WEBVTT 00:00:06.842 --> 00:00:10.837 [Unha soa vitamina pode reducir o risco de padecer enfermidades cardíacas] 00:00:11.593 --> 00:00:14.413 [Comer chocolate reduce o estrés en estudantes.] 00:00:15.443 --> 00:00:19.348 [Novos fármacos prolongan a vida de pacientes con enfermidades raras.] 00:00:20.450 --> 00:00:23.109 Cada día, publícanse titulares sobre saúde coma estes, 00:00:23.109 --> 00:00:25.687 algunhas veces, mesmo se contradín uns aos outros. 00:00:26.277 --> 00:00:30.164 Estes titulares xerais, que buscan captar a atención, 00:00:30.184 --> 00:00:33.447 poden non ser fieis aos resultados específicos 00:00:33.447 --> 00:00:35.013 da investigación que recollen. 00:00:35.013 --> 00:00:38.337 Entón, como podemos evitar ser enganados por estes titulares? 00:00:39.247 --> 00:00:42.287 A mellor maneira de asegurármonos a credibilidade dun titular 00:00:42.287 --> 00:00:45.617 é ler a investigación orixinal en que se basea. 00:00:45.617 --> 00:00:47.757 Imos presentar un escenario hipotético 00:00:47.757 --> 00:00:50.447 para cada un destes tres titulares. 00:00:50.447 --> 00:00:53.257 A continuación, verás a explicación para o primeiro exemplo; 00:00:53.257 --> 00:00:56.567 logo, pausa o vídeo tras ler o titular e intenta contestar a pregunta. 00:00:56.567 --> 00:00:58.777 Recorda que son escenarios simplificados, 00:00:58.777 --> 00:01:02.887 un estudo auténtico debería detallar máis factores e como telos en conta, 00:01:02.887 --> 00:01:04.907 pero para o obxectivo deste exercicio, 00:01:04.907 --> 00:01:07.757 asumimos que toda a información que precisas está incluída. 00:01:11.137 --> 00:01:13.877 Comecemos co estudo dos efectos cardiovasculares 00:01:13.877 --> 00:01:17.176 dunha vitamina determinada: Healthium. 00:01:17.176 --> 00:01:19.948 Os estudos mostran que os participantes que toman Healthium 00:01:19.948 --> 00:01:22.241 teñen niveis máis altos de colesterol bo [HDL] 00:01:22.241 --> 00:01:24.147 que aqueles que toman placebo. 00:01:24.147 --> 00:01:26.576 Os seus niveis vólvense similares aos daqueles 00:01:26.576 --> 00:01:29.694 que teñen de maneira innata niveis máis altos deste colesterol. 00:01:29.976 --> 00:01:32.716 Investigacións anteriores indicaban que as persoas 00:01:32.716 --> 00:01:34.796 con niveis máis altos de colesterol bo 00:01:34.796 --> 00:01:37.436 teñen un risco menor de padecer enfermidades cardíacas. 00:01:37.436 --> 00:01:39.256 Entón, que fai que o titular 00:01:39.256 --> 00:01:42.323 "Healthium reduce o risco de padecer unha enfermidade cardíaca" 00:01:42.323 --> 00:01:43.783 sexa enganoso? 00:01:44.335 --> 00:01:46.931 O problema deste titular é que no estudo que presentan 00:01:46.931 --> 00:01:49.891 realmente non se investigou se o Healthium reducía o risco 00:01:49.891 --> 00:01:51.551 de padecer enfermidades cardíacas. 00:01:51.641 --> 00:01:54.701 Soamente mediron o impacto do Helthium nos niveis 00:01:54.701 --> 00:01:56.661 dun tipo de colesterol en particular. 00:01:56.661 --> 00:01:59.661 O feito de que as persoas con altos niveis innatos de HDL 00:01:59.661 --> 00:02:02.181 teñan unha menor probabilidade de sufrir un infarto, 00:02:02.181 --> 00:02:05.581 non significa que ocorra o mesmo con aqueles que o aumentan 00:02:05.581 --> 00:02:07.642 de maneira artificial co uso de Healthium. 00:02:07.871 --> 00:02:10.026 Agora que resolviches o caso do Healthium, 00:02:10.026 --> 00:02:13.288 proba con este atractivo misterio 00:02:13.288 --> 00:02:16.590 que relaciona a inxestión de chocolate e o estrés. 00:02:17.431 --> 00:02:20.162 Este estudo hipotético recruta dez estudantes. 00:02:20.162 --> 00:02:23.486 A metade comeza a consumir unha dose diaria de chocolate, 00:02:23.486 --> 00:02:25.152 mentres que a outra metade, non. 00:02:25.152 --> 00:02:28.181 Como son compañeiros de clase, todos seguen o mesmo horario. 00:02:28.531 --> 00:02:31.206 Ao final do estudo, os que comeron chocolate 00:02:31.206 --> 00:02:34.756 teñen menores niveis de estrés que aqueles que non o tomaron. 00:02:35.521 --> 00:02:37.281 Que hai de malo no titular 00:02:37.281 --> 00:02:40.531 "Comer chocolate reduce o estrés nos estudantes"? 00:02:43.400 --> 00:02:48.384 É arriscado sacar conclusións xerais cunha mostra de soamente 10 alumnos, 00:02:48.384 --> 00:02:51.614 xa que cantos menos participantes escollamos ao azar, 00:02:51.614 --> 00:02:56.234 menos probable será que representen a poboación obxecto de estudo 00:02:56.234 --> 00:02:57.603 no seu conxunto. 00:02:57.874 --> 00:03:00.714 Por exemplo, se a mostra de estudantes estivese formada por 00:03:00.714 --> 00:03:03.224 unha metade de homes e a outra metade de mulleres, 00:03:03.224 --> 00:03:08.102 a probabilidade de que ao coller 10, o 70% fosen homes e o 30%, mulleres 00:03:08.102 --> 00:03:09.813 sería sobre o 12%. 00:03:09.813 --> 00:03:15.735 Nunha mostra de 100 individuos, a probabilidade sería inferior ao 0,0025% 00:03:15.735 --> 00:03:22.225 e para unha mostra de 1000, sería de menos de 6 x 10^-36 00:03:22.905 --> 00:03:25.367 De maneira similar, a menor número de participantes, 00:03:25.367 --> 00:03:27.850 maior é o impacto que ten a variabilidade individual 00:03:27.850 --> 00:03:32.134 no resultado final, polo que podería nesgar as tendencias xerais. 00:03:32.550 --> 00:03:37.250 Mais, hai moitas boas razóns polas que os científicos deseñan estudos pequenos. 00:03:37.250 --> 00:03:40.609 Ao comezar cunha mostra reducida, poden avaliar se os resultados 00:03:40.609 --> 00:03:44.869 son prometedores abondo para continuar con estudos a grande escala máis custosos. 00:03:45.251 --> 00:03:48.629 Ademais, algunhas investigacións precisan de participantes moi concretos 00:03:48.629 --> 00:03:51.832 polo que non é posible recrutar un gran número deles. 00:03:52.082 --> 00:03:54.439 A clave está na reproducibilidade: 00:03:54.439 --> 00:03:57.549 se un artigo saca conclusións a partir dunha mostra pequena, 00:03:57.549 --> 00:03:59.707 debemos sospeitar del; 00:03:59.707 --> 00:04:02.849 pero se está baseado en moitos estudos con resultados similares, 00:04:02.849 --> 00:04:04.483 entón é máis crible. 00:04:04.813 --> 00:04:07.099 Aínda nos queda un quebracabezas máis. 00:04:07.299 --> 00:04:11.849 Neste caso, estúdase o uso dun novo fármaco para unha doenza rara. 00:04:11.849 --> 00:04:14.049 Nunha mostra de 2000 pacientes, 00:04:14.049 --> 00:04:18.015 os que tomaron o medicamento viviron máis dende o diagnóstico 00:04:18.015 --> 00:04:20.664 que os que tomaron placebo. 00:04:21.086 --> 00:04:23.392 Desta vez, a pregunta é distinta: 00:04:23.482 --> 00:04:28.200 que máis precisas saber antes de decidir se está xustificado o titular 00:04:28.200 --> 00:04:33.212 "Un novo medicamento prolonga a vida dos pacientes cunha enfermidade rara"? 00:04:35.420 --> 00:04:40.584 Para poder responder, deberías saber canto se alongou a vida destes pacientes. 00:04:40.584 --> 00:04:44.710 Ás veces, resultados coma estes, pese a estaren validados por científicos, 00:04:44.710 --> 00:04:47.654 non teñen unha utilidade no mundo real. 00:04:48.324 --> 00:04:52.793 Un exemplo disto, é un ensaio clínico real cun fármaco para tratar cancro de páncreas 00:04:52.793 --> 00:04:56.686 no que atoparon un incremento da esperanza de vida de só 10 días. 00:04:56.686 --> 00:05:00.267 A próxima vez que encontres un titular sorprendente sobre saúde, 00:05:00.267 --> 00:05:03.383 bótalle unha ollada aos datos científicos en que se basea. 00:05:03.863 --> 00:05:07.127 Aínda que os artigos completos non estean dispoñibles de balde, 00:05:07.127 --> 00:05:10.297 normalmente podes atopar resumos que recollen o deseño experimental 00:05:10.297 --> 00:05:13.017 e os resultados que se acadaron, de maneira gratuíta, 00:05:13.017 --> 00:05:15.927 ou incluso podes consultalos no propio texto da noticia. 00:05:16.452 --> 00:05:19.797 É esperanzador ver resultados da investigación científica na prensa, 00:05:19.797 --> 00:05:21.857 pero tamén é importante que sexamos capaces 00:05:21.857 --> 00:05:23.551 de comprender estes descubrimentos.