OTP Learning Series 06: Como transcribir
- 
0:06 - 0:10[Como transcribir]
- 
0:10 - 0:14Transcribir significa crear subtítulos
 na lingua do vídeo.
- 
0:14 - 0:17Vale. Pero para que
 necesitamos transcricións?
- 
0:17 - 0:21Os subtítulos no idioma do vídeo
 axudan de tres formas.
- 
0:22 - 0:24Permítenlle a persoas xordas
 e con problemas de audición
- 
0:24 - 0:26acceder á charla.
- 
0:26 - 0:29Axudan a difundir na Web
 as ideas das charlas,
- 
0:29 - 0:31porque logo de que o vídeo
 teña unha transcrición,
- 
0:31 - 0:35aparecerá en Google
 cando se busquen temas relacionados.
- 
0:35 - 0:38E por último,
 cando unha charla ten transcrición
- 
0:38 - 0:42pode traducirse a outros idiomas
 e difundirse polo mundo adiante.
- 
0:42 - 0:46Perfecto. E como se transcribe?
- 
0:47 - 0:51Polo xeral, cando se transcribe,
 escríbese todo o que se oe
- 
0:51 - 0:54e fíxase o momento
 en que aparece o subtítulo
- 
0:54 - 0:55e o momento en que desaparece.
- 
0:55 - 0:58No entanto, hai outras regras simples
- 
0:58 - 1:01que cómpre ter en conta ao transcribir.
- 
1:01 - 1:04Non transcribas lapsus linguae
 nin erros obvios,
- 
1:04 - 1:08por exemplo se quen fala di
 "nós pensas” no canto de "nós pensamos”.
- 
1:09 - 1:12Faga de cada subtítulo un texto claro,
- 
1:12 - 1:15aínda que o orador dubide
 no medio da frase,
- 
1:15 - 1:18ou aínda que lle dea patadas á gramática
 ao falar nun idioma estranxeiro.
- 
1:19 - 1:24Respecte a lonxitude da liña,
 a do subtítulo e a velocidade de lectura.
- 
1:24 - 1:26E lembre que, igual que cando traduce,
- 
1:26 - 1:30nalgunhas ocasións,
 cando non abonde con axustar a minutaxe,
- 
1:30 - 1:33terá que reducir o texto nos subtítulos
- 
1:33 - 1:35para manter a velocidade de lectura.
- 
1:36 - 1:40Tente sincronizar o subtítulo
 co que se estea a dicir.
- 
1:41 - 1:46Tanto ten se se o subtítulo se superpón
 un pouco sobre seguinte frase que se di,
- 
1:46 - 1:49sobre todo se se precisa para ter
 unha boa velocidade de lectura.
- 
1:51 - 1:56No entanto, non comece o subtítulo
 máis de 100 milisegundos antes
- 
1:56 - 1:59de que a frase se diga.
- 
1:59 - 2:03Se non, dariámoslle ao espectador
 unha sensación de anticipación estraña
- 
2:03 - 2:07ao ver que a linguaxe corporal
 de quen fala non se axusta ao subtítulo.
- 
2:07 - 2:12E non deixe que o subtítulo
 dure en pantalla máis de 1 segundo
- 
2:12 - 2:15despois de que se diga
 a frase correspondente.
- 
2:16 - 2:19Non termine o subtítulo
 cun anaco da seguinte frase.
- 
2:19 - 2:24Se é posible, faga subtítulos
 con frases ou enunciados completos.
- 
2:24 - 2:26Así será máis fácil de seguir,
- 
2:26 - 2:29e tamén máis fácil de traducir,
- 
2:29 - 2:31pois a sintaxe do idioma de destino
- 
2:31 - 2:33pode facer imposible dividir a oración
- 
2:33 - 2:35tal e como está na transcrición.
- 
2:36 - 2:39Inclúa notas dos sons para persoas xordas
 ou con dificultades auditivas.
- 
2:40 - 2:42Use parénteses,
- 
2:42 - 2:46para indicar risas, música e aplausos,
- 
2:46 - 2:49identifique os cambios de orador
 fóra de pantalla
- 
2:49 - 2:53e describa calquera outro son
 esencial para entender a charla.
- 
2:54 - 2:59Ningún subtítulo debe estar en pantalla
 menos de 1 segundo nin máis de 7.
- 
3:00 - 3:02Para fragmentos máis longos
 de música ou aplausos,
- 
3:02 - 3:05a información sobre o son debe aparecer
 só os primeiros 3 segundos,
- 
3:06 - 3:08e indicar ao final que o son remata.
- 
3:08 - 3:11Se aparece un texto en pantalla,
 no idioma da charla,
- 
3:11 - 3:16por exemplo subtítulos nun vídeo
 que se reproduce en escena,
- 
3:16 - 3:21transcriba este texto, se se pode facer
 sen solapalo con outros subtítulos.
- 
3:21 - 3:26Isto permitirá traducilo a outros idiomas.
- 
3:26 - 3:31E para indicar que é texto en pantalla
 e non palabras do orador,
- 
3:31 - 3:32use corchetes.
- 
3:33 - 3:38Infórmese da grafía correcta
 dos nomes propios usados na charla.
- 
3:38 - 3:41Se non entende o que di o orador,
- 
3:41 - 3:44pregunte no grupo
 "I transcribe TEDx talks"
- 
3:44 - 3:47ou no grupo do seu idioma en Facebook.
- 
3:47 - 3:50E sobre todo lembre que, ao transcribir,
- 
3:50 - 3:53está a prestarlle un gran servizo
 ao mundo enteiro
- 
3:53 - 3:57porque permite que as ideas da charla
 acaden unha audiencia más ampla, global.
- 
3:57 - 3:59Se quere saber máis sobre transcricións
- 
4:00 - 4:04lea a guía "How to tackle a Transcript "
 onde se explica con detalle.
- 
4:04 - 4:08E agora,
 felices transcricións e traducións!
- Title:
- OTP Learning Series 06: Como transcribir
- Description:
- 
    more » « lessEste vídeo explica como crear transcricións (subtítulos na lingua orixinal) para charlas TEDx no Open Translation Project. Para acceder á guía completa de transcrición, vaia a http://translations.ted.org/wiki/How_to_Tackle_a_Transcript Este vídeo elaborouse para o persoal voluntario que traballa no Open Translation Project de TED. Este proxecto leva as charlas TED, os temas TED-Ed e as charlas TEDx alén do mundo angloparlante ofrecendo subtítulos, transcricións interactivas e a posibilidade de que calquera charla sexa traducida por persoal voluntario de todo o mundo. 
 Máis información en http://www.ted.com/participate/translate
- Video Language:
- English
- Team:
 closed TED closed TED
- Project:
- TED Translator Resources
- Duration:
- 04:09
|   | Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for OTP Learning Series 06: How to transcribe | |
|   | Xusto Rodriguez accepted Galician subtitles for OTP Learning Series 06: How to transcribe | |
|   | Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for OTP Learning Series 06: How to transcribe | |
|   | Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for OTP Learning Series 06: How to transcribe | |
|   | Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for OTP Learning Series 06: How to transcribe | |
|   | Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for OTP Learning Series 06: How to transcribe |