WEBVTT 00:00:05.400 --> 00:00:10.000 Hai 400 anos Galileo Galilei apuntou o telescopio ao ceo 00:00:10.400 --> 00:00:13.000 e foi a primeira vez que alguén estudou o ceo con este instrumento. 00:00:13.000 --> 00:00:16.000 Os descubrimentos foron verdadeiramente revolucionarios 00:00:16.000 --> 00:00:19.400 Observou o planeta Xúpiter, descubriu catro puntiños de luz 00:00:19.400 --> 00:00:22.000 que danzaban ao seu redor, noite tras noite. 00:00:22.000 --> 00:00:23.500 Eran satélites! 00:00:23.500 --> 00:00:26.000 Hoxe en día coñecidos coma os Satélites de Galileo. 00:00:26.000 --> 00:00:28.000 Descubriu tamén os aneis de Saturno... 00:00:28.000 --> 00:00:30.000 ao observar Venus, descubriu as súas fases... 00:00:30.000 --> 00:00:33.500 Viu montañas, vales e cráteres na Lúa 00:00:33.500 --> 00:00:35.250 e, a través das súas sombras, 00:00:35.250 --> 00:00:37.000 fixo cálculos bastante precisos da súa altura 00:00:37.000 --> 00:00:40.000 Os descubrimentos de Galileo desafiaron a filosofía 00:00:40.000 --> 00:00:45.000 ao defender o Sol coma centro do noso sistema solar en vez da Terra. 00:00:45.000 --> 00:00:47.000 Recoñecido coma "pai da ciencia moderna", 00:00:47.000 --> 00:00:49.400 o seu legado resistiu o paso do tempo 00:00:49.400 --> 00:00:52.000 e mudou completamente a visión da Humanidade 00:00:52.000 --> 00:00:54.400 en relación ao Universo e o noso lugar nel.