0:00:06.028,0:00:09.574 [Como atopar vídeos para traballar] 0:00:09.599,0:00:12.598 Normalmente, hai dúas formas[br]de atopar material para traballar. 0:00:12.623,0:00:18.321 Pode comezar cun vídeo específico[br]ou pode revisar as tarefas dispoñibles. 0:00:19.004,0:00:22.052 Como comezar cun vídeo específico? 0:00:22.870,0:00:26.458 Busque unha charla TED, unha charla TEDx[br]ou un vídeo TED-Ed 0:00:26.483,0:00:27.997 que lle interese. 0:00:28.116,0:00:29.908 Comece por ver o vídeo 0:00:29.933,0:00:32.842 para asegurarse de que non é[br]longo ou curto de máis, 0:00:32.867,0:00:36.415 especializado de máis[br](ou de menos) para vostede! 0:00:37.177,0:00:38.564 Cando faga a súa escolla 0:00:38.589,0:00:40.806 copie o título ou o nome de quen fala, 0:00:40.831,0:00:42.504 vaia a amara.org, 0:00:42.529,0:00:45.426 e faga este percorrido pola interface. 0:00:47.141,0:00:51.224 Primeiro, asegúrese de que se rexistra[br]usando o se perfil TED. 0:00:53.446,0:00:56.660 Despois, pase o rato por riba[br]do seu nome de usuario/ria 0:00:57.534,0:01:00.787 e elixa "TED" entre a lista de equipos[br]da parte inferior. 0:01:05.428,0:01:09.023 Na páxina do equipo, [br]prema na lapela "Tarefas". 0:01:14.275,0:01:17.362 Aí atopará varios filtros útiles 0:01:17.387,0:01:20.386 que lle axudarán a atopar[br]o camiño ao seu vídeo. 0:01:22.902,0:01:26.497 Os vídeos divídense nuns poucos proxectos: 0:01:28.204,0:01:35.165 TEDTalks, TEDxTalks, TED-Ed,[br]OTP Resources e Best of TEDxTalks. 0:01:35.776,0:01:38.426 A configuración predeterminada[br]leva a "TEDTalks", 0:01:38.451,0:01:41.862 pero se o vídeo que busca[br]non forma parte delas, 0:01:41.887,0:01:44.681 seleccione outro dos proxectos da lista 0:01:44.706,0:01:48.432 ou prema en "calquera proxecto"[br]para buscar en todos. 0:01:50.242,0:01:52.555 Cando a lista de tarefas se actualice, 0:01:52.774,0:01:57.568 pegue o nome de quen falaba[br]ou o título da charla na caixa de busca 0:01:57.767,0:01:59.227 e calque en Enter. 0:02:02.370,0:02:06.219 Verá as tarefas accesibles [br]para as súas linguas. 0:02:07.728,0:02:10.529 Agora só ten que ir ao vídeo 0:02:11.863,0:02:14.870 e premer en "Start now." 0:02:16.022,0:02:17.870 Deixe que lle dea un consello! 0:02:18.426,0:02:20.337 Cando busque charlas TED, 0:02:20.362,0:02:24.060 use só o nome de quen fala[br]ou só o título, 0:02:24.466,0:02:28.473 ou quite os dous puntos do título, así. 0:02:29.362,0:02:32.325 Se busca polo título completo,[br]cos dous puntos, 0:02:32.350,0:02:36.539 pode ocorrer que o sistema se equivoque[br]e non lle devolva ningún resultado. 0:02:37.667,0:02:42.497 Se nin así atopa ningunha tarefa[br]para o vídeo que buscou, 0:02:42.611,0:02:46.496 normalmente iso significa que[br]outro voluntario/ria está a traballar nel. 0:02:46.695,0:02:49.543 Non se renda, [br]e busque outra fantástica charla! 0:02:51.758,0:02:55.551 Falemos agora da outra forma[br]de buscar material para traballar, 0:02:55.798,0:02:58.266 revisando as tarefas dispoñibles. 0:02:59.640,0:03:02.520 Se non está pensando[br]en ningún vídeo en particular, 0:03:02.624,0:03:05.465 pode revisar as tarefas dispoñibles[br]nos nosos proxectos. 0:03:06.584,0:03:08.774 Imos divertirnos un pouco cos filtros. 0:03:08.957,0:03:11.813 Primeiro, dependendo do que queira facer, 0:03:12.052,0:03:14.758 seleccione o tipo de tarefa[br]que quere buscar. 0:03:14.988,0:03:17.623 Por exemplo, a tarefa "Traducir". 0:03:21.418,0:03:23.552 Agora elixa o proxecto. 0:03:23.957,0:03:25.948 O predeterminado é "TEDTalks", 0:03:25.973,0:03:28.465 pero hai outras cousas chulas para facer. 0:03:29.164,0:03:33.116 Amais das TEDxTalks e dos vídeos TED-Ed, 0:03:33.291,0:03:37.156 pode traballar nos subtítulos[br]de titoriais coma este, 0:03:37.275,0:03:38.997 en "OTP Resources", 0:03:39.484,0:03:42.944 ou pode revisar a coidada selección[br]de vídeos destacados 0:03:42.969,0:03:46.348 de entre a crecente colección xeral[br]de TEDxTalks, 0:03:46.373,0:03:48.777 que se recollen en "Best of TEDxTalks". 0:03:51.953,0:03:56.254 Seleccione un proxecto e verá[br]unha lista dos vídeos que precisan axuda. 0:03:56.699,0:03:59.245 Se non pode atopar tarefas para facer, 0:03:59.270,0:04:02.127 só ten que seleccionar[br]outro proxecto da lista. 0:04:04.881,0:04:07.984 E agora,[br]felices transcricións e traducións!