Depresión, o segredo que compartimos
-
0:04 - 0:08"Sentín un funeral no meu cerebro,
-
0:08 - 0:10e os parentes ían e viñan
-
0:10 - 0:13camiñando, camiñando
ata que, pareceu, -
0:13 - 0:16que o sentido crebaba totalmente.
-
0:16 - 0:18E cando todos estiveron sentados,
-
0:18 - 0:20unha liturxia, como un tambor,
-
0:20 - 0:23comezou a bater, a bater
ata que pensei -
0:23 - 0:25que a miña mente adormecía
-
0:26 - 0:30E logo oínos erguer o caixón
e renxer a través da miña alma -
0:30 - 0:33coas mesmas botas de chumbo, outra vez,
-
0:33 - 0:35e o espazo comezou a tanxer,
-
0:36 - 0:40Coma se os ceos fosen unha campá,
e a existencia só un oído, -
0:40 - 0:43e eu, e o silencio, unha raza estraña
-
0:43 - 0:46desfeita, solitaria, aquí.
-
0:46 - 0:50E entón un baleiro na razón, rompeu
-
0:50 - 0:53e caín máis e máis abaixo
-
0:53 - 0:56e dei cun mundo, a cada mergullo,
-
0:56 - 0:58e acabei sabendo, daquela"
-
1:00 - 1:03Coñecemos a depresión
a través de metáforas. -
1:03 - 1:07Emily Dickinson foi capaz
de expresalo con palabras, -
1:07 - 1:10Goya, nunha imaxe.
-
1:10 - 1:15A metade do propósito da arte
é describir estes estados icónicos. -
1:16 - 1:20Canto a min, sempre me vin
como unha persoa dura, -
1:20 - 1:22unha das que poderían sobrevivir
-
1:22 - 1:24se me enviasen
a un campo de concentración. -
1:25 - 1:27En 1991, sufrín unha serie de perdas.
-
1:27 - 1:29A miña nai morreu,
-
1:29 - 1:31rematou a relación na que estaba,
-
1:31 - 1:35volvín para os Estados Unidos
despois duns anos no estranxeiro -
1:35 - 1:38e pasei por estas experiencias intacto.
-
1:38 - 1:42Pero en 1994, tres anos despois,
-
1:42 - 1:46atopeime perdendo o interese en case todo,
-
1:46 - 1:50non quería facer nada
do que antes si quería, -
1:50 - 1:52e non sabía o porqué.
-
1:52 - 1:57O contrario da depresión
non é a felicidade, senón a vitalidade. -
1:57 - 1:58E era a vitalidade
-
1:58 - 2:02a que se esvaecía
para min naquel momento. -
2:02 - 2:06Todo o que había para facer
era demasiado traballo. -
2:06 - 2:08Volvía á casa
-
2:08 - 2:11e vía pestanexar a luz
vermella do contestador -
2:11 - 2:14e en vez de aledarme por
saber dos meus amigos, -
2:14 - 2:15pensaba:
-
2:15 - 2:18"Vaia morea de xente á que lle
teño que devolver a chamada" -
2:18 - 2:21Ou decidía que tiña que comer
-
2:21 - 2:23pero despois pensaba:
teño que coller a comida, -
2:23 - 2:25poñela no prato
-
2:25 - 2:29e cortala e mastigala e tragala,
-
2:29 - 2:33e sentía que eran
as estacións do Viacrucis. -
2:33 - 2:37E algo que a miúdo se esquece
ao falar de depresión -
2:37 - 2:40é que ti sabes que é absurdo.
-
2:40 - 2:43Sabes que é absurdo
mentres o experimentas. -
2:43 - 2:45Sabes que a maioría da xente é quen
-
2:45 - 2:47de escoitar as menxases e xantar
-
2:47 - 2:49e organizarse para ducharse
-
2:49 - 2:50e saír pola porta
-
2:50 - 2:52e que non é gran cousa,
-
2:52 - 2:55e aínda así estás nas súas gadoupas,
-
2:55 - 2:59e es incapaz de idear unha saída.
-
2:59 - 3:03Así que comecei a sentir que facía menos
-
3:03 - 3:05e pensaba menos
-
3:05 - 3:07e sentía menos.
-
3:08 - 3:10Era unha especie de nulidade.
-
3:10 - 3:12E despois chegou a ansiedade.
-
3:12 - 3:16Se me dis que teño que estar
deprimido o próximo mes, -
3:16 - 3:19diría: "Se está rematado
en novembro, podo facelo." -
3:19 - 3:21Pero se me dis:
-
3:21 - 3:24"Tes que ter ansiedade aguda
durante o próximo mes" -
3:24 - 3:26Preferiría cortar as veas
antes de pasar por iso. -
3:26 - 3:28Era sentir continuamente
-
3:28 - 3:31coma cando vas andando
-
3:31 - 3:33e esvaras ou tropezas
e o chan achégase a ti, -
3:34 - 3:36pero en vez de durar medio segundo como é,
-
3:36 - 3:38dura seis meses.
-
3:38 - 3:41É a sensación de estar sempre asustado,
-
3:41 - 3:45pero sen sequera saber
de que estás asustado. -
3:45 - 3:47E foi nese punto cando comecei a pensar
-
3:47 - 3:51que estar vivo era
sinxelamente demasiado doloroso, -
3:51 - 3:54e que a única razón para non suicidarme
-
3:54 - 3:57era non ferir outra xente.
-
3:57 - 4:00E finalmente un día espertei
-
4:00 - 4:02e pensei que quizais sufrira un ataque,
-
4:02 - 4:05porque estaba na cama
totalmente inmobilizado, -
4:05 - 4:07mirando o teléfono, pensando:
-
4:07 - 4:10"Algo vai mal e debería chamar
para pedir axuda" -
4:10 - 4:12e non podía estirar o brazo
-
4:12 - 4:15e agarrar o teléfono e marcar.
-
4:15 - 4:19E finalmente, despois de catro horas
deitado mirándoo -
4:19 - 4:20o teléfono soou,
-
4:20 - 4:22e dalgún xeito conseguín contestar
-
4:22 - 4:25e era o meu pai e dixen:
-
4:25 - 4:29"Teño un problema serio,
Temos que facer algo." -
4:30 - 4:35O día seguinte comecei
coa medicación e a terapia. -
4:35 - 4:39E tamén empecei a considerar
esta terrible cuestión: -
4:39 - 4:41Se non son a persoa dura,
-
4:41 - 4:44que podería sobrevivir
a un campo de concentración, -
4:44 - 4:46entón quen son?
-
4:46 - 4:48E se tiña que tomar medicación,
-
4:48 - 4:51esa medicación facíame
ser completamente eu, -
4:51 - 4:54ou convertíame noutra persoa?
-
4:54 - 4:58E que me parecía se me convertía noutro?
-
4:58 - 5:01Tiña dúas vantaxes nesta travesía.
-
5:01 - 5:04A primeira é que eu sabía que,
falando obxectivamente, -
5:04 - 5:06tiña unha boa vida,
-
5:06 - 5:08e que se era capaz de poñerme ben
-
5:08 - 5:11había algo ao final
polo que valía a pena vivir. -
5:11 - 5:14E a outra é que tiña acceso
a un bo tratamento. -
5:14 - 5:18Pero aínda así saín e recaín,
-
5:18 - 5:20e saín e recaín,
-
5:20 - 5:23e saín e recaín,
-
5:23 - 5:25e finalmente entendín
-
5:25 - 5:29que tería que medicarme
e ir a terapia para sempre. -
5:29 - 5:31E pensei:
-
5:31 - 5:34"Pero é un problema químico
ou psicolóxico? -
5:34 - 5:37E precisa dunha cura química
ou unha cura filosófica?" -
5:37 - 5:40E non fun quen de saber a resposta.
-
5:40 - 5:42E logo entendín que en realidade
-
5:42 - 5:46non estamos tan avanzados nesas
áreas como para explicalo todo. -
5:46 - 5:49Tanto a cura química
como a cura psicolóxica -
5:49 - 5:51teñen un papel que cumprir,
-
5:51 - 5:55e tamén souben que a depresión era
-
5:55 - 5:58algo entretecido tan profundamente en nós
-
5:58 - 6:01que non se podía separar
do noso carácter e personalidade. -
6:01 - 6:06Quero decir que os tratamentos
para a depresión son terribles. -
6:06 - 6:08Non son moi efectivos.
-
6:08 - 6:10Son moi caros.
-
6:10 - 6:12Teñen innumerables efectos secundarios.
-
6:12 - 6:14Son un desastre.
-
6:14 - 6:19Pero estou tan agradecido por vivir
agora e non hai 50 anos, -
6:19 - 6:21cando non se podería facer case nada.
-
6:21 - 6:24Espero que dentro de 50 anos,
-
6:24 - 6:26a xente oia falar dos meus tratamentos
-
6:26 - 6:30e se arrepíe de que alguén soportara
unha ciencia tan primitiva. -
6:31 - 6:35A depresión é a imperfección do amor.
-
6:35 - 6:39Se estás casado con alguén e pensas:
-
6:39 - 6:42"Ben, se a miña muller morre,
atoparei outra" -
6:42 - 6:45non sería amor tal como o coñecemos.
-
6:45 - 6:50Non existe o amor
sen a anticipación da perda, -
6:50 - 6:56e o espectro da desesperación
pode ser o motor da intimidade. -
6:56 - 6:59Hai tres cousas que
a xente tende a confundir: -
6:59 - 7:03depresión, dor e tristeza.
-
7:03 - 7:06A dor é explicitamente reactiva.
-
7:06 - 7:09Se sofres unha perda
e te sentes moi infeliz, -
7:09 - 7:11e logo, 6 meses despois,
-
7:11 - 7:14estás aínda moi triste,
pero xa empezas a funcionar mellor, -
7:14 - 7:16probablemente sexa dor,
-
7:16 - 7:19e probablemente se resolva
por si mesma en certa medida. -
7:19 - 7:22Se experimentas unha perda catastrófica,
-
7:22 - 7:23e te sentes fatal,
-
7:23 - 7:26e seis meses despois
case non podes funcionar, -
7:26 - 7:29probablemente se desencadeou
unha depresión -
7:29 - 7:31polas circunstancias catastróficas.
-
7:31 - 7:35A traxectoria dinos moito.
-
7:35 - 7:38A xente pensa na depresión
simplemente como estar triste. -
7:38 - 7:41É moita, moita, demasiada tristeza,
-
7:41 - 7:42moita, demasiada dor,
-
7:42 - 7:45por algo tan lixeiro.
-
7:45 - 7:48Cando comezaba a comprender a depresión
-
7:48 - 7:51e a entrevistar persoas que a sufriran,
-
7:51 - 7:56atopei que había xente que tiña
a primeira vista o que parecía -
7:56 - 7:58unha relativamente leve depresión
-
7:58 - 8:01e que estaban aínda así
totalmente incapacitados por ela. -
8:01 - 8:03E había outra xente que parecía ter,
-
8:03 - 8:07segundo a describía, unha depresión grave
-
8:07 - 8:09que tiña porén boas vidas
-
8:09 - 8:12nos intervalos entre episodios depresivos.
-
8:12 - 8:15E comecei a descubrir o que
causaba que certas persoas -
8:15 - 8:18fosen máis resilientes que outras.
-
8:18 - 8:21Cales son os mecanismos
que lle permiten á xente sobrevivir? -
8:22 - 8:25E saín entrevistar unha tras outra
-
8:25 - 8:27persoas que estaban sufrindo depresión.
-
8:27 - 8:29Unha das primeiras ás que entrevistei
-
8:29 - 8:34describiu a depresión como
un xeito máis lento de estar morto -
8:34 - 8:37e para min foi unha boa cousa
oílo ao principio -
8:37 - 8:40porque me recordou
que ese xeito lento de estar morto -
8:40 - 8:41pode levar a unha morte real,
-
8:41 - 8:43que é un asunto serio.
-
8:43 - 8:46É o líder mundial da discapacidade,
-
8:46 - 8:48e a xente morre diso cada día.
-
8:49 - 8:53Unha das persoas coas que falei
cando intentaba entender isto -
8:53 - 8:57era unha querida amiga
coñecida desde había moitos anos, -
8:57 - 9:01e que sufrira un episodio psicótico
no primeiro ano da facultade -
9:01 - 9:04e que despois caeu de golpe
nunha depresión terrible. -
9:04 - 9:06Tiña síndrome bipolar,
-
9:06 - 9:08ou enfermidade maníaco-depresiva,
como se dicía daquela, -
9:08 - 9:12e foille moi ben co litio
durante moitos anos, -
9:12 - 9:15e logo, co tempo, quitáronlle o litio
-
9:15 - 9:17para ver como estaba sen el,
-
9:17 - 9:19e tivo outra psicose
-
9:19 - 9:23e logo caeu na peor depresión
que vin na miña vida, -
9:23 - 9:26durante a que sentaba no
apartamento dos pais -
9:26 - 9:29mais ou menos catatónica,
basicamente sen moverse, -
9:29 - 9:32día tras día tras día.
-
9:32 - 9:35E cando lle preguntei
sobre esta experiencia anos despois, -
9:35 - 9:38-é unha poeta e psicoterapeuta
chamada Maggie Robbins- -
9:38 - 9:42cando a entrevistei, díxome:
-
9:42 - 9:45"Estaba cantando 'A onde foron as flores'
-
9:45 - 9:48unha e outra vez para ocupar a mente.
-
9:48 - 9:51Cantaba para bloquear
as cousas que dicía a miña mente, -
9:51 - 9:56que eran 'Non es nada. Non es ninguén.
-
9:56 - 9:59Non mereces nin vivir.'
-
9:59 - 10:01E aí foi cando de verdade comecei a pensar
-
10:01 - 10:03en suicidarme".
-
10:03 - 10:07Durante a depresión non pensas
que che puxeron un veo gris -
10:07 - 10:11e que ves o mundo a través
dunha néboa de mal humor. -
10:11 - 10:14Pensas que che quitaron o veo,
-
10:14 - 10:16o veo da felicidade,
-
10:16 - 10:18e que agora ves a verdade.
-
10:18 - 10:21É máis fácil axudar
esquizofrénicos que perciben -
10:21 - 10:25que hai algo alleo dentro deles
que precisa ser exorcizado, -
10:25 - 10:27pero é difícil cos depresivos,
-
10:27 - 10:31porque cremos que estamos vendo a verdade.
-
10:31 - 10:33Pero a verdade mente.
-
10:34 - 10:36Obsesioneime con esa frase:
-
10:36 - 10:38"Pero a verdade mente"
-
10:38 - 10:41E descubrín, ao falar
con persoas deprimidas, -
10:41 - 10:43que teñen moitas percepcións ficticias.
-
10:43 - 10:45Eles diranche "Ninguén me quere"
-
10:45 - 10:47e ti dislles "Eu quérote,
-
10:47 - 10:49a túa muller quérete, a túa nai quérete".
-
10:49 - 10:53Podes contestar sen problemas
polo menos a maioría da xente. -
10:53 - 10:55Pero a xente deprimida tamén che dirá:
-
10:55 - 10:59"Tanto ten o que fagamos,
ao final imos morrer." -
10:59 - 11:02Ou dirán: "Non pode haber
auténtica comunión -
11:02 - 11:03entre dous seres humanos.
-
11:03 - 11:06Cada un está atrapado no seu propio corpo"
-
11:06 - 11:07Ao que tes que responder
-
11:07 - 11:09"Iso é certo,
-
11:09 - 11:13pero creo que agora deberiamos
centrarnos en qué imos almorzar". -
11:13 - 11:15(Risos)
-
11:15 - 11:16Gran parte do tempo,
-
11:16 - 11:19o que expresan non é tristura,
senón perspicacia, -
11:19 - 11:22e isto lévame a pensar
que é extraordinario -
11:22 - 11:25que a maioría de nós
coñece estas preguntas existenciais -
11:25 - 11:27sen que nos distraian moito.
-
11:27 - 11:29Había un estudo que
me gustaba especialmente -
11:29 - 11:33no cal a un grupo de xente deprimida e
a un de xente non deprimida -
11:33 - 11:36se lles pide que xoguen
a un videoxogo durante unha hora, -
11:36 - 11:37e ao final desa hora,
-
11:37 - 11:41preguntábaselles cantos monstruíños
pensaban que mataran. -
11:41 - 11:45O grupo deprimido normalmente acertaba
cunha marxe dun 10 por cento, -
11:45 - 11:47e o grupo de non deprimidos
-
11:47 - 11:51supoñía entre 15 e 20 veces máis
monstruíños -
11:51 - 11:52(Risos)
-
11:52 - 11:55dos que realmente mataran.
-
11:56 - 11:59Moita xente dixo, cando decidín
escribir sobre a miña depresión, -
11:59 - 12:03que debía ser moi difícil expoñerse así,
-
12:03 - 12:04que a xente o soubese.
-
12:04 - 12:07Dicían: "A xente fálache distinto?"
-
12:07 - 12:09e eu dicía: "Si, a xente
fálame distinto. -
12:09 - 12:10Fálanme distinto desde o momento
-
12:10 - 12:13en que comezan a falarme
da súa experiencia, -
12:13 - 12:15ou da experiencia da súa irmá,
-
12:15 - 12:16ou da experiencia do seu amigo.
-
12:16 - 12:19A cousas son diferentes porque agora sei
-
12:19 - 12:23que a depresión é o segredo familiar
que todo o mundo ten. -
12:24 - 12:27Hai uns anos fun a unha conferencia
-
12:27 - 12:30e o venres da conferencia de tres días
-
12:30 - 12:33unha das participantes
levoume á parte e díxome: -
12:33 - 12:39"Teño depresión
e dáme un pouco de vergoña, -
12:39 - 12:42pero estiven tomando esta medicación,
-
12:42 - 12:44e só quería preguntarche que opinas".
-
12:44 - 12:47Así que me esforcei en darlle
o mellor consello que puiden. -
12:47 - 12:52E entón díxome: "Sabes?
o meu home nunca entendería isto. -
12:52 - 12:54É o tipo de persoa para o que
isto non tería sentido, -
12:54 - 12:57así que, xa sabes, que quede entre nós."
-
12:57 - 12:59E díxenlle: "Si, está ben."
-
12:59 - 13:01No domingo da mesma conferencia,
-
13:01 - 13:03o seu home chamoume á parte
-
13:03 - 13:04(Risos)
-
13:04 - 13:06e díxome "A miña muller non me vería
-
13:06 - 13:09como o home que son se o soubese
-
13:09 - 13:12pero estou loitando cunha depresión
e estou tomando esta medicación -
13:12 - 13:14e preguntábame que opinabas".
-
13:14 - 13:17Estaban agochando a mesma medicación
-
13:17 - 13:19en dous sitios distintos do mesmo cuarto.
-
13:19 - 13:20(Risos)
-
13:20 - 13:24E díxenlle que pensaba
que a comunicación no matrimonio -
13:24 - 13:27podía estar desencadeando
algúns dos problemas. -
13:27 - 13:28(Risos)
-
13:31 - 13:32Pero tamén quedei abraiado
-
13:32 - 13:36pola incómoda natureza do segredo mutuo.
-
13:36 - 13:38A depresión tamén é extenuante,
-
13:38 - 13:41Requíreche tanto tempo e enerxía,
-
13:41 - 13:42e o silencio ao respecto
-
13:42 - 13:45realmente empeora a depresión.
-
13:45 - 13:47E despois comecei a pensar
-
13:47 - 13:49en todos os xeitos cos
que a xente se sente mellor. -
13:49 - 13:51Comecei como un conservador da medicina.
-
13:51 - 13:54Pensaba que un par
de tipos de terapia funcionaban, -
13:54 - 13:55estaba claro que o facían,
-
13:55 - 13:57estaba a medicación,
-
13:57 - 13:58algúns tipos de psicoterapia,
-
13:58 - 14:01estaba posiblemente
a terapia electroconvulsiva, -
14:01 - 14:04e todo o demais non tiña sentido.
-
14:04 - 14:05Pero entón descubrín algo.
-
14:05 - 14:07Se tes un tumor cerebral
-
14:07 - 14:10e dis que facer o pino
20 minutos cada mañá -
14:10 - 14:12fai que te sintas mellor,
-
14:12 - 14:15se cadra faino,
pero segues tendo un tumor cerebral, -
14:15 - 14:17e probablemente vaias morrer igual.
-
14:17 - 14:20Pero se dis que tes unha depresión,
-
14:20 - 14:22e que facer o pino 20 minutos cada día
-
14:22 - 14:24fai que te sintas mellor, entón funcionou,
-
14:24 - 14:27porque a depresión é unha
doenza de como te sentes, -
14:27 - 14:28e se te sentes mellor,
-
14:28 - 14:31entón efectivamente
xa non estás deprimido. -
14:31 - 14:33Así que me volvín moito máis tolerante
-
14:33 - 14:36co amplo mundo
dos tratamentos alternativos. -
14:36 - 14:38E recibo cartas, recibo centos de cartas
-
14:38 - 14:41de xente que me conta
o que lles funcionou. -
14:41 - 14:45Alguén me preguntou hoxe
entre bastidores, sobre a meditación. -
14:45 - 14:49A miña carta favorita,
entre as que recibín, era dunha muller -
14:49 - 14:51que escribiu e me dixo que
probara terapia, medicación, -
14:51 - 14:53que probara case de todo,
-
14:53 - 14:56pero atopou a solución, e quería
que eu llo dixese ao mundo, -
14:56 - 15:00e era facer cousiñas de fío.
-
15:00 - 15:01(Risos)
-
15:03 - 15:05Envioume algunhas.
-
15:05 - 15:06(Risos)
-
15:06 - 15:08E non as levo postas agora mesmo.
-
15:08 - 15:09(Risos)
-
15:10 - 15:12Suxerinlle que debería mirar tamén
-
15:12 - 15:16trastorno obsesivo compulsivo no DSM.
-
15:17 - 15:20E así, cando miraba
os tratamentos alternativos, -
15:20 - 15:22gañaba perspectiva respecto
aos outros tratamentos. -
15:22 - 15:25Pasei por un exorcismo tribal en Senegal
-
15:25 - 15:27que incluía bastante
sangue de año -
15:27 - 15:29e do que non vou dar detalles agora mesmo,
-
15:29 - 15:31pero uns anos despois estaba en Ruanda,
-
15:31 - 15:33traballando nun proxecto distinto,
-
15:33 - 15:36E resulta que lle describín
a miña experiencia a alguén, -
15:36 - 15:37e díxome:
-
15:37 - 15:40Ben, iso é o oeste de África,
estamos no leste -
15:40 - 15:42e os nosos rituais son distintos
nalgúns aspectos, -
15:42 - 15:43pero temos algúns rituais
-
15:43 - 15:45que teñen algo en común co que describes."
-
15:45 - 15:47E dixo:
-
15:47 - 15:50"Pero temos moitos problemas cos
traballadores occidentais de saúde mental, -
15:50 - 15:52especialmente cos que
viñeron tralo xenocidio." -
15:52 - 15:55E dixen: "Que tipo de problemas tedes?
-
15:55 - 15:59E díxome: "Ben, fan cousas moi estrañas.
-
15:59 - 16:01Non levan a xente ao sol,
-
16:01 - 16:03cando comezan a estar mellor,
-
16:03 - 16:06non inclúen percusión ou música
que fai que o sangue se mova. -
16:06 - 16:08Non implican toda a comunidade.
-
16:08 - 16:11Non externalizan a depresión
como un espírito invasor. -
16:11 - 16:16En vez diso, o que fan é levar a xente
unha por unha a uns cuartiños sórdidos -
16:16 - 16:18e teñenos falando unha hora
-
16:18 - 16:20sobre as cousas malas que lles pasaron."
-
16:20 - 16:22(Risos)
-
16:22 - 16:24(Aplausos)
-
16:25 - 16:27Díxome: "Pedímoslles
que marchasen do país." -
16:27 - 16:29(Risos)
-
16:30 - 16:33Na outra esquina dos
tratamentos alternativos, -
16:33 - 16:35deixádeme falarvos de Frank Russakoff.
-
16:35 - 16:41Frank Russakoff tiña probablemente
a peor depresión que vin nun home. -
16:41 - 16:43Estaba continuamente deprimido,
-
16:43 - 16:45Estaba, cando o coñecín, nun punto no que
-
16:45 - 16:48cada mes recibía un
tratamento de electroshock. -
16:48 - 16:51Sentíase desorientado unha semana,
-
16:51 - 16:53despois sentíase ben unha semana,
-
16:53 - 16:54despois tiña unha semana de caída,
-
16:54 - 16:57e despois recibía outro
tratamento de electroshock. -
16:57 - 16:58E cando o coñecín díxome:
-
16:58 - 17:01"É insufrible pasar as
semanas deste xeito, -
17:01 - 17:03non podo seguir así,
-
17:03 - 17:05e xa sei como vou acabar
-
17:05 - 17:06se non melloro.
-
17:06 - 17:10Pero -díxome- oín falar dun protocolo
no Mass General -
17:10 - 17:14para unha cirurxía chamada cingulotomía
que é unha operación cerebral, -
17:14 - 17:16e creo que o vou tentar."
-
17:16 - 17:19E lembro estar fascinado nese momento
ao pensar que alguén -
17:19 - 17:22que claramente pasou por
tantas malas experiencias -
17:22 - 17:24con tantos tratamentos diferentes
-
17:24 - 17:27aínda tivese nalgún sitio
do seu interior o optimismo -
17:27 - 17:30suficiente para buscar outro máis.
-
17:30 - 17:34E pasou por esta cirurxía
e tivo moito éxito. -
17:34 - 17:35Agora é amigo meu,
-
17:35 - 17:39ten unha esposa adorable
e dous preciosos fillos. -
17:39 - 17:42Escribiume unha carta
o Nadal posterior á operación -
17:42 - 17:43e díxome:
-
17:43 - 17:46"O meu pai mandoume dous regalos este ano,
-
17:46 - 17:48primeiro, unha torre de CD
automática de The Sharper Image -
17:48 - 17:50que eu non precisaba,
-
17:50 - 17:52pero sei que ma estaba dando para celebrar
-
17:52 - 17:55que eu vivise só e tivese un traballo
que parecía encantarme. -
17:55 - 17:59E o outro regalo,
era unha foto da miña avoa, -
17:59 - 18:01que se suicidou.
-
18:01 - 18:04Cando o desenvolvín, comecei a chorar,
-
18:04 - 18:06e veu a miña nai e díxome:
-
18:06 - 18:09"Estás chorando por parentes
que non coñeciches?" -
18:09 - 18:13e eu díxenlle: "Tiña a mesma
enfermidade ca min". -
18:13 - 18:16Choro agora mentres che escribo.
-
18:16 - 18:19Non é que estea triste,
senón sobrecollido. -
18:19 - 18:21Porque creo que eu puiden suicidarme
-
18:21 - 18:25pero meus pais termaron de min,
e tamén os doutores -
18:25 - 18:27e a cirurxía.
-
18:27 - 18:29Estou vivo e agradecido.
-
18:30 - 18:34Vivimos no momento correcto,
aínda que ás veces non o pareza." -
18:36 - 18:38Estaba sorprendido porque a depresión
-
18:38 - 18:43é maiormente percibida como unha cousa
moderna, occidental, da clase media, -
18:43 - 18:47e fun mirar como funcionaba
nunha variedade de contextos, -
18:47 - 18:49e unha das cousas que
máis interese me causou -
18:49 - 18:51foi a depresión entre os indixentes.
-
18:51 - 18:53Así que intentei saber
-
18:53 - 18:55que se facía polas persoas
pobres con depresión, -
18:55 - 18:57E o que descubrín foi
que as persoas pobres -
18:57 - 19:00maioritariamente non son tratadas
para a depresión. -
19:00 - 19:03A depresión é o resultado
da vulneralidade xenética, -
19:03 - 19:06que en principio está distribuída
igualitariamente entre a poboación, -
19:06 - 19:08e as circunstancias desencadeantes,
-
19:08 - 19:12que adoitan ser máis graves
para a xente empobrecida. -
19:12 - 19:15E aínda así resulta que se tes
unha vida estupenda -
19:15 - 19:17pero sempre te sentes miserable
-
19:17 - 19:19pensas: "Por que me sinto así?
-
19:19 - 19:20Debo ter unha depresión."
-
19:20 - 19:22E decides buscar un tratamento.
-
19:22 - 19:24Pero se tes unha vida desastrosa,
-
19:24 - 19:26e sénteste miserable todo o tempo,
-
19:26 - 19:29o teu sentimento concorda coa túa vida,
-
19:29 - 19:30e non se che ocorre pensar,
-
19:30 - 19:32"Se cadra isto pódese tratar."
-
19:32 - 19:36Así que temos unha epidemia neste país
-
19:36 - 19:38de depresión entre persoas empobrecidas
-
19:38 - 19:41que non se detecta, que non se trata
-
19:41 - 19:43e que non se aborda,
-
19:43 - 19:45e é unha traxedia de gran magnitude.
-
19:45 - 19:47Así que atopei una académica
-
19:47 - 19:50que facía un proxecto de investigación
nos arrabaldes pobres de D.C., -
19:50 - 19:53onde seleccionaba mulleres
que foran por outros problemas de saúde -
19:53 - 19:55e eran diagnosticadas de depresión
-
19:55 - 19:58e proporcionáballes seis meses
baixo o protocolo experimental. -
19:58 - 20:00Unha delas, Lolly, veu
-
20:00 - 20:03e díxome isto o día que veu.
-
20:03 - 20:07Díxome, e era unha muller que, por certo,
tiña sete fillos. -
20:07 - 20:11Díxome: "Tiña un traballo,
pero tiven que deixalo porque -
20:11 - 20:13non era capaz de saír da casa.
-
20:13 - 20:15Non tiña nada que
dicirlles aos meus fillos. -
20:15 - 20:18Pola maña, estou desexando que marchen,
-
20:18 - 20:21para meterme na cama e
tapar a cabeza coas mantas, -
20:21 - 20:23e as tres, cando volven,
-
20:23 - 20:24chegan tan rápido".
-
20:24 - 20:27Díxome: "Tomaba moito Tylenol,
-
20:27 - 20:29calquera cousa coa que
puidese durmir máis, -
20:29 - 20:33o meu marido dicíame
que era estúpida, fea. -
20:33 - 20:36Oxalá puidese parar a dor".
-
20:37 - 20:39Ben, trouxérona a este
protocolo experimental, -
20:39 - 20:42e cando a entrevistei
seis meses despois, -
20:42 - 20:46tiña un traballo coidando nenos
-
20:46 - 20:50para o exército americano,
deixara o marido violento, -
20:50 - 20:52e díxome:
-
20:52 - 20:54"Os meus fillos son
moito máis felices agora." -
20:54 - 20:57Dixo: "Hai un cuarto na miña nova casa
para os rapaces -
20:57 - 20:59e un para as rapazas,
-
20:59 - 21:01pero pola noite, saltan á miña cama,
-
21:01 - 21:04e facemos os deberes xuntos e todo.
-
21:04 - 21:06Un deles quere ser predicador,
-
21:06 - 21:07outro quere ser bombeiro,
-
21:07 - 21:10e unha das nenas di que vai ser avogada.
-
21:10 - 21:12Xa non choran como antes,
-
21:12 - 21:15nin pelexan como facían.
-
21:15 - 21:19Iso é todo o que preciso, os meus fillos.
-
21:19 - 21:21As cousas seguen cambiando,
-
21:21 - 21:26como me visto, como me sinto, como actúo.
-
21:26 - 21:29Xa podo saír sen ter medo,
-
21:29 - 21:33e non creo que eses malos
sentimentos vaian volver, -
21:33 - 21:36e se non fora pola doutora Miranda e isto,
-
21:36 - 21:39estaría aínda na casa,
coas mantas enriba da cabeza, -
21:40 - 21:42no caso de estar aínda viva.
-
21:42 - 21:46Pedinlle ao Señor que me enviase un anxo,
-
21:46 - 21:49e escoitou as miñas pregarias."
-
21:50 - 21:53Estaba realmente conmovido
por estas experiencias, -
21:53 - 21:56e decidín que quería escribir sobre elas,
-
21:56 - 21:59non só no libro que escribía
senón tamén nun artigo, -
21:59 - 22:01así que me encargaron
da revista New York Times, -
22:01 - 22:03escribir sobre a depresión
entre os indixentes. -
22:03 - 22:05E entreguei a miña historia,
-
22:05 - 22:09e o meu editor chamoume e díxome:
"Non podemos publicar isto." -
22:09 - 22:10E díxenlle: "Por que?"
-
22:10 - 22:12E díxome: "É demasiado rebuscado.
-
22:12 - 22:16Esta xente está
como no máis baixo da sociedade -
22:16 - 22:18e cun par de meses de tratamento
-
22:18 - 22:20xa están virtualmente listas
para manexar Morgan Stanley? -
22:20 - 22:22É demasiado imposible."
-
22:22 - 22:24Díxome: "Nunca oín nada igual."
-
22:24 - 22:27E díxenlle: "O feito de que nunca o oíras
-
22:27 - 22:30é un indicativo de que son 'noticias'."
-
22:30 - 22:32(Risas)
-
22:32 - 22:33(Aplausos)
-
22:37 - 22:40"E vós sodes unha revista de noticias."
-
22:40 - 22:43Despois dunha serie de
negociacións accederon. -
22:43 - 22:47Pero penso moito en que o que dixo
estaba dalgún xeito conectado -
22:47 - 22:51co desprezo que a xente aínda ten
pola idea do tratamento, -
22:51 - 22:52a noción de que dalgún xeito se saímos
-
22:52 - 22:55e tratamos moita xente
en comunidades de indixentes -
22:55 - 22:57sería un tipo de explotación,
-
22:57 - 22:59porque os estariamos cambiando.
-
22:59 - 23:02Hai un imperativo da falsa moral
que parece rodearnos, -
23:02 - 23:05de que o tratamento da depresión,
-
23:05 - 23:07os medicamentos e demais,
son un artificio, -
23:07 - 23:09e que non é natural.
-
23:09 - 23:12E eu penso que é un erro.
-
23:12 - 23:16É natural que á xente lle caian os dentes,
-
23:16 - 23:19pero non hai ninguén militando
contra a pasta de dentes, -
23:19 - 23:21polo menos non nos meus círculos.
-
23:22 - 23:23A xente di:
-
23:23 - 23:26"Pero a depresión non é algo que se
supón que hai que experimentar? -
23:26 - 23:28Non evolucionamos para ter depresión?
-
23:28 - 23:30Non é parte da personalidade?"
-
23:30 - 23:32Ao que debo dicir, o humor é adaptable,
-
23:32 - 23:36ser quen de sentir tristura e medo,
-
23:36 - 23:37e alegría e pracer,
-
23:37 - 23:41e todos os outros estados de ánimo
que temos, é incriblemente valioso. -
23:41 - 23:43E unha depresión grave
-
23:43 - 23:46é algo que ocorre
cando o sistema creba. -
23:46 - 23:48É falta de adaptación.
-
23:48 - 23:50A xente virá e dirame:
-
23:50 - 23:52"Creo, aínda así, que
se aguantara outro ano, -
23:52 - 23:54podería superalo."
-
23:54 - 23:56E sempre lles digo: "Quizais o superaras,
-
23:56 - 23:59pero nunca volverás a ter 37 anos.
-
23:59 - 24:04A vida é curta, e é un ano enteiro
do que estás a falar. -
24:04 - 24:05Pénsao ben."
-
24:06 - 24:08É estraña a pobreza da lingua inglesa,
-
24:08 - 24:10e de feito de moitas outras linguas,
-
24:10 - 24:13que utilizamos a mesma palabra, depresión,
-
24:13 - 24:16para describir como se sente un neno
cando chove no seu aniversario, -
24:16 - 24:21e para describir como se sente unha persoa
o minuto antes de suicidarse. -
24:21 - 24:25A xente dime: "Ben, é unha
continuación da tristeza normal?" -
24:25 - 24:28E eu digo, en certo modo, é
unha continuación da tristeza normal. -
24:28 - 24:30Hai un certo grao de continuidade,
-
24:30 - 24:32pero é o mesmo tipo de continuación
-
24:32 - 24:34entre ter un valo de ferro arredor da casa
-
24:34 - 24:35que ten un puntiño de ferruxe
-
24:35 - 24:38que tes que lixar e pintar un pouco
-
24:38 - 24:41e o que sucede se
abandonas a casa 100 anos -
24:41 - 24:45e se enferruxou tanto que
só é unha morea de po laranxa. -
24:45 - 24:47E é esa morea de po laranxa,
-
24:47 - 24:49ese problema do po laranxa,
-
24:49 - 24:52o que estamos tentando abordar.
-
24:52 - 24:54E agora a xente di:
-
24:54 - 24:57"Tomas estas pastillas da
felicidade, e xa es feliz?" -
24:57 - 24:58E non.
-
24:59 - 25:02Pero non me sinto triste
por ter que xantar, -
25:02 - 25:04e non me sinto triste
polo contestador, -
25:04 - 25:07e non me sinto triste
por ter que ducharme. -
25:07 - 25:10De feito, penso que sinto máis,
-
25:10 - 25:12porque podo sentir tristeza
sen sentir nulidade. -
25:12 - 25:17Sintome triste polas
decepcións profesionais, -
25:17 - 25:19polas relacións danadas,
-
25:19 - 25:21e polo quecemento global.
-
25:21 - 25:24Esas son as cousas polas
que me sinto triste agora. -
25:24 - 25:27E díxenme a min mesmo,
cal é a conclusión? -
25:27 - 25:29Como conseguiu esta
xente que ten vidas mellores, -
25:29 - 25:32aínda con peores depresións,
seguir adiante? -
25:32 - 25:34Cal é o mecanismo da resiliencia?
-
25:34 - 25:37E o que aparecía continuamente
-
25:37 - 25:39era que a xente que nega a experiencia,
-
25:39 - 25:42e din "Tiven depresión hai moito tempo,
-
25:42 - 25:43e non quero volver pensar nela,
-
25:43 - 25:44e non quero mirala,
-
25:44 - 25:46simplemente vou seguir coa miña vida",
-
25:46 - 25:51ironicamente, son as persoas que
están máis escravizadas polo que teñen. -
25:51 - 25:54Silenciar a depresión refórzaa.
-
25:54 - 25:57Mentres a escondes, medra.
-
25:57 - 26:00E a xente que mellor o fai,
-
26:00 - 26:04e a que é tolerante
co feito de ter esa condición. -
26:04 - 26:08Aquela que pode aceptar a súa depresión,
é quen acada a resiliencia. -
26:08 - 26:10Frank Russakoff díxome:
-
26:10 - 26:14"Se tivese que facelo de novo,
supoño que non o faría deste xeito, -
26:14 - 26:17pero dun modo estraño,
estou agradecido pola experiencia. -
26:17 - 26:21Estou contento por
ter que estar 40 veces no hospital. -
26:21 - 26:24Ensinoume tanto sobre o amor,
-
26:24 - 26:27e a miña relación
cos meus pais e doutores, -
26:27 - 26:31foi tan valiosa, e sempre o será".
-
26:31 - 26:33E Maggie Robbins dixo:
-
26:33 - 26:36"Adoitaba ser voluntaria
nunha clínica de SIDA -
26:36 - 26:39e simplemente falaba e falaba e falaba
-
26:39 - 26:43e a xente coa que trataba
non era moi receptiva, e pensaba: -
26:43 - 26:46'Isto non é moi amable
nin útil pola súa parte' -
26:46 - 26:47(Risos)
-
26:47 - 26:48"E despois deime de conta,
-
26:48 - 26:50deime de conta de
que non ían facer máis, -
26:50 - 26:53que eses escasos primeiros
minutos de conversa. -
26:53 - 26:55Ía simplemente ser un momento
-
26:55 - 26:58no que eu non tiña SIDA
e non estaba morrendo, -
26:58 - 27:01pero podía aceptar o feito
de que eles si o estiveran, -
27:01 - 27:02e estábano.
-
27:02 - 27:06As nosas necesidades son
os nosos maiores activos. -
27:06 - 27:11Resulta que aprendín a dar
todo o que preciso." -
27:12 - 27:16Valorar a depresión propia
non evita unha recaída, -
27:16 - 27:19pero pode facer a perspectiva
dunha recaída -
27:19 - 27:23e mesmo a recaída
máis fácil de aceptar. -
27:23 - 27:27A pregunta non é tanto
atopar un gran significado -
27:27 - 27:29e decidir que a túa depresión tivo moito
significado. -
27:29 - 27:33Está en buscar ese significado
e pensar, cando volve: -
27:33 - 27:37"Isto vai ser infernal,
pero vou aprender algo." -
27:37 - 27:40Aprendín da miña propia depresión
-
27:40 - 27:42o grande que pode ser unha emoción,
-
27:42 - 27:44como pode ser máis real que os feitos,
-
27:45 - 27:48e descubrín que esta experiencia
-
27:48 - 27:51me permitiu experimentar
emocións positivas -
27:51 - 27:54dun modo máis intenso e máis centrado.
-
27:54 - 27:58O oposto á depresión non é a felicidade,
-
27:58 - 27:59senón a vitalidade,
-
27:59 - 28:02e estes días, a miña vida é vital,
-
28:02 - 28:05aínda nos días que estou triste.
-
28:05 - 28:08Sentín ese funeral no meu cerebro,
-
28:08 - 28:11e senteime preto do Coloso,
no bordo do mundo, -
28:12 - 28:16e descubrín algo dentro de min
-
28:16 - 28:18que debería chamar alma
-
28:18 - 28:22que nunca formulara
ata ese día hai 20 anos -
28:22 - 28:26cando o inferno me fixo
unha visita sorpresa. -
28:27 - 28:31Creo que aínda que odiaba estar deprimido
-
28:31 - 28:33e que odiaría estar deprimido de novo,
-
28:33 - 28:36atopei un xeito de amar a miña depresión.
-
28:36 - 28:41Ámoa porque me obrigou
a buscar e aferrarme á alegría. -
28:41 - 28:44Ámoa porque cada día decido,
-
28:44 - 28:46ás veces valentemente,
-
28:46 - 28:48e ás veces contra a lóxica do momento,
-
28:48 - 28:51pegarme ás razóns para vivir.
-
28:51 - 28:55E iso, creo, é unha grande
e privilexiada alegría. -
28:55 - 28:56Grazas.
-
28:56 - 28:59(Aplausos)
-
28:59 - 29:00Grazas.
-
29:00 - 29:04(Aplausos)
- Title:
- Depresión, o segredo que compartimos
- Speaker:
- Andrew Solomon
- Description:
-
"O oposto á depresión non é a felicidade, senón a vitalidade, e era a vitalidade o que parecía fuxir de min naquel momento". Nunha conferencia a partes iguais elocuente e devastadora, o escritor Andrew Solomon lévate ás esquinas máis escuras da súa mente durante os anos que pelexou contra a depresión. Isto levouno a unha esclarecedora viaxe a través do mundo para entrevistar outras persoas con depresión e a descubrir, para a súa sorpresa, que canto máis falaba el, máis querían as outras persoas contar as súas propias historias. (Gravado en TEDxMet).
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 29:21
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Depression, the secret we share | ||
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for Depression, the secret we share | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Depression, the secret we share | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Depression, the secret we share | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Depression, the secret we share | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Depression, the secret we share | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Depression, the secret we share | ||
Carme Paz accepted Galician subtitles for Depression, the secret we share |