Patricia Kuhl: A xenialidade lingüística dos bebés
-
0:00 - 0:03Quero que ollen para este bebé.
-
0:03 - 0:06Séntense atraídos polos seus ollos
-
0:06 - 0:09e pola pel que lles gustaría tocar.
-
0:09 - 0:12Pero hoxe vou falar de algo que non poden ver,
-
0:12 - 0:15algo que ocorre no seu pequeno cerebro.
-
0:16 - 0:18As ferramentas modernas da neurociencia
-
0:18 - 0:21están a amosarnos que o que ocorre no seu cerebro
-
0:21 - 0:24é un proceso moi complexo.
-
0:24 - 0:26O que estamos aprendendo
-
0:26 - 0:28vai esclarecer en parte
-
0:28 - 0:31o que os poetas e escritores románticos
-
0:31 - 0:34describían como "apertura celestial"
-
0:34 - 0:36da mente infantil.
-
0:36 - 0:38O que vemos aquí
-
0:38 - 0:40é unha nai da India
-
0:40 - 0:42que está a falar koro,
-
0:42 - 0:44unha lingua descuberta hai pouco.
-
0:44 - 0:46Está a falarlle ao seu bebé.
-
0:46 - 0:48O que esta nai sabe,
-
0:48 - 0:51así como os 800 falantes de koro do mundo,
-
0:51 - 0:54é que se quere conservar esa lingua
-
0:54 - 0:57ten que falárllela aos seus bebés.
-
0:57 - 1:00E aquí xorde unha incógnita crucial:
-
1:00 - 1:02Por que non se pode conservar unha lingua
-
1:02 - 1:05falando con vostedes e comigo, cos adultos?
-
1:05 - 1:08A resposta está no cerebro.
-
1:08 - 1:10O que vemos aquí
-
1:10 - 1:13é que hai un período crítico para a aprendizaxe dunha lingua.
-
1:13 - 1:16Nesta diapositiva, teñen que buscar a súa idade no eixo horizontal.
-
1:16 - 1:19(Risos)
-
1:19 - 1:21E no eixo vertical verán
-
1:21 - 1:23a súa capacidade de adquirir unha segunda lingua.
-
1:23 - 1:25Os bebés e os nenos son xenios
-
1:25 - 1:27ata os sete anos,
-
1:27 - 1:30cando comeza un descenso sistemático.
-
1:30 - 1:32Despois da puberdade, saímonos do mapa.
-
1:32 - 1:35Ningún científico cuestiona esta gráfica,
-
1:35 - 1:37pero os laboratorios de todo o mundo
-
1:37 - 1:40intentan averiguar por que funciona deste xeito.
-
1:40 - 1:42No meu laboratorio, o traballo céntrase
-
1:42 - 1:44no primeiro período crítico no desenvolvemento,
-
1:44 - 1:46que é o período no que
-
1:46 - 1:49os bebés intentan discernir que sons se usan na súa lingua.
-
1:49 - 1:52Cremos que, estudando como se aprenden os sons,
-
1:52 - 1:54teremos un modelo para o resto da lingua,
-
1:54 - 1:57e quizais para outros periodos críticos que poida haber na infancia
-
1:57 - 1:59para o desenvolvemento social,
-
1:59 - 2:01emocional e cognitivo.
-
2:01 - 2:03Estamos estudando os bebés
-
2:03 - 2:05mediante unha técnica que estamos a usar en todo o mundo
-
2:05 - 2:07e cos sons de tódalas linguaxes.
-
2:07 - 2:09O bebé senta no colo dos seus pais
-
2:09 - 2:11e ensinámoslle a xirar a cabeza cando un son cambia,
-
2:11 - 2:13como de "a" a "i".
-
2:13 - 2:15Se o fan no momento adecuado,
-
2:15 - 2:17a caixa negra ilumínase
-
2:17 - 2:19e un panda toca un tambor.
-
2:19 - 2:21A un bebé de seis meses encántalle esta actividade.
-
2:21 - 2:23E que aprendemos?
-
2:23 - 2:25Que os bebés de todo o mundo
-
2:25 - 2:27son o que me gusta denominar
-
2:27 - 2:29cidadáns do mundo.
-
2:29 - 2:32Poden diferenciar tódolos sons de tódolas linguas,
-
2:32 - 2:35sen importar con que país ou con que lingua fagamos os experimentos.
-
2:35 - 2:38E isto é salientable porque nin vostedes nin eu podemos facer isto.
-
2:38 - 2:40Nós estamos limitados pola nosa cultura.
-
2:40 - 2:42Podemos diferenciar os sonidos da nosa propia lingua,
-
2:42 - 2:44pero non os de linguas estranxeiras.
-
2:44 - 2:46De modo que a pregunta que xorde
-
2:46 - 2:48é cándo pasan estes cidadáns do mundo
-
2:48 - 2:51a ser oíntes limitados pola cultura, coma nós?
-
2:51 - 2:54A resposta: antes do seu primer aniversario.
-
2:54 - 2:57O que ven aquí é o rendemento na actividade de xirar a cabeza
-
2:57 - 2:59con bebés de Tokio e dos Estados Unidos,
-
2:59 - 3:01aquí, en Seatlle,
-
3:01 - 3:03mentres que escoitaban "ra" and "la",
-
3:03 - 3:06que son sons importantes no inglés, pero non no xaponés.
-
3:06 - 3:09Dos seis aos oito meses, os resultados son idénticos.
-
3:09 - 3:12Dous meses mais tarde, ocorre algo asombroso.
-
3:12 - 3:14Os bebés estadounidenses melloran moitísimo,
-
3:14 - 3:16e os bebés xaponeses empeoran moito tamén,
-
3:16 - 3:18porque os dous grupos de bebés
-
3:18 - 3:21prepáranse exactamente para a lingua que van ter que aprender.
-
3:21 - 3:24Así que a pregunta é: que sucede
-
3:24 - 3:26neste período crítico de dous meses?
-
3:26 - 3:28Este é o período crítico para o desenvolvemento dos sons,
-
3:28 - 3:30pero que sucede no cerebro?
-
3:30 - 3:32Pois suceden dúas cousas.
-
3:32 - 3:35A primeira é que os bebés escoitan atentamente
-
3:35 - 3:38e calculan estatísticas mentres nos oen falar.
-
3:38 - 3:40Sí, calculan estatísticas.
-
3:40 - 3:43Escoitemos a dúas nais falar en "maternalés",
-
3:43 - 3:46que é a lingua universal que usamos para falarlles aos nenos,
-
3:46 - 3:49primeiro en inglés e despois en xaponés.
-
3:49 - 3:52(Vídeo) Nai inglesa: Ah, I love your big blue eyes -
-
3:52 - 3:55so pretty and nice.
-
3:56 - 4:02Nai xaponesa: [waa okina chairoi o me-me soshite kireina kuroi kami].
-
4:02 - 4:04Patricia Kuhl: Durante a produción da fala,
-
4:04 - 4:06mentres os bebés escoitan,
-
4:06 - 4:08calculan estatísticas
-
4:08 - 4:11da lingua que escoitan.
-
4:11 - 4:14E esas distribucións crecen.
-
4:14 - 4:16O que aprendemos
-
4:16 - 4:19é que os bebés son sensibles ás estatísticas,
-
4:19 - 4:22e as estatísticas do inglés e o xaponés son moi diferentes.
-
4:22 - 4:25O inglés ten moitas R e L,
-
4:25 - 4:27como amosa a distribución.
-
4:27 - 4:29E a distribución do xaponés é totalmente diferente
-
4:29 - 4:32onde vemos un grupo de sons intermedios
-
4:32 - 4:35que se coñece como a R xaponesa.
-
4:35 - 4:37Os bebés absorben
-
4:37 - 4:39estas estatísticas da lingua,
-
4:39 - 4:41e estas moldean o seu cerebro
-
4:41 - 4:43e fan que pasen de ser cidadáns do mundo
-
4:43 - 4:46a ser os oíntes limitados pola cultura súa cultura.
-
4:46 - 4:48Nós, os adultos,
-
4:48 - 4:50xa non absorbemos esas estatísticas.
-
4:50 - 4:53Estamos gobernados polas representacións mentais
-
4:53 - 4:56que se formaron na etapa de desenvolvemento.
-
4:56 - 4:58De modo que o que vemos aquí
-
4:58 - 5:01cambia os nosos modelos de funcionamento do período crítico.
-
5:01 - 5:04Afirmamos, cunha base matemática,
-
5:04 - 5:07que a aprendizaxe dunha lingua pode ralentizarse
-
5:07 - 5:09cando se asentan as nosas distribucións.
-
5:09 - 5:12Isto fai que xurdan moitas preguntas sobre as persoas bilingües.
-
5:12 - 5:16As persoas bilingües deben ter en conta dous estatísticas a un tempo
-
5:16 - 5:19e pasar de unha a outra,
-
5:19 - 5:21dependendo de con quen falen.
-
5:21 - 5:23Por iso nos preguntamos a nós mesmos:
-
5:23 - 5:26os bebés poden calcular estatísticas dunha lingua allea?
-
5:26 - 5:28E fixemos un experimento que bebés estadounidenses
-
5:28 - 5:30que nunca tiveran contacto cunha segunda lingua
-
5:30 - 5:33escoitasen mandarín por primeira vez durante o período crítico.
-
5:33 - 5:35Sabiamos que, cando se facía que bebés monolingües
-
5:35 - 5:38de Taipei e Seatlle escoitaran mandarín,
-
5:38 - 5:40amosaban o mesmo patrón.
-
5:40 - 5:42De 6 a 8 meses, resultados idénticos.
-
5:42 - 5:45Dous meses máis tarde, ocorre algo asombroso.
-
5:45 - 5:48Os bebés taiwaneses melloraban moito, os estadounidenses non.
-
5:48 - 5:51O que fixemos foi expoñer a bebés estadounideneses neste período
-
5:51 - 5:53ao mandarín.
-
5:53 - 5:56Era como ter familiares que veñen a visitarte durante un mes,
-
5:56 - 5:58que se trasladan á túa casa
-
5:58 - 6:00e que falan mandarín cos bebés durante 12 sesións.
-
6:00 - 6:02Así foi como o vimos no laboratorio.
-
6:02 - 6:24(Vídeo): Falante de mandarín: [Mandarín]
-
6:24 - 6:26PK: Entón, que lles fixemos aos seus cerebriños?
-
6:26 - 6:29(Risos)
-
6:29 - 6:31Tivemos que establecer un grupo de control
-
6:31 - 6:33para segurarnos de que vir ao laboratorio
-
6:33 - 6:35non melloraba o nivel de mandarín.
-
6:35 - 6:37De modo que un grupo de bebés veu e escoitou inglés.
-
6:37 - 6:39E o que podemos ver no gráfico
-
6:39 - 6:41é que a exposición ao inglés non melloraba o seu mandarín.
-
6:41 - 6:43Pero observen o que ocorreu cos bebés
-
6:43 - 6:45que estiveron 12 sesións expostos ao mandarín.
-
6:45 - 6:47Eran tan bos coma os bebés de Taiwán,
-
6:47 - 6:50que estiveran escoitándoo 10 meses e medio.
-
6:50 - 6:52O que isto demostra
-
6:52 - 6:54é que os bebés calculan estatísticas de linguas novas.
-
6:54 - 6:58Calcularán estatísticas de todo o que se poña ao seu alcance.
-
6:58 - 7:00Pero nós preguntabámonos que papel
-
7:00 - 7:02tiñamos os humanos
-
7:02 - 7:04neste exercicio de apredizaxe.
-
7:04 - 7:06Por iso establecemos outro grupo de bebés
-
7:06 - 7:09que tamén tiveron 12 sesións,
-
7:09 - 7:11pero cun televisor,
-
7:11 - 7:14e outro grupo que tivo só exposición a un audio
-
7:14 - 7:16mentres veía un oso de peluche na pantalla.
-
7:16 - 7:19Que lles fixemos os seus cerebros?
-
7:19 - 7:22O que ven aquí é o resultado do audio,
-
7:22 - 7:24non hai aprendizaxe,
-
7:24 - 7:27e resultado o do vídeo:
-
7:27 - 7:29tampouco hai apredizaxe.
-
7:29 - 7:31É necesario que haxa unha persoa
-
7:31 - 7:33para que os bebés calculen estatísticas.
-
7:33 - 7:35A parte social do cerebro é a que controla
-
7:35 - 7:37cando os bebés calculan estatísticas.
-
7:37 - 7:39Queremos meternos no cerebro
-
7:39 - 7:41e ver como ocorren as cousas
-
7:41 - 7:43cando os bebés están fronte ao televisor,
-
7:43 - 7:45en vez de estar con persoas.
-
7:45 - 7:47Afortunadamente, temos unha máquina nova,
-
7:47 - 7:49magnetoencefalografía,
-
7:49 - 7:51que nos permite facer isto.
-
7:51 - 7:53Parece un secador de pelo de Marte,
-
7:53 - 7:55pero é totalmente segura,
-
7:55 - 7:58non invasiva e silenciosa.
-
7:58 - 8:00E permítenos mirar con precisión milimétrica,
-
8:00 - 8:02no plano espacial,
-
8:02 - 8:04e con precisión de milisegundos
-
8:04 - 8:06usando 306 SQUID
-
8:06 - 8:08(aparatos superconductores
-
8:08 - 8:10de interferencias cuánticas)
-
8:10 - 8:12para detectar campos magnéticos
-
8:12 - 8:14que cambian cando pensamos.
-
8:14 - 8:16Somos os primeiros do mundo
-
8:16 - 8:18en rexistrar bebés
-
8:18 - 8:20cunha máquina MEG
-
8:20 - 8:22mentres están aprendendo.
-
8:22 - 8:24Esta é a pequena Emma.
-
8:24 - 8:26Ten 6 meses.
-
8:26 - 8:28E está escoitando distintas linguas
-
8:28 - 8:31cos auriculares que ten postos.
-
8:31 - 8:33Como poden ver, pode moverse.
-
8:33 - 8:35Estamos analizando a súa cabeza
-
8:35 - 8:37cunhas pequenas bólas nun gorro
-
8:37 - 8:40de forma que ela poida moverse con liberdade.
-
8:40 - 8:42É un gran reto técnico.
-
8:42 - 8:44Que podemos ver?
-
8:44 - 8:46Podemos ver o cerebro do bebé.
-
8:46 - 8:49Cando o bebé escoita unha palabra na súa lingua,
-
8:49 - 8:51acéndense as áreas auditivas
-
8:51 - 8:53e tamén outras áreas cercanas
-
8:53 - 8:56que cremos que están relacionadas coa coherencia
-
8:56 - 8:58(-coordinan as diferentes áreas do cerebro),
-
8:58 - 9:00e coa causalidade,
-
9:00 - 9:03(que fan que unha área faga que outra se active).
-
9:03 - 9:05Estámonos adentrando
-
9:05 - 9:08nunha gran idade dourada
-
9:08 - 9:11do coñecemento sobre o desenvolmento do cerebro dos nenos.
-
9:11 - 9:13Poderemos ver os cerebros dun neno
-
9:13 - 9:15cando experimenta unha emoción,
-
9:15 - 9:17cando aprende a falar e a ler,
-
9:17 - 9:19cando resolve un problema matemático,
-
9:19 - 9:21e cando ten unha idea.
-
9:21 - 9:24Poderemos inventar intervencións con base cerebral
-
9:24 - 9:27para os nenos con dificultades de aprendizaxe.
-
9:27 - 9:30Como dixeron os poetas e escritores,
-
9:30 - 9:32creo que poderemos ver
-
9:32 - 9:34esa marabillosa apertura,
-
9:34 - 9:36esa completa e total apertura
-
9:36 - 9:39da mente infantil.
-
9:39 - 9:41Ao investigar o cerebro dos nenos
-
9:41 - 9:43imos descubrir verdades profundas
-
9:43 - 9:45sobre o significado de ser humán.
-
9:45 - 9:47E neste proceso,
-
9:47 - 9:49pode que sexamos capaces de abrir as nosas propias mentes ao aprendizaxe
-
9:49 - 9:51durante toda a nosa vida.
-
9:51 - 9:53Gracias.
-
9:53 - 9:56(Aplausos)
- Title:
- Patricia Kuhl: A xenialidade lingüística dos bebés
- Speaker:
- Patricia Kuhl
- Description:
-
En TEDxRainier, Patricia Kuhl comparte importantes descubrimentos sobre a forma en que os bebés aprenden unha lingua por encima doutras: escoitando ás persoas que os rodean e "calculando estatísticas" dos sons que necesitan coñecer. Experimentos de laboratorio (e escáneres cerebrais) amosan como os bebés de 6 meses usan razoamentos complexos para comprender o seu mundo.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 09:57