Hai 400 anos Galileo Galilei
apuntou o telescopio ao ceo
e foi a primeira vez que alguén
estudou o ceo con este instrumento.
Os descubrimentos foron
verdadeiramente revolucionarios
Observou o planeta Xúpiter,
descubriu catro puntiños de luz
que danzaban ao seu redor,
noite tras noite.
Eran satélites!
Hoxe en día coñecidos
coma os Satélites de Galileo.
Descubriu tamén
os aneis de Saturno...
ao observar Venus,
descubriu as súas fases...
Viu montañas, vales e
cráteres na Lúa
e, a través das súas sombras,
fixo cálculos bastante
precisos da súa altura
Os descubrimentos de Galileo
desafiaron a filosofía
ao defender o Sol coma centro do
noso sistema solar en vez da Terra.
Recoñecido coma
"pai da ciencia moderna",
o seu legado resistiu
o paso do tempo
e mudou completamente
a visión da Humanidade
en relación ao Universo
e o noso lugar nel.