Return to Video

OTP Learning Series 06: Como transcribir

  • 0:06 - 0:10
    [Como transcribir]
  • 0:10 - 0:14
    Transcribir significa crear subtítulos
    na lingua do vídeo.
  • 0:14 - 0:17
    Vale. Pero para que
    necesitamos transcricións?
  • 0:17 - 0:21
    Os subtítulos no idioma do vídeo
    axudan de tres formas.
  • 0:22 - 0:24
    Permítenlle a persoas xordas
    e con problemas de audición
  • 0:24 - 0:26
    acceder á charla.
  • 0:26 - 0:29
    Axudan a difundir na Web
    as ideas das charlas,
  • 0:29 - 0:31
    porque logo de que o vídeo
    teña unha transcrición,
  • 0:31 - 0:35
    aparecerá en Google
    cando se busquen temas relacionados.
  • 0:35 - 0:38
    E por último,
    cando unha charla ten transcrición
  • 0:38 - 0:42
    pode traducirse a outros idiomas
    e difundirse polo mundo adiante.
  • 0:42 - 0:46
    Perfecto. E como se transcribe?
  • 0:47 - 0:51
    Polo xeral, cando se transcribe,
    escríbese todo o que se oe
  • 0:51 - 0:54
    e fíxase o momento
    en que aparece o subtítulo
  • 0:54 - 0:55
    e o momento en que desaparece.
  • 0:55 - 0:58
    No entanto, hai outras regras simples
  • 0:58 - 1:01
    que cómpre ter en conta ao transcribir.
  • 1:01 - 1:04
    Non transcribas lapsus linguae
    nin erros obvios,
  • 1:04 - 1:08
    por exemplo se quen fala di
    "nós pensas” no canto de "nós pensamos”.
  • 1:09 - 1:12
    Faga de cada subtítulo un texto claro,
  • 1:12 - 1:15
    aínda que o orador dubide
    no medio da frase,
  • 1:15 - 1:18
    ou aínda que lle dea patadas á gramática
    ao falar nun idioma estranxeiro.
  • 1:19 - 1:24
    Respecte a lonxitude da liña,
    a do subtítulo e a velocidade de lectura.
  • 1:24 - 1:26
    E lembre que, igual que cando traduce,
  • 1:26 - 1:30
    nalgunhas ocasións,
    cando non abonde con axustar a minutaxe,
  • 1:30 - 1:33
    terá que reducir o texto nos subtítulos
  • 1:33 - 1:35
    para manter a velocidade de lectura.
  • 1:36 - 1:40
    Tente sincronizar o subtítulo
    co que se estea a dicir.
  • 1:41 - 1:46
    Tanto ten se se o subtítulo se superpón
    un pouco sobre seguinte frase que se di,
  • 1:46 - 1:49
    sobre todo se se precisa para ter
    unha boa velocidade de lectura.
  • 1:51 - 1:56
    No entanto, non comece o subtítulo
    máis de 100 milisegundos antes
  • 1:56 - 1:59
    de que a frase se diga.
  • 1:59 - 2:03
    Se non, dariámoslle ao espectador
    unha sensación de anticipación estraña
  • 2:03 - 2:07
    ao ver que a linguaxe corporal
    de quen fala non se axusta ao subtítulo.
  • 2:07 - 2:12
    E non deixe que o subtítulo
    dure en pantalla máis de 1 segundo
  • 2:12 - 2:15
    despois de que se diga
    a frase correspondente.
  • 2:16 - 2:19
    Non termine o subtítulo
    cun anaco da seguinte frase.
  • 2:19 - 2:24
    Se é posible, faga subtítulos
    con frases ou enunciados completos.
  • 2:24 - 2:26
    Así será máis fácil de seguir,
  • 2:26 - 2:29
    e tamén máis fácil de traducir,
  • 2:29 - 2:31
    pois a sintaxe do idioma de destino
  • 2:31 - 2:33
    pode facer imposible dividir a oración
  • 2:33 - 2:35
    tal e como está na transcrición.
  • 2:36 - 2:39
    Inclúa notas dos sons para persoas xordas
    ou con dificultades auditivas.
  • 2:40 - 2:42
    Use parénteses,
  • 2:42 - 2:46
    para indicar risas, música e aplausos,
  • 2:46 - 2:49
    identifique os cambios de orador
    fóra de pantalla
  • 2:49 - 2:53
    e describa calquera outro son
    esencial para entender a charla.
  • 2:54 - 2:59
    Ningún subtítulo debe estar en pantalla
    menos de 1 segundo nin máis de 7.
  • 3:00 - 3:02
    Para fragmentos máis longos
    de música ou aplausos,
  • 3:02 - 3:05
    a información sobre o son debe aparecer
    só os primeiros 3 segundos,
  • 3:06 - 3:08
    e indicar ao final que o son remata.
  • 3:08 - 3:11
    Se aparece un texto en pantalla,
    no idioma da charla,
  • 3:11 - 3:16
    por exemplo subtítulos nun vídeo
    que se reproduce en escena,
  • 3:16 - 3:21
    transcriba este texto, se se pode facer
    sen solapalo con outros subtítulos.
  • 3:21 - 3:26
    Isto permitirá traducilo a outros idiomas.
  • 3:26 - 3:31
    E para indicar que é texto en pantalla
    e non palabras do orador,
  • 3:31 - 3:32
    use corchetes.
  • 3:33 - 3:38
    Infórmese da grafía correcta
    dos nomes propios usados na charla.
  • 3:38 - 3:41
    Se non entende o que di o orador,
  • 3:41 - 3:44
    pregunte no grupo
    "I transcribe TEDx talks"
  • 3:44 - 3:47
    ou no grupo do seu idioma en Facebook.
  • 3:47 - 3:50
    E sobre todo lembre que, ao transcribir,
  • 3:50 - 3:53
    está a prestarlle un gran servizo
    ao mundo enteiro
  • 3:53 - 3:57
    porque permite que as ideas da charla
    acaden unha audiencia más ampla, global.
  • 3:57 - 3:59
    Se quere saber máis sobre transcricións
  • 4:00 - 4:04
    lea a guía "How to tackle a Transcript "
    onde se explica con detalle.
  • 4:04 - 4:08
    E agora,
    felices transcricións e traducións!
Title:
OTP Learning Series 06: Como transcribir
Description:

Este vídeo explica como crear transcricións (subtítulos na lingua orixinal) para charlas TEDx no Open Translation Project.

Para acceder á guía completa de transcrición, vaia a http://translations.ted.org/wiki/How_to_Tackle_a_Transcript

Este vídeo elaborouse para o persoal voluntario que traballa no Open Translation Project de TED. Este proxecto leva as charlas TED, os temas TED-Ed e as charlas TEDx alén do mundo angloparlante ofrecendo subtítulos, transcricións interactivas e a posibilidade de que calquera charla sexa traducida por persoal voluntario de todo o mundo.
Máis información en http://www.ted.com/participate/translate

more » « less
Video Language:
English
Team:
TED
Project:
TED Translator Resources
Duration:
04:09
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for OTP Learning Series 06: How to transcribe
Xusto Rodriguez accepted Galician subtitles for OTP Learning Series 06: How to transcribe
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for OTP Learning Series 06: How to transcribe
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for OTP Learning Series 06: How to transcribe
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for OTP Learning Series 06: How to transcribe
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for OTP Learning Series 06: How to transcribe

Galician subtitles

Revisions

  • Revision 4 Edited
    Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela