Hai 400 anos Galileo Galilei apuntou o telescopio ao ceo e foi a primeira vez que alguén estudou o ceo con este instrumento. Os descubrimentos foron verdadeiramente revolucionarios Observou o planeta Xúpiter, descubriu catro puntiños de luz que danzaban ao seu redor, noite tras noite. Eran satélites! Hoxe en día coñecidos coma os Satélites de Galileo. Descubriu tamén os aneis de Saturno... ao observar Venus, descubriu as súas fases... Viu montañas, vales e cráteres na Lúa e, a través das súas sombras, fixo cálculos bastante precisos da súa altura Os descubrimentos de Galileo desafiaron a filosofía ao defender o Sol coma centro do noso sistema solar en vez da Terra. Recoñecido coma "pai da ciencia moderna", o seu legado resistiu o paso do tempo e mudou completamente a visión da Humanidade en relación ao Universo e o noso lugar nel.