero,os noivos das nosas fillas?
    Líbrenos Deus!
  325. (Risas)

  326. Pero, por suposto, cando chegue o momento,

  327. esperamos que esas chicas atopen ao home
    perfecto para que sexa o seu esposo.
  328. Nós controlamos ás nenas,
    loamos ás nenas pola súa virxindade,
  329. pero non loamos aos nenos pola virxindade,
  330. e sempre pregunteime como funciona
    isto exactamente, porque ...
  331. (Risas)

  332. (Aplausos)

  333. Quero dicir, a perda da virxindade é,
    polo xeral, un proceso que implica...

  334. Recentemente, unha muller nova foi violada
    en grupo nunha universidade de Nixeria,

  335. penso que algúns de nos
    xa o coñecíamos.
  336. E a resposta de moitos mozos Nixerianos,
    tanto homes como mulleres,
  337. foi algo nesta liña:
  338. "Si, a violación é algo malo.
  339. Pero, que facía unha rapaza nun cuarto
    con catro rapaces?"
  340. Agora ben, se podemos esquecer
    o inhumano desa resposta,
  341. eses nixerianos foron educados para pensar
    nas mulleres como culpables por natureza
  342. e foron educados para esperar tan pouco
    dos homes
  343. que a idea dos homes como
    seres salvaxes sen control
  344. é, dalgún xeito, aceptable.
  345. Ensinamos ás nenas vergonza.
  346. "Pecha as túas pernas." "Tápate."
  347. Facémolas sentir como se,
    por naceren femias,
  348. xa son culpables de algo.
  349. E así, as nenas chegan a ser mulleres
  350. que non poden amosa-lo seu desexo.
  351. Chegan a ser mulleres que se silencian
    a si mesmas.
  352. Chegan a ser mulleres que non poden dicir
    o que realmente pensan,
  353. e chegan a ser,
  354. e isto é o peor que facemos ás nenas,
  355. chegan a ser mulleres que converteron
    a simulación nunha forma de arte.
  356. (Aplausos)

  357. Coñezo a unha muller que odia
    o traballo doméstico,

  358. Ela, simplemente, odiao,
  359. pero simula que lle gusta,
  360. porque foi educada para ser
    "unha boa esposa"
  361. ela ten que ser
    -usando esa palabra nixeriana-
  362. moi "caseira".
  363. E logo casou,
  364. e despois dun tempo a familia do seu home
    queixouse de que ela cambiara .
  365. (Risas)

  366. En realidade, ela non cambiara,

  367. ela, simplemente, cansou de finxir.
  368. O problema có xénero,

  369. é que determina como debemos ser
  370. en vez de recoñecer como somos.
  371. Agora imaxinemos canto máis
    felices seríamos,

  372. canto máis libres para sermos
    como verdadeiramente somos,
  373. si non tiverámo-lo peso das
    expectativas de xénero.
  374. Nenos e nenas son, sen dúbida,
    biolóxicamente diferentes,
  375. pero a socialización esaxera as diferenzas
  376. e convértenas nunha profecía
    auto-cumprida.
  377. Agora, tomemos a cociña, por exemplo.
  378. As mulleres de hoxe, en xeral, son máis
    propensas ás tarefas de casa que os homes,
  379. a cociña e a limpeza.
  380. Pero, por que?
  381. É porque as mulleres nacen cun xene
    da cociña?
  382. (Risas)

  383. Ou porque durante anos foron socializadas
    para ve-la cociña como o seu encargo?

  384. En realidade, eu ia dicir que talvez
    as mulleres nacen cun xene da cociña,
  385. ata que recordei que a maioría dos
    cociñeiros famosos do mundo,
  386. aos que lle damos o bonito
    título de "chefs",
  387. son homes.
  388. Eu admiraba á miña avoa

  389. que era unha muller realmente brillante,
  390. e preguntábame como podería ter sido
  391. se tivera as mesmas oportunidades que
    os homes cando era pequena.
  392. Hoxe en día, hai moitas máis
    oportunidades para as mulleres

  393. das que había na época
    da miña avoa
  394. debido a cambios na política,
    cambios nas leis,
  395. todos eles moi importantes.
  396. Pero o que realmente importa é a nosa
    actitude,o noso xeito de pensar,
  397. o que cremos e o que valoramos
    sobre o xénero.
  398. Que pasa se na educación dos fillos
  399. centrámonos na capacidade
    en lugar do xénero?
  400. Que pasa se nos centramos nos
    intereses en lugar do xénero?
  401. Coñezo unha familia que ten un fillo
    e unha filla,

  402. ámbolos dous son brillantes na escola,
  403. son nenos encantadores e marabillosos.
  404. Cando o neno ten fame,
    os pais dinlle á nena,
  405. "Vai cociñar fideos Indomie
    para o teu irmán."
  406. (Risas)

  407. Agora ben, á filla non lle gusta
    especialmente cociñar eses fideos,

  408. pero ela é unha nena, e por iso
    ten que facelo.
  409. Agora ben, que pasa se os pais,
  410. dende o principio,
  411. ensinaran, tanto ao neno como
    á nena,a cociñar Indomie?
  412. Cociñar, por certo, é unha habilidade
    moi útil para os nenos.
  413. Nunca pensei que tivera sentido
    deixar algo tan crucial,
  414. a capacidade de nutrirse -
  415. (Risas)

  416. nas mans doutros.

  417. (Aplausos)

  418. Coñezo a unha muller que ten a mesma
    titulación e traballo que o seu home,

  419. cando ambos volven do traballo, ela fai
    a meirande parte das tarefas do fogar,
  420. creo que é igual en moitos matrimonios.
  421. Pero o que chamou a miña atención deles
  422. foi que, cada vez que o marido cambiaba
    o cueiro ao bebé,
  423. ela dáballe as grazas.
  424. Agora ben, e si ela vira isto como
    algo perfectamente normal e natural
  425. como debería ser, de feito,
    o coidado do seu fillo?
  426. (Risas)

  427. Eu estou tentando "desaprender"
    moitas das leccións de xénero

  428. que interioricei cando estaba crecendo.
  429. Pero, as veces, síntome moi vulnerable
    aínda fronte ás expectativas de xénero.
  430. A primeira vez que din unha clase
    de escritura na escola de posgrao,
  431. estaba preocupada.
  432. Non estaba preocupada pola
    materia a ensinar,
  433. porque a tiña ben preparada
  434. e tiña que dar clase do que
    me gusta ensinar.
  435. No seu lugar, estaba preocupada
    pola roupa.
  436. Eu quería que me tomaran en serio.
  437. Eu sabía que, como era unha muller,
  438. tería que demostra-la miña valía
    inmediatamente.
  439. E estaba preocupada porque, se parecía
    demasiado feminina,
  440. non sería tomada en serio.
  441. Realmente eu quería leva-lo meu brillo de
    labios e a miña saia feminina,
  442. pero decidín non facelo.
  443. No seu lugar, levei un traxe moi serio,
  444. moi masculino e moi feo.
  445. (Risas)

  446. Por que a triste verdade é que,
    no que se refire á aparencia,

  447. partimos dos homes como estándar,
    como a norma.
  448. Cando un home prepárase para unha
    reunión de negocios,
  449. non se preocupa por parecer
    demasiado masculino
  450. e, polo tanto, non da por suposto nada.
  451. Se unha muller ten que prepararse
    para unha reunión de negocios,
  452. ten que procurar non parecer
    demasiado feminina,
  453. porque é o que di si será ou non
    tomada en serio.
  454. Oxalá non puxera ese feo traxe ese día.

  455. De feito, desterreino do meu armario,
    por certo.
  456. Se tivera entón a confianza en mi mesma
    que teño hoxe,
  457. os meus estudantes beneficiaríanse
    aínda máis das miñas ensinanzas,
  458. porque eu sentiríame máis cómoda
  459. e máis plena e verdadeiramente eu mesma.
  460. Escollín non desculparme máis
    pola miña non-virilidade
  461. nin pola miña feminidade.
  462. (Aplausos)

  463. E quero ser respectada en toda
    a miña non-virilidade

  464. porque merezo respecto.
  465. O xénero non é unha conversa fácil.
  466. Tanto homes como mulleres,
  467. ao saca-lo tema, atopan as veces
    unha resistencia case inmediata.
  468. Podo imaxinar que algunhas persoas aquí
    están pensando en realidade,
  469. "As mulleres tamén o fan"
  470. Algúns homes aquí poderían estar pensando,
  471. "Dacordo, todo isto é moi interesante,
  472. pero eu non o vexo así ".
  473. E iso é parte do problema.
  474. Que moitos homes non pensen
    demasiado sobre o xénero,

  475. ou non sexan conscientes do xénero,
  476. é parte do problema de xénero.
  477. Que moitos homes digan,
    como o meu amigo Louis,
  478. que todo está ben hoxe.
  479. E que moitos homes non fagan
    nada para cambialo.
  480. Se ti es un home e entras nun restaurante
    cunha muller
  481. e o camareiro saúdate só a ti,
  482. non se che ocorre dicirlle,
  483. "Por que non saúdas tamén a ela?"
  484. Porque o xénero pode ser...
  485. (Risas)

  486. En realidade, podemos reflexionar parte
    dunha versión máis longa desta charla.

  487. Así, como o xénero pode ser
    unha conversación moi incómoda,
  488. temos maneiras moi fáciles de pechala,
    de pecha-la charla.
  489. De modo que, algunhas persoas falarán
    de bioloxía evolutiva e primates,
  490. e de como, xa sabemos, as femias de mono
    inclínanse ante os machos,
  491. e cousas dese tipo.
  492. Pero a cuestión é que nós non somos monos.
  493. (Risas)

  494. (Aplausos)

  495. Os monos tamén viven nas árbores e
    comen miñocas no almorzo,

  496. e nós non.
  497. Algúns dirán: "Ben, os pobres tamén
    o teñen difícil"
  498. E isto é certo.
  499. Pero non é o que...
  500. (Risas)

  501. Pero non é do que trata esta charla.

  502. Xénero e clase son diferentes
    formas de opresión.
  503. En realidade, aprendín algo acerca
    dos sistemas de opresión
  504. e de como poden cegarnos mutuamente
  505. falando con homes de raza negra.
  506. Unha vez falei cun home negro
    sobre o xénero

  507. e díxome:
  508. "Por que tes que dicir,
    a miña experiencia como muller?"
  509. "Por que non pode ser,
  510. a túa experiencia como ser humano?"
  511. Agora ben, este era o mesmo home
  512. que falaba decote da súa experiencia
    como home negro.
  513. Cuestións de xénero.

  514. Homes e mulleres experimentan o mundo
    de xeitos diferentes.
  515. O xénero colorea o xeito
    en que experimentámo-lo mundo.
  516. Pero podemos cambiar iso.
  517. Algunhas persoas dirán,

  518. "Oh, pero as mulleres teñen
    o autentico poder,
  519. o poder de abaixo".
  520. E para os non nixerianos,
    poder de abaixo é unha expresión
  521. que supoño que significa algo así
    como que unha muller
  522. pode utiliza-la súa sexualidade
    para obter favores dos homes.
  523. Pero o poder de abaixo non é
    poder en absoluto.
  524. O poder de abaixo significa
    que unha muller
  525. simplemente ten a opción de aproveitar,
    de cando en cando,
  526. o poder doutro.
  527. E, por suposto, temos que preguntarnos
  528. que sucede cando ese outro
    está de mal humor,
  529. ou enfermo
  530. ou impotente.
  531. (Risas)

  532. Algunhas persoas dirán que a subordinación
    da muller é parte da nosa cultura.

  533. Pero a cultura cambia constantemente.
  534. Eu teño dúas fermosas sobriñas xemelgas,
    que teñen quince anos e viven en Lagos.
  535. Se tiveran nacido hai cen anos
  536. elas terían sido asasinadas
  537. Porque era a nosa cultura, na nosa cultura
    matábase aos xemelgos.
  538. De modo que, cal é o sentido da cultura?

  539. Quero dicir que temos adornos,
  540. bailes...
  541. pero tamén, a cultura realmente trata da
    preservación e a continuidade dun pobo.
  542. Na miña familia,
  543. eu son a nena máis interesada
    na nosa historia,
  544. nas nosas tradicións,
  545. no coñecemento sobre as terras ancestrais.
  546. Os meus irmáns non están tan interesados
    coma min.
  547. Pero eu non podo participar,
  548. non podo ir ás reunións Umunna,
  549. non podo ter unha opinión.
  550. Porque son muller.
  551. A cultura non fai á xente,
  552. a xente fai a cultura.
  553. Así que, si é certo...
  554. (Aplausos)

  555. Así que, si é certo que,

  556. a parte feminina da humanidade
    non é a nosa cultura,
  557. entón temos que facer
    que sexa a nosa cultura.
  558. Penso a miúdo no meu querido amigo,
    Okoloma Maduewesi.

  559. Que el e tódolos que morreron nese
    accidente de Sosoliso
  560. sigan descansando en paz.
  561. El sempre será recordado por aqueles
    que o amábamos.
  562. E tiña razón ese día, fai moitos anos,
    cando me chamou feminista.
  563. Eu son feminista.

  564. E cando busquei a palabra no dicionario
    ese día,
  565. isto é o que dicía:
  566. "Feminista: Persoa que cree na
    igualdade social, política
  567. e económica dos sexos".
  568. A miña bisavoa, segundo
    as historias que oín,
  569. era unha feminista.
  570. Ela escapou da casa do home
    con quen non quería casar
  571. e terminou casando cun home
    que escolleu ela.
  572. Ela negouse, ela protestou,
    ela tomou a palabra
  573. sempre que sentia que estaba a ser privada
    de algo, da terra, dese tipo de cousas.
  574. A miña bisavoa non coñecía a palabra
    "feminista"

  575. pero iso non quere dicir
    que ela non o fora.
  576. A maioría de nós deberíamos
    recuperar esa palabra.
  577. A miña propia definición de feminista é:
  578. "Feminista é un home o unha muller
  579. que di,
  580. (Risas)

  581. (Aplausos)

  582. Feminista é un home o unha muller que di,

  583. "Si, temos un problema có xénero hoxe,
  584. e temos que solucionalo.
  585. Debemos facelo mellor ".
  586. O mellor feminista que eu coñezo
  587. é o meu irmán Kene.
  588. El tamén é un tipo ben parecido,
    un home encantador,
  589. e el é moi masculino.
  590. Grazas.

  591. (Aplausos)