1 00:00:01,619 --> 00:00:03,089 Hai dez anos 2 00:00:03,089 --> 00:00:06,067 recibín unha chamada telefónica que cambiou a miña vida. 3 00:00:06,897 --> 00:00:10,849 Daquela, eu era cardióloga na UCLA [Universidade de California, Los Ángeles] 4 00:00:10,849 --> 00:00:13,696 especializada en técnicas de imaxe cardíaca. 5 00:00:14,286 --> 00:00:18,875 Quen me chamaba era un veterinario do Zoo de Los Ángeles. 6 00:00:19,815 --> 00:00:22,469 Unha vella chimpancé 7 00:00:22,469 --> 00:00:25,292 espertara con parálise facial 8 00:00:25,292 --> 00:00:28,308 e aos veterinarios preocupábaos que fose un infarto cerebral. 9 00:00:28,628 --> 00:00:31,553 Preguntáronme se podía ir ao zoo 10 00:00:31,553 --> 00:00:33,601 e facerlle un escáner ao corazón do animal 11 00:00:33,601 --> 00:00:36,541 para procurar unha posible causa cardíaca. 12 00:00:37,291 --> 00:00:40,929 Cómpre deixar claro que os zoos dos Estados Unidos 13 00:00:40,929 --> 00:00:45,058 contan con equipos veterinarios acreditados e altamente cualificados 14 00:00:45,058 --> 00:00:48,917 que coidan de maneira excelente dos seus pacientes animais. 15 00:00:49,727 --> 00:00:53,813 Pero ás veces, diríxense á comunidade médica, 16 00:00:53,813 --> 00:00:58,184 especialmente para algunha consulta especializada, 17 00:00:58,184 --> 00:01:03,363 e eu fun un dos afortunados médicos aos que pediron axuda. 18 00:01:04,233 --> 00:01:10,456 Puiden descartar o infarto cerebral no caso desta chimpancé 19 00:01:10,456 --> 00:01:16,020 e asegurarme de que esta gorila non sufría unha esgazadura na aorta, 20 00:01:16,800 --> 00:01:21,197 avaliei este guacamaio por un posible sopro cardíaco, 21 00:01:21,587 --> 00:01:28,476 e comprobei que o pericardio deste león mariño non estaba inflamado. 22 00:01:29,056 --> 00:01:33,314 Velaquí estou nesta foto, auscultando o corazón dun león 23 00:01:33,314 --> 00:01:36,931 despois de salvármoslle a vida, nun procedemento colaborativo 24 00:01:36,931 --> 00:01:39,848 de veterinarios e médicos 25 00:01:39,848 --> 00:01:44,165 no que lle extraemos 700 cc de fluído 26 00:01:44,165 --> 00:01:47,969 do saco que envolve o seu corazón. 27 00:01:48,569 --> 00:01:53,382 E este procedemento, que xa practiquei en moitos pacientes humanos, 28 00:01:53,382 --> 00:02:00,273 foi idéntico, coa excepción desa gadoupa e desa cola. 29 00:02:00,683 --> 00:02:02,163 (Risos) 30 00:02:02,653 --> 00:02:09,124 A maior parte do tempo eu traballaba con médicos no Centro Médico da UCLA, 31 00:02:09,124 --> 00:02:14,158 debatendo síntomas, diagnósticos e tratamentos 32 00:02:14,158 --> 00:02:16,929 para os meus pacientes humanos; 33 00:02:17,369 --> 00:02:21,877 pero ás veces traballaba con veterinarios no Zoo de Los Ángeles, 34 00:02:21,877 --> 00:02:26,122 debatendo síntomas, diagnósticos e tratamentos, 35 00:02:26,122 --> 00:02:28,168 para os seus pacientes animais. 36 00:02:28,748 --> 00:02:33,841 E de cando en vez, no mesmo día 37 00:02:33,841 --> 00:02:37,620 pasaba visitas no Centro Médico da UCLA 38 00:02:37,620 --> 00:02:39,983 e no Zoo de Los Ángeles. 39 00:02:40,523 --> 00:02:45,661 E empecei a ver claramente unha cousa: 40 00:02:46,861 --> 00:02:51,167 basicamente, os médicos e os veterinarios 41 00:02:51,167 --> 00:02:55,257 atendían as mesmas doenzas nos seus pacientes humanos e animais: 42 00:02:56,337 --> 00:03:00,850 insuficiencias cardíacas conxestivas, tumores cerebrais, 43 00:03:00,850 --> 00:03:09,101 leucemia, diabetes, artrite, esclerose lateral amiotrófica, cancro de peito, 44 00:03:09,101 --> 00:03:14,241 incluso trastornos psiquiátricos, como depresión, ansiedade, 45 00:03:14,241 --> 00:03:19,828 compulsións, desordes alimentarias e autolesións. 46 00:03:20,788 --> 00:03:22,986 Ben, teño que facerlles unha confesión. 47 00:03:23,666 --> 00:03:30,515 Aínda que estudei fisioloxía comparada e bioloxía evolutiva 48 00:03:30,515 --> 00:03:32,598 durante a universidade 49 00:03:32,598 --> 00:03:37,136 --mesmo fixen a miña tese de grao sobre as teorías de Darwin-- 50 00:03:37,136 --> 00:03:39,856 aprender máis sobre as significativas coincidencias 51 00:03:39,856 --> 00:03:42,402 entre as enfermidades animais e humanas 52 00:03:42,592 --> 00:03:47,111 foi un toque de atención moi necesario para min. 53 00:03:48,311 --> 00:03:52,799 E comecei a preguntarme como podía ser, con todas esas coincidencias, 54 00:03:52,799 --> 00:03:58,317 que nunca lle pedise opinión a un veterinario 55 00:03:58,317 --> 00:04:00,844 ou consultase bibliografía veterinaria. 56 00:04:00,844 --> 00:04:04,053 para ter outra perspectiva sobre un dos meus pacientes humanos? 57 00:04:05,183 --> 00:04:11,324 Por que ningún dos meus amigos ou colegas médicos 58 00:04:11,324 --> 00:04:16,297 asistimos nunca a unha conferencia veterinaria? 59 00:04:18,327 --> 00:04:23,883 Aínda máis, por que debería sorprendernos? 60 00:04:24,443 --> 00:04:30,588 Todos os médicos aceptan algunhas conexións biolóxicas 61 00:04:30,588 --> 00:04:32,858 entre os animais e os seres humanos. 62 00:04:33,488 --> 00:04:38,257 Todos os medicamentos que receitamos, que tomamos 63 00:04:38,257 --> 00:04:40,891 ou que lle damos ás nosas familias 64 00:04:40,891 --> 00:04:43,491 probáronse antes nun animal. 65 00:04:44,471 --> 00:04:46,227 Pero hai unha gran diferenza 66 00:04:46,227 --> 00:04:52,272 entre darlle a un animal un medicamento ou inocularlle unha doenza humana 67 00:04:52,832 --> 00:04:56,777 e que ese animal desenvolva por si mesmo insuficiencia cardíaca conxestiva, 68 00:04:56,777 --> 00:05:01,384 diabetes ou cancro de peito. 69 00:05:03,324 --> 00:05:05,955 Se cadra, parte da sorpresa 70 00:05:05,955 --> 00:05:09,539 procede da separación crecente que o noso mundo fai 71 00:05:09,539 --> 00:05:12,913 entre o urbano e o non urbano. 72 00:05:13,423 --> 00:05:16,121 Escoitamos falar deses nenos urbanitas 73 00:05:16,121 --> 00:05:20,192 que pensan que a la medra nas árbores 74 00:05:20,192 --> 00:05:23,286 ou que o queixo sae dunha planta. 75 00:05:24,256 --> 00:05:26,989 Os hospitais humanos de hoxe en día 76 00:05:26,989 --> 00:05:33,220 estanse a transformar cada vez máis en lucentes catedrais da tecnoloxía. 77 00:05:33,810 --> 00:05:38,717 E isto crea unha distancia psicolóxica entre os pacientes humanos 78 00:05:38,717 --> 00:05:40,947 que alí son tratados 79 00:05:41,437 --> 00:05:45,284 e os pacientes animais que viven nos océanos, 80 00:05:45,934 --> 00:05:48,742 nas granxas e nas selvas. 81 00:05:49,452 --> 00:05:53,481 Pero eu penso que aínda hai unha razón máis profunda: 82 00:05:54,561 --> 00:06:01,294 os médicos e os científicos aceptamos intelectualmente que a nosa especie, 83 00:06:01,294 --> 00:06:05,035 o Homo sapiens, é só unha especie máis, 84 00:06:05,035 --> 00:06:09,286 nin máis única nin especial ca calquera outra. 85 00:06:10,506 --> 00:06:15,522 Pero no noso interior non acabamos de crelo. 86 00:06:16,572 --> 00:06:20,536 Pásame a min mesma cando escoito a Mozart 87 00:06:20,866 --> 00:06:25,856 ou vexo no meu MacBook as fotos que fixo o Mars Rover. 88 00:06:26,266 --> 00:06:31,172 Sinto esa chamada da excepcionalidade humana, 89 00:06:31,812 --> 00:06:36,370 aínda recoñecendo o custo cientificamente illante 90 00:06:36,370 --> 00:06:41,926 de vernos como unha especie superior, á parte. 91 00:06:42,746 --> 00:06:45,429 Ben, pero esta tempada estou intentándoo. 92 00:06:45,979 --> 00:06:49,911 Agora, cando vexo a un paciente humano, sempre me pregunto: 93 00:06:50,441 --> 00:06:54,823 Que saben os médicos de animais sobre este problema que eu non sei? 94 00:06:55,283 --> 00:07:00,745 e mais: Podería coidar mellor ao meu paciente humano 95 00:07:00,745 --> 00:07:05,558 se o vise como un paciente animal humano? 96 00:07:07,858 --> 00:07:12,095 E velaquí algúns exemplos das suxestivas conexións 97 00:07:12,095 --> 00:07:15,087 a que me levou este tipo de razoamento. 98 00:07:16,057 --> 00:07:18,894 Insuficiencia cardíaca inducida por medo. 99 00:07:18,894 --> 00:07:25,068 Alá polo ano 2000, os cardiólogos de humanos "descubriron" 100 00:07:25,318 --> 00:07:28,208 a insuficiencia cardíaca emocionalmente inducida. 101 00:07:28,898 --> 00:07:34,000 Foi descrita nun pai adicto ao xogo que perdeu os aforros de toda a vida 102 00:07:34,000 --> 00:07:36,702 nunha partida de dados, 103 00:07:37,152 --> 00:07:40,933 nunha noiva abandonada diante do altar. 104 00:07:41,823 --> 00:07:46,464 Pero resulta que este "novo" diagnóstico humano 105 00:07:46,464 --> 00:07:49,869 nin era novo nin exclusivamente humano. 106 00:07:50,939 --> 00:07:56,867 Os veterinarios xa levaban diagnosticando, tratando e incluso previndo 107 00:07:56,867 --> 00:08:00,746 síntomas emocionalmente inducidos en animais, 108 00:08:00,746 --> 00:08:06,650 desde monos a flamengos, de cervos a coellos, 109 00:08:06,650 --> 00:08:09,378 desde a década de 1970. 110 00:08:10,968 --> 00:08:13,994 Cantas vidas humanas poderían salvarse 111 00:08:14,334 --> 00:08:17,939 se este coñecemento veterinario estivese ao dispor 112 00:08:17,939 --> 00:08:20,995 dos médicos de urxencias e dos cardiólogos? 113 00:08:23,055 --> 00:08:24,737 Autolesións. 114 00:08:25,517 --> 00:08:29,292 Algúns pacientes humanos máncanse a si mesmos. 115 00:08:29,662 --> 00:08:32,822 Hainos que arrincan guechos de pelo, 116 00:08:33,352 --> 00:08:36,032 hainos que se cortan. 117 00:08:38,242 --> 00:08:41,344 Algúns pacientes animais tamén se mancan a si mesmos. 118 00:08:41,884 --> 00:08:45,064 Hai paxaros que arrincan as plumas. 119 00:08:45,544 --> 00:08:52,113 Hai garañóns que morden as illargas unha e outra vez ata sangraren. 120 00:08:53,313 --> 00:08:58,485 Pero os veterinarios teñen formas moi específicas e efectivas 121 00:08:58,485 --> 00:09:02,904 de tratar e aínda previr as autolesións 122 00:09:02,904 --> 00:09:05,606 nos animais que se comportan así. 123 00:09:06,686 --> 00:09:09,733 Non debería estar este coñecemento veterinario 124 00:09:09,733 --> 00:09:13,459 ao dispor dos psicoterapeutas, dos pais e dos pacientes 125 00:09:13,459 --> 00:09:15,847 que loitan coas autolesións? 126 00:09:17,497 --> 00:09:21,672 Depresión posparto e psicose posparto. 127 00:09:22,332 --> 00:09:25,467 Por veces, ao pouco de dar a luz 128 00:09:25,467 --> 00:09:27,891 algunhas mulleres caen na depresión, 129 00:09:27,891 --> 00:09:32,197 por veces en depresión grave, e aínda en estados psicóticos. 130 00:09:32,197 --> 00:09:34,761 Poden rexeitar ao seu propio fillo, 131 00:09:34,761 --> 00:09:36,937 e en casos extremos 132 00:09:36,937 --> 00:09:38,976 chegar ata a mancalo. 133 00:09:40,086 --> 00:09:44,312 Os veterinarios de cabalos saben tamén que de cando en vez 134 00:09:44,312 --> 00:09:47,433 unha egua, pouco despois do parto, 135 00:09:47,433 --> 00:09:50,646 pode rexeitar o seu poldro, e negarse a aleitalo, 136 00:09:50,646 --> 00:09:55,718 e nalgúns casos, patealo ata matalo. 137 00:09:57,018 --> 00:09:59,823 Pero os veterinarios idearon un tratamento 138 00:09:59,823 --> 00:10:05,296 para abordar esta síndrome de rexeitamento do poldro 139 00:10:05,296 --> 00:10:09,561 que implica aumentar a oxitocina da egua. 140 00:10:09,561 --> 00:10:12,946 A oxitocina é a hormona da vinculación, 141 00:10:12,946 --> 00:10:15,635 e provoca que a egua teña 142 00:10:15,635 --> 00:10:18,255 un renovado interese no seu poldro. 143 00:10:19,065 --> 00:10:21,121 Non debería estar esta información 144 00:10:21,121 --> 00:10:24,461 ao dispor dos obstetras e xinecólogos, 145 00:10:24,461 --> 00:10:27,794 dos médicos de familia e dos pacientes 146 00:10:27,794 --> 00:10:32,396 que se enfrontan ás depresións e ás psicoses posparto? 147 00:10:35,306 --> 00:10:37,653 A pesar do prometedor que é todo isto, 148 00:10:37,653 --> 00:10:43,991 a distancia entre os nosos ámbitos segue sendo grande. 149 00:10:45,461 --> 00:10:49,830 Para explicalo, moito me temo que vou ter que poñer a algúns en evidencia. 150 00:10:50,990 --> 00:10:55,095 Hai médicos que poden ser auténticos snobs 151 00:10:55,095 --> 00:10:57,649 cos profesionais que non son titulados en Medicina. 152 00:10:57,649 --> 00:11:03,375 Refírome aos dentistas, optometristas e psicólogos, 153 00:11:03,975 --> 00:11:07,632 pero especialmente aos veterinarios. 154 00:11:08,202 --> 00:11:12,075 Por suposto, a maior parte dos médicos non ten nin idea de que é máis difícil 155 00:11:12,075 --> 00:11:15,968 entrar hoxe en día nunha Facultade de Veterinaria ca nunha de Medicina, 156 00:11:16,458 --> 00:11:18,742 e que cando imos para Medicina 157 00:11:18,742 --> 00:11:21,355 aprendemos todo o que é relevante saber 158 00:11:21,355 --> 00:11:23,588 sobre unha especie, o Homo sapiens. 159 00:11:24,478 --> 00:11:28,785 Pero os veterinarios deben aprender sobre a saúde e as enfermidades 160 00:11:28,785 --> 00:11:32,893 de mamíferos, anfibios, réptiles, peixes e aves. 161 00:11:33,763 --> 00:11:38,447 Así que non culpo aos veterinarios por sentírense molestos 162 00:11:38,447 --> 00:11:43,462 coa condescendencia e a ignorancia dos meus compañeiros de profesión. 163 00:11:44,412 --> 00:11:46,582 Velaquí un chiste da parte dos veterinarios: 164 00:11:47,152 --> 00:11:50,559 Como se lle chama a un veterinario 165 00:11:50,559 --> 00:11:53,416 que só sabe tratar unha especie? 166 00:11:53,416 --> 00:11:56,416 (Risos) 167 00:11:56,416 --> 00:11:58,186 Médico 168 00:11:58,186 --> 00:11:59,317 (Risos) 169 00:11:59,737 --> 00:12:05,106 Acurtar esta distancia converteuse na miña paixón, 170 00:12:05,946 --> 00:12:08,547 e estou facéndoo a través de programas 171 00:12:08,547 --> 00:12:11,689 como Darwin on Rounds, na UCLA. 172 00:12:11,689 --> 00:12:17,236 no que invitamos a expertos en animais e a biólogos evolutivos 173 00:12:17,236 --> 00:12:21,388 e os incorporamos aos nosos equipos médicos 174 00:12:21,388 --> 00:12:24,086 canda os nosos internos e residentes. 175 00:12:25,326 --> 00:12:29,033 E a través das conferencias Zoobiquity, 176 00:12:29,033 --> 00:12:33,252 nas que convidamos a facultades de Medicina e de Veterinaria 177 00:12:33,252 --> 00:12:35,392 para mantermos debates colaborativos 178 00:12:35,392 --> 00:12:38,193 sobre as enfermidades e os trastornos 179 00:12:38,193 --> 00:12:40,689 compartidos polos pacientes humanos e animais. 180 00:12:42,319 --> 00:12:45,162 Nas conferencias Zoobiquity 181 00:12:45,162 --> 00:12:50,062 os participantes aprenden como o tratamento dun cancro de peito nun tigre 182 00:12:50,582 --> 00:12:53,535 pode axudarnos a tratar mellor o cancro de peito 183 00:12:53,535 --> 00:12:55,596 dunha mestra de educación infantil; 184 00:12:56,846 --> 00:13:01,709 como o entender os ovarios poliquísticos dunha vaca Holstein 185 00:13:01,709 --> 00:13:03,943 pode axudarnos a mellorar o tratamento 186 00:13:03,943 --> 00:13:07,183 dunha profesora de baile con menstruacións dolorosas; 187 00:13:08,503 --> 00:13:13,152 e como entender mellor o tratamento da ansiedade de separación 188 00:13:13,152 --> 00:13:15,561 nun can pastor das Illas Shetland moi nervioso 189 00:13:15,561 --> 00:13:20,752 pode servirlle a un neno ansioso que debe enfrontarse ao comezo das clases. 190 00:13:22,962 --> 00:13:28,207 Nas conferencias Zoobiquity, primeiro nos EE. UU. e agora en todo o mundo, 191 00:13:28,207 --> 00:13:35,076 médicos e veterinarios abandonan as súas actitudes e preconceptos 192 00:13:35,076 --> 00:13:41,100 e reúnense como colegas, 193 00:13:41,100 --> 00:13:45,515 como iguais, como doutores. 194 00:13:46,965 --> 00:13:51,325 Á fin de contas, os humanos somos tamén animais, 195 00:13:52,385 --> 00:13:55,355 e xa é tempo de que nós, médicos, 196 00:13:55,355 --> 00:14:00,392 asumamos a natureza animal dos nosos pacientes e a nosa propia 197 00:14:00,392 --> 00:14:02,530 e nos unamos aos veterinarios 198 00:14:02,530 --> 00:14:06,488 nunha aproximación á saúde que abranga todas as especies. 199 00:14:07,518 --> 00:14:09,731 Porque resulta que algunhas das mellores 200 00:14:09,731 --> 00:14:14,929 e máis humanistas medicinas 201 00:14:14,929 --> 00:14:20,469 están sendo practicadas por doutores que teñen pacientes que non son humanos. 202 00:14:20,469 --> 00:14:23,851 E un dos mellores xeitos de tratarmos 203 00:14:23,851 --> 00:14:28,952 ao paciente humano é prestándolle moita atención 204 00:14:28,952 --> 00:14:32,655 a como todos os outros pacientes do planeta 205 00:14:32,655 --> 00:14:38,223 viven, crecen, enferman e sandan. 206 00:14:39,312 --> 00:14:40,897 Moitas grazas. 207 00:14:41,897 --> 00:14:44,377 (Aplausos)