Return to Video

Historia das linguas indíxenas - e como as revitalizar

  • 0:01 - 0:03
    Paul Disain, un ancián dene, dixo:
  • 0:03 - 0:05
    "A nosa lingua e cultura
  • 0:05 - 0:07
    son a xanela a través
    de que ollamos para o mundo."
  • 0:07 - 0:08
    E, en Turtle Island,
  • 0:08 - 0:10
    o que agora se coñece
    como América do Norte,
  • 0:10 - 0:14
    hai moitas formas únicas.
    e marabillosas de ollar para o mundo.
  • 0:14 - 0:16
    Como persoa
    de herdanza indíxena,
  • 0:16 - 0:18
    quero aprender
    anishinaabemowin,
  • 0:18 - 0:20
    a miña lingua de herdanza,
  • 0:20 - 0:22
    para ollar para o mundo
    a través desa ventá.
  • 0:22 - 0:24
    Permíteme conectarme
    coa miña familia,
  • 0:24 - 0:26
    os meus devanceiros,
    a miña comunidade e cultura.
  • 0:26 - 0:29
    E permíteme pensar
    sobre como o vou legar
  • 0:29 - 0:30
    ás futuras xeracións.
  • 0:31 - 0:32
    Como lingüista,
  • 0:32 - 0:35
    estou interesada en como as linguas
    funcionan en xeral.
  • 0:35 - 0:37
    Podo mirar á fonética e fonoloxía,
  • 0:37 - 0:38
    os sons da fala.
  • 0:38 - 0:41
    Podo ollar á morfoloxía,
    isto é, a estrutura das palabras.
  • 0:41 - 0:42
    Podo ollar
    para a sintaxe,
  • 0:42 - 0:45
    que é a estrutura
    das oracións e frases,
  • 0:45 - 0:48
    para aprender sobre como os humanos
    almacenamos a linguaxe nos cerebros
  • 0:48 - 0:51
    e como a usamos para nos comunicar.
  • 0:52 - 0:54
    Por exemplo,
  • 0:54 - 0:57
    o anishinaabemowin,
    coma a maioría de linguas indíxenas,
  • 0:57 - 0:59
    é polisintética,
  • 0:59 - 1:02
    o que significa que hai
    palabras longuísimas,
  • 1:02 - 1:05
    compostas de pequenas pezas
    chamadas morfemas.
  • 1:05 - 1:10
    En anishinaabemowin podo dicir
    "niwiisin", "eu como",
  • 1:10 - 1:11
    cunha soa palabra.
  • 1:11 - 1:15
    Podo dicir "nimino-wiisin", "como ben",
  • 1:15 - 1:16
    tamén cunha soa palabra.
  • 1:16 - 1:21
    Podo dicir "nimino-naawakwe-wiisin",
    "como un bo xantar",
  • 1:21 - 1:24
    cantas palabras son
    en inglés?
  • 1:24 - 1:28
    Cinco palabras inglés,
    unha soa en anishinaabemowin.
  • 1:29 - 1:31
    Ben, teño unha pequena proba para vós.
  • 1:31 - 1:34
    Cunha soa palabra,
    de que cor é esa diapositiva?
  • 1:34 - 1:35
    Audiencia: Verde.
  • 1:35 - 1:37
    Linday Morcom: De que cor
    é esa diapositiva?
  • 1:37 - 1:38
    Audiencia: Verde.
  • 1:38 - 1:40
    LM: De que cor é
    esa diapositiva?
  • 1:40 - 1:41
    Audiencia: Azul.
  • 1:41 - 1:43
    LM: E de que cor é esa diapositiva?
  • 1:43 - 1:44
    (A audiencia murmura.)
  • 1:44 - 1:47
    Prométovos que non son
    preguntas trampa.
  • 1:47 - 1:49
    Como falantes de inglés
  • 1:49 - 1:51
    vistes dúas diapositivas verdes
    e dúas azuis.
  • 1:51 - 1:54
    Porén, a forma de categorizarmos as cores
    varía de idioma a idioma.
  • 1:55 - 1:56
    Se fósedes falantes de ruso
  • 1:56 - 2:00
    teríades visto dúas diapositivas
    con distintos tons de verde,
  • 2:00 - 2:02
    unha que sería "goluboy",
    azul claro,
  • 2:02 - 2:03
    e outra "siniy", azul escuro.
  • 2:03 - 2:05
    E estas considéranse cores diferentes.
  • 2:05 - 2:07
    Se fósedes falantes
    de anishinaabemowin
  • 2:07 - 2:10
    veríades diapositivas
    que serían ozhaawashkwaa
  • 2:10 - 2:14
    ou ozhaawashkozi,
    que significa verde ou azul.
  • 2:14 - 2:16
    Non é que os falantes
    non vexan as cores,
  • 2:16 - 2:20
    é que a forma en que as categorizan
    e en que entenden os tons
  • 2:20 - 2:21
    é distinta.
  • 2:21 - 2:22
    Así mesmo,
  • 2:23 - 2:26
    existen universais sobre
    a categorización das cores,
  • 2:26 - 2:28
    que dan información
    sobre como o cerebro humano
  • 2:28 - 2:31
    entende e expresa
    o que está vendo.
  • 2:32 - 2:35
    O anishinaabemowin
    ten outra característica marabillosa:
  • 2:35 - 2:38
    animado ou inanimado,
    que se marca en todas as palabras.
  • 2:38 - 2:40
    Non é diferente de como
    o francés e o castelán
  • 2:40 - 2:43
    marcan as palabras como
    masculinas ou femininas.
  • 2:43 - 2:45
    O anishinaabemowin
    e outras linguas algonquinas
  • 2:45 - 2:49
    marcan todas as palabras
    como animado ou inanimado.
  • 2:49 - 2:51
    As palabras que credes
    que serían animadas son animadas,
  • 2:51 - 2:55
    cousas que teñen pulso:
    xente, animais, plantas crecendo.
  • 2:55 - 2:57
    Mais tamén hai outras cousas
    que son animadas
  • 2:57 - 3:00
    que non adiviñariades,
    coma as pedras.
  • 3:00 - 3:01
    As pedras son animadas,
  • 3:01 - 3:04
    o que nos conta cousas
    moi interesantes sobre a gramática.
  • 3:04 - 3:06
    Tamén nos conta cousas
    moi interesantes
  • 3:06 - 3:08
    sobre como os falantes de
    anishinaabemowin
  • 3:08 - 3:10
    se relacionan e entenden
    o mundo que os rodea.
  • 3:10 - 3:12
    A parte triste desta historia
  • 3:12 - 3:16
    é que as linguas indíxenas
    están en perigo.
  • 3:16 - 3:20
    As linguas indíxenas, que teñen
    tanto coñecemento sobre a cultura,
  • 3:20 - 3:21
    a historia,
  • 3:21 - 3:23
    sobre formas de se relacionar cos outros,
  • 3:23 - 3:25
    sobre formas de nos relacionarmos
    co entorno.
  • 3:25 - 3:27
    Ó levaren nesta terra
    desde tempos inmemoriais,
  • 3:27 - 3:29
    estas linguas desenvolvéronse aquí
  • 3:29 - 3:33
    e conteñen coñecemento ambiental
    que é incalculable,
  • 3:33 - 3:36
    que nos axuda a relacionarnos ben
    coa terra en que vivimos.
  • 3:37 - 3:40
    Mais si, están en perigo.
  • 3:40 - 3:43
    A inmensa maioría das linguas indíxenas
    de América do Norte
  • 3:43 - 3:44
    considéranse en perigo,
  • 3:44 - 3:47
    e as que non,
    considéranse vulnerables.
  • 3:48 - 3:49
    Isto fíxose a mantenta.
  • 3:51 - 3:53
    Nas nosas leis,
    nas nosas políticas,
  • 3:53 - 3:55
    nas nosas instancias políticas,
  • 3:55 - 3:58
    houbo intentos estatais
  • 3:58 - 4:02
    de eliminar as linguas e culturas
    indíxenas deste país.
  • 4:02 - 4:03
    Duncan Campbell Scott
  • 4:03 - 4:07
    foi un dos arquitectos
    do sistema de internados.
  • 4:07 - 4:11
    En 1920, ó redactar o proxecto de lei que
    obrigaba a asistencia ós internados
  • 4:11 - 4:14
    para os nenos indíxenas dixo:
  • 4:14 - 4:16
    "Quérome librar do problema indio.
  • 4:17 - 4:18
    O noso obxectivo é continuarmos
  • 4:18 - 4:21
    ata que non haxa
    nin un indio no Canadá
  • 4:21 - 4:23
    que non se absorbese
    no organismo político
  • 4:24 - 4:27
    e non haxa un asunto indio,
    nin un Departamento Indio.
  • 4:27 - 4:30
    Esta é a finalidade
    deste proxecto de lei."
  • 4:31 - 4:34
    As atrocidades que ocorreron
    nos internados están documentadas.
  • 4:34 - 4:35
    En 1907
  • 4:35 - 4:40
    P.H. Bryce, que era médico
    e experto en tuberculose,
  • 4:40 - 4:42
    publicou un informe
    que mostrou que nalgunhas escolas
  • 4:42 - 4:46
    o 25% dos nenos morrera
    en epidemias de tuberculose
  • 4:46 - 4:49
    debidas ás condicións nas escolas.
  • 4:49 - 4:53
    Noutras escolas
    morrera ata o 75% dos nenos.
  • 4:54 - 4:57
    O goberno federal retiroulle
    os fondos
  • 4:57 - 4:58
    polos seus descubrimentos,
  • 4:58 - 5:00
    e obrigárono a se retirar en 1921.
  • 5:00 - 5:03
    En 1922 publicou
    as súas investigacións.
  • 5:05 - 5:06
    E durante ese tempo
  • 5:06 - 5:09
    sacaron nenos indíxenas
    dos seus fogares,
  • 5:09 - 5:10
    das súas comunidades
  • 5:11 - 5:13
    e leváronos á forza
    a internados relixiosos
  • 5:13 - 5:15
    onde, en moitos casos, sufriron
  • 5:15 - 5:19
    abusos emocionais, físicos
    e mais sexuais.
  • 5:19 - 5:20
    E, en todos os casos,
    abusos culturais,
  • 5:20 - 5:22
    xa que estas escolas
    deseñáranse
  • 5:22 - 5:25
    para elimitar as linguas
    e as culturas indíxenas.
  • 5:25 - 5:29
    O último internado
    pechouse no ano 1996.
  • 5:30 - 5:35
    Ata esa data, máis de 150 000 nenos
    acudiron a esas escolas
  • 5:35 - 5:38
    en 139 institucións en todo o país.
  • 5:39 - 5:40
    En 2007
  • 5:40 - 5:44
    aprobouse o Convenio
    sobre os internados indios.
  • 5:44 - 5:47
    Foi a maior demanda colectiva
    na historia do Canadá.
  • 5:47 - 5:50
    Reserváronse 60 millóns de dólares
  • 5:50 - 5:53
    para establecer a Comisión de Canadá
    para a Verdade e a Reconciliación (TRC).
  • 5:54 - 5:59
    A TRC deunos a posibilidade
    de escoitar historias de superviventes,
  • 5:59 - 6:02
    da ver o impacto
    en comunidades e familias
  • 6:02 - 6:04
    e de conseguir acceso á investigación
  • 6:05 - 6:08
    que explorou todo o efecto
    dos internados
  • 6:08 - 6:12
    nas comunidades indíxenas
    e en todo o Canadá.
  • 6:12 - 6:15
    A TRC descubriu que os internados
  • 6:15 - 6:18
    consituíron o que se denomina
    xenocidio cultural.
  • 6:18 - 6:21
    Afirman que: "O xenodicio físico
    é a matanza en masa de membros
  • 6:21 - 6:22
    orientada a un grupo,
  • 6:22 - 6:26
    o xenodicio biolóxico é a destrución
    da capacidade reprodutiva do grupo.
  • 6:26 - 6:31
    E xenocidio cultural é a destrución
    das estruturas e prácticas
  • 6:31 - 6:34
    que permiten que o grupo
    continúe a existir como grupo."
  • 6:34 - 6:36
    Xusto os obxectivos declarados de
    Duncan Campbell Scott.
  • 6:37 - 6:39
    Descrubriron que foi xenocidio cultural,
  • 6:39 - 6:41
    aínda que, como di o escritor infantil
  • 6:41 - 6:45
    e gran orador David Bouchard,
  • 6:45 - 6:47
    se cando constrúes un edificio,
  • 6:47 - 6:50
    e constrúes un cemiterio a carón
    dese edificio
  • 6:50 - 6:55
    porque sabes que a xente que vaia
    a ese edificio vai morrer,
  • 6:55 - 6:56
    como lle chamarías?
  • 6:58 - 7:02
    A TRC tamén nos porporcionou
    94 chamadas á acción,
  • 7:02 - 7:06
    faros que nos fan avanzar
    mentres traballamos na reconciliación.
  • 7:06 - 7:11
    Moitas delas afectan
    á lingua e á cultura.
  • 7:11 - 7:15
    A TRC fainos un chamamento para asegurar
    educación adecuada e financiada,
  • 7:15 - 7:16
    incluída a lingua e mais a cultura.
  • 7:16 - 7:20
    A recoñecer os dereitos indíxenas,
    incluídos os dereitos lingüísticos.
  • 7:20 - 7:22
    A crear unha lei sobre idiomas aborixes,
  • 7:22 - 7:25
    coa finalidade de recoñecer e preservar
    as linguas indíxenas,
  • 7:25 - 7:27
    con financiación asignada.
  • 7:27 - 7:30
    A crear un posto para un
    comisionario de linguas aborixes
  • 7:30 - 7:33
    e a desenvolver programas lingüísticos
    post-secundarios,
  • 7:33 - 7:36
    como tamén a reclamar os nomes de sitios
    que se cambiaran
  • 7:36 - 7:38
    durante a colonización.
  • 7:39 - 7:41
    Ó mesmo tempo que entrou en vigor
  • 7:41 - 7:44
    o Acordo para a Liquidación
    das Escolas Residencias Indias
  • 7:44 - 7:45
    as Nacións Unidas adoptaron
  • 7:45 - 7:49
    a Declaración de Dereitos
    dos Pobos Indíxenas
  • 7:49 - 7:50
    no 2007.
  • 7:50 - 7:54
    Declara que os pobos indíxenas
    teñen dereito a establecer e controlar
  • 7:54 - 7:57
    os seus propios sistemas
    e institucións educativos,
  • 7:57 - 7:59
    con educación no seus propios idiomas,
  • 7:59 - 8:02
    dunha forma axeitada
    ós seus métodos culturais
  • 8:02 - 8:03
    de ensino e aprendizaxe.
  • 8:04 - 8:05
    En 2007,
  • 8:05 - 8:07
    cando se intentou aplicar,
  • 8:07 - 8:09
    houbo catro países
    que votaron en contra.
  • 8:09 - 8:12
    Estados Unidos, Nova Zelandia, Australia
  • 8:12 - 8:13
    e o Canadá.
  • 8:13 - 8:16
    O Canadá adoptou
    a Declaración das Nacións Unidas
  • 8:16 - 8:19
    sobre os Dereitos
    dos Pobos Indíxenas en 2010.
  • 8:19 - 8:22
    E en 2015 o goberno prometeuna aplicar.
  • 8:24 - 8:28
    Entón, como deberiamos reaccionar
    como colectivo?
  • 8:29 - 8:31
    Esta é a situación en que nos atopamos.
  • 8:31 - 8:35
    Das 60 linguas que se falan
    na actualidade no Canadá,
  • 8:35 - 8:40
    só seis non se consideradan ameazadas
    polas Nacións Unidas.
  • 8:40 - 8:45
    As seis que non, son cree,
    anishinaabemowin,
  • 8:45 - 8:48
    stoney, mi'kmaq,
  • 8:48 - 8:50
    dene ou inuktitut;
  • 8:50 - 8:52
    o que soa como
    unha situación desesperada.
  • 8:52 - 8:55
    Se ides ó Atlas
    das Linguas do Mundo en Perigo
  • 8:55 - 8:58
    na web da UNESCO,
  • 8:58 - 9:01
    veredes un "r" pequeno
    xusto a carón desa lingua.
  • 9:01 - 9:03
    Esa lingua é o mi'kmaq.
  • 9:03 - 9:06
    O mi'kmaq pasou por un forte
    proceso de revitalización
  • 9:06 - 9:08
    debido á adopción
    dun acordo de autogoberno
  • 9:08 - 9:11
    que conduciu a educación
    baseada na lingua e na cultura,
  • 9:11 - 9:13
    así que agora hai nenos mi'kmaq
  • 9:13 - 9:15
    que teñen o mi'kmaq como primeira lingua.
  • 9:15 - 9:17
    Hai moito por facer.
  • 9:17 - 9:19
    Estes nenos son estudantes
  • 9:19 - 9:21
    no Mnidoo Mnising
    Anishinabek Kinoomaage,
  • 9:21 - 9:24
    unha escola de inmersión
    na illa de Manitoulin,
  • 9:24 - 9:26
    onde estudan en anishinaabemowin.
  • 9:26 - 9:28
    Chegaron á escola no xardín de infancia
  • 9:28 - 9:31
    falando moi pouco,
    se é que falaban anishinaabemowin.
  • 9:31 - 9:34
    E agora, con nove e dez anos,
  • 9:34 - 9:37
    fan exames de niveis
    intermedios e fluídos.
  • 9:37 - 9:38
    Do mesmo xeito,
  • 9:38 - 9:41
    tamén teñen unha alta autoestima.
  • 9:41 - 9:43
    Están orgullosos
    de ser anishinaabe,
  • 9:43 - 9:46
    e teñen unha gran
    capacidade de aprendizaxe.
  • 9:47 - 9:50
    Mais non toda a educación
    ten que ser formal.
  • 9:50 - 9:52
    Na nosa comunidade local,
  • 9:52 - 9:54
    temos o Kingston Indigenous Language Nest.
  • 9:55 - 9:57
    KILN é unha organización
    hoxe en día,
  • 9:57 - 10:01
    pero comezou hai seis anos
    con membros da comunidade
  • 10:01 - 10:03
    reunidos arredor da mesa
    da cociña dun ancián.
  • 10:03 - 10:07
    Desde entón, creamos experiencias
    de aprendizaxe de fin de semana
  • 10:07 - 10:09
    dirixidas a aprendizaxe
    multixeracional,
  • 10:09 - 10:12
    centradas en transmitir
    a lingua e a cultura ós nenos.
  • 10:12 - 10:16
    Usamos xogos tradicionais, cancións,
    comida e actividades para o facer.
  • 10:17 - 10:18
    Temos clases
  • 10:18 - 10:20
    de niveis principiante e mais intermedio
  • 10:20 - 10:21
    que se ofertan aquí mesmo.
  • 10:22 - 10:24
    Temos acordos con comités
    escolares e bibliotecas
  • 10:24 - 10:28
    para conseguirmos recursos e o idioma
    na educación formal.
  • 10:29 - 10:30
    As posibilidades son ilimitadas,
  • 10:31 - 10:33
    e estou moi agradecida
    polo traballo que se fixo
  • 10:33 - 10:36
    para me permitir legar a lingua
    e a cultura ó meu fillo
  • 10:36 - 10:39
    e a outros nenos da nosa comunidade.
  • 10:39 - 10:42
    Desenvolvemos unha comunidade forte,
    linda e tamén dinámica,
  • 10:42 - 10:44
    como resultado deste esforzo compartido.
  • 10:46 - 10:49
    Entón, que temos que facer para avanzar?
  • 10:49 - 10:51
    Primeiro de todo, precisamos políticas.
  • 10:52 - 10:55
    Necesitamos políticas aprobadas
    con financiación
  • 10:55 - 10:58
    que aseguren que as linguas indíxenas
  • 10:58 - 11:01
    se incorporan de forma real na educación,
  • 11:01 - 11:03
    tanto nas reservas coma fóra delas.
  • 11:03 - 11:06
    Nas reservas a educación finánciase menos
  • 11:06 - 11:07
    ca fóra das reservas.
  • 11:07 - 11:09
    E fóra das reservas
  • 11:09 - 11:11
    a educación en linguas indíxenas
    déixase de lado a miúdo
  • 11:11 - 11:13
    porque a xente pensa
  • 11:13 - 11:16
    que non hai indíxenas
    nos colexios provinciais,
  • 11:16 - 11:19
    cando de feito, case o 70%
    dos indíxenas do Canadá
  • 11:19 - 11:20
    viven fóra de reservas.
  • 11:20 - 11:24
    Eses nenos teñen os mesmos dereitos
    a acceder a súa lingua e cultura.
  • 11:26 - 11:28
    Máis aló de políticas,
    precisamos de apoio.
  • 11:28 - 11:31
    Con iso non quero dicir
    só apoio económico.
  • 11:31 - 11:34
    Precisamos espazos
    para facermos actividades,
  • 11:34 - 11:39
    clases e interactuar
    con poboacións non indíxenas.
  • 11:40 - 11:41
    Precisamos apoio
  • 11:41 - 11:44
    en forma de xente
    que queira aprender a lingua.
  • 11:44 - 11:47
    Precisamos que a xente fale
    de por que estas linguas son importantes.
  • 11:48 - 11:50
    E, para acadarmos iso,
    precisamos educación.
  • 11:50 - 11:53
    Precisamos acceso
    a educación con inmersión,
  • 11:53 - 11:56
    xa que é o método máis efectivo
  • 11:56 - 11:59
    para asegurarmos a transmisión
    das linguas indíxenas.
  • 11:59 - 12:02
    Tamén precisamos educación
    nas escolas provinciais,
  • 12:02 - 12:04
    necesitamos educación
    para os non indíxenas,
  • 12:04 - 12:07
    para alcanzarmos así
    un mellor entendemento
  • 12:07 - 12:09
    e avanzarmos, xuntos, da mellor forma.
  • 12:11 - 12:14
    Teño esta cita colgada na miña oficina.
  • 12:14 - 12:17
    Foi un regalo dun alumno
    ó que dei clase hai xa anos.
  • 12:17 - 12:19
    Lémbrame a diario
  • 12:19 - 12:22
    que podemos acadar grandes cousas
    ó traballarmos xuntos.
  • 12:23 - 12:25
    Pero se imos falar
    de reconciliación,
  • 12:25 - 12:27
    necesitamos recoñecer
  • 12:27 - 12:30
    que a reconciliación que non implica
  • 12:30 - 12:33
    a supervivencia e continuación
    das linguas e culturas indíxenas
  • 12:33 - 12:35
    non é reconciliación.
  • 12:35 - 12:37
    É asimilación,
  • 12:37 - 12:40
    e non debería ser aceptable
    para ninguén.
  • 12:40 - 12:43
    O que podemos facer é ollarmos
    para as chamadas para a acción,
  • 12:43 - 12:46
    podemos ollar para a
    Declaración das Nacións Unidas
  • 12:46 - 12:47
    sobre os dereitos
    dos pobos indíxenas
  • 12:47 - 12:49
    e podemos alcanzar un entendemento mutuo
  • 12:49 - 12:51
    de que o que temos,
  • 12:51 - 12:53
    en sentido de herdanza
    lingüística e cultural
  • 12:53 - 12:55
    para xente indíxena
    deste país,
  • 12:55 - 12:56
    pagan a pena
    de conservar.
  • 12:57 - 13:00
    Partindo diso,
    podemos ir cara adiante,
  • 13:00 - 13:01
    xuntos,
  • 13:01 - 13:04
    para asegurarmos que
    as linguas indíxenas se transmiten
  • 13:04 - 13:06
    máis alá do 2050,
    máis alá da seguinte xeración,
  • 13:06 - 13:08
    ata as próximas sete xeracións.
  • 13:10 - 13:12
    Miigwech. Niawen’kó:wa. Grazas.
  • 13:12 - 13:17
    (Aplausos.)
Title:
Historia das linguas indíxenas - e como as revitalizar
Speaker:
Lindsay Morcom
Description:

Ó longo de América do Norte, as linguas indíxenas atópanse en ameaza de extinción debido ó legado de borrado colonial, afirma a lingüista Lindsay Morcom. Destacando as estratexias fundamentais desenvoltas polo pobo anishinaabe do Canadá para revivir a súa lingua e comunidade, Morcom defende a introdución de políticas que poidan protexer a herdanza indíxena para as futuras xeracións.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
13:29

Galician subtitles

Revisions