Os "papeis de Panamá" sacaron á luz un enorme problema global. E agora que?
-
0:02 - 0:05[O 3 de abril de 2016, vemos a maior
filtración de datos da historia. -
0:06 - 0:09Os "papeis de Panamá" expoñen
a xente rica e poderosa -
0:09 - 0:12que ocultou grandes cantidades de diñeiro
en paraísos fiscais. -
0:12 - 0:14Que significa isto?
-
0:15 - 0:18Robert Palmer, de Global Witness,
explícanolo]. -
0:21 - 0:26Esta semana houbo
unha avalancha de historias -
0:26 - 0:29por mor da filtración
de 11 millóns de documentos -
0:29 - 0:33provenientes do bufete de avogados
Mossack Fonseca, con sede en Panamá. -
0:33 - 0:36A información sobre estes documentos
-
0:36 - 0:40deixa ao descuberto unha pequena parte
-
0:40 - 0:42do mundo secreto dos paraísos fiscais.
-
0:42 - 0:47Móstranos o xeito en que clientes,
bancos e avogados -
0:47 - 0:49acoden a compañías como Mossack Fonseca
-
0:49 - 0:53e din: "Queremos unha empresa anónima.
Poden conseguirnos unha?" -
0:53 - 0:55Daquela pódense ver os correos,
-
0:55 - 0:58o troco de mensaxes,
-
0:58 - 1:00como funciona este sistema,
-
1:00 - 1:01como se procede.
-
1:01 - 1:05Isto comezou a ter repercusións
bastante inmediatas. -
1:05 - 1:08O primeiro ministro de Islandia
dimitiu. -
1:08 - 1:14Tamén coñecemos que un aliado
do brutal ditador sirio Bashar Al-Assad -
1:14 - 1:17ten empresas en paraísos fiscais.
-
1:17 - 1:22Houbo denuncias sobre unha pista
de 2 mil millóns de dólares -
1:22 - 1:26que sinala ao presidente ruso
Vladimir Putin, -
1:26 - 1:28por medio dun achegado, amigo da infancia,
-
1:28 - 1:31un violonchelista con éxito.
-
1:31 - 1:33E haberá centos de adiñeirados así,
-
1:34 - 1:36e outros tantos que estarán en tensión
-
1:36 - 1:38polas próximas historias
-
1:38 - 1:40e os vindeiros documentos filtrados.
-
1:40 - 1:45Si, soa un pouco como a trama
dun filme de espías, -
1:45 - 1:47ou como unha novela de John Grisham.
-
1:47 - 1:50Parecerache algo moi afastado de ti,
de min, da xente corrente. -
1:50 - 1:53Por que tería que inquietarnos?
-
1:53 - 1:57Porén, o certo é que se os podentes
-
1:57 - 2:00gardan as súas fortunas
en paraísos fiscais -
2:00 - 2:02sen pagar os impostos que deberían,
-
2:02 - 2:06entón haberá menos cartos
para os servizos públicos fundamentais -
2:06 - 2:10como a sanidade, a educación, as estradas.
-
2:10 - 2:12E isto aféctanos a todos.
-
2:12 - 2:15Agora ben, para a miña organización,
Global Witness, -
2:15 - 2:19a exposición pública destes datos
foi algo espectacular. -
2:19 - 2:23Temos a líderes políticos e a medios
de comunicación mundiales -
2:23 - 2:28a falar sobre o uso que esa xente
fai dos paraísos fiscais -
2:28 - 2:31co fin de camuflar os seus bens,
-
2:31 - 2:35algo do que se leva divulgado moito
dende hai unha década. -
2:35 - 2:40Seguro que moitas persoas consideran isto
algo impreciso e desconcertante -
2:40 - 2:44e cóstalles comprender o funcionamento
deste tipo de paraísos fiscais. -
2:44 - 2:47A min gústame imaxinalo
como as "matrioskas", as bonecas rusas. -
2:47 - 2:50Podes ter unha empresa metida noutra,
-
2:50 - 2:53que á súa vez está dentro doutra,
-
2:53 - 2:55de xeito que é case imposible saber
-
2:55 - 3:00quen está realmente
detrás desas estruturas. -
3:00 - 3:03Pode ser moi difícil
para as forzas de seguridade -
3:03 - 3:06ou para as autoridades tributarias,
xornalistas e a sociedade civil, -
3:06 - 3:08comprenderen o que sucede en realidade.
-
3:09 - 3:13Tamén vexo interesante que haxa
menos cobertura sobre o tema nos EE.UU. -
3:13 - 3:16E talvez sexa porque non aparecen
neste escándalo -
3:16 - 3:20persoas importantes de EE.UU.
-
3:22 - 3:25E non é porque non haxa alí adiñeirados
-
3:25 - 3:27que agochen as súas pertenzas
-
3:27 - 3:28en paraísos fiscais.
-
3:28 - 3:32É simplemente debido á forma
en que funcionan. -
3:32 - 3:35Mossack Fonseca ten menos
clientes estadounidenses. -
3:35 - 3:39Penso que se se filtrase información
das Illas Caimán, -
3:39 - 3:42ou mesmo de Delaware, Wyoming ou Nevada,
-
3:42 - 3:48veríanse moitos máis casos e
un maior vencello con EE.UU. -
3:50 - 3:52De feito, nalgúns estados
-
3:52 - 3:56precísase menos información
-
3:56 - 3:58para crear unha empresa
-
3:59 - 4:01que para obter un carné de biblioteca.
-
4:01 - 4:04Tanta discreción en EE.UU.
-
4:04 - 4:08permitiulles aos empregados de distritos
escolares estafar ao alumnado. -
4:09 - 4:14Permitíulles a estafadores timar
a inversores vulnerables. -
4:14 - 4:18Este é o tipo de comportamento
que nos afecta a todos. -
4:19 - 4:23Por iso en Global Witness queriamos
ver o que sucedería na práctica. -
4:23 - 4:25Como funciona en realidade?
-
4:25 - 4:30Así que, o que fixemos foi enviar
a un investigador infiltrado -
4:30 - 4:33a trece bufetes de avogados de Manhattan.
-
4:34 - 4:37O noso investigador fíxose pasar
por un ministro africano -
4:37 - 4:42que quería mover fondos sospeitosos
nos EE.UU. -
4:42 - 4:45para mercar unha casa, un iate, un jet.
-
4:46 - 4:49O que realmente nos abraiou
foi que todos eles, -
4:49 - 4:50todos os avogados excepto un,
-
4:50 - 4:53lle achegaran suxestións
ao noso investigador -
4:53 - 4:57sobre como mover eses fondos sospeitosos.
-
4:57 - 4:59Todo foron reunións preliminares,
-
4:59 - 5:01e ningún avogado nos tratou como clientes,
-
5:01 - 5:03nin moito menos houbo cartos de por medio,
-
5:03 - 5:07pero fainos ver o problema do sistema.
-
5:07 - 5:12Tamén é importante ter en conta que
non son casos individuais. -
5:12 - 5:15Non se trata só dun avogado individual
-
5:15 - 5:18que falou co noso infiltrado
para darlle solucións. -
5:18 - 5:21Non ten que ver soamente
cun político en particular -
5:21 - 5:23cachado nun escándalo.
-
5:23 - 5:26Trátase dun sistema que funciona así,
-
5:26 - 5:32cheo de corrupción, evasión de impostos,
pobreza e inestabilidade. -
5:32 - 5:34E para erradicar isto,
-
5:34 - 5:35precisamos mudar o xogo.
-
5:36 - 5:38Precisamos mudar as regras do xogo,
-
5:38 - 5:40para dificultar esas condutas.
-
5:40 - 5:43Pode que todo se vexa moi negro,
-
5:43 - 5:45como se non puidésemos facer nada,
-
5:45 - 5:47como se nada tivese cambiado,
-
5:47 - 5:50como se sempre fora haber individuos
ricos e podentes. -
5:50 - 5:52Pero como optimista que son,
-
5:52 - 5:56penso que estamos ante
o comezo dun cambio. -
5:56 - 5:58Nestes últimos anos,
-
5:58 - 6:01vimos un verdadeiro esforzo
por acadar unha maior transparencia -
6:01 - 6:03no que concirne á propiedade das empresas.
-
6:03 - 6:06Este asunto colocouno na axenda política
-
6:06 - 6:08o primeiro ministro do Reino Unido,
David Cameron, -
6:08 - 6:13no gran Cumio do G8, en 2013,
en Irlanda do Norte. -
6:14 - 6:17Dende aquela, a Unión Europea
-
6:17 - 6:20comezou a crear rexistros centrais
a nivel nacional, -
6:20 - 6:24para saber quen posúe e controla
as empresas de toda Europa. -
6:24 - 6:28O máis triste é que EE.UU
estase a quedar distanciado. -
6:28 - 6:31Introduciuse unha lexislación bipartidista
-
6:31 - 6:33na Cámara de Representantes e no Senado,
-
6:33 - 6:37que non está a progresar
tanto como nos gustaría. -
6:37 - 6:40O que en realidade nos gustaría ver
sería que estes documentos filtrados, -
6:40 - 6:44esa enorme porta ao mundo
dos paraísos fiscais, -
6:44 - 6:48se utilizasen para desenmascarar
todo isto en EE.UU e no resto do mundo. -
6:49 - 6:54Para nós en Global Witness,
este é un momento de mudanza. -
6:54 - 6:57Precisamos que a xente normal se enfade
-
6:57 - 6:58ao ver como os podentes
-
6:58 - 7:01agochan a súa identidade
-
7:01 - 7:02tras empresas secretas.
-
7:02 - 7:04Necesitamos que os dirixentes empresariais
-
7:04 - 7:09se ergan e digan: "Estes segredos non
son bos para os negocios". -
7:09 - 7:14Necesitamos que os líderes políticos
recoñezan este problema, -
7:14 - 7:20e se comprometan a cambiar a lei
para destapar este tipo de actuacións. -
7:20 - 7:23Xuntos, podemos rematar
con esta opacidade -
7:23 - 7:25que consente a evasión fiscal,
-
7:25 - 7:30e que fortalece a corrupción
e o branqueo de capitais.
- Title:
- Os "papeis de Panamá" sacaron á luz un enorme problema global. E agora que?
- Speaker:
- Robert Palmer
- Description:
-
O 3 de abril de 2016 presenciamos a maior filtración de datos da historia. Os "papeis de Panamá" puxeron ao descuberto xente rica e poderosa que ocultara grandes cantidades de diñeiro en paraísos fiscais. Pero, que significa todo isto? Robert Palmer, de Global Witness, explícanolo.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 07:49
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for The Panama Papers exposed a huge global problem. What's next? | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The Panama Papers exposed a huge global problem. What's next? | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The Panama Papers exposed a huge global problem. What's next? | ||
Alicia Ferreiro accepted Galician subtitles for The Panama Papers exposed a huge global problem. What's next? | ||
Alicia Ferreiro edited Galician subtitles for The Panama Papers exposed a huge global problem. What's next? | ||
Blanca Viñas Caneda edited Galician subtitles for The Panama Papers exposed a huge global problem. What's next? | ||
Blanca Viñas Caneda edited Galician subtitles for The Panama Papers exposed a huge global problem. What's next? | ||
Blanca Viñas Caneda edited Galician subtitles for The Panama Papers exposed a huge global problem. What's next? |