O problema básico
de traballares nunha oficina
é que non tes o control
sobre o teu ambiente de traballo.
[Cómo traballamos]
Ola, chámome Matt,
e son o CEO de Automattic,
a empresa detrás de WordPress.com,
Jetpack e WooCommerce.
Temos algo máis de 800 empregados,
e viven en todas partes,
dende California a Alabama, Mississippi,
e ata onde vivo eu, en Texas.
Viven ademais en 67 países.
Canadá, México, India, Nova Zelandia.
Algúns deles optan por non ter
nin unha casa habitual, son nómades.
viven en autocaravanas
ou viaxando por Airbnb,
Están en lugares distintos
cada día, semana ou mes.
E mentres poidan atopar unha boa wifi,
non nos importa onde están.
A decisión de traballarmos
de modo distribuído non foi casual.
Foi unha elección consciente
dende o principio.
Ten en conta que non uso
a palabra "remoto",
porque suscita a idea,
de que algunhas persoas
son esenciais e outras non.
Uso "distribuído"
para describir o que facemos,
cun espazo igualitario para todos
Creo que a man de obra distribuída
é a forma máis eficaz
de crear unha empresa.
A clave é abordalo conscientemente.
Cando comezamos WordPress,
moitas das primeiras 20 contratacións
era xente que nunca coñecera en persoa.
Pero colaboráramos en liña,
ás veces durante anos.
E quería continuar con iso
por unha simple razón.
Creo que o talento e a intelixencia
están igualmente distribuídos polo mundo.
Pero as oportunidades non.
En Silicon Valley,
as grandes empresas tecnolóxicas
pescan basicamente
na mesma pequena poza ou baía.
Unha empresa distribuída
pode pescar en todo o océano.
No canto de contratar alguén que medrou
en Xapón, pero vive en California,
pódese ter alguén que viva, traballe,
esperte e vaia durmir
onde queira que estea no mundo.
Isto trae unha diferente
comprensión desa cultura
e unha experiencia diferente.
Na base da decisión de non
ter unha oficina central,
está o desexo de darlle ás persoas
autonomía sobre como facer o seu traballo.
A menos que desempeñes un papel
onde o horario é importante,
podes facer un horario propio.
Todo o mundo pode ter un estudio,
as súas fiestras, a comida que lle gusta,
pode escoller cando hai música
e cando hai silencio.
A que temperatura
debería estar o cuarto.
Pode aforrar tempo de desprazamento
e investilo en cousas
que considere importantes.
Unha man de obra así
é ideal para unha empresa tecnolóxica.
A xente adoita preguntarme,
"Isto funciona moi ben para ti,
pero e o resto do mundo?
Se tes unha oficina,
podes facer algunhas cousas
para xerar aptitudes distribuídas.
Primeiro: documentalo todo.
Nunha oficina é fácil
tomar decisións no momento,
na cociña, no corredor.
Pero se a xente teletraballa
e algúns membros do equipo
teñen conversas
ás que outros non acceden,
estes verán que se toman decisións
sen entender o porqué.
Deixa sempre un rastro de onde estás
e sobre o que pensas.
Isto permite que outros
continúen onde o deixaches.
Permite interactuar á xente
con diferentes horarios,
e tamén é xenial pensar
mentres a organización evoluciona,
na xente que sae e na que entra.
Intenta ter tanta comunicación
en liña como sexa posible.
Cando todo é compartido e público,
os novos poden poñerse ao día rapidamente.
E tamén cómpre atopar
as ferramentas axeitadas.
Hai moitas aplicacións e servizos
que axudan á comunicación do día a día,
videoconferencias, xestión de proxectos.
As cousas que cambiaron o como traballas
probablemente xa non son obxectos.
Senon cousas ás que accedes
dende o ordenador.
Experimenta con diferentes ferramentas
que permitan a colaboración,
e fíxate no que funciona.
Crea tempo produtivo e presencial.
Nunha oficina tradicional,
estás no mesmo sitio 48 semanas ao ano
e pode que teñas
tres ou catro semanas libres.
Nós tentamos cambiar iso:
xuntámonos por períodos curtos e intensos.
Unha vez ao ano, facemos un gran encontro
onde toda a empresa
se reúne unha semana.
É metade traballo, e metade xogo.
O obxectivo principal
é conectar as persoas.
Queremos asegurarnos que
todos están sincronizados e de acordo,
e teñen unha conexión máis profunda
cos seus compañeiros.
Así cando traballan xuntos
o resto do ano,
poden usar esa comprensión
e empatía.
E a práctica final:
dar á xente flexibilidade para ter
o seu propio ambiente laboral.
Cada persoa en Automattic
ten un sobresoldo
que pode investir
nun espazo de cotraballo
ou simplemente para mercar café,
e que non os boten da cafetería.
Un grupo de Seattle
decidiu xuntar os seus soldos
e alugar un espazo de traballo nun peirao.
Cada persoa que entra na empresa
recibe un soldo de oficina.
E poden investir estos cartos
en cadeiras ou monitores adecuados,
na mellor configuración de escritorio,
para ter o ambiente máis produtivo.
Hoxe hai só algunhas empresas
que son "distribuídas".
Nunha década ou dúas,
prevexo que o 90% das empresas
que van cambiar o curso do mundo
funcionarán deste xeito.
Evolucionarán para existir sen unha
oficina central, ou serán substituídas.
E mentres pensas
que crearás a continuación,
considera como aproveitarte
do talento global,
darlle á xente autonomía para vivir
e traballar onde sintan que deben
e participar plenamente en calquera cousa
que estean creando xuntos.