1 00:00:00,000 --> 00:00:03,000 Comecei Improv Everywhere hai aproximadamente 10 anos 2 00:00:03,000 --> 00:00:06,000 cando me mudei a Nova Iorque con interese no arte dramático e a comedia. 3 00:00:06,000 --> 00:00:09,000 Como era novo na cidade, non tiña acceso a un escenario 4 00:00:09,000 --> 00:00:12,000 así que decidín crear o meu nos lugares públicos. 5 00:00:12,000 --> 00:00:14,000 O primeiro proxecto que vos vou mostrar 6 00:00:14,000 --> 00:00:16,000 é a primeira Ruta en Metro sen Pantalóns 7 00:00:16,000 --> 00:00:18,000 que se levou a cabo en xaneiro de 2002. 8 00:00:18,000 --> 00:00:20,000 Esta muller é a estrela do vídeo. 9 00:00:20,000 --> 00:00:22,000 Non sabe que está sendo gravada. 10 00:00:22,000 --> 00:00:24,000 Estámola gravando cunha cámara oculta 11 00:00:24,000 --> 00:00:26,000 no tren nº 6 en Nova Iorque. 12 00:00:26,000 --> 00:00:28,000 Esta é a primeira parada da liña. 13 00:00:28,000 --> 00:00:30,000 Estes son dous rapaces daneses 14 00:00:30,000 --> 00:00:33,000 que entran e sentan ao lado da cámara oculta 15 00:00:33,000 --> 00:00:35,000 e este son eu cun abrigo marrón. 16 00:00:35,000 --> 00:00:37,000 Estamos por debaixo dos 0 graos fóra. 17 00:00:37,000 --> 00:00:39,000 Levo un sombreiro e unha bufanda 18 00:00:39,000 --> 00:00:42,000 e a rapaza vaime ver agora mesmo. 19 00:00:44,000 --> 00:00:50,000 (Risas) 20 00:00:50,000 --> 00:00:52,000 E, como veredes agora, non levo pantalóns. 21 00:00:52,000 --> 00:00:55,000 (Risas) 22 00:00:55,000 --> 00:00:57,000 Así que neste momento... 23 00:00:57,000 --> 00:00:59,000 ela dáse de conta de que estou alí 24 00:00:59,000 --> 00:01:01,000 pero en Nova Iorque hai frikis en calquera vagón de metro. 25 00:01:01,000 --> 00:01:03,000 Unha persoa non é tan estraño. 26 00:01:03,000 --> 00:01:06,000 Volve poñerse a ler o seu libro, que desafortunadamente se titula "Violación". 27 00:01:06,000 --> 00:01:10,000 (Risas) 28 00:01:10,000 --> 00:01:12,000 Decatouse de que hai algo estraño, 29 00:01:12,000 --> 00:01:14,000 pero volveu á súa vida normal. 30 00:01:14,000 --> 00:01:16,000 Mentres tanto, eu teño seis amigos 31 00:01:16,000 --> 00:01:19,000 que están esperando nas seguintes seis paradas, tamén en roupa interior. 32 00:01:20,000 --> 00:01:22,000 Van empezar a entrar no vagón un por un. 33 00:01:22,000 --> 00:01:25,000 Actuaremos coma se non nos coñecésemos 34 00:01:25,000 --> 00:01:28,000 e coma se simplemente cometéramos un erro desafortunado, 35 00:01:28,000 --> 00:01:31,000 o de esquecer os pantalóns neste día tan frío de xaneiro. 36 00:01:31,000 --> 00:01:56,000 (Risas) 37 00:01:56,000 --> 00:01:58,000 Neste momento 38 00:01:58,000 --> 00:02:00,000 decide deixar de lado o libro da violación 39 00:02:00,000 --> 00:02:02,000 (Risas) 40 00:02:02,000 --> 00:02:06,000 e estar un pouco máis atenta ao que a rodea. 41 00:02:06,000 --> 00:02:08,000 Mentres tanto, os dous rapaces daneses á esquerda da cámara 42 00:02:08,000 --> 00:02:10,000 morren da risa. 43 00:02:10,000 --> 00:02:12,000 Cren que é o máis gracioso que viron na súa vida 44 00:02:12,000 --> 00:02:15,000 e mirade como ela fai contacto visual con eles agora. 45 00:02:20,000 --> 00:02:22,000 (Risas) 46 00:02:22,000 --> 00:02:24,000 Encántame este momento do vídeo 47 00:02:24,000 --> 00:02:27,000 porque antes de que se convertese nunha experiencia compartida 48 00:02:27,000 --> 00:02:30,000 era algo que quizais dese un pouco de medo 49 00:02:30,000 --> 00:02:32,000 ou que polo menos a tiña un pouco confusa. 50 00:02:32,000 --> 00:02:34,000 E agora que se converteu nunha experiencia compartida 51 00:02:34,000 --> 00:02:36,000 é gracioso e pode rir da experiencia. 52 00:02:36,000 --> 00:02:38,000 Agora o tren está chegando 53 00:02:38,000 --> 00:02:40,000 á terceira parada da liña 6. 54 00:02:54,000 --> 00:02:57,000 (Risas) 55 00:02:57,000 --> 00:02:59,000 Non se vai ver todo no vídeo. 56 00:02:59,000 --> 00:03:01,000 Isto segue durante catro paradas máis 57 00:03:01,000 --> 00:03:05,000 e un total de sete tíos entran de forma anónima en roupa interior. 58 00:03:05,000 --> 00:03:07,000 Na oitava parada, entra unha rapaza cunha bolsa enorme 59 00:03:07,000 --> 00:03:10,000 e anuncia que ten pantalóns á venda por un dólar, 60 00:03:10,000 --> 00:03:13,000 igual que calquera pode vender pilas ou caramelos no metro. 61 00:03:13,000 --> 00:03:16,000 Todos, con toda naturalidade, mercamos uns pantalóns, poñémolos 62 00:03:16,000 --> 00:03:19,000 e dicimos: "Grazas, é xusto o que necesitaba hoxe" 63 00:03:19,000 --> 00:03:22,000 saímos sen dicir o que pasa 64 00:03:22,000 --> 00:03:24,000 e marchamos cada un na súa dirección. 65 00:03:24,000 --> 00:03:26,000 (Aplausos) 66 00:03:26,000 --> 00:03:28,000 Grazas. 67 00:03:30,000 --> 00:03:32,000 Este é un fotograma do vídeo. 68 00:03:32,000 --> 00:03:34,000 Gústame tanto a reacción da rapaza. 69 00:03:34,000 --> 00:03:36,000 Ver a cinta un pouco máis tarde aquel día 70 00:03:36,000 --> 00:03:38,000 inspiroume para seguir facendo o que fago. 71 00:03:38,000 --> 00:03:41,000 E realmente unha das razóns de ser de Improv Everywhere 72 00:03:41,000 --> 00:03:43,000 é realizar unha escena nun lugar público 73 00:03:43,000 --> 00:03:45,000 que sexa unha experiencia positiva para outra xente. 74 00:03:45,000 --> 00:03:48,000 É unha trasnada, pero consegue que a xente teña boas historias que contar. 75 00:03:48,000 --> 00:03:50,000 A súa reacción inspiroume 76 00:03:50,000 --> 00:03:52,000 para facer unha segunda Ruta Anual no Metro sen Pantalóns 77 00:03:52,000 --> 00:03:54,000 e seguimos facéndoo todos os anos. 78 00:03:54,000 --> 00:03:56,000 Este xaneiro fixemos a X Ruta no Metro sen Pantalóns 79 00:03:56,000 --> 00:03:59,000 na que un grupo moi diverso de 3.500 persoas 80 00:03:59,000 --> 00:04:01,000 foi no metro de Nova Iorque en roupa interior. 81 00:04:01,000 --> 00:04:03,000 Practicamente todas as liñas de metro na cidade. 82 00:04:03,000 --> 00:04:05,000 E tamén noutras 50 cidades en todo o mundo 83 00:04:05,000 --> 00:04:07,000 a xente participou. 84 00:04:07,000 --> 00:04:09,000 (Risas) 85 00:04:09,000 --> 00:04:12,000 Cando empecei a ir a clases de improvisación no Upright Citizens Brigade Theater 86 00:04:12,000 --> 00:04:15,000 e comecei a coñecer a outra xente creativa e outros actores e cómicos 87 00:04:15,000 --> 00:04:17,000 empecei a amasar unha lista de correos 88 00:04:17,000 --> 00:04:19,000 da xente que quería facer este tipo de proxectos 89 00:04:19,000 --> 00:04:21,000 para poder facer proxectos máis grandes. 90 00:04:21,000 --> 00:04:23,000 Un día ía atravesando Union Square 91 00:04:23,000 --> 00:04:25,000 e vin este edificio 92 00:04:25,000 --> 00:04:27,000 que fora construído en 2005. 93 00:04:27,000 --> 00:04:30,000 Había unha rapaza nunha das ventás que estaba bailando. 94 00:04:30,000 --> 00:04:32,000 Era moi peculiar 95 00:04:32,000 --> 00:04:34,000 porque estaba escuro fóra, pero ela tiña unha iluminación fluorescente de fondo 96 00:04:34,000 --> 00:04:36,000 estaba moi metida na escena 97 00:04:36,000 --> 00:04:38,000 e eu non podía imaxinar por que o estaba facendo. 98 00:04:38,000 --> 00:04:40,000 Despois de máis ou menos 15 segundos apareceu a súa amiga 99 00:04:40,000 --> 00:04:42,000 estaba escondida tras unha pancarta 100 00:04:42,000 --> 00:04:44,000 botáronse a rir, abrazáronse e marcharon correndo. 101 00:04:44,000 --> 00:04:46,000 Parecía que tivesen apostado para ver se era capaz de facelo. 102 00:04:46,000 --> 00:04:48,000 Iso inspiroume. 103 00:04:48,000 --> 00:04:50,000 Mirei a fachada enteira (había 70 ventás en total) 104 00:04:50,000 --> 00:04:52,000 e souben o que tiña que facer. 105 00:04:52,000 --> 00:04:54,000 (Risas) 106 00:04:54,000 --> 00:04:57,000 Este proxecto chámase Mira Máis cara Arriba. Tiñamos 70 actores vestidos de negro. 107 00:04:57,000 --> 00:04:59,000 Non tiñamos autorización. 108 00:04:59,000 --> 00:05:01,000 Non informamos aos grandes almacéns de que iamos ir. 109 00:05:01,000 --> 00:05:03,000 Eu quedei no parque dando instrucións. 110 00:05:03,000 --> 00:05:06,000 A primeira era para que todo o mundo levantase as letras de máis dun metro de alto 111 00:05:06,000 --> 00:05:08,000 coas que se facía a frase "Mira Máis cara Arriba", 112 00:05:08,000 --> 00:05:11,000 o nome do proxecto. 113 00:05:11,000 --> 00:05:14,000 A segunda instrución era para que todos saltasen xuntos. 114 00:05:14,000 --> 00:05:17,000 Aquí podedes ver o comezo. 115 00:05:17,000 --> 00:05:19,000 (Risas) 116 00:05:19,000 --> 00:05:21,000 E logo bailes. Fixemos que todos bailasen. 117 00:05:21,000 --> 00:05:23,000 E logo fixeron solos de baile, nos que unha única persoa bailaba 118 00:05:23,000 --> 00:05:25,000 e o resto a sinalaba. 119 00:05:25,000 --> 00:05:32,000 (Risas) 120 00:05:32,000 --> 00:05:34,000 Despois din unha nova instrución 121 00:05:34,000 --> 00:05:37,000 que sinalaba ao seguinte bailarín en Forever 21 122 00:05:37,000 --> 00:05:39,000 e bailou. 123 00:05:39,000 --> 00:05:41,000 Houbo varias actividades máis. 124 00:05:41,000 --> 00:05:43,000 A xente saltaba arriba e abaixo 125 00:05:43,000 --> 00:05:45,000 tirábanse ao chan. 126 00:05:45,000 --> 00:05:47,000 E eu estaba alí de anónimo cun chándal, 127 00:05:47,000 --> 00:05:49,000 metendo e sacando a man dunha papeleira 128 00:05:49,000 --> 00:05:51,000 para sinalar os avances. 129 00:05:51,000 --> 00:05:53,000 E como estabamos en Union Square Park, ao lado dunha estación de metro 130 00:05:53,000 --> 00:05:55,000 cara o final había centos de persoas 131 00:05:55,000 --> 00:05:57,000 que paraban e miraban cara arriba 132 00:05:57,000 --> 00:06:00,000 para ver o que faciamos. 133 00:06:01,000 --> 00:06:03,000 Aquí vese unha foto mellor. 134 00:06:03,000 --> 00:06:05,000 Así que este acontecemento concreto 135 00:06:05,000 --> 00:06:07,000 inspirouse nun momento 136 00:06:07,000 --> 00:06:09,000 co que me topei de casualidade. 137 00:06:09,000 --> 00:06:11,000 O seguinte proxecto que quero mostrar 138 00:06:11,000 --> 00:06:13,000 chegou ao meu e-mail da man dun descoñecido. 139 00:06:13,000 --> 00:06:16,000 Un rapaz dun instituto de Texas escribiume en 2006 140 00:06:16,000 --> 00:06:18,000 e dixo: "Deberías conseguir que tanta xente como sexa posible 141 00:06:18,000 --> 00:06:21,000 poña polos azuis e pantalóns caqui, 142 00:06:21,000 --> 00:06:23,000 vaia a unha tenda Best Buy e pasee por alí". 143 00:06:23,000 --> 00:06:27,000 (Risas) 144 00:06:27,000 --> 00:06:29,000 (Aplausos) 145 00:06:29,000 --> 00:06:31,000 Así que respondín o correo do rapaz inmediatamente 146 00:06:31,000 --> 00:06:33,000 e lle dixen: "Tes toda a razón. 147 00:06:33,000 --> 00:06:35,000 Creo que vou intentar facelo esta fin de semana. Grazas". 148 00:06:35,000 --> 00:06:37,000 E aquí está o vídeo. 149 00:06:37,000 --> 00:06:39,000 De novo, estamos en 2005. 150 00:06:39,000 --> 00:06:42,000 Este é o Best Buy de Nova Iorque. 151 00:06:42,000 --> 00:06:44,000 Unhas 80 persoas achegáronse para participar 152 00:06:44,000 --> 00:06:46,000 e entraron unha por unha. 153 00:06:46,000 --> 00:06:48,000 Había unha nena de oito anos, outra de dez, 154 00:06:48,000 --> 00:06:50,000 e tamén un home de 65 anos 155 00:06:50,000 --> 00:06:52,000 entre os participantes. 156 00:06:52,000 --> 00:06:54,000 Un grupo moi diverso, en definitiva. 157 00:06:54,000 --> 00:06:57,000 Díxenlle á xente: "Non traballedes, non fagades nada de traballo. 158 00:06:57,000 --> 00:06:59,000 Pero tampouco compredes. 159 00:06:59,000 --> 00:07:01,000 Só paseade e non fagades caso dos produtos". 160 00:07:01,000 --> 00:07:03,000 Podedes distinguir os empregados reais 161 00:07:03,000 --> 00:07:05,000 polas etiquetas amarelas que levan na camiseta. 162 00:07:05,000 --> 00:07:07,000 O resto da xente son os nosos actores. 163 00:07:07,000 --> 00:07:09,000 (Risas) 164 00:07:09,000 --> 00:07:11,000 Os empregados pensaron que era divertido. 165 00:07:11,000 --> 00:07:13,000 E, de feito, algúns deles foron buscar as súas cámaras á sala de descanso 166 00:07:13,000 --> 00:07:15,000 e sacáronse fotos connosco. 167 00:07:15,000 --> 00:07:18,000 Moitos deles dicían de brincadeira que nos ían mandar ao almacén 168 00:07:18,000 --> 00:07:21,000 a coller sets de televisión moi pesados para os clientes. 169 00:07:21,000 --> 00:07:24,000 Aos encargados e aos gardas de seguridade, por outra banda, 170 00:07:24,000 --> 00:07:26,000 non lles pareceu moi gracioso. 171 00:07:26,000 --> 00:07:28,000 Podedes velos aquí. 172 00:07:28,000 --> 00:07:31,000 Levan unha camisa amarela ou negra. 173 00:07:31,000 --> 00:07:33,000 Estivemos alí probablemente dez minutos 174 00:07:33,000 --> 00:07:35,000 antes de que os encargados chamasen o 911. 175 00:07:35,000 --> 00:07:38,000 (Risas) 176 00:07:38,000 --> 00:07:40,000 Empezaron a corricar por todas partes 177 00:07:40,000 --> 00:07:43,000 dicíndolle a todo o mundo que viña a poli, que tivesen coidado. 178 00:07:43,000 --> 00:07:46,000 E podedes ver os policías nesta secuencia. 179 00:07:46,000 --> 00:07:49,000 Aquí hai un policía vestido de negro que está sendo filmado cunha cámara oculta. 180 00:07:49,000 --> 00:07:51,000 Ao final, o policía tivo que informar os encargados de Best Buy 181 00:07:51,000 --> 00:07:53,000 de que non era ilegal 182 00:07:53,000 --> 00:07:55,000 levar polo azul e pantalóns caqui. 183 00:07:55,000 --> 00:07:57,000 (Risas) 184 00:07:57,000 --> 00:08:01,000 (Aplausos) 185 00:08:01,000 --> 00:08:03,000 Grazas. 186 00:08:03,000 --> 00:08:06,000 (Aplausos) 187 00:08:06,000 --> 00:08:09,000 Levábamos alí 20 minutos, xa podiamos saír da tenda tranquilos. 188 00:08:09,000 --> 00:08:11,000 Unha das cousas que os encargados trataban de facer 189 00:08:11,000 --> 00:08:13,000 era localizar as nosas cámaras. 190 00:08:13,000 --> 00:08:16,000 Colleron a un par dos meus rapaces que tiñan cámaras ocultas en bolsas de tela. 191 00:08:16,000 --> 00:08:18,000 Pero houbo unha cámara que non descubriron 192 00:08:18,000 --> 00:08:20,000 e foi a dun rapaz que entrou simplemente cunha cinta 193 00:08:20,000 --> 00:08:22,000 foi ao departamento de cámaras de Best Buy 194 00:08:22,000 --> 00:08:24,000 meteu a cinta nunha das cámaras 195 00:08:24,000 --> 00:08:27,000 e fixo como que mercaba. 196 00:08:27,000 --> 00:08:30,000 Gustoume a idea de utilizar a súa propia tecnoloxía en contra deles. 197 00:08:30,000 --> 00:08:32,000 (Risas) 198 00:08:32,000 --> 00:08:34,000 Creo que os nosos mellores proxectos son os que teñen un lugar específico 199 00:08:34,000 --> 00:08:36,000 e pasan nun sitio concreto por unha razón. 200 00:08:36,000 --> 00:08:38,000 Unha mañá ía no metro, 201 00:08:38,000 --> 00:08:40,000 tiña que facer transbordo na parada da rúa 53 202 00:08:40,000 --> 00:08:42,000 onde están esas escaleiras mecánicas enormes. 203 00:08:42,000 --> 00:08:45,000 É un sitio moi deprimente polas mañás, está ateigado de xente. 204 00:08:45,000 --> 00:08:47,000 Así que decidín facer algo alí 205 00:08:47,000 --> 00:08:50,000 que puidese facelo o máis alegre posible durante unha mañá. 206 00:08:51,000 --> 00:08:53,000 Estabamos no inverno de 2009. 207 00:08:53,000 --> 00:08:55,000 Eran as 8:30 da mañá. 208 00:08:55,000 --> 00:08:57,000 Hora punta pola mañá. 209 00:08:57,000 --> 00:08:59,000 Facía moito frío fóra. 210 00:08:59,000 --> 00:09:01,000 A xente chegaba dende Queens 211 00:09:01,000 --> 00:09:04,000 facendo transbordo do tren E ao tren 6 212 00:09:04,000 --> 00:09:06,000 e ían subindo esas escaleiras xigantes 213 00:09:06,000 --> 00:09:09,000 de camiño ao traballo. 214 00:09:19,000 --> 00:09:29,000 Rob quere chocar a man contigo. (Risas) 215 00:09:31,000 --> 00:09:33,000 Prepárate. (Risas) 216 00:09:33,000 --> 00:09:39,000 (Aplausos) 217 00:09:39,000 --> 00:09:41,000 Grazas. 218 00:09:41,000 --> 00:09:44,000 Hai unha foto que o ilustra un pouco mellor. 219 00:09:44,000 --> 00:09:46,000 Chocou a man 2.000 veces aquel día, 220 00:09:46,000 --> 00:09:48,000 lavou as mans antes e despois 221 00:09:48,000 --> 00:09:50,000 e non se puxo enfermo. 222 00:09:50,000 --> 00:09:52,000 Isto fíxose tamén sen permiso 223 00:09:52,000 --> 00:09:54,000 pero a ninguén pareceu importarlle. 224 00:09:54,000 --> 00:09:56,000 Diría que co paso dos anos 225 00:09:56,000 --> 00:09:59,000 unha das críticas máis comúns que vexo de Improv Everywhere 226 00:09:59,000 --> 00:10:01,000 que aparece de forma anónima nos comentarios de YouTube 227 00:10:01,000 --> 00:10:04,000 é: "Esta xente ten demasiado tempo libre". 228 00:10:04,000 --> 00:10:07,000 E, por suposto, non a todo o mundo lle vai gustar o que fas 229 00:10:07,000 --> 00:10:09,000 e eu xa me fixen máis duro grazas aos comentarios de internet 230 00:10:09,000 --> 00:10:11,000 pero esta crítica sempre me molesta 231 00:10:11,000 --> 00:10:13,000 porque non temos moito tempo libre. 232 00:10:13,000 --> 00:10:16,000 A xente que participa nos eventos de Improv Everywhere 233 00:10:16,000 --> 00:10:18,000 ten o mesmo tempo libre que calquera outro neoiorquino, 234 00:10:18,000 --> 00:10:20,000 simplemente escollen 235 00:10:20,000 --> 00:10:22,000 utilizalo dunha forma orixinal. 236 00:10:22,000 --> 00:10:24,000 Xa sabedes, cada sábado e domingo 237 00:10:24,000 --> 00:10:26,000 centos de miles de persoas cada outono 238 00:10:26,000 --> 00:10:28,000 reúnense nos estadios de fútbol para ver os partidos. 239 00:10:28,000 --> 00:10:31,000 E nunca oín a ninguén comentar, ao ver un partido de fútbol: 240 00:10:31,000 --> 00:10:34,000 "Esta xente que está nas bancadas ten demasiado tempo libre". 241 00:10:34,000 --> 00:10:36,000 E por suposto que non o teñen. 242 00:10:36,000 --> 00:10:38,000 E unha forma marabillosa de pasar unha tarde de fin de semana 243 00:10:38,000 --> 00:10:41,000 vendo un partido de fútbol nun estadio. 244 00:10:41,000 --> 00:10:43,000 Pero na miña opinión tamén é perfectamente válido 245 00:10:43,000 --> 00:10:46,000 pasar unha tarde conxelándose con outras 200 persoas 246 00:10:46,000 --> 00:10:48,000 na terminal de Grand Central 247 00:10:48,000 --> 00:10:51,000 ou disfrazándose de cazapantasmas 248 00:10:51,000 --> 00:10:53,000 e correndo a través da Biblioteca Pública de Nova Iorque. 249 00:10:53,000 --> 00:10:55,000 (Risas) 250 00:10:55,000 --> 00:10:58,000 Ou escoitando a mesma canción que outras 3.000 persoas 251 00:10:58,000 --> 00:11:01,000 e bailando en silencio nun parque, 252 00:11:01,000 --> 00:11:03,000 ou empezando a cantar nunha tenda de comestibles 253 00:11:03,000 --> 00:11:05,000 como parte dun musical espontáneo 254 00:11:05,000 --> 00:11:08,000 ou lanzándose ao océano en Coney Island ataviado con roupas formais. 255 00:11:08,000 --> 00:11:11,000 Cando eramos nenos ensináronnos a xogar 256 00:11:11,000 --> 00:11:13,000 e nunca nos deron unha razón pola que debiamos xogar. 257 00:11:13,000 --> 00:11:16,000 Simplemente se acepta que xogar é algo bo. 258 00:11:16,000 --> 00:11:19,000 E creo que esa é a razón de ser de Improv Everywhere. 259 00:11:19,000 --> 00:11:21,000 Non hai razón e non ten por que haber unha razón. 260 00:11:21,000 --> 00:11:23,000 Non necesitamos unha razón. 261 00:11:23,000 --> 00:11:25,000 Mentres sexa divertido 262 00:11:25,000 --> 00:11:27,000 e pareza que vai ser unha idea divertida 263 00:11:27,000 --> 00:11:30,000 e pareza que a xente que a vai ver vaia ter un momento divertido tamén 264 00:11:30,000 --> 00:11:32,000 iso é suficiente para nós. 265 00:11:32,000 --> 00:11:34,000 E creo que, como adultos, temos que aprender 266 00:11:34,000 --> 00:11:36,000 que non hai unha forma correcta ou incorrecta de xogar. 267 00:11:36,000 --> 00:11:38,000 Moitas grazas 268 00:11:38,000 --> 00:11:43,000 (Aplausos)