Quero falarvos dos meus nenos. Agora, xa sei que todo o mundo pensa que o seu neno é o mellor, e máis guapo que xamais existiu. Pero os meus sono de verdade. (Risas) Teño 696 nenos e son os máis intelixentes, inventivos, innovadores... os nenos máis brillantes e poderosos que xamais coñecerás. Cada un dos estudantes aos que tiven o honor de ensinar é o meu neno. Porén, dado que os seus "verdadeiros" pais non son ricos e, tendo en conta que, como a maioría son de cor, rara vez serán quen de verse en sí mesmos a xenialidad que eu vexo neles. Porque eu véxome reflectida neles ou no que eu podería ter sido. Son filla de dous pais traballadores, ambos con carreiras universitarias, afroamericanos, que elixiron carreiras como funcionarios públicos: meu pai, ministro; miña nai, profesora. A riqueza non era unha prioridade na nosa casa. Debido a esta inexistente riqueza, viviamos nun barrio onde a riqueza non existía, e consecuentemente, nun sistema educativo que carecía da mesma. Non obstante, e afortunadamente, tocounos a lotería a nivel educativo nun programa voluntario de eliminación da segregación racial que leva en bus a nenos procedentes de barrios pobres, nenos de cor, ás escolas preto das cidades, ricas e brancas. Cando tiña cinco años, tiven que facer unha viaxe dunha hora en autobús ata un lugar afastado para conseguir unha mellor educación. Con cinco anos, pensaba que todo o mundo tiña unha vida coma a miña. Pensaba que todo o mundo ía á escola e que eramos os únicos que empregaban as ceras marróns para colorear os retratos que facíamos das nosas familias, mentres que os demais empregaban as cores carne. Con cinco anos, pensaba que todo o mundo era coma min. Mais cando medrei, comecei a percibir cousas como: Como é que que o meu amigo do barrio non ten que se erguer ás cinco da mañá e ir á escola que está a unha hora de camiño? Como pode ser que eu aprenda a tocar o violín mentres os meus amigos nin sequera teñen clase de música? Por que os meus amigos estaban aprendendo e lendo materia que eu xa dera dous ou tres anos antes? Como ven, a medida que medraba, comecei a ter esta sensación contradictoria no ventre como se estivese facendo algo que non debera; collendo algo que non era meu; recibindo un agasallo, mais co nome doutra persoa escrito nel. Todas aquelas cousas marabillosas que estaba descubrindo e experimentando... sentía coma se realmente non debera telas. Como se non debese ter unha biblioteca, instalacións deportivas ben equipadas ou patios seguros nos que xogar Como se non debese ter departamentos de teatro con concertos e obras cada temporada; artes dixitais, visuais, escénicas... Como se non debese ter laboratorios de bioloxía ou química ben equipados, autobuses escolares que me levasen ata a porta, almorzos preparados no momento ou incluso aire acondicionado. Esas son cousas que os meus nenos non teñen. Como ven, mentres medraba, ao tempo que estaba agradecida por esta marabillosa oportunidade que recibira, sempre sentía esta intensa punzada: Pero, que pasa cos demais? Hai miles de nenos coma min que tamén merecen isto. Por que non todo o mundo o consegue? Por que a educación de calidad está soamente reservada aos ricos? Era como se eu tivese algún tipo de remorso de supervivencia. Todos os meus amigos estaban a experimentar un desastre educacional do que eu me salvara grazas a unha viaxe en autobús. Eu era coma un Moisés educativo berrando: "Deixade ir aos meus a unha escola de calidade!" (Risas) Vin de primeira man como a outra metade era tratada e educada. Vin a terra prometida da educación e non teño forma algunha de xustificar a disparidade. Agora ensino no mesmo sistema educativo do que me quería refuxiar. Sei de primeira man as ferramentas que me deran como estudante, e agora, como profesora, non teño acceso a esas mesmas ferramentas para darllas aos meus alumnos. Foron incontables as noites nas que chorei de frustración, indignación e tristeza, porque non podo ensinar aos meus nenos do mesmo xeito no que eu fun educada porque non teño acceso aos mesmos recursos ou ferramentas que foron empregados para ensinarme. Os meus nenos merecen algo moito mellor. Sentámonos e seguimos golpeándonos as cabezas contra o termo: "Brecha educacional, brecha educacional!" É tan difícil de entender porque estes nenos se desenvolven ben e estes outros non? Quero decir, en serio. Creo que nos equivocamos en todo. Creo que nós, como Gloria Ladson-Billings di, debemos darlle a volta ao noso paradigma e idioma e chamalo polo seu nome. Non é unha brecha educacional É unha débeda educacional, por todos os recursos escolares pasados nos que nunca se investiu para educación dos nenos de cor ao longo do tempo. Un segredo pouco coñecido da historia americana é que a única institución americana creada especificamente para a xente de cor é a trata de escravos Algúns debatirían sobre o sistema penitenciario pero iso sería tema para outra charla TED. (Risas) O sistema de escola pública deste país foi construído, mercado e pagado empregando o comercio xerado na trata e labor de esctravos. Mentres os afroamericanos eran escravizados e se lles prohibía estudar, a súa labor construía a mesma institución da que foron excluídos. Desde entón, cada caso xudicial, cada política educativa, cada reforma, foi un intento de modernizar o deseño, mais ca de deterse e admitir: fixémolo todo mal dende o principio. Unha simplificación excesiva da historia da educación americana. Ben, teñan paciencia comigo. Os negros foron afastados, xa sabedes todo o tema da escravitude Grazas á axuda de humanitarios brancos, construíron as súas propias escolas. Separatista pero igualitario estaba BEN. Pero aínda que saibamos de certo que existía esta separación, de ningún xeito era igualitaria. Segundo o caso Brown contra o Consello de Educación de Topeka, Kansas, 1954 a separación de razas é agora ilegal. Pero moi poucas persoas prestaron atención a todos os casos xudiciais desde entón, que arruinaron a educación prometida para cada neno que pretendía Brown contra o Consello. Algúns argumentan que hoxe as nosas escolas están máis segregadas do que estaban antes de que se intentasen cambiar nun primeiro momento Ensinar aos meus nenos sobre desegregación, os nove de Little Rock, o movemento polos dereitos civís é un momento moi incómodo da miña clase cando teño que escoitar a voz dun neno preguntando, "Se as escolas foron desegregadas en 1954, por que non hai nenos brancos aquí?" (Risas) Estes nenos non son tontos. Saben perfectamente o que está pasando e o que non Saben que cando se trata da educación, as vidas da xente negra non importan nin nunca o fixeron. Durante anos, tratei desesperadamente de cultivar nos meus nenos o amor pola lectura Acumulara unha modesta biblioteca de clase con libros que conseguira de tendas de segunda man, de trasteiros... Mais cando decía aquelas terribles palabras: "Colle un libro e le" Pensariades que acabara de declarar a guerra. Era unha tortura. Un día, despois de que escoitara sobre unha páxina web chamada DonorsChoose, onde profesores fan listas de material que precisan para as súas clases e doantes anónimos llos facilitaban, decidín aventurarme e facer tamén unha lista da biblioteca soñada dun adolescente. Máis de 200 libros novos foron enviados á miña clase un por un. Cada día había novas entregas e os meus alumnos exclamaban con xúbilo, "Semella Nadal!" (Risas) Despois decían, "Señorita Summer, de onde veñen estes libros?" Entón eu respondíalles, "Persoas descoñecidas de todo o país quixeron que os tiverades." Entón eles decían, con sospeita, "Pero son novos". (Risas) Ao que eu respondía: "Merecedes libros novos." Toda esta experiencia tocoume no máis fondo cando unha das nenas díxome, mentres abría un fráxil libro de bolsillo, "Señorita Summer, pensaba que ti mercaras estes libros, porque vós os profesores sempre estades mercándonos cousas Mais, o feito de saber que un estraño, que alguén que non coñezo, preocúpase tanto por min é xenial." Saber que descoñecidos coidarán de ti é un privilexio que os meus nenos non poden permitirse. Dende a doazón, houbo un fluxo constante de nenos collendo libros prestados e logo devolvéndoos exclamando: "Este libro estivo ben!" (Risas) Agora, cando digo "Colle un libro e le", os nenos corren á miña biblioteca. Non era que non quixeran ler, senón que estarían encantados de facelo, se tivesen os recursos. Institucionalmente falando, o noso sistema de escola pública nunca foi xusto cos nenos de cor. Seguimos concentrándonos nos resultados finais ou nos resultados dos exames, e frustrándonos. Chegamos a unha catástrofe e preguntámonos, "Como puido acabar tan mal? Como chegamos aquí?" En serio? Se desatendes a un neno durante moito tempo deixas de ter o dereito de sorprenderte cando as cousas non saen ben. Deixade de sentirvos perplexos ou confusos ou desconcertados polas diferenzas de rendemento escolar, diferenza de ingresos, os índices de encarceramento, ou calquera disparidade económica que sexa o termo "de moda" do momento. Os problemas que temos como país son problemas que creamos como país. A calidade da túa educación é directamente proporcional á posibilidade de acceso á universidade, ao acceso a un traballo, ao acceso ao futuro. Ata que vivamos nun mundo onde cada neno poida ter unha educación de calidade independentemente de onde resida ou da cor da súa pel, hai cousas que podemos facer a gran escala. A financiación de escolas non debería decidirse en base a impostos sobre a propiedade ou algunha novedosa ecuación económica onde os nenos ricos seguen beneficiándose das axudas do Estado mentres que aos pobres se lles está a quitar continuamente comida e recursos. Gobernadores, senadores, alcaldes, membros do concello, se vamos chamar á educacion pública educación pública, entón debería ser precisamente iso. Senón, deberiamos chamalo polo seu nome: unha forma de manter a pobreza. "Educación pública: mantendo aos nenos pobres na probreza dende 1954." (Risas) Se realmente, coma país, cremos que a educación é a "gran igualadora," entón debería ser xustamente iso: imparcial e equitativa. Ata entón, non haberá democracia na nosa educación democrática. Nun nivel intermedio: historicamente falando, a educación dos nenos de cor sempre dependeu da caridade doutros. E, desafortunadamente, hoxe segue sendo así. Se o teu fillo, filla, sobriña, sobriño, ou veciño, ou o pequeno Timmy que vive na mesma rúa e que vai a unha escola rica, desafía ao comité escolar para asumir ao seu cargo unha escola empobrecida ou a unha clase nesas condicións de pobreza Pecha as divisións dedicándote á comunicación e ás relacións que si importan. Cando se comparten os recursos, non se dividen; se multiplican. E a pequena escala: se es un ser humano, doa. Tempo, diñeiro, recursos, oportunidades... o que sexa que teñas no corazón. Hai páxinas web coma DonorsChoose que detectan esta disparidade e realmente queren facer algo por cambiala. Que é un carpinteiro sen ferramentas? Que é unha actriz sen escenario? Que é un científico sen laboratorio? Que é un doutor sen equipamento? Eu dígovolo: son os meus nenos. Non deberían ser os vosos, tamén? Grazas. (Aplausos)