Return to Video

Como facer que a solicitude de emprego sexa menos dolorosa

  • 0:01 - 0:02
    Solicitar emprego en liña
  • 0:02 - 0:05
    é unha das peores
    experiencias dixitais do noso tempo.
  • 0:05 - 0:07
    E solicitalo de xeito presencial
    non é moito mellor.
  • 0:07 - 0:09
    [Cómo traballamos]
  • 0:12 - 0:14
    A contratación actual
    está rota en moitas frontes.
  • 0:14 - 0:16
    É unha experiencia terrible para a xente.
  • 0:16 - 0:18
    Arredor do 75 por cento das persoas
  • 0:18 - 0:21
    que solicitaron un traballo
    por varios métodos no último ano
  • 0:21 - 0:23
    dixeron que o empresario
    nunca lles contestou.
  • 0:23 - 0:26
    E a nivel de empresa non é moito mellor.
  • 0:26 - 0:28
    O 46 % das persoas
    son despedidas ou deixan o traballo
  • 0:28 - 0:31
    ao primeiro ano de comezalo.
  • 0:31 - 0:32
    É terrorífico.
  • 0:32 - 0:33
    E tamén é malo para a economía.
  • 0:33 - 0:35
    Por primeira vez na historia,
  • 0:35 - 0:38
    temos máis emprego dispoñible
    que persoas desempregadas,
  • 0:38 - 0:40
    e para min iso indica
    que temos un problema.
  • 0:40 - 0:44
    Creo que na base de todo isto
    hai un único papel: o currículo vitae.
  • 0:44 - 0:46
    Un currículo ten algunhas partes útiles:
  • 0:46 - 0:48
    os roles da xente,
    as habilidades informáticas,
  • 0:48 - 0:50
    os idiomas que falan,
  • 0:50 - 0:53
    pero o que falta é
    dicir qué potencial teñen de facer
  • 0:53 - 0:56
    o que quizais non tivesen
    a oportunidade de facer no pasado.
  • 0:56 - 0:59
    E cunha economía tan cambiante
    onde os traballos que veñen en liña
  • 0:59 - 1:01
    poden requirir
    habilidades que ninguén ten,
  • 1:01 - 1:04
    se só miramos o que alguén
    fixo no pasado,
  • 1:04 - 1:07
    non imos poder vincular a xente
    aos traballos do futuro.
  • 1:07 - 1:10
    Aquí é onde creo que a tecnoloxía
    pode ser de gran axuda.
  • 1:10 - 1:12
    Probablemente xa viron
    que os algoritmos
  • 1:12 - 1:14
    son bos relacionando
    a xente con cousas,
  • 1:14 - 1:17
    pero, e se puidésemos usar
    esa mesma tecnoloxía
  • 1:17 - 1:20
    para realmente axudarnos a atopar
    un emprego que se adapte a nós?
  • 1:20 - 1:21
    Xa sei o que está a pensar.
  • 1:21 - 1:24
    Dá medo que os algoritmos
    escollan o seu seguinte traballo,
  • 1:24 - 1:26
    pero hai unha cousa que demostrou
  • 1:26 - 1:29
    ser realmente premonitoria
    no éxito futuro de alguén nun traballo,
  • 1:29 - 1:31
    e chámase proba multimedida.
  • 1:31 - 1:33
    As probas multimedida
    non son realmente nada novo,
  • 1:33 - 1:35
    pero adoitaban ser moi caras
  • 1:35 - 1:37
    e precisaban dun doutorando
    sentado ao seu carón
  • 1:37 - 1:40
    respondendo moitas preguntas
    e escribindo informes.
  • 1:40 - 1:41
    As probas multimedida son un xeito
  • 1:41 - 1:44
    de comprender
    os rasgos inherentes de alguén,
  • 1:44 - 1:46
    a súa memoria, a súa atención.
  • 1:47 - 1:49
    E se puidésemos facer probas multimedida
  • 1:49 - 1:51
    escalables e accesibles,
  • 1:51 - 1:55
    e proporcionar datos aos empresarios
    sobre cales son os rasgos
  • 1:55 - 1:58
    de alguén que poida encaixar nun traballo?
  • 1:58 - 1:59
    Todo isto soa abstracto.
  • 1:59 - 2:01
    Probemos un dos xogos xuntos.
  • 2:01 - 2:02
    Agora verá un círculo intermitente,
  • 2:02 - 2:05
    e o seu traballo vai ser
    aplaudir cando o círculo está vermello
  • 2:06 - 2:08
    e non facelo cando estea verde.
  • 2:08 - 2:09
    [Listo?]
  • 2:09 - 2:11
    [Comeza!]
  • 2:12 - 2:13
    [Círculo verde]
  • 2:14 - 2:15
    [Círculo verde]
  • 2:16 - 2:17
    [Círculo vermello]
  • 2:18 - 2:19
    [Círculo verde]
  • 2:20 - 2:21
    [Círculo vermello]
  • 2:22 - 2:24
    Quizais sexa o tipo de persoa
  • 2:24 - 2:26
    que aplaude un milisegundo despois
    de ver o círculo vermello.
  • 2:26 - 2:28
    Ou quizais sexa do tipo
  • 2:28 - 2:31
    que lle leva un pouco máis
    estar 100 por cento seguro.
  • 2:31 - 2:33
    Ou quizais aplaude ao verde
    aínda que se supón que non debe.
  • 2:33 - 2:36
    O xenial aquí é que isto non é
    como unha proba normalizada
  • 2:36 - 2:39
    onde algunhas persoas
    son empregables e outras non.
  • 2:39 - 2:42
    Trátase de comprender
    o axuste entre as súas características
  • 2:42 - 2:44
    que o farían bo para determinado traballo.
  • 2:44 - 2:48
    Descubrimos que se aplaude ao vermello
    e nunca aplaude ao verde,
  • 2:48 - 2:51
    pode ter un alto grado de atención
    e de contención.
  • 2:51 - 2:55
    As persoas así adoitan ser
    grandes estudantes e probadores,
  • 2:55 - 2:57
    e bos na xestión de proxectos
    ou en contabilidade.
  • 2:57 - 3:01
    Pero se aplaude inmediatamente
    ao vermello e ás veces ao verde,
  • 3:01 - 3:03
    podería significar que é vostede
    máis impulsivo e creativo,
  • 3:03 - 3:07
    e descubrimos que estes son os rasgos
    dos vendedores de mellor rendemento.
  • 3:07 - 3:09
    O xeito no que usamos isto na contratación
  • 3:09 - 3:13
    é facendo exercicios de neurociencia
    como este cos mellores.
  • 3:14 - 3:15
    coma este.
  • 3:15 - 3:16
    Logo creamos un algoritmo
  • 3:16 - 3:18
    que entende que é o que fai únicos
    aos máis destacados.
  • 3:18 - 3:20
    E cando a xente solicita o traballo,
  • 3:20 - 3:24
    podemos escoller ao máis adecuado
    para ese traballo de entre os candidatos.
  • 3:24 - 3:27
    Pode estar a pensar
    que hai un perigo nisto.
  • 3:27 - 3:29
    O mundo laboral de hoxe
    non é o máis diverso
  • 3:29 - 3:32
    e se facemos algoritmos
    en base aos mellores na actualidade,
  • 3:32 - 3:33
    como nos aseguramos
  • 3:33 - 3:36
    de non estar a perpetuar
    os sesgos xa existentes?
  • 3:36 - 3:40
    Por exemplo, se construimos un algoritmo
    baseado nos CEOs de mellor rendemento
  • 3:40 - 3:44
    e usamos o S&P 500
    como conxunto de adestramento,
  • 3:44 - 3:45
    atopariamos que hai máis probabilidades
  • 3:45 - 3:49
    de contratar a un home branco
    chamado Xoán que a calquera muller.
  • 3:49 - 3:51
    Esa é a realidade
    de quen está nesas posicións agora.
  • 3:51 - 3:55
    Pero a tecnoloxía plantexa
    unha oportunidade realmente interesante.
  • 3:55 - 3:57
    Podemos crear algoritmos máis equitativos
  • 3:57 - 3:59
    e máis xustos do que
    algunha vez foi o ser humano.
  • 3:59 - 4:03
    Todos os algoritmos que facemos
    foron probados antes
  • 4:03 - 4:06
    para asegurar que non favorece
    a ningún xénero ou etnia.
  • 4:06 - 4:09
    E se hai algunha poboación
    que está sendo desfavorecida,
  • 4:09 - 4:12
    podemos alterar o algoritmo
    ata que iso non ocorra.
  • 4:12 - 4:15
    Cando nos centramos
    nas características inherentes
  • 4:15 - 4:17
    que fan a alguén ideal para un traballo,
  • 4:17 - 4:20
    podemos transcender o racismo,
    clasismo, sexismo, idade,
  • 4:20 - 4:22
    e incluso o bo escolarismo.
  • 4:22 - 4:25
    A nosa mellor tecnoloxía e algoritmos
    non debería usarse
  • 4:25 - 4:29
    para axudarnos a atopar a próxima película
    ou o último éxito de Justin Bieber.
  • 4:29 - 4:31
    Imaxine se puidésemos aproveitar
    o poder da tecnoloxía
  • 4:31 - 4:34
    para ter unha orientación real
    do que deberiamos estar a facer
  • 4:34 - 4:36
    en función do que somos
    a un nivel máis profundo.
Title:
Como facer que a solicitude de emprego sexa menos dolorosa
Speaker:
Priyanka Jain
Description:

Atopar un traballo adoitaba comezar coa presentación do teu currículum a un millón de anuncios e nunca volver saber da maioría deles. Pero cada vez son máis as empresas que usan métodos de tecnoloxía avanzada para identificar os candidatos. Se a IA é o futuro da contratación, que significa isto para ti? A tecnóloga Priyanka Jain dá unha ollada a esta nova paisaxe de contratación.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TED Series
Duration:
04:49

Galician subtitles

Revisions