1 00:00:00,460 --> 00:00:03,787 Hoxe teño unha única petición. 2 00:00:03,983 --> 00:00:06,356 Por favor, non me digades que son normal. 3 00:00:07,373 --> 00:00:11,531 Gustaríame presentarvos os meus irmáns. 4 00:00:11,749 --> 00:00:13,768 Remi ten 22 anos. 5 00:00:14,015 --> 00:00:16,421 É alto e moi guapo. 6 00:00:16,979 --> 00:00:20,907 Non fala, pero transmite alegría 7 00:00:20,907 --> 00:00:24,328 mellor ca algúns dos máis destacados oradores. 8 00:00:24,910 --> 00:00:27,317 Remi sabe o que é o amor. 9 00:00:27,703 --> 00:00:31,298 Compárteo incondicionalmente pase o que pase. 10 00:00:31,965 --> 00:00:35,485 Non é avaricioso. Non lle importa a cor da pel. 11 00:00:35,735 --> 00:00:39,056 Non lle importan as diferenzas relixiosas e, fixádevos nisto: 12 00:00:39,056 --> 00:00:41,475 nunca dixo unha mentira. 13 00:00:42,311 --> 00:00:44,602 Cando canta cancións da nosa infancia, 14 00:00:44,682 --> 00:00:47,715 intentando pronunciar palabras das que nin eu podería lembrarme, 15 00:00:47,715 --> 00:00:49,695 recórdame unha cousa: 16 00:00:49,879 --> 00:00:52,432 o pouco que sabemos sobre a mente e o marabilloso 17 00:00:52,432 --> 00:00:54,431 que debe ser o descoñecido. 18 00:00:56,007 --> 00:00:58,301 Samuel ten 16 anos. 19 00:00:58,554 --> 00:01:01,203 É alto. É moi guapo. 20 00:01:02,128 --> 00:01:05,086 Ten unha memoria impecable. 21 00:01:06,191 --> 00:01:08,401 Porén, é unha memoria selectiva. 22 00:01:08,476 --> 00:01:11,626 Non se lembra de se me colleu o meu chocolate 23 00:01:12,046 --> 00:01:14,895 pero acórdase do ano en que saíu cada canción do meu iPod, 24 00:01:15,395 --> 00:01:17,666 conversacións que tivemos cando el tiña 4 anos, 25 00:01:17,836 --> 00:01:21,244 facer pis polo meu brazo durante o primeiro capítulo dos Teletubbies 26 00:01:21,244 --> 00:01:23,091 e o día do aniversario de Lady Gaga. 27 00:01:24,239 --> 00:01:26,310 Non vos parece incrible? 28 00:01:27,263 --> 00:01:29,999 A pesar disto, a maioría da xente non está de acordo. 29 00:01:29,999 --> 00:01:32,775 E, de feito, como as súas mentes non se axustan 30 00:01:32,775 --> 00:01:35,384 ao concepto de normalidade da sociedade, 31 00:01:35,753 --> 00:01:38,216 a miúdo son ignorados e incomprendidos. 32 00:01:38,749 --> 00:01:42,009 Pero o que me animou e fortaleceu a miña alma 33 00:01:42,129 --> 00:01:44,753 foi que, mesmo se esta era a situación, 34 00:01:44,753 --> 00:01:47,265 aínda que non os considerasen ordinarios 35 00:01:47,265 --> 00:01:49,541 só podía significar unha cousa: 36 00:01:49,850 --> 00:01:52,452 que eran extraordinarios. 37 00:01:53,462 --> 00:01:57,624 Autistas e extraordinarios. 38 00:01:57,624 --> 00:02:02,566 Ben, para aqueles menos familiarizados co termo "autismo", 39 00:02:02,566 --> 00:02:05,764 é un complexo trastorno cerebral que afecta á comunicación social, 40 00:02:05,764 --> 00:02:09,829 á aprendizaxe e, ás veces, ás habilidades físicas. 41 00:02:09,908 --> 00:02:12,590 Maniféstase de maneira diferente en cada individuo 42 00:02:12,590 --> 00:02:15,224 de aí que Remi sexa tan diferente a Sam. 43 00:02:15,224 --> 00:02:17,364 En todo o mundo, cada 20 minutos, 44 00:02:17,364 --> 00:02:19,972 diagnostícase un novo caso de autismo, 45 00:02:19,972 --> 00:02:23,148 e aínda que é un dos trastornos do desenvolvemento 46 00:02:23,148 --> 00:02:27,353 que máis rápido aumenta no mundo, non hai causa nin cura coñecidas. 47 00:02:27,353 --> 00:02:30,378 Non me acordo do meu primeiro encontro co autismo, 48 00:02:30,378 --> 00:02:33,326 pero non recordo vivir un só día sen el. 49 00:02:33,326 --> 00:02:36,139 Tiña só tres anos cando o meu irmán chegou ao mundo 50 00:02:36,139 --> 00:02:40,748 e estaba moi emocionada de ter un novo ser na miña vida. 51 00:02:40,978 --> 00:02:43,243 Cando pasaron uns cantos meses 52 00:02:43,243 --> 00:02:45,449 deime conta de que el era diferente. 53 00:02:45,979 --> 00:02:48,536 Berraba moito. 54 00:02:48,536 --> 00:02:51,872 Non quería xogar coma os outros bebés e, 55 00:02:51,872 --> 00:02:56,507 de feito, non parecía interesarse por min nin o máis mínimo. 56 00:02:56,507 --> 00:02:59,127 Remi vivía e reinaba no seu propio mundo, 57 00:02:59,127 --> 00:03:00,973 coas súas propias regras, 58 00:03:00,973 --> 00:03:03,206 e encontraba o pracer nas cousas máis pequenas, 59 00:03:03,206 --> 00:03:04,164 como poñer os coches en ringleira 60 00:03:04,164 --> 00:03:05,123 ao redor do cuarto, 61 00:03:05,123 --> 00:03:07,151 mirar fixamente a lavadora 62 00:03:07,151 --> 00:03:10,382 e comer calquera cousa que houbera polo medio. 63 00:03:10,550 --> 00:03:13,393 Conforme medraba, volvíase máis diferente 64 00:03:13,723 --> 00:03:16,351 e as diferenzas facíanse máis evidentes. 65 00:03:16,685 --> 00:03:19,604 Pero máis alá das rabechas, da frustración 66 00:03:19,604 --> 00:03:22,326 e da hiperactividade inacabable, 67 00:03:22,326 --> 00:03:25,230 había algo realmente único: 68 00:03:25,230 --> 00:03:28,031 unha natureza pura e inocente, 69 00:03:28,031 --> 00:03:31,752 un neno que vía o mundo sen prexuízos, 70 00:03:31,752 --> 00:03:34,789 un ser humano que nunca mentira. 71 00:03:35,459 --> 00:03:37,591 Extraordinario. 72 00:03:37,591 --> 00:03:40,704 Non podo negar que houbo algúns momentos 73 00:03:40,704 --> 00:03:41,995 difíciles na miña familia, 74 00:03:41,995 --> 00:03:44,177 momentos nos que desexei que eles 75 00:03:44,177 --> 00:03:46,044 fosen exactamente coma min. 76 00:03:46,044 --> 00:03:48,402 Pero miro cara a atrás as cousas que me ensinaron 77 00:03:48,402 --> 00:03:52,677 sobre a individualidade, a comunicación e o amor, 78 00:03:52,677 --> 00:03:56,006 e doume conta de que son cousas 79 00:03:56,006 --> 00:03:59,143 que non querería cambiar pola normalidade. 80 00:03:59,844 --> 00:04:05,041 A normalidade pasa por alto a beleza que nos achegan as diferenzas 81 00:04:05,100 --> 00:04:07,270 e o feito de ser diferentes non significa 82 00:04:07,270 --> 00:04:08,675 que alguén estea equivocado. 83 00:04:08,675 --> 00:04:11,921 Só significa que hai unha visión diferente do que é correcto. 84 00:04:11,921 --> 00:04:15,741 Se puidese transmitirlle unha soa cousa a Remi, 85 00:04:15,741 --> 00:04:17,228 e a Sam, 86 00:04:18,926 --> 00:04:20,065 e a vós, 87 00:04:20,065 --> 00:04:22,688 sería que non tedes que ser normais. 88 00:04:24,208 --> 00:04:27,146 Podedes ser extraordinarios. 89 00:04:27,916 --> 00:04:30,207 Porque, autistas ou non, 90 00:04:30,207 --> 00:04:34,086 as diferenzas que temos... son un don! 91 00:04:34,086 --> 00:04:37,318 Cada un de nós ten un don no seu interior 92 00:04:37,618 --> 00:04:40,170 e, sinceramente, a busca da normalidade é 93 00:04:40,170 --> 00:04:42,890 o último sacrificio do potencial. 94 00:04:43,053 --> 00:04:47,363 A oportunidade para a grandeza, o progreso e o cambio 95 00:04:47,363 --> 00:04:51,374 morre no momento no que tratamos de ser coma os demais. 96 00:04:51,793 --> 00:04:54,503 Por favor, non me digades que son normal. 97 00:04:54,503 --> 00:04:56,843 Grazas. (Aplausos) 98 00:04:55,793 --> 00:04:59,793 (Aplausos)