1 00:00:00,806 --> 00:00:02,835 Imaxinen que se inventase un aparato 2 00:00:02,835 --> 00:00:04,577 que puidese gravar os meus recordos, 3 00:00:04,601 --> 00:00:06,638 os meus soños, as miñas ideas, 4 00:00:06,662 --> 00:00:08,325 e trasmitilos aos seus cerebros. 5 00:00:08,755 --> 00:00:11,830 Sería unha tecnoloxía rompedora, non si? 6 00:00:11,854 --> 00:00:14,892 Pois o caso é que xa contamos con ese dispositivo, 7 00:00:14,916 --> 00:00:17,560 e chámase sistema de comunicación humana, 8 00:00:17,584 --> 00:00:19,432 un narrador efectivo. 9 00:00:19,874 --> 00:00:22,334 Para entender como funciona este dispositivo, 10 00:00:22,358 --> 00:00:24,773 temos que mirar dentro do noso cerebro. 11 00:00:24,797 --> 00:00:28,383 E temos que formular a pregunta dun xeito lixeiramente distinto. 12 00:00:28,407 --> 00:00:29,870 Temos que preguntar 13 00:00:30,309 --> 00:00:32,925 como os padróns de neuronas do meu cerebro 14 00:00:32,949 --> 00:00:36,151 asociados cos meus recordos e ideas 15 00:00:36,175 --> 00:00:38,694 se transmiten aos seus cerebros. 16 00:00:39,702 --> 00:00:43,070 E cremos que hai dous factores que nos permiten comunicarnos. 17 00:00:43,094 --> 00:00:47,149 O primeiro, os seus cerebros están agora fisicamente acoplados ás ondas sonoras 18 00:00:47,173 --> 00:00:49,648 que eu estou a transmitir cara a eles. 19 00:00:49,672 --> 00:00:53,050 E o segundo, desenvolvemos un protocolo neural común 20 00:00:53,074 --> 00:00:54,832 que nos permite comunicarnos. 21 00:00:55,459 --> 00:00:56,721 Como sabemos isto? 22 00:00:57,292 --> 00:00:59,185 No meu laboratorio en Princeton, 23 00:00:59,209 --> 00:01:02,714 levamos xente ao escáner de IRMf e escaneamos os seus cerebros 24 00:01:02,738 --> 00:01:06,638 mentres contan ou escoitan historias da vida real. 25 00:01:06,662 --> 00:01:09,286 Para que se fagan unha idea dos estímulos que usamos, 26 00:01:09,310 --> 00:01:13,294 permítanme que lles presente 20 seg dun dos relatos que usamos, 27 00:01:13,318 --> 00:01:15,642 narrado por un excelente contacontos, 28 00:01:15,666 --> 00:01:16,817 Jim O'Grady. 29 00:01:18,244 --> 00:01:21,577 (Audio) Jim O'Grady: Estou a crear o meu relato e sei que vai ser bo, 30 00:01:21,601 --> 00:01:23,891 e entón empezo facelo mellor -- 31 00:01:23,915 --> 00:01:26,399 (Risas) 32 00:01:26,423 --> 00:01:28,758 engadindo elementos que o embelecen. 33 00:01:29,502 --> 00:01:32,810 Os xornalistas chámanlle a isto "inventar da nada". 34 00:01:32,834 --> 00:01:35,105 (Risas) 35 00:01:35,735 --> 00:01:38,851 E aconsellan non cruzar esa liña. 36 00:01:40,208 --> 00:01:44,812 Pero veño de ver como se traspasaba entre un poderoso decano 37 00:01:44,836 --> 00:01:46,262 e un ataque cun pastel. 38 00:01:46,286 --> 00:01:47,778 E como que me gustou." 39 00:01:47,802 --> 00:01:50,176 Uri Hasson: Ben, agora "miremos" nos seus cerebros 40 00:01:50,200 --> 00:01:53,428 e vexamos que pasa cando escoitan este tipo de relatos. 41 00:01:53,452 --> 00:01:57,496 Imos empezar polo fácil. Empecemos cun oínte e unha área cerebral: 42 00:01:57,520 --> 00:02:01,009 o córtex auditivo, que procesa os sons que chegan ao ouvido. 43 00:02:01,033 --> 00:02:03,477 Como poden ver, nesta área cerebral en particular, 44 00:02:03,501 --> 00:02:06,993 as respostas soben e baixan segundo transcorre o relato. 45 00:02:07,017 --> 00:02:08,700 Agora podemos coller esas respostas 46 00:02:08,730 --> 00:02:11,435 e comparalas coas doutros ouvintes 47 00:02:11,459 --> 00:02:12,934 na mesma área cerebral. 48 00:02:12,958 --> 00:02:14,125 E podemos preguntarnos: 49 00:02:14,149 --> 00:02:17,384 En que medida as respostas de todos os ouvintes son similares? 50 00:02:18,018 --> 00:02:20,380 Aquí poden ver cinco ouvintes. 51 00:02:20,983 --> 00:02:24,436 Empezamos a escanear os seus cerebros antes de que empece o relato, 52 00:02:24,460 --> 00:02:27,999 cando só están deitados ás escuras, agardando que comece a historia 53 00:02:28,023 --> 00:02:29,177 Como poden ver, 54 00:02:29,201 --> 00:02:31,959 esta área cerebral vai arriba e abaixo en todos eles, 55 00:02:31,983 --> 00:02:33,758 pero as respostas son distintas, 56 00:02:33,782 --> 00:02:35,449 non están sincronizadas. 57 00:02:35,473 --> 00:02:38,179 Porén, en canto o relato comeza, 58 00:02:38,203 --> 00:02:39,889 ocorre algo asombroso. 59 00:02:40,857 --> 00:02:43,786 (Audio) JO: Estou a crear o meu relato e sei que vai ser bo, 60 00:02:43,810 --> 00:02:45,338 e entón empezo a... 61 00:02:45,362 --> 00:02:48,659 UH: Ei! De súpeto, poden ver que as respostas de todos os suxeitos 62 00:02:48,683 --> 00:02:49,835 se axustan ao relato, 63 00:02:49,859 --> 00:02:53,288 e agora soben e baixan de xeito moi parecido 64 00:02:53,312 --> 00:02:54,866 en todos os ouvintes. 65 00:02:54,890 --> 00:02:57,939 E, de feito, exactamente iso está a pasar agora nos seus cerebros 66 00:02:58,009 --> 00:03:00,836 mentres escoitan as miñas palabras. 67 00:03:00,860 --> 00:03:03,868 A isto chamámoslle efecto de "sincronización neural". 68 00:03:04,374 --> 00:03:06,526 E para explicarlles o que é 69 00:03:06,630 --> 00:03:09,320 déixenme primeiro explicar que é a sincronización física. 70 00:03:10,076 --> 00:03:12,826 Miremos para estes cinco metrónomos. 71 00:03:12,850 --> 00:03:15,846 Imaxinen que son cinco cerebros. 72 00:03:15,870 --> 00:03:18,620 E igual que os ouvintes antes de que empezara o relato 73 00:03:18,644 --> 00:03:20,457 os metrónomos van soar, 74 00:03:20,481 --> 00:03:22,640 pero van facelo fóra de fase. 75 00:03:23,059 --> 00:03:27,455 (Tictacs) 76 00:03:27,479 --> 00:03:30,480 Agora vexan o que pasa cando os poño en contacto 77 00:03:30,504 --> 00:03:32,645 poñendoos enriba destes cilindros. 78 00:03:33,880 --> 00:03:37,101 (Tictacs) 79 00:03:37,125 --> 00:03:39,737 Agora os cilindros empezan a xirar. 80 00:03:39,761 --> 00:03:42,890 A vibración da rotación transmítese pola madeira 81 00:03:42,914 --> 00:03:45,919 e consegue acoplar todos os metrónomos. 82 00:03:45,943 --> 00:03:47,555 Escoiten agora o tictac. 83 00:03:47,579 --> 00:03:52,246 (Tictac sincronizado) 84 00:03:57,834 --> 00:04:00,458 Isto é o que se chama sincronización física. 85 00:04:00,482 --> 00:04:02,725 Agora de volta aos cerebros, preguntémonos: 86 00:04:02,749 --> 00:04:04,893 Que é o que guía esta sincronización neural? 87 00:04:04,917 --> 00:04:07,702 Son, simplemente, os sons que produce o falante? 88 00:04:07,726 --> 00:04:09,049 ou tal vez son as palabras, 89 00:04:09,073 --> 00:04:12,719 ou se cadra é o significado que o relator tenta transmtir. 90 00:04:12,743 --> 00:04:15,503 Para poñelo a proba, fixemos os seguintes experimentos. 91 00:04:15,527 --> 00:04:18,728 Primeiro, collemos o relato e reproducímolo ao revés. 92 00:04:18,752 --> 00:04:21,878 Isto preserva moitas das características auditivas orixinais, 93 00:04:21,902 --> 00:04:23,915 pero elimina o significado, 94 00:04:23,939 --> 00:04:25,610 e vén soando así: 95 00:04:25,634 --> 00:04:30,772 (Audio) JO: (Inintelixible) 96 00:04:31,296 --> 00:04:33,648 Poñemos cores nos dous cerebros 97 00:04:33,672 --> 00:04:37,584 para indicar as áreas que responden de modo moi similar en todo o mundo. 98 00:04:37,608 --> 00:04:38,762 Como poden ver, este son 99 00:04:38,786 --> 00:04:42,554 induce a sincronización ou aliñamento en todos os cerebros 100 00:04:42,578 --> 00:04:45,310 nos córtex auditivos que procesan os sons, 101 00:04:45,334 --> 00:04:47,558 pero non se estende máis alá no cerebro. 102 00:04:48,051 --> 00:04:51,455 Agora podemos coller eses sons e construír palabras con eles. 103 00:04:51,479 --> 00:04:53,935 Se remexemos as palabras do relato de Jim O'Grady 104 00:04:53,935 --> 00:04:55,529 e sacamos unha lista de palabras. 105 00:04:55,529 --> 00:04:58,529 (Audio) JO: ... un animal... ... surtido de sucesos... e dereito 106 00:04:58,529 --> 00:05:00,581 home torta ... potencialmente... meus contos 107 00:05:00,581 --> 00:05:03,567 E poden ver que estas palabras empezan a inducir un aliñamento 108 00:05:03,591 --> 00:05:06,196 nas áreas temperás da linguaxe, pero non máis alá. 109 00:05:06,220 --> 00:05:10,037 E agora collemos as palabras e empezamos a facer frases con elas. 110 00:05:11,561 --> 00:05:14,561 (Audio) JO: E aconsellan non cruzar ese límite. 111 00:05:16,021 --> 00:05:19,663 Di: "Prezado Jim, Un bo conto. Fermosos detalles. 112 00:05:20,369 --> 00:05:22,351 Acaso ela non o coñecía só por min? 113 00:05:22,445 --> 00:05:25,690 UH: E agora poden ver que as respostas en todas as áreas lingüísticas 114 00:05:25,734 --> 00:05:27,349 que procesan a linguaxe entrante 115 00:05:27,349 --> 00:05:29,798 aparecen aliñadas ou semellantes en todos os oíntes. 116 00:05:30,218 --> 00:05:34,895 No entanto, só cando poñemos o relato completo, interesante, coherente 117 00:05:34,919 --> 00:05:36,588 as respostas espállanse mais 118 00:05:36,588 --> 00:05:38,699 no cerebro, nas áreas de orde superior, 119 00:05:38,723 --> 00:05:41,824 que inclúen o córtex frontal e o córtex parietal, 120 00:05:41,848 --> 00:05:44,436 e fan que todas elas respondan de xeito moi similar. 121 00:05:44,460 --> 00:05:47,809 E pensamos que estas respostas nas áreas de orde superior son inducidas 122 00:05:47,809 --> 00:05:49,879 ou se igualan en todos os ouvintes 123 00:05:49,903 --> 00:05:52,643 debido ao significado transmitido polo falante, 124 00:05:52,667 --> 00:05:54,268 e non polo son das palabras. 125 00:05:54,635 --> 00:05:57,470 E se estamos no certo, disto derívase unha sólida predición: 126 00:05:57,470 --> 00:05:59,736 se eu lles conto as mesmas ideas 127 00:05:59,760 --> 00:06:02,404 expresadas con diferentes palabras, 128 00:06:02,428 --> 00:06:04,979 as súas respostas cerebrais han ser similares. 129 00:06:05,499 --> 00:06:08,513 Para probalo, no meu laboratorio fixemos o seguinte experimento: 130 00:06:09,142 --> 00:06:10,950 Collemos o relato en inglés 131 00:06:10,974 --> 00:06:13,110 e traducímolo ao ruso. 132 00:06:13,134 --> 00:06:17,358 Así teñen dous sons e sistemas lingüísticos diferentes 133 00:06:17,382 --> 00:06:19,676 que transmiten o mesmo significado. 134 00:06:19,700 --> 00:06:23,348 E presentamos o relato en inglés aos ouvintes ingleses 135 00:06:23,372 --> 00:06:25,724 e o relato en ruso aos ouvintes rusos, 136 00:06:25,748 --> 00:06:28,793 e así podemos comparar as respostas nos dous grupos. 137 00:06:28,817 --> 00:06:32,388 E cando o facemos, non vemos respostas iguais 138 00:06:32,412 --> 00:06:34,693 nos córtex auditivos, nas áreas lingüisticas, 139 00:06:34,717 --> 00:06:37,095 porque a linguaxe e os sons son moi distintos. 140 00:06:37,119 --> 00:06:40,197 No entanto, poden ver que as respostas nas áreas de orde superior 141 00:06:40,301 --> 00:06:42,415 aínda son similares nos dous grupos. 142 00:06:43,068 --> 00:06:47,160 Cremos que isto se debe a que entenden o relato de xeito semellante, 143 00:06:47,184 --> 00:06:51,210 tal e como confirmamos pasándolles un test ao remate do conto. 144 00:06:52,321 --> 00:06:56,008 E pensamos que este aliñamento é necesario para a comuniciación. 145 00:06:56,032 --> 00:06:58,658 Por exemplo, como vostedes perciben, 146 00:06:58,682 --> 00:07:00,709 eu non son un falante inglés nativo. 147 00:07:00,733 --> 00:07:02,614 A miña lingua materna é outra, 148 00:07:02,638 --> 00:07:05,292 e seguramente este é o caso de moitos de vostedes. 149 00:07:05,316 --> 00:07:07,315 E aínda así, podemos comunicarnos. 150 00:07:07,339 --> 00:07:08,490 Como? 151 00:07:08,514 --> 00:07:11,593 Podemos comunicarnos porque temos este código común 152 00:07:11,617 --> 00:07:13,044 que os presentes entendemos. 153 00:07:13,921 --> 00:07:17,367 Polo de agora, só lles falei do que ocorre no cerebro do ouvinte, 154 00:07:17,391 --> 00:07:19,808 no seu cerebro, mentres escoitan o que lles conto. 155 00:07:19,852 --> 00:07:22,361 Pero que ocorre no cerebro do falante, no meu, 156 00:07:22,385 --> 00:07:24,192 cando lles falo? 157 00:07:24,216 --> 00:07:26,073 Para mirar no cerebro do falante, 158 00:07:26,097 --> 00:07:29,193 pedímoslle a este que se metese no escáner, 159 00:07:29,217 --> 00:07:30,819 escaneamos o seu cerebro 160 00:07:30,843 --> 00:07:34,850 e comparamos as súas respostas cerebrais coas dos ouvintes 161 00:07:34,874 --> 00:07:36,676 que estaban a oír o relato. 162 00:07:36,700 --> 00:07:40,910 Teñen que lembrar que a produción e a comprensión da fala 163 00:07:40,934 --> 00:07:42,657 son procesos moi distintos. 164 00:07:42,681 --> 00:07:44,925 E aquí preguntámonos: Canto se parecen? 165 00:07:46,164 --> 00:07:47,571 Para a nosa sorpresa, 166 00:07:47,595 --> 00:07:52,466 vimos que todos estes complexos padróns de resposta nos ouvintes 167 00:07:52,490 --> 00:07:55,197 en realidade veñen do cerebro do falante. 168 00:07:55,221 --> 00:07:58,906 Así que a produción e a comprensión asentan en procesos moi similares. 169 00:07:58,930 --> 00:08:00,502 E tamén atopamos 170 00:08:00,526 --> 00:08:04,232 que canto máis semellanza hai entre o cerebro do ouvinte 171 00:08:04,256 --> 00:08:05,755 e o do falante, 172 00:08:05,779 --> 00:08:07,684 mellor é a comunicación. 173 00:08:07,708 --> 00:08:11,673 Deste xeito, sei que se vostedes están agora totalmente confusos, 174 00:08:11,697 --> 00:08:13,612 e agardo que non sexa así, 175 00:08:13,612 --> 00:08:16,155 as súas respostas cerebrais serán distintas das miñas. 176 00:08:16,155 --> 00:08:19,266 Pero tamén sei que se realmente están a me entender, 177 00:08:19,290 --> 00:08:22,181 entón o seu cerebro... e o seu... e o seu... 178 00:08:22,205 --> 00:08:23,933 son moi similares ao meu. 179 00:08:25,793 --> 00:08:28,888 Agora xuntemos toda esta información e preguntémonos: 180 00:08:28,912 --> 00:08:32,249 Como podo usala para transmitir un recordo meu 181 00:08:32,273 --> 00:08:34,459 desde o meu cerebro aos seus? 182 00:08:35,037 --> 00:08:37,155 Así que fixemos o seguinte experimento. 183 00:08:37,648 --> 00:08:40,221 Puxemos xente a ver, por primeira vez na súa vida, 184 00:08:40,245 --> 00:08:44,379 un capítulo da serie "Sherlock" da BBC, mentres escaneábamos os seus cerebros. 185 00:08:44,403 --> 00:08:47,204 Logo pedímoslles que volveran meterse no escáner 186 00:08:47,228 --> 00:08:51,127 e lle contaran a historia a outra persoa que nunca vira a serie. 187 00:08:51,151 --> 00:08:52,811 Concretemos. 188 00:08:52,835 --> 00:08:54,882 Pensen nesta escena, 189 00:08:54,906 --> 00:08:57,490 cando Sherlock entra en Londres no taxi 190 00:08:57,514 --> 00:08:59,810 conducido polo asasino que está a buscar. 191 00:09:00,398 --> 00:09:02,894 Se eu son o espectador, 192 00:09:02,918 --> 00:09:06,418 hai un padrón específico no meu cerebro cando a estou a ver. 193 00:09:07,179 --> 00:09:10,951 Pois podo reactivar ese mesmo padrón no meu cerebro de novo 194 00:09:10,975 --> 00:09:14,631 dicindo as palabras: Sherlock, Londres, asasino. 195 00:09:15,369 --> 00:09:18,479 E agora, cando transmito estas palabras aos seus cerebros, 196 00:09:18,503 --> 00:09:20,988 vostedes poden reconstruílo na súa mente. 197 00:09:21,012 --> 00:09:25,561 De feito, vemos estes padróns emerxendo nos seus cerebros. 198 00:09:25,585 --> 00:09:28,100 E quedariamos abraiados ao ver 199 00:09:28,124 --> 00:09:30,379 que o padrón que teñen agora nos seus cerebros 200 00:09:30,403 --> 00:09:32,315 cando lles describo estas escenas 201 00:09:32,339 --> 00:09:36,161 sería moi semellante ao que tiña eu mentres vía a película 202 00:09:36,185 --> 00:09:38,323 hai uns meses, dentro do escáner. 203 00:09:38,347 --> 00:09:40,451 Isto empeza a explicarlles o mecanismo 204 00:09:40,475 --> 00:09:43,387 polo que podemos contar historias e transmitir información. 205 00:09:43,733 --> 00:09:45,609 Porque, por exemplo, 206 00:09:45,633 --> 00:09:49,145 agora están a escoitar atentos e tratan de entender o que lles conto. 207 00:09:49,169 --> 00:09:50,719 E ben sei que non é doado. 208 00:09:50,743 --> 00:09:54,779 Pero agardo que nun momento dado na charla nos conectemos, e me sigan. 209 00:09:54,803 --> 00:09:58,701 E creo que dentro dunhas horas, uns días, uns meses, 210 00:09:58,725 --> 00:10:00,869 atoparán a alguén nunha festa, 211 00:10:00,893 --> 00:10:04,441 e falaranlle desta charla, 212 00:10:04,465 --> 00:10:08,103 e de súpeto, será como se esa persoa estivese agora connosco. 213 00:10:08,127 --> 00:10:10,977 Así poden ver como podemos usar este mecanismo 214 00:10:11,001 --> 00:10:14,932 e tratar de transmitirlles recordos e coñecementos á xente, 215 00:10:14,956 --> 00:10:17,003 o que é marabilloso, non si? 216 00:10:17,027 --> 00:10:20,194 Pero a nosa capacidade para comunicar aséntase na nosa capacidade 217 00:10:20,218 --> 00:10:22,784 para ter unha base común. 218 00:10:22,808 --> 00:10:24,013 Porque, por exemplo, 219 00:10:24,037 --> 00:10:27,804 se chego a usar o sinónimo 220 00:10:27,828 --> 00:10:30,206 "coche con condutor" no canto de "taxi", 221 00:10:30,230 --> 00:10:34,269 seguro que me perdería o aliñamento con moitos de vostedes, da audiencia. 222 00:10:34,620 --> 00:10:36,911 Este aliñamento depende non só da nosa capacidade 223 00:10:36,935 --> 00:10:38,969 para comprender o concepto básico; 224 00:10:38,993 --> 00:10:43,158 tamén da capacidade para desenvolver unha base común 225 00:10:43,202 --> 00:10:45,599 e entender e compartir o sistema de crenzas. 226 00:10:45,623 --> 00:10:47,457 Porque sabemos que en moitos casos, 227 00:10:47,481 --> 00:10:51,524 a xente entende de modos distintos a mesma historia. 228 00:10:52,460 --> 00:10:55,651 Para poñelo a proba no laboratorio, fixemos o seguinte experimento. 229 00:10:56,089 --> 00:10:59,020 Collimos un relato de J.D. Salinger, 230 00:10:59,044 --> 00:11:03,379 no que un home lle perde a pista á súa muller durante unha festa, 231 00:11:03,403 --> 00:11:07,090 e chama ao seu mellor amigo e pregúntalle, "Viches á miña muller?" 232 00:11:07,836 --> 00:11:09,043 Á métade dos suxeitos 233 00:11:09,067 --> 00:11:13,208 dixémoslles que a muller estaba a ter unha aventura co mellor amigo. 234 00:11:13,232 --> 00:11:14,383 Á outra metade, 235 00:11:14,407 --> 00:11:19,512 dixémoslles que a muller era fiel e o home moi ciumento. 236 00:11:20,127 --> 00:11:22,815 Esta única frase antes de empezar o relato 237 00:11:22,839 --> 00:11:25,140 abondou para que as respostas cerebrais 238 00:11:25,164 --> 00:11:28,208 dos que crían que a muller estaba a ter unha aventura 239 00:11:28,232 --> 00:11:30,669 fosen moi similares nestas áreas de orde superior 240 00:11:30,693 --> 00:11:32,915 e diferentes das do outro grupo. 241 00:11:32,939 --> 00:11:36,612 E se unha frase abonda para facer que os seus cerebros se parezan 242 00:11:36,636 --> 00:11:38,359 aos da xente que pensa coma vostedes 243 00:11:38,359 --> 00:11:41,216 e se diferencien de quen pensa distinto, 244 00:11:41,240 --> 00:11:44,717 pensen en como se amplificará este efecto na vida real, 245 00:11:44,741 --> 00:11:47,633 onde todos escoitamos exactamente as mesmas noticias 246 00:11:47,657 --> 00:11:50,919 despois de estarmos expostos día tras día 247 00:11:50,969 --> 00:11:52,789 a diferentes medios de comunicación, 248 00:11:52,819 --> 00:11:55,265 como os informativos da Fox ou o New York Times, 249 00:11:55,265 --> 00:11:58,378 que nos dan perspectivas moi distintas da realidade. 250 00:11:59,556 --> 00:12:00,909 Resumamos. 251 00:12:01,529 --> 00:12:03,618 Se todo funciona como planeei esta noite, 252 00:12:03,642 --> 00:12:07,941 usei a miña capacidade de vocalización para acoplarme cos seus cerebros. 253 00:12:07,965 --> 00:12:09,468 E usei este acoplamento 254 00:12:09,492 --> 00:12:13,333 para transmitir os meus padróns cerebrais asociados cos meus recordos e ideas 255 00:12:13,357 --> 00:12:14,673 aos seus cerebros. 256 00:12:15,201 --> 00:12:18,999 Con isto, empezo a revelar o mecanismo neural oculto 257 00:12:19,023 --> 00:12:20,658 polo que nos comunicamos. 258 00:12:20,682 --> 00:12:23,649 E sabemos que no futuro isto hanos permitir mellorar 259 00:12:23,673 --> 00:12:25,663 e facilitar a comunicación. 260 00:12:26,111 --> 00:12:27,805 Pero estes estudos tamén revelan 261 00:12:28,535 --> 00:12:31,821 que a comunicación asenta nunha base común. 262 00:12:31,845 --> 00:12:34,307 E como sociedade temos que preocuparnos 263 00:12:34,331 --> 00:12:38,367 de se perdemos esta base común e a nosa capacidade para falar coa xente 264 00:12:38,391 --> 00:12:40,508 que é lixeiramente diferente a nós 265 00:12:40,532 --> 00:12:43,920 porque deixamos que uns poucos e poderosos medios de comunicación 266 00:12:43,944 --> 00:12:45,485 teñan o control do micrófono, 267 00:12:45,509 --> 00:12:49,004 e manipulen e controlen a nosa forma de pensar. 268 00:12:49,068 --> 00:12:52,309 Eu non estou certo de como amañar isto, porque só son un científico. 269 00:12:52,393 --> 00:12:54,693 Pero tal vez un xeito de facelo 270 00:12:54,717 --> 00:12:57,364 sexa volver á forma mais natural de comunicación, 271 00:12:57,388 --> 00:12:58,990 que é o diálogo, 272 00:12:59,014 --> 00:13:01,521 que non son só eu falándolles a vostedes, 273 00:13:01,994 --> 00:13:04,210 senón unha forma máis natural de conversar, 274 00:13:04,234 --> 00:13:07,511 na que falo e escoito, 275 00:13:07,535 --> 00:13:12,255 e xuntos tratamos de chegar a unha base común e a novas ideas. 276 00:13:12,279 --> 00:13:13,437 Porque ao fin, 277 00:13:13,461 --> 00:13:17,125 as persoas coas que estamos acoplados definen quen somos. 278 00:13:17,149 --> 00:13:19,538 E o noso desexo de estar acoplados a outro cerebro 279 00:13:19,562 --> 00:13:24,079 é algo moi básico, que aparece a unha idade moi temperá. 280 00:13:24,103 --> 00:13:28,290 Así que déixenme rematar cun exemplo da miña vida privada 281 00:13:29,044 --> 00:13:33,355 que penso que é amosa ben como acoplarnos con outros 282 00:13:33,379 --> 00:13:35,653 realmente define quen somos. 283 00:13:36,294 --> 00:13:39,368 Este é o meu fillo Jonathan cando era moi noviño. 284 00:13:39,392 --> 00:13:43,542 Miren como desenvolve un xogo vocal coa miña muller, 285 00:13:43,566 --> 00:13:48,797 só por xogo e polo puro desexo de estar acoplado con outro ser humano. 286 00:13:49,556 --> 00:13:54,473 (Os dous vocalizando) 287 00:14:02,025 --> 00:14:05,243 (Risas) 288 00:14:05,267 --> 00:14:09,064 Agora, pensen como a capacidade do meu fillo 289 00:14:09,088 --> 00:14:11,850 de acoplarse con nós e con outra xente na súa vida 290 00:14:11,874 --> 00:14:14,732 vai dar forma ao home que chegará a ser no futuro. 291 00:14:14,756 --> 00:14:17,171 E pensen en como vostedes cambian diariamente 292 00:14:17,195 --> 00:14:21,518 mediante a interacción e o acoplamento con outras persoas na súa vida. 293 00:14:22,562 --> 00:14:26,725 Sigan a acoplarse con outras persoas, a espallar as súas ideas, 294 00:14:26,725 --> 00:14:29,996 porque a suma de todos nós xuntos, acoplados, 295 00:14:29,996 --> 00:14:31,618 é maior que as nosas partes. 296 00:14:31,618 --> 00:14:32,802 Grazas. 297 00:14:32,802 --> 00:14:34,102 (Aplausos)