[Unha soa vitamina pode reducir
o risco de padecer enfermidades cardíacas]
[Comer chocolate reduce o estrés
en estudantes.]
[Novos fármacos prolongan a vida
de pacientes con enfermidades raras.]
Cada día, publícanse
titulares sobre saúde coma estes,
algunhas veces, mesmo
se contradín uns aos outros.
Estes titulares xerais,
que buscan captar a atención,
poden non ser fieis
aos resultados específicos
da investigación que recollen.
Entón, como podemos evitar
ser enganados por estes titulares?
A mellor maneira de asegurármonos
a credibilidade dun titular
é ler a investigación orixinal
en que se basea.
Imos presentar un escenario hipotético
para cada un destes tres titulares.
A continuación, verás a explicación
para o primeiro exemplo;
logo, pausa o vídeo tras ler o titular
e intenta contestar a pregunta.
Recorda que son escenarios simplificados,
un estudo auténtico debería detallar
máis factores e como telos en conta,
pero para o obxectivo deste exercicio,
asumimos que toda a información
que precisas está incluída.
Comecemos co estudo
dos efectos cardiovasculares
dunha vitamina determinada: Healthium.
Os estudos mostran que os participantes
que toman Healthium
teñen niveis máis altos
de colesterol bo [HDL]
que aqueles que toman placebo.
Os seus niveis vólvense similares
aos daqueles
que teñen de maneira innata
niveis máis altos deste colesterol.
Investigacións anteriores
indicaban que as persoas
con niveis máis altos
de colesterol bo
teñen un risco menor
de padecer enfermidades cardíacas.
Entón, que fai que o titular
"Healthium reduce o risco
de padecer unha enfermidade cardíaca"
sexa enganoso?
O problema deste titular
é que no estudo que presentan
realmente non se investigou
se o Healthium reducía o risco
de padecer enfermidades cardíacas.
Soamente mediron o impacto
do Helthium nos niveis
dun tipo de colesterol en particular.
O feito de que as persoas
con altos niveis innatos de HDL
teñan unha menor probabilidade
de sufrir un infarto,
non significa que ocorra o mesmo
con aqueles que o aumentan
de maneira artificial co uso de Healthium.
Agora que resolviches o caso do Healthium,
proba con este atractivo misterio
que relaciona
a inxestión de chocolate e o estrés.
Este estudo hipotético recruta
dez estudantes.
A metade comeza a consumir
unha dose diaria de chocolate,
mentres que a outra metade, non.
Como son compañeiros de clase,
todos seguen o mesmo horario.
Ao final do estudo,
os que comeron chocolate
teñen menores niveis de estrés
que aqueles que non o tomaron.
Que hai de malo no titular
"Comer chocolate reduce o estrés
nos estudantes"?
É arriscado sacar conclusións xerais
cunha mostra de soamente 10 alumnos,
xa que cantos menos participantes
escollamos ao azar,
menos probable será que representen
a poboación obxecto de estudo
no seu conxunto.
Por exemplo, se a mostra de estudantes
estivese formada por
unha metade de homes
e a outra metade de mulleres,
a probabilidade de que ao coller 10,
o 70% fosen homes e o 30%, mulleres
sería sobre o 12%.
Nunha mostra de 100 individuos,
a probabilidade sería inferior ao 0,0025%
e para unha mostra de 1000,
sería de menos de 6 x 10^-36
De maneira similar, a menor número
de participantes,
maior é o impacto que ten
a variabilidade individual
no resultado final, polo que podería
nesgar as tendencias xerais.
Mais, hai moitas boas razóns polas que
os científicos deseñan estudos pequenos.
Ao comezar cunha mostra reducida,
poden avaliar se os resultados
son prometedores abondo para continuar
con estudos a grande escala máis custosos.
Ademais, algunhas investigacións precisan
de participantes moi concretos
polo que non é posible recrutar
un gran número deles.
A clave está na reproducibilidade:
se un artigo saca conclusións
a partir dunha mostra pequena,
debemos sospeitar del;
pero se está baseado en moitos estudos
con resultados similares,
entón é máis crible.
Aínda nos queda un quebracabezas máis.
Neste caso, estúdase o uso
dun novo fármaco para unha doenza rara.
Nunha mostra de 2000 pacientes,
os que tomaron o medicamento
viviron máis dende o diagnóstico
que os que tomaron placebo.
Desta vez, a pregunta é distinta:
que máis precisas saber antes de decidir
se está xustificado o titular
"Un novo medicamento prolonga a vida
dos pacientes cunha enfermidade rara"?
Para poder responder, deberías saber
canto se alongou a vida destes pacientes.
Ás veces, resultados coma estes,
pese a estaren validados por científicos,
non teñen unha utilidade no mundo real.
Un exemplo disto, é un ensaio clínico real
cun fármaco para tratar cancro de páncreas
no que atoparon un incremento
da esperanza de vida de só 10 días.
A próxima vez que encontres
un titular sorprendente sobre saúde,
bótalle unha ollada aos datos científicos
en que se basea.
Aínda que os artigos completos
non estean dispoñibles de balde,
normalmente podes atopar resumos
que recollen o deseño experimental
e os resultados que se acadaron,
de maneira gratuíta,
ou incluso podes consultalos
no propio texto da noticia.
É esperanzador ver resultados
da investigación científica na prensa,
pero tamén é importante
que sexamos capaces
de comprender estes descubrimentos.