Crieime en Taiwan
sendo a filla dunha calígrafa,
unha das miñas máis prezadas lembranzas
é a miña nai aprendéndome
a beleza, a feitura
e a forma dos ideogramas chineses.
Desde entón, fiquei fascinada
por esta incríbel linguaxe.
Mais para un estraño semella
tan impenetrábel coma a muralla chinesa.
Desde hai xa tempo levo cavilando que,
se son quen de fender esta muralla,
así quen queira entender e aprezar
a beleza desta sofisticada
linguaxe poderá facelo.
Dei en pensar que un método novo, rápido
para aprender chinés podía ser útil.
Desde os cinco anos empecei
a aprender a debuxar
cada trazo de cada idiograma
na súa secuencia correcta.
Apredín novos idiogramas cada día
durante os 15 anos seguintes.
E como só temos cinco minutos,
é mellor que utilicemos
un xeito rápido e simple.
Un erudito chinés recoñece
20.000 idiogramas.
Só é necesario 1000
para entender un texto básico.
Os 200 máis usados nos permitirán entender
o 40% da literatura máis asequíble,
dabondo para ler sinais de tráfico, menús,
as ideas máis básica das web
ou dos xornais.
Hoxe empezarei con oito
para amosarlles como funciona o método
¿Preparados?
Abran a boca todo o posíbel
até que sexa un cadrado
Velaí unha boca.
Esta é unha persoa camiñando.
Persoa
Se a forma do lume é unha persoa
con dous brazos a ámbolos lados,
coma se estivese berrando desesperada,
Axuda, ¡estou ardendo!
A orixe deste ideograma
procede da forma dunha chama
mais a min me gusta imaxinalo así.
Esta é unha árbore:
Árbore
Isto é unha montaña:
Montaña
O sol.
A lúa.
O ideograma de porta parece un par
de portas dun bar do salvaxe oeste.
Chamo a estes oito ideogramas: radicais.
Son os bloques de construción
para crearmos moitos máis ideogramas
A persoa.
Se alguén camiña detrás significa: seguir.
Como di o vello refrán:
Dous son compañía e tres son multitude.
Se unha persoa estrica ao ancho os brazos,
esta persoa está a dicir:
"éra así de grande".
Unha persoa dentro dunha
boca está atrapada,
É prisioneira, como Xonás na balea.
Unha árbore é unha árbore.
Dúas árbores: un bosque
Tres árbores xuntas: unha selva.
Pon unha prancha debaixo d
a árbore e tes unha cimentación.
Unha boca enriba dunha árbore
e tes un idiota (risas)
Doado de lembrar
xa que unha árbore faladora
é algo estúpido.
¿Lembran o lume?
Dous lumes xuntos é calor
tres lumes xuntos son moitas lapas.
O lume debaixo de dúas árbores: arder.
Para nós o sol é unha fonte
de prosperidade
Dous soles xuntos: próspero
Tres xuntos: muxicas.
O sol e a lúa lucindo xuntos:
brillo.
Significa tamén: "mañá",
despois do día e da noite.
O sol que ascende sobre
o horizonte: amencer
Unha porta. Unha prancha
dentro dunha porta
é o pechadura.
Unha boca dentro dunha porta: preguntar
Toc, Toc, ¿hai alguén na casa?
Esta persoa está a axexar desde a porta,
escapar, fuxir.
Á esquerda, temos unha muller.
Dúas mulleres xuntas teñen unha discusión
(risas)
Tres mulleres xuntas, coidado: adulterio.
Levamos case 30 idiogramas.
Con este método con 8 idiogramas
construiremos 32.
O próximo grupo de 8 idiogramas
formará outros 32.
Así que con moi pouco esforzo
seremos quen de aprender
varios centenares,
igual que un neno chinés de oito anos.
Despois de saber os idiogramas
empezamos coas frases.
Por exemplo: a montaña e o lume xuntos,
temos unha montaña de lume: un volcán.
Sabemos que Xapón é
a terra do sol nacente.
O Sol seguido de Orixe,
porque Xapón está ao leste de China.
Con Sol e Orixe facemos Xapón.
Unha persoa detrás de Xapón, ¿que temos?
Un xaponés
O idiograma da esquerda son dúas montañas
unha enriba da outra.
Na antiga China significaba: exilio,
porque os emperadores
enviaban os seus inimigos
políticos alén das montañas.
Hoxe significa: saír
Unha boca que nos di por onde saír
é unha saída.
Esta é a diapositiva que
me indica que debo parar
de falar e saír do escenario. Grazas
(aplauso)