1 00:00:01,052 --> 00:00:02,977 Todo autor de ciencia ficción 2 00:00:03,001 --> 00:00:07,990 ten algún relato sobre un tempo no que o futuro chegou demasiado pronto. 3 00:00:09,120 --> 00:00:11,102 Eu teño moitos deses relatos. 4 00:00:11,126 --> 00:00:12,813 Este, por exemplo: 5 00:00:12,837 --> 00:00:16,855 Hai anos estaba a escribir unha historia na que o goberno 6 00:00:16,879 --> 00:00:20,009 comeza a matar xente con drons. 7 00:00:20,653 --> 00:00:25,460 Eu cría que era unha idea moi intensa e futurista, 8 00:00:25,484 --> 00:00:28,482 pero para cando foi publicada, 9 00:00:28,506 --> 00:00:31,694 o goberno xa estaba a usar drons para matar xente. 10 00:00:32,237 --> 00:00:35,045 O noso mundo muda rapidísimo, 11 00:00:35,069 --> 00:00:37,727 e cada vez se acelera máis 12 00:00:37,751 --> 00:00:42,217 o ciclo no que o cambio tecnolóxico e o social se retroalimentan. 13 00:00:42,241 --> 00:00:44,854 Cando era pequena, na década de 1980, 14 00:00:44,878 --> 00:00:48,116 sabiamos como ía ser o futuro. 15 00:00:48,140 --> 00:00:53,314 Ía ser algunha versión de "Xuíz Dredd" ou "Blade Runner". 16 00:00:53,338 --> 00:00:58,432 Habería megalópoles de neón e vehículos voantes. 17 00:00:58,456 --> 00:01:01,220 Pero agora ninguén sabe como vai ser o futuro 18 00:01:01,244 --> 00:01:03,307 nin sequera dentro dun par de anos, 19 00:01:03,331 --> 00:01:07,911 e terribles fantasmas axexan no horizonte. 20 00:01:07,935 --> 00:01:11,648 Desde as catástrofes climáticas ata o autoritarismo. 21 00:01:11,672 --> 00:01:15,034 todo o mundo está obsesionado coas apocalipses, 22 00:01:15,058 --> 00:01:19,103 aínda que o mundo non pare de acabarse e nós sigamos aquí. 23 00:01:19,559 --> 00:01:23,741 Non teñades medo de pensar no futuro, de soñar co futuro, 24 00:01:23,765 --> 00:01:25,620 de escribir sobre o futuro. 25 00:01:25,644 --> 00:01:30,053 Eu atópoo moi liberador e divertido. 26 00:01:30,077 --> 00:01:32,299 É un xeito de vacinarse 27 00:01:32,323 --> 00:01:35,989 contra o peor "choque do futuro" posible. 28 00:01:36,013 --> 00:01:38,227 É ademais unha fonte de empoderamento, 29 00:01:38,251 --> 00:01:42,819 porque non te podes preparar para algo se non o visualizas antes. 30 00:01:42,979 --> 00:01:45,298 Pero tedes que saber algo. 31 00:01:45,718 --> 00:01:48,842 O futuro non se predí; 32 00:01:48,866 --> 00:01:51,588 o futuro imaxínase. 33 00:01:52,237 --> 00:01:53,897 Como escritora de ciencia ficción 34 00:01:53,921 --> 00:01:58,676 cuxas historias adoitan acontecer no futuro, dentro de anos ou de séculos, 35 00:01:58,700 --> 00:02:02,631 descubrín que a xente devece por visións do futuro 36 00:02:02,655 --> 00:02:06,018 que sexan á vez excitantes e habitables, 37 00:02:06,042 --> 00:02:09,916 pero vin que para chegar aí non abondaba con investigar. 38 00:02:09,940 --> 00:02:13,545 No canto diso, combino a capacidade de soñar de forma activa 39 00:02:13,569 --> 00:02:17,891 co coñecemento das novas tendencias en ciencia e tecnoloxía 40 00:02:17,915 --> 00:02:21,115 e a comprensión da historia humana. 41 00:02:21,139 --> 00:02:23,437 Penso moito no que sei sobre a natureza humana 42 00:02:23,461 --> 00:02:27,736 e o xeito en que a xente respondeu no pasado ante enormes cambios 43 00:02:27,760 --> 00:02:30,387 e conmocións e transformacións. 44 00:02:30,411 --> 00:02:33,988 E conecto iso coa atención aos detalles, 45 00:02:34,012 --> 00:02:37,627 porque é nos detalles onde vivimos. 46 00:02:37,651 --> 00:02:41,515 Contamos a historia do noso mundo por medio das ferramentas que creamos 47 00:02:41,539 --> 00:02:43,585 e os espazos nos que vivimos. 48 00:02:43,609 --> 00:02:47,183 Neste punto, cómpre coñecer un par de termos 49 00:02:47,207 --> 00:02:50,642 que os autores de ciencia ficción usamos todo o tempo: 50 00:02:50,666 --> 00:02:55,018 "historia futura" e "efectos de segunda orde". 51 00:02:55,780 --> 00:02:58,523 Ben, a historia futura é máis ou menos o que parece. 52 00:02:58,547 --> 00:03:01,898 É unha cronoloxía de cousas que aínda non aconteceron, 53 00:03:01,922 --> 00:03:05,040 como o coñecido ciclo de relatos de Robert A. Heinlein, 54 00:03:05,064 --> 00:03:08,423 que traía un esquema detallado de acontecementos futuros 55 00:03:08,447 --> 00:03:10,956 que chegaba ata o ano 2100. 56 00:03:10,980 --> 00:03:13,117 Ou, para a miña última novela, 57 00:03:13,141 --> 00:03:15,418 ocorréuseme unha liña temporal moi complicada 58 00:03:15,442 --> 00:03:18,861 que chega ata o século XXXIII 59 00:03:18,885 --> 00:03:22,175 e ten un final no que a xente vive noutro planeta. 60 00:03:22,619 --> 00:03:27,984 Por outra banda, un efecto de segunda orde é en esencia iso que acontece 61 00:03:28,008 --> 00:03:33,620 tralas consecuencias dunha nova tecnoloxía ou dun cambio moi grande. 62 00:03:33,644 --> 00:03:39,158 Segundo un dito a miúdo atribuído ao escritor e editor Frederik Pohl, 63 00:03:39,182 --> 00:03:41,282 "un bo relato de ciencia ficción 64 00:03:41,306 --> 00:03:44,224 debería predicir non só a invención do automóbil, 65 00:03:44,248 --> 00:03:47,496 senón tamén o atasco". 66 00:03:47,520 --> 00:03:49,142 E falando de atascos, 67 00:03:49,166 --> 00:03:54,370 botei moito tempo intentando imaxinar a cidade do futuro. 68 00:03:54,836 --> 00:03:56,524 Como é? De que está feita? 69 00:03:56,548 --> 00:03:57,951 Para quen é? 70 00:03:57,975 --> 00:04:03,021 Intento imaxinar unha cidade verde con granxas verticais 71 00:04:03,045 --> 00:04:07,647 e estruturas que son en parte cultivadas máis ca construídas 72 00:04:07,671 --> 00:04:10,270 e pasarelas no canto de rúas, 73 00:04:10,294 --> 00:04:13,754 porque xa ninguén se despraza en coche. 74 00:04:13,778 --> 00:04:17,753 Unha cidade que vive e respira. 75 00:04:17,777 --> 00:04:22,204 Comezo por imaxinar as ideas máis fantasiosas 76 00:04:22,228 --> 00:04:24,214 que son quen de concibir, 77 00:04:24,238 --> 00:04:26,899 e entón volvo ao modo investigadora 78 00:04:26,923 --> 00:04:29,348 e trato de facelas o máis verosímiles posible 79 00:04:29,372 --> 00:04:34,191 mesturando futurismo urbano, interiorismo de luxo 80 00:04:34,215 --> 00:04:36,518 e especulación tecnolóxica. 81 00:04:36,542 --> 00:04:41,405 E logo volvo a intentar imaxinar como sería realmente 82 00:04:41,429 --> 00:04:43,541 estar dentro desa cidade. 83 00:04:43,565 --> 00:04:48,209 Así que o meu proceso comeza e remata coa imaxinación, 84 00:04:48,233 --> 00:04:52,543 como se a miña imaxinación fosen as dúas rebandas de pan 85 00:04:52,567 --> 00:04:54,385 dun bocadillo de investigación. 86 00:04:55,553 --> 00:04:59,160 Como narradora, trato ante todo 87 00:04:59,184 --> 00:05:02,563 de vivir no mundo a través dos ollos dos meus personaxes 88 00:05:02,587 --> 00:05:06,281 e intento ver como se desenvolven ante os seus desafíos persoais 89 00:05:06,305 --> 00:05:08,623 no contexto do espazo que eu creei. 90 00:05:08,647 --> 00:05:11,637 Que olen? Que tocan? 91 00:05:11,661 --> 00:05:15,585 Como é namorarse nunha cidade intelixente? 92 00:05:15,609 --> 00:05:17,768 Que ves cando miras pola fiestra? 93 00:05:17,792 --> 00:05:21,283 Depende de como o software da fiestra interactúe co teu estado de ánimo? 94 00:05:21,307 --> 00:05:25,431 E por último pregúntome como unha cidade xenial do futuro 95 00:05:25,455 --> 00:05:30,883 garantiría que todos tivesen un teito e que ninguén se coase polas fendas. 96 00:05:30,907 --> 00:05:33,195 E aí é onde a historia futura resulta moi útil, 97 00:05:33,219 --> 00:05:36,655 porque as cidades non brotan dun día para outro. 98 00:05:36,679 --> 00:05:39,607 Xorden e transfórmanse. 99 00:05:39,631 --> 00:05:45,710 Mostran as cicatrices e os ornamentos das guerras, as migracións, 100 00:05:45,734 --> 00:05:48,402 as expansións económicas, os espertares culturais. 101 00:05:48,426 --> 00:05:50,905 Unha cidade do futuro debería ter monumentos, si, 102 00:05:50,929 --> 00:05:54,807 pero debería ter tamén capas de arquitecturas pasadas, 103 00:05:54,831 --> 00:05:56,255 edificios reconvertidos 104 00:05:56,279 --> 00:05:59,878 e tódolos indicios de como chegamos ata este lugar. 105 00:06:00,425 --> 00:06:02,752 E logo están os efectos de segunda orde, 106 00:06:02,776 --> 00:06:06,659 por exemplo, como as cousas saen mal --ou ben-- 107 00:06:06,683 --> 00:06:09,007 dun xeito que ninguén previra? 108 00:06:09,031 --> 00:06:13,342 Se as paredes do teu piso están feitas dalgún tipo de fungo 109 00:06:13,366 --> 00:06:17,782 que pode rexenerarse só para reparar defectos, 110 00:06:17,806 --> 00:06:20,697 qué pasaría se a xente comezase a comer os tabiques? 111 00:06:20,721 --> 00:06:21,877 (Risas) 112 00:06:21,901 --> 00:06:23,080 Falando de comer, 113 00:06:23,104 --> 00:06:26,791 cómo é a rede de sumidoiros da cidade do futuro? 114 00:06:26,815 --> 00:06:30,034 É unha pregunta trampa. Non hai sumidoiros. 115 00:06:30,058 --> 00:06:33,436 O sistema que temos hoxe nos Estados Unidos 116 00:06:33,460 --> 00:06:34,648 é estrañísimo. 117 00:06:34,672 --> 00:06:37,718 Os refugallos saen por un túnel 118 00:06:37,742 --> 00:06:42,189 onde se mesturan coa auga de choiva e a miúdo van parar ao océano. 119 00:06:42,213 --> 00:06:45,481 Por non mencionar o papel hixiénico. 120 00:06:46,210 --> 00:06:48,493 Un grupiño de expertos, dirixidos por Bill Gates, 121 00:06:48,493 --> 00:06:50,864 están agora mesmo intentando reinventar o retrete, 122 00:06:50,888 --> 00:06:53,201 e pode que o retrete do futuro 123 00:06:53,225 --> 00:06:56,675 lle pareza estrañísimo a alguén de hoxe en día. 124 00:06:56,699 --> 00:07:01,076 Como é entón que a historia do futuro, todo ese ensaio e erro, 125 00:07:01,100 --> 00:07:03,205 acaba nunha forma mellor de ir ao baño? 126 00:07:03,488 --> 00:07:05,154 Agora mesmo hai empresas 127 00:07:05,214 --> 00:07:07,778 que están probando unha especie de variña limpadora 128 00:07:07,778 --> 00:07:09,623 que pode substituír o papel hixiénico 129 00:07:09,647 --> 00:07:12,837 por aire comprimido ou pulverización desinfectante. 130 00:07:12,861 --> 00:07:17,671 Pero, e se esas cousas tivesen máis aspecto de flores ca de tecnoloxía? 131 00:07:18,266 --> 00:07:21,665 E se o teu retrete puidese analizar os teus refugallos 132 00:07:21,689 --> 00:07:25,001 e informarte de que o teu microbioma necesitaría unha posta a punto 133 00:07:25,449 --> 00:07:28,800 E se os experimentos de hoxe para converter residuos en combustible 134 00:07:28,824 --> 00:07:32,228 resultan nunha batería intelixente que che proporcione luz na casa? 135 00:07:32,600 --> 00:07:34,452 Pero volvamos á cidade do futuro. 136 00:07:34,452 --> 00:07:36,147 Como se orienta a xente no espazo? 137 00:07:36,147 --> 00:07:39,933 Se non hai rúas, como logran aclararse coa xeografía? 138 00:07:39,957 --> 00:07:42,403 A min gústame pensar nun lugar no que hai espazos 139 00:07:42,427 --> 00:07:44,875 que existen parcialmente só na realidade virtual 140 00:07:44,899 --> 00:07:47,828 e para descubrilos se cadra necesitas un hardware especial. 141 00:07:47,852 --> 00:07:52,384 Para un dos meus relatos, ocorréuseme algo chamado "o interfaz de nube", 142 00:07:52,408 --> 00:07:56,777 que describía como unha araña cromada que se conecta á cabeza 143 00:07:56,801 --> 00:07:58,507 a través dos nodos temporais. 144 00:07:58,531 --> 00:08:01,942 Non. Non é iso. Esa é unha foto graciosa que saquei nun bar. 145 00:08:01,966 --> 00:08:03,874 (Risas) 146 00:08:03,898 --> 00:08:08,492 Deixeime levar e púxenme a imaxinar bares, restaurantes, cafés 147 00:08:08,516 --> 00:08:10,675 nos que só podías entrar 148 00:08:10,699 --> 00:08:13,935 se contabas co hardware de realidade aumentada axeitado. 149 00:08:13,959 --> 00:08:16,538 Pero, de novo, efectos de segunda orde: 150 00:08:16,562 --> 00:08:19,720 nun mundo configurado pola realidade aumentada, 151 00:08:19,744 --> 00:08:21,785 que clase de comunidades novas teremos? 152 00:08:21,809 --> 00:08:24,717 que clase de novos delitos que nin se nos ocorreran aínda? 153 00:08:24,741 --> 00:08:28,269 Digamos que estamos aí, un ao pé do outro, 154 00:08:28,293 --> 00:08:32,076 e ti pensas que estamos nun bar ruidoso vendo deportes nas pantallas, 155 00:08:32,100 --> 00:08:35,307 e eu que estamos nun club elegante, 156 00:08:35,331 --> 00:08:38,334 falando de Baudrillard e cun cuarteto de corda en directo. 157 00:08:38,795 --> 00:08:42,275 Non logro nin imaxinar que podería saír mal nesa situación. 158 00:08:42,299 --> 00:08:44,951 Vamos, que estou segura de que vai ir todo ben. 159 00:08:45,822 --> 00:08:47,350 E logo están os medios sociais. 160 00:08:47,374 --> 00:08:51,519 Poido imaxinar contextos distópicos de verdade 161 00:08:51,543 --> 00:08:54,054 nos que cousas como concursos en liña, 162 00:08:54,078 --> 00:08:57,189 aplicacións de citas, horóscopos, bots 163 00:08:57,213 --> 00:09:01,205 combínanse para arrastrarnos por tobos de coello cada vez máis fondos 164 00:09:01,229 --> 00:09:05,231 a malas relacións e peores políticas. 165 00:09:05,649 --> 00:09:08,036 Pero entón penso nas conversas que levo tido 166 00:09:08,066 --> 00:09:10,165 cos que traballan en Intelixencia Artificial, 167 00:09:10,165 --> 00:09:13,837 e o que me din é que canto máis intelixentes son os sistemas, 168 00:09:13,861 --> 00:09:16,144 máis facilidade teñen para crear conexións. 169 00:09:16,168 --> 00:09:20,517 Así que pode que os medios sociais do futuro sexan mellores. 170 00:09:20,541 --> 00:09:25,481 Pode que nos axuden a establecer relacións máis sas e menos destrutivas. 171 00:09:25,505 --> 00:09:30,024 Se cadra teremos dispositivos que permitan a camaradaría e a serendipidade. 172 00:09:30,048 --> 00:09:31,808 Espero que sexa así. 173 00:09:31,832 --> 00:09:37,037 Gústame pensar que se chega a existir una IA potente de verdade, 174 00:09:37,061 --> 00:09:40,952 probablemente os divirtan moito os nosos estraños dramas persoais, 175 00:09:40,976 --> 00:09:45,777 igual que a vós e a min nos obsesiona a telerrealidade tipo "Esposas reais" 176 00:09:45,801 --> 00:09:47,340 E, por último, está a medicina. 177 00:09:47,364 --> 00:09:51,337 Penso moito sobre como os achados en xenética médica 178 00:09:51,361 --> 00:09:55,398 poderían mellorar os resultados con enfermos de cancro ou demencia, 179 00:09:55,422 --> 00:10:01,192 e pode que un día cheguemos a cumprir cen anos 180 00:10:01,216 --> 00:10:04,987 con dúas ou tres décadas máis de vida sa e activa por diante. 181 00:10:05,011 --> 00:10:07,469 Se cadra o retrete do futuro que mencionei antes 182 00:10:07,493 --> 00:10:09,997 mellorará a saúde de moita xente, 183 00:10:10,021 --> 00:10:11,864 mesmo dos que viven en zonas do mundo 184 00:10:11,888 --> 00:10:15,311 nas que carecen das complicadas redes de sumidoiros das que falei. 185 00:10:15,335 --> 00:10:17,591 Pero ademais, como persoa transxénero, 186 00:10:17,615 --> 00:10:22,572 gústame pensar: e se avanzásemos na nosa comprensión do sistema endócrino 187 00:10:22,596 --> 00:10:25,587 de modo que mellorasen as opcións para as persoas trans, 188 00:10:25,611 --> 00:10:29,503 do mesmo xeito que as hormonas e a cirurxía ampliaron as opcións 189 00:10:29,527 --> 00:10:31,127 da xeración anterior? 190 00:10:31,151 --> 00:10:34,064 Para rematar, vin para dicirvos 191 00:10:34,088 --> 00:10:35,950 que a xente fala do futuro 192 00:10:35,974 --> 00:10:39,800 como se fose ser un paraíso tecnolóxico 193 00:10:39,824 --> 00:10:43,885 ou unha merda de churrascada apocalíptica. 194 00:10:43,909 --> 00:10:44,778 (Risas) 195 00:10:44,792 --> 00:10:47,347 O certo é que non vai ser ningunha desas cousas. 196 00:10:47,521 --> 00:10:50,456 Vai estar entre ambas cousas, vai ser as dúas, ser todo. 197 00:10:50,656 --> 00:10:51,997 O que si sabemos 198 00:10:52,041 --> 00:10:54,496 é que o futuro vai ser estrañísimo. 199 00:10:54,540 --> 00:10:58,387 Pensade no raro que lle parecería este comezo do século XXI 200 00:10:58,391 --> 00:11:01,116 a alguén de comezos do XX. 201 00:11:01,140 --> 00:11:04,574 É que, veredes, todos caemos nunha especie de falacia lóxica 202 00:11:04,598 --> 00:11:07,913 cando agardamos que o futuro sexa unha extensión do presente. 203 00:11:07,937 --> 00:11:09,412 Por exemplo, na década de 1980 204 00:11:09,436 --> 00:11:12,236 a xente pensaba que a Unión Soviética existiría aínda hoxe. 205 00:11:12,615 --> 00:11:17,746 Pero o futuro vai ser moito máis estraño do que poderíamos soñar. 206 00:11:17,770 --> 00:11:18,967 Podemos intentalo. 207 00:11:18,991 --> 00:11:22,817 Xa sei que vai haber cousas realmente aterradoras, 208 00:11:22,841 --> 00:11:26,947 pero haberá tamén cousas admirables e meritorias. 209 00:11:26,971 --> 00:11:31,251 E o primeiro paso para atopar o xeito de avanzar 210 00:11:31,275 --> 00:11:33,940 é deixar voar a imaxinación. 211 00:11:34,519 --> 00:11:35,679 Grazas. 212 00:11:35,703 --> 00:11:40,006 (Aplausos)