1 00:00:00,360 --> 00:00:02,546 O problema básico de traballares nunha oficina 2 00:00:02,546 --> 00:00:05,276 é que non tes o control sobre o teu ambiente de traballo. 3 00:00:05,276 --> 00:00:07,380 [Cómo traballamos] 4 00:00:08,780 --> 00:00:11,986 Ola, chámome Matt, e son o CEO de Automattic, 5 00:00:11,986 --> 00:00:14,886 a empresa detrás de WordPress.com, Jetpack e WooCommerce. 6 00:00:14,886 --> 00:00:19,106 Temos algo máis de 800 empregados, e viven en todas partes, 7 00:00:19,106 --> 00:00:22,926 dende California a Alabama, Mississippi, e ata onde vivo eu, en Texas. 8 00:00:22,926 --> 00:00:24,806 Viven ademais en 67 países. 9 00:00:24,806 --> 00:00:27,103 Canadá, México, India, Nova Zelandia. 10 00:00:27,103 --> 00:00:30,323 Algúns deles optan por non ter nin unha casa habitual, son nómades. 11 00:00:30,323 --> 00:00:32,501 viven en autocaravanas ou viaxando por Airbnb, 12 00:00:32,501 --> 00:00:34,935 Están en lugares distintos cada día, semana ou mes. 13 00:00:34,935 --> 00:00:38,061 E mentres poidan atopar unha boa wifi, non nos importa onde están. 14 00:00:38,061 --> 00:00:41,031 A decisión de traballarmos de modo distribuído non foi casual. 15 00:00:41,031 --> 00:00:43,631 Foi unha elección consciente dende o principio. 16 00:00:43,631 --> 00:00:45,941 Ten en conta que non uso a palabra "remoto", 17 00:00:45,941 --> 00:00:47,661 porque suscita a idea, 18 00:00:47,661 --> 00:00:50,041 de que algunhas persoas son esenciais e outras non. 19 00:00:50,041 --> 00:00:52,251 Uso "distribuído" para describir o que facemos, 20 00:00:52,251 --> 00:00:53,852 cun espazo igualitario para todos 21 00:00:53,852 --> 00:00:55,496 Creo que a man de obra distribuída 22 00:00:55,496 --> 00:00:57,554 é a forma máis eficaz de crear unha empresa. 23 00:00:57,554 --> 00:00:59,263 A clave é abordalo conscientemente. 24 00:00:59,263 --> 00:01:00,620 Cando comezamos WordPress, 25 00:01:00,620 --> 00:01:04,234 moitas das primeiras 20 contratacións era xente que nunca coñecera en persoa. 26 00:01:04,234 --> 00:01:06,583 Pero colaboráramos en liña, ás veces durante anos. 27 00:01:06,583 --> 00:01:09,849 E quería continuar con iso por unha simple razón. 28 00:01:09,849 --> 00:01:11,831 Creo que o talento e a intelixencia 29 00:01:11,831 --> 00:01:13,784 están igualmente distribuídos polo mundo. 30 00:01:13,784 --> 00:01:15,023 Pero as oportunidades non. 31 00:01:15,389 --> 00:01:17,775 En Silicon Valley, as grandes empresas tecnolóxicas 32 00:01:17,775 --> 00:01:20,105 pescan basicamente na mesma pequena poza ou baía. 33 00:01:20,105 --> 00:01:22,825 Unha empresa distribuída pode pescar en todo o océano. 34 00:01:22,829 --> 00:01:26,405 No canto de contratar alguén que medrou en Xapón, pero vive en California, 35 00:01:26,405 --> 00:01:28,295 pódese ter alguén que viva, traballe, 36 00:01:28,295 --> 00:01:31,275 esperte e vaia durmir onde queira que estea no mundo. 37 00:01:31,275 --> 00:01:33,805 Isto trae unha diferente comprensión desa cultura 38 00:01:33,805 --> 00:01:35,285 e unha experiencia diferente. 39 00:01:35,285 --> 00:01:37,825 Na base da decisión de non ter unha oficina central, 40 00:01:37,825 --> 00:01:41,475 está o desexo de darlle ás persoas autonomía sobre como facer o seu traballo. 41 00:01:41,475 --> 00:01:44,285 A menos que desempeñes un papel onde o horario é importante, 42 00:01:44,285 --> 00:01:45,815 podes facer un horario propio. 43 00:01:45,815 --> 00:01:49,435 Todo o mundo pode ter un estudio, as súas fiestras, a comida que lle gusta, 44 00:01:49,435 --> 00:01:52,285 pode escoller cando hai música e cando hai silencio. 45 00:01:52,285 --> 00:01:54,715 A que temperatura debería estar o cuarto. 46 00:01:54,715 --> 00:01:56,815 Pode aforrar tempo de desprazamento 47 00:01:56,815 --> 00:01:59,165 e investilo en cousas que considere importantes. 48 00:01:59,165 --> 00:02:02,215 Unha man de obra así é ideal para unha empresa tecnolóxica. 49 00:02:02,215 --> 00:02:03,505 A xente adoita preguntarme, 50 00:02:03,505 --> 00:02:06,595 "Isto funciona moi ben para ti, pero e o resto do mundo? 51 00:02:06,595 --> 00:02:07,811 Se tes unha oficina, 52 00:02:07,811 --> 00:02:10,764 podes facer algunhas cousas para xerar aptitudes distribuídas. 53 00:02:10,764 --> 00:02:13,075 Primeiro: documentalo todo. 54 00:02:13,269 --> 00:02:15,919 Nunha oficina é fácil tomar decisións no momento, 55 00:02:15,919 --> 00:02:17,325 na cociña, no corredor. 56 00:02:17,325 --> 00:02:18,675 Pero se a xente teletraballa 57 00:02:18,675 --> 00:02:21,315 e algúns membros do equipo teñen conversas 58 00:02:21,315 --> 00:02:22,765 ás que outros non acceden, 59 00:02:22,765 --> 00:02:26,094 estes verán que se toman decisións sen entender o porqué. 60 00:02:26,094 --> 00:02:29,249 Deixa sempre un rastro de onde estás e sobre o que pensas. 61 00:02:29,249 --> 00:02:31,759 Isto permite que outros continúen onde o deixaches. 62 00:02:31,759 --> 00:02:34,269 Permite interactuar á xente con diferentes horarios, 63 00:02:34,269 --> 00:02:36,979 e tamén é xenial pensar mentres a organización evoluciona, 64 00:02:36,979 --> 00:02:38,718 na xente que sae e na que entra. 65 00:02:38,718 --> 00:02:41,853 Intenta ter tanta comunicación en liña como sexa posible. 66 00:02:41,853 --> 00:02:46,459 Cando todo é compartido e público, os novos poden poñerse ao día rapidamente. 67 00:02:46,459 --> 00:02:48,645 E tamén cómpre atopar as ferramentas axeitadas. 68 00:02:48,645 --> 00:02:52,169 Hai moitas aplicacións e servizos que axudan á comunicación do día a día, 69 00:02:52,169 --> 00:02:54,615 videoconferencias, xestión de proxectos. 70 00:02:54,615 --> 00:02:58,447 As cousas que cambiaron o como traballas probablemente xa non son obxectos. 71 00:02:58,451 --> 00:03:00,818 Senon cousas ás que accedes dende o ordenador. 72 00:03:00,818 --> 00:03:03,959 Experimenta con diferentes ferramentas que permitan a colaboración, 73 00:03:03,959 --> 00:03:05,235 e fíxate no que funciona. 74 00:03:05,235 --> 00:03:07,189 Crea tempo produtivo e presencial. 75 00:03:07,189 --> 00:03:08,469 Nunha oficina tradicional, 76 00:03:08,469 --> 00:03:10,739 estás no mesmo sitio 48 semanas ao ano 77 00:03:10,739 --> 00:03:12,959 e pode que teñas tres ou catro semanas libres. 78 00:03:12,959 --> 00:03:16,345 Nós tentamos cambiar iso: xuntámonos por períodos curtos e intensos. 79 00:03:16,345 --> 00:03:18,309 Unha vez ao ano, facemos un gran encontro 80 00:03:18,309 --> 00:03:20,325 onde toda a empresa se reúne unha semana. 81 00:03:20,325 --> 00:03:21,905 É metade traballo, e metade xogo. 82 00:03:21,909 --> 00:03:23,955 O obxectivo principal é conectar as persoas. 83 00:03:23,955 --> 00:03:26,679 Queremos asegurarnos que todos están sincronizados e de acordo, 84 00:03:26,679 --> 00:03:29,349 e teñen unha conexión máis profunda cos seus compañeiros. 85 00:03:29,349 --> 00:03:31,349 Así cando traballan xuntos o resto do ano, 86 00:03:31,349 --> 00:03:33,779 poden usar esa comprensión e empatía. 87 00:03:33,779 --> 00:03:35,465 E a práctica final: 88 00:03:35,465 --> 00:03:38,507 dar á xente flexibilidade para ter o seu propio ambiente laboral. 89 00:03:38,507 --> 00:03:40,655 Cada persoa en Automattic ten un sobresoldo 90 00:03:40,655 --> 00:03:42,989 que pode investir nun espazo de cotraballo 91 00:03:42,989 --> 00:03:46,049 ou simplemente para mercar café, e que non os boten da cafetería. 92 00:03:46,049 --> 00:03:49,059 Un grupo de Seattle decidiu xuntar os seus soldos 93 00:03:49,059 --> 00:03:51,059 e alugar un espazo de traballo nun peirao. 94 00:03:51,059 --> 00:03:54,119 Cada persoa que entra na empresa recibe un soldo de oficina. 95 00:03:54,119 --> 00:03:57,279 E poden investir estos cartos en cadeiras ou monitores adecuados, 96 00:03:57,279 --> 00:04:01,160 na mellor configuración de escritorio, para ter o ambiente máis produtivo. 97 00:04:01,909 --> 00:04:04,969 Hoxe hai só algunhas empresas que son "distribuídas". 98 00:04:04,969 --> 00:04:07,959 Nunha década ou dúas, prevexo que o 90% das empresas 99 00:04:07,959 --> 00:04:10,479 que van cambiar o curso do mundo 100 00:04:10,479 --> 00:04:11,909 funcionarán deste xeito. 101 00:04:11,909 --> 00:04:15,939 Evolucionarán para existir sen unha oficina central, ou serán substituídas. 102 00:04:15,939 --> 00:04:18,359 E mentres pensas que crearás a continuación, 103 00:04:18,359 --> 00:04:20,595 considera como aproveitarte do talento global, 104 00:04:20,595 --> 00:04:23,835 darlle á xente autonomía para vivir e traballar onde sintan que deben 105 00:04:23,835 --> 00:04:27,285 e participar plenamente en calquera cousa que estean creando xuntos.