A Historia da tipografía
O tipo é poder
O poder de expresar palabras e ideas visualmente.
É algo de sempre pero en cambio constante
e iso é o que imos explorar.
A maioría da xente cre que o creador da tipografía foi o alemán Johannes Gütemberg
e... si, el tiña un pucho coma este.
Antes que Gütemberg chegase e revolucionase o mundo da comunicación,os libros necesitaban ser perfilados á man
durante meses por monxes, o que era un proceso moi traballoso e caro.
Deste xeito, Gütemberg creou a primeira Letra Negra inspirada na escrita dos monxes despois de perfilala sobre retallos de papel.
A Letra Negra tiña paus grosos e delgados conectores horizontais que a facían moi apropiada para a escritura
pero que se facía moi densa e confusa cando se xuntaban letras para imprimilas
Algo tiña que cambiar.
Aparece o tipo Romana.
Esta tipografía en particular é a Cambria e estará seguramente afeito a vela nun procesador de texto
pero a primeira tipografía romana creouse na 15ª centuria da man do francés Nicolas Jenson.
Estes son os feitos que o levaron ata aquí.
Jenson traballou fundamentalmente na Venecia italiana e inspirouse na letra que atopou nos vellos edificios romanos,
de modo que esta letra está baseada en liñas rectas e curvas regulares.
Isto facía que fosen claramente lexibles en comparanza coas formas escuras da Letra Negra.
Este novo aspecto tivo un éxito inmediato e rapidamente se difundiu por toda Europa cabalgando ás costas do Renacemento
A seguinte maior invención na tipografía, despois das letras romanas, foron as cursivas ou itálicas que eran delgadas e estilazas versións dos tipos de romana
Foron creados a finais da 15ª centuria, todos estes novos tipos de letras de Italia saían de axustar máis letras no mesmo espazo e aforrar diñeiro.
Agora nós utilizamos as cursivas como tipo intermedio entre as formas romanas.
Todas estas razóns levaron tamén á creación da moderna coma ou do punto e coma
pero iso xa é outra historia...
O desenvolvemento técnico estancouse durante a 18ª centuria en Inglaterra ata que William Calson chegou a un novo estándar en lexibilidade.
Ben, non era tan radical, simplemente que todo o mundo admirou o estilo
das tipografías Caslon, agora coñecidas como o «estilo vello».
Unhas décadas máis tarde, outro bloque máis no muro foi colocado por John Baskerville cun novo conxunto de glifos chamado «Transicional»
Máis tarde aínda, un francés chamado Didot e un italiano chamado Bodoni crearon as pezas que clasificamos como Moderna
A maioría dos tipos con serifa atópanse nunha destas tres categorías pero, que significa cada categoría?
Os tipos do estilo vello teñen remates grosos e hastas e óvalos con pouco contraste;
Os tipos transicionais teñen caracteres con remates finos e maior contraste de grosor entre hastas e óvalos;
Os tipos modernos teñen remates moi finos e extremo contraste no grosor entre hastas e óvalos.
Caslon William IV neto de William Caslon decidiu eliminar definitivamente os remates e crear un novo tipo sen serifa (sen gracia).
Non resulta apreciado inmediatamente pero vai ser un gran traballo
Durante a segunda revolución industrial, a publicidade crea a necesidade de novos tipos de letras.
As letras vólvense máis altas e amplas, utilízanse en grandes carteis e valos publicitarios.
As cousas aínda non se ven moi claramente pero un dos resultados desta experimentación é a letra Exipcia.
Trae trazos verticais moi grosos que teñen moita aceptación para os títulos
Fronte á complexidade da letra do século XIX, os comezos do século XX trouxeron unha letra simple
Paul Renner da Alemaña creou a tipografía Futura,
baseada en formas xeométricas simples. Chamámoslle xeométrica sen serifa (pau seco)
Ao mesmo tempo o británico Eric Gill crea a Gill Sans, que é semellante á sen serifa xeométrica pero elegante e con curvas naturais. A esta chamámoslle «Humanista sen serifa»
O seguinte paso importante no mundo dos tipos sen serifa, sucede en Suíza, en 1957 coa aparición da Helvética.
Non é unha simple letra ovalada e ten gran cantidade de diferentes grosores. Algúns dirán que a Helvética é a súa letra favorita entre todas.
O mundo da tipografía cambiou para sempre coa irrupción do computador.
Pasaron os lamentosos anos nos que tiñamos letras de con ásperos píxels por culpa daquelas pantallas primitivas.
A tecnoloxía evolucionou e os computadores permiten hoxe a creación de milleiros de tipos de letra fermosos.
E tamén...ehem...esa cousa... [Comic Sans]
Agora calquera persoa pode crear a súa letra única e propia.
E esta é a historia da tipografía
Audiovisual de Ben Barrett-Forrest