Crieime en Taiwan sendo a filla dunha calígrafa, unha das miñas máis prezadas lembranzas é a miña nai aprendéndome a beleza, a feitura e a forma dos ideogramas chineses. Desde entón, fiquei fascinada por esta incríbel linguaxe. Mais para un estraño semella tan impenetrábel coma a muralla chinesa. Desde hai xa tempo levo cavilando que, se son quen de fender esta muralla, así quen queira entender e aprezar a beleza desta sofisticada linguaxe poderá facelo. Dei en pensar que un método novo, rápido para aprender chinés podía ser útil. Desde os cinco anos empecei a aprender a debuxar cada trazo de cada idiograma na súa secuencia correcta. Apredín novos idiogramas cada día durante os 15 anos seguintes. E como só temos cinco minutos, é mellor que utilicemos un xeito rápido e simple. Un erudito chinés recoñece 20.000 idiogramas. Só é necesario 1000 para entender un texto básico. Os 200 máis usados nos permitirán entender o 40% da literatura máis asequíble, dabondo para ler sinais de tráfico, menús, as ideas máis básica das web ou dos xornais. Hoxe empezarei con oito para amosarlles como funciona o método ¿Preparados? Abran a boca todo o posíbel até que sexa un cadrado Velaí unha boca. Esta é unha persoa camiñando. Persoa Se a forma do lume é unha persoa con dous brazos a ámbolos lados, coma se estivese berrando desesperada, Axuda, ¡estou ardendo! A orixe deste ideograma procede da forma dunha chama mais a min me gusta imaxinalo así. Esta é unha árbore: Árbore Isto é unha montaña: Montaña O sol. A lúa. O ideograma de porta parece un par de portas dun bar do salvaxe oeste. Chamo a estes oito ideogramas: radicais. Son os bloques de construción para crearmos moitos máis ideogramas A persoa. Se alguén camiña detrás significa: seguir. Como di o vello refrán: Dous son compañía e tres son multitude. Se unha persoa estrica ao ancho os brazos, esta persoa está a dicir: "éra así de grande". Unha persoa dentro dunha boca está atrapada, É prisioneira, como Xonás na balea. Unha árbore é unha árbore. Dúas árbores: un bosque Tres árbores xuntas: unha selva. Pon unha prancha debaixo d a árbore e tes unha cimentación. Unha boca enriba dunha árbore e tes un idiota (risas) Doado de lembrar xa que unha árbore faladora é algo estúpido. ¿Lembran o lume? Dous lumes xuntos é calor tres lumes xuntos son moitas lapas. O lume debaixo de dúas árbores: arder. Para nós o sol é unha fonte de prosperidade Dous soles xuntos: próspero Tres xuntos: muxicas. O sol e a lúa lucindo xuntos: brillo. Significa tamén: "mañá", despois do día e da noite. O sol que ascende sobre o horizonte: amencer Unha porta. Unha prancha dentro dunha porta é o pechadura. Unha boca dentro dunha porta: preguntar Toc, Toc, ¿hai alguén na casa? Esta persoa está a axexar desde a porta, escapar, fuxir. Á esquerda, temos unha muller. Dúas mulleres xuntas teñen unha discusión (risas) Tres mulleres xuntas, coidado: adulterio. Levamos case 30 idiogramas. Con este método con 8 idiogramas construiremos 32. O próximo grupo de 8 idiogramas formará outros 32. Así que con moi pouco esforzo seremos quen de aprender varios centenares, igual que un neno chinés de oito anos. Despois de saber os idiogramas empezamos coas frases. Por exemplo: a montaña e o lume xuntos, temos unha montaña de lume: un volcán. Sabemos que Xapón é a terra do sol nacente. O Sol seguido de Orixe, porque Xapón está ao leste de China. Con Sol e Orixe facemos Xapón. Unha persoa detrás de Xapón, ¿que temos? Un xaponés O idiograma da esquerda son dúas montañas unha enriba da outra. Na antiga China significaba: exilio, porque os emperadores enviaban os seus inimigos políticos alén das montañas. Hoxe significa: saír Unha boca que nos di por onde saír é unha saída. Esta é a diapositiva que me indica que debo parar de falar e saír do escenario. Grazas (aplauso)