1 00:00:06,842 --> 00:00:10,837 [Unha soa vitamina pode reducir o risco de padecer enfermidades cardíacas] 2 00:00:11,593 --> 00:00:14,413 [Comer chocolate reduce o estrés en estudantes.] 3 00:00:15,443 --> 00:00:19,348 [Novos fármacos prolongan a vida de pacientes con enfermidades raras.] 4 00:00:20,450 --> 00:00:23,109 Cada día, publícanse titulares sobre saúde coma estes, 5 00:00:23,109 --> 00:00:25,687 algunhas veces, mesmo se contradín uns aos outros. 6 00:00:26,277 --> 00:00:30,164 Estes titulares xerais, que buscan captar a atención, 7 00:00:30,184 --> 00:00:33,447 poden non ser fieis aos resultados específicos 8 00:00:33,447 --> 00:00:35,013 da investigación que recollen. 9 00:00:35,013 --> 00:00:38,337 Entón, como podemos evitar ser enganados por estes titulares? 10 00:00:39,247 --> 00:00:42,287 A mellor maneira de asegurármonos a credibilidade dun titular 11 00:00:42,287 --> 00:00:45,617 é ler a investigación orixinal en que se basea. 12 00:00:45,617 --> 00:00:47,757 Imos presentar un escenario hipotético 13 00:00:47,757 --> 00:00:50,447 para cada un destes tres titulares. 14 00:00:50,447 --> 00:00:53,257 A continuación, verás a explicación para o primeiro exemplo; 15 00:00:53,257 --> 00:00:56,567 logo, pausa o vídeo tras ler o titular e intenta contestar a pregunta. 16 00:00:56,567 --> 00:00:58,777 Recorda que son escenarios simplificados, 17 00:00:58,777 --> 00:01:02,887 un estudo auténtico debería detallar máis factores e como telos en conta, 18 00:01:02,887 --> 00:01:04,907 pero para o obxectivo deste exercicio, 19 00:01:04,907 --> 00:01:07,757 asumimos que toda a información que precisas está incluída. 20 00:01:11,137 --> 00:01:13,877 Comecemos co estudo dos efectos cardiovasculares 21 00:01:13,877 --> 00:01:17,176 dunha vitamina determinada: Healthium. 22 00:01:17,176 --> 00:01:19,948 Os estudos mostran que os participantes que toman Healthium 23 00:01:19,948 --> 00:01:22,241 teñen niveis máis altos de colesterol bo [HDL] 24 00:01:22,241 --> 00:01:24,147 que aqueles que toman placebo. 25 00:01:24,147 --> 00:01:26,576 Os seus niveis vólvense similares aos daqueles 26 00:01:26,576 --> 00:01:29,694 que teñen de maneira innata niveis máis altos deste colesterol. 27 00:01:29,976 --> 00:01:32,716 Investigacións anteriores indicaban que as persoas 28 00:01:32,716 --> 00:01:34,796 con niveis máis altos de colesterol bo 29 00:01:34,796 --> 00:01:37,436 teñen un risco menor de padecer enfermidades cardíacas. 30 00:01:37,436 --> 00:01:39,256 Entón, que fai que o titular 31 00:01:39,256 --> 00:01:42,323 "Healthium reduce o risco de padecer unha enfermidade cardíaca" 32 00:01:42,323 --> 00:01:43,783 sexa enganoso? 33 00:01:44,335 --> 00:01:46,931 O problema deste titular é que no estudo que presentan 34 00:01:46,931 --> 00:01:49,891 realmente non se investigou se o Healthium reducía o risco 35 00:01:49,891 --> 00:01:51,551 de padecer enfermidades cardíacas. 36 00:01:51,641 --> 00:01:54,701 Soamente mediron o impacto do Helthium nos niveis 37 00:01:54,701 --> 00:01:56,661 dun tipo de colesterol en particular. 38 00:01:56,661 --> 00:01:59,661 O feito de que as persoas con altos niveis innatos de HDL 39 00:01:59,661 --> 00:02:02,181 teñan unha menor probabilidade de sufrir un infarto, 40 00:02:02,181 --> 00:02:05,581 non significa que ocorra o mesmo con aqueles que o aumentan 41 00:02:05,581 --> 00:02:07,642 de maneira artificial co uso de Healthium. 42 00:02:07,871 --> 00:02:10,026 Agora que resolviches o caso do Healthium, 43 00:02:10,026 --> 00:02:13,288 proba con este atractivo misterio 44 00:02:13,288 --> 00:02:16,590 que relaciona a inxestión de chocolate e o estrés. 45 00:02:17,431 --> 00:02:20,162 Este estudo hipotético recruta dez estudantes. 46 00:02:20,162 --> 00:02:23,486 A metade comeza a consumir unha dose diaria de chocolate, 47 00:02:23,486 --> 00:02:25,152 mentres que a outra metade, non. 48 00:02:25,152 --> 00:02:28,181 Como son compañeiros de clase, todos seguen o mesmo horario. 49 00:02:28,531 --> 00:02:31,206 Ao final do estudo, os que comeron chocolate 50 00:02:31,206 --> 00:02:34,756 teñen menores niveis de estrés que aqueles que non o tomaron. 51 00:02:35,521 --> 00:02:37,281 Que hai de malo no titular 52 00:02:37,281 --> 00:02:40,531 "Comer chocolate reduce o estrés nos estudantes"? 53 00:02:43,400 --> 00:02:48,384 É arriscado sacar conclusións xerais cunha mostra de soamente 10 alumnos, 54 00:02:48,384 --> 00:02:51,614 xa que cantos menos participantes escollamos ao azar, 55 00:02:51,614 --> 00:02:56,234 menos probable será que representen a poboación obxecto de estudo 56 00:02:56,234 --> 00:02:57,603 no seu conxunto. 57 00:02:57,874 --> 00:03:00,714 Por exemplo, se a mostra de estudantes estivese formada por 58 00:03:00,714 --> 00:03:03,224 unha metade de homes e a outra metade de mulleres, 59 00:03:03,224 --> 00:03:08,102 a probabilidade de que ao coller 10, o 70% fosen homes e o 30%, mulleres 60 00:03:08,102 --> 00:03:09,813 sería sobre o 12%. 61 00:03:09,813 --> 00:03:15,735 Nunha mostra de 100 individuos, a probabilidade sería inferior ao 0,0025% 62 00:03:15,735 --> 00:03:22,225 e para unha mostra de 1000, sería de menos de 6 x 10^-36 63 00:03:22,905 --> 00:03:25,367 De maneira similar, a menor número de participantes, 64 00:03:25,367 --> 00:03:27,850 maior é o impacto que ten a variabilidade individual 65 00:03:27,850 --> 00:03:32,134 no resultado final, polo que podería nesgar as tendencias xerais. 66 00:03:32,550 --> 00:03:37,250 Mais, hai moitas boas razóns polas que os científicos deseñan estudos pequenos. 67 00:03:37,250 --> 00:03:40,609 Ao comezar cunha mostra reducida, poden avaliar se os resultados 68 00:03:40,609 --> 00:03:44,869 son prometedores abondo para continuar con estudos a grande escala máis custosos. 69 00:03:45,251 --> 00:03:48,629 Ademais, algunhas investigacións precisan de participantes moi concretos 70 00:03:48,629 --> 00:03:51,832 polo que non é posible recrutar un gran número deles. 71 00:03:52,082 --> 00:03:54,439 A clave está na reproducibilidade: 72 00:03:54,439 --> 00:03:57,549 se un artigo saca conclusións a partir dunha mostra pequena, 73 00:03:57,549 --> 00:03:59,707 debemos sospeitar del; 74 00:03:59,707 --> 00:04:02,849 pero se está baseado en moitos estudos con resultados similares, 75 00:04:02,849 --> 00:04:04,483 entón é máis crible. 76 00:04:04,813 --> 00:04:07,099 Aínda nos queda un quebracabezas máis. 77 00:04:07,299 --> 00:04:11,849 Neste caso, estúdase o uso dun novo fármaco para unha doenza rara. 78 00:04:11,849 --> 00:04:14,049 Nunha mostra de 2000 pacientes, 79 00:04:14,049 --> 00:04:18,015 os que tomaron o medicamento viviron máis dende o diagnóstico 80 00:04:18,015 --> 00:04:20,664 que os que tomaron placebo. 81 00:04:21,086 --> 00:04:23,392 Desta vez, a pregunta é distinta: 82 00:04:23,482 --> 00:04:28,200 que máis precisas saber antes de decidir se está xustificado o titular 83 00:04:28,200 --> 00:04:33,212 "Un novo medicamento prolonga a vida dos pacientes cunha enfermidade rara"? 84 00:04:35,420 --> 00:04:40,584 Para poder responder, deberías saber canto se alongou a vida destes pacientes. 85 00:04:40,584 --> 00:04:44,710 Ás veces, resultados coma estes, pese a estaren validados por científicos, 86 00:04:44,710 --> 00:04:47,654 non teñen unha utilidade no mundo real. 87 00:04:48,324 --> 00:04:52,793 Un exemplo disto, é un ensaio clínico real cun fármaco para tratar cancro de páncreas 88 00:04:52,793 --> 00:04:56,686 no que atoparon un incremento da esperanza de vida de só 10 días. 89 00:04:56,686 --> 00:05:00,267 A próxima vez que encontres un titular sorprendente sobre saúde, 90 00:05:00,267 --> 00:05:03,383 bótalle unha ollada aos datos científicos en que se basea. 91 00:05:03,863 --> 00:05:07,127 Aínda que os artigos completos non estean dispoñibles de balde, 92 00:05:07,127 --> 00:05:10,297 normalmente podes atopar resumos que recollen o deseño experimental 93 00:05:10,297 --> 00:05:13,017 e os resultados que se acadaron, de maneira gratuíta, 94 00:05:13,017 --> 00:05:15,927 ou incluso podes consultalos no propio texto da noticia. 95 00:05:16,452 --> 00:05:19,797 É esperanzador ver resultados da investigación científica na prensa, 96 00:05:19,797 --> 00:05:21,857 pero tamén é importante que sexamos capaces 97 00:05:21,857 --> 00:05:23,551 de comprender estes descubrimentos.