0:00:00.000,0:00:03.000 Comecei Improv Everywhere hai aproximadamente 10 anos 0:00:03.000,0:00:06.000 cando me mudei a Nova Iorque con interese no arte dramático e a comedia. 0:00:06.000,0:00:09.000 Como era novo na cidade, non tiña acceso a un escenario 0:00:09.000,0:00:12.000 así que decidín crear o meu nos lugares públicos. 0:00:12.000,0:00:14.000 O primeiro proxecto que vos vou mostrar 0:00:14.000,0:00:16.000 é a primeira Ruta en Metro sen Pantalóns 0:00:16.000,0:00:18.000 que se levou a cabo en xaneiro de 2002. 0:00:18.000,0:00:20.000 Esta muller é a estrela do vídeo. 0:00:20.000,0:00:22.000 Non sabe que está sendo gravada. 0:00:22.000,0:00:24.000 Estámola gravando cunha cámara oculta 0:00:24.000,0:00:26.000 no tren nº 6 en Nova Iorque. 0:00:26.000,0:00:28.000 Esta é a primeira parada da liña. 0:00:28.000,0:00:30.000 Estes son dous rapaces daneses 0:00:30.000,0:00:33.000 que entran e sentan ao lado da cámara oculta 0:00:33.000,0:00:35.000 e este son eu cun abrigo marrón. 0:00:35.000,0:00:37.000 Estamos por debaixo dos 0 graos fóra. 0:00:37.000,0:00:39.000 Levo un sombreiro e unha bufanda 0:00:39.000,0:00:42.000 e a rapaza vaime ver agora mesmo. 0:00:44.000,0:00:50.000 (Risas) 0:00:50.000,0:00:52.000 E, como veredes agora, non levo pantalóns. 0:00:52.000,0:00:55.000 (Risas) 0:00:55.000,0:00:57.000 Así que neste momento... 0:00:57.000,0:00:59.000 ela dáse de conta de que estou alí 0:00:59.000,0:01:01.000 pero en Nova Iorque hai frikis en calquera vagón de metro. 0:01:01.000,0:01:03.000 Unha persoa non é tan estraño. 0:01:03.000,0:01:06.000 Volve poñerse a ler o seu libro, que desafortunadamente se titula "Violación". 0:01:06.000,0:01:10.000 (Risas) 0:01:10.000,0:01:12.000 Decatouse de que hai algo estraño, 0:01:12.000,0:01:14.000 pero volveu á súa vida normal. 0:01:14.000,0:01:16.000 Mentres tanto, eu teño seis amigos 0:01:16.000,0:01:19.000 que están esperando nas seguintes seis paradas, tamén en roupa interior. 0:01:20.000,0:01:22.000 Van empezar a entrar no vagón un por un. 0:01:22.000,0:01:25.000 Actuaremos coma se non nos coñecésemos 0:01:25.000,0:01:28.000 e coma se simplemente cometéramos un erro desafortunado, 0:01:28.000,0:01:31.000 o de esquecer os pantalóns neste día tan frío de xaneiro. 0:01:31.000,0:01:56.000 (Risas) 0:01:56.000,0:01:58.000 Neste momento 0:01:58.000,0:02:00.000 decide deixar de lado o libro da violación 0:02:00.000,0:02:02.000 (Risas) 0:02:02.000,0:02:06.000 e estar un pouco máis atenta ao que a rodea. 0:02:06.000,0:02:08.000 Mentres tanto, os dous rapaces daneses á esquerda da cámara 0:02:08.000,0:02:10.000 morren da risa. 0:02:10.000,0:02:12.000 Cren que é o máis gracioso que viron na súa vida 0:02:12.000,0:02:15.000 e mirade como ela fai contacto visual con eles agora. 0:02:20.000,0:02:22.000 (Risas) 0:02:22.000,0:02:24.000 Encántame este momento do vídeo 0:02:24.000,0:02:27.000 porque antes de que se convertese nunha experiencia compartida 0:02:27.000,0:02:30.000 era algo que quizais dese un pouco de medo 0:02:30.000,0:02:32.000 ou que polo menos a tiña un pouco confusa. 0:02:32.000,0:02:34.000 E agora que se converteu nunha experiencia compartida 0:02:34.000,0:02:36.000 é gracioso e pode rir da experiencia. 0:02:36.000,0:02:38.000 Agora o tren está chegando 0:02:38.000,0:02:40.000 á terceira parada da liña 6. 0:02:54.000,0:02:57.000 (Risas) 0:02:57.000,0:02:59.000 Non se vai ver todo no vídeo. 0:02:59.000,0:03:01.000 Isto segue durante catro paradas máis 0:03:01.000,0:03:05.000 e un total de sete tíos entran de forma anónima en roupa interior. 0:03:05.000,0:03:07.000 Na oitava parada, entra unha rapaza cunha bolsa enorme 0:03:07.000,0:03:10.000 e anuncia que ten pantalóns á venda por un dólar, 0:03:10.000,0:03:13.000 igual que calquera pode vender pilas ou caramelos no metro. 0:03:13.000,0:03:16.000 Todos, con toda naturalidade, mercamos uns pantalóns, poñémolos 0:03:16.000,0:03:19.000 e dicimos: "Grazas, é xusto o que necesitaba hoxe" 0:03:19.000,0:03:22.000 saímos sen dicir o que pasa 0:03:22.000,0:03:24.000 e marchamos cada un na súa dirección. 0:03:24.000,0:03:26.000 (Aplausos) 0:03:26.000,0:03:28.000 Grazas. 0:03:30.000,0:03:32.000 Este é un fotograma do vídeo. 0:03:32.000,0:03:34.000 Gústame tanto a reacción da rapaza. 0:03:34.000,0:03:36.000 Ver a cinta un pouco máis tarde aquel día 0:03:36.000,0:03:38.000 inspiroume para seguir facendo o que fago. 0:03:38.000,0:03:41.000 E realmente unha das razóns de ser de Improv Everywhere 0:03:41.000,0:03:43.000 é realizar unha escena nun lugar público 0:03:43.000,0:03:45.000 que sexa unha experiencia positiva para outra xente. 0:03:45.000,0:03:48.000 É unha trasnada, pero consegue que a xente teña boas historias que contar. 0:03:48.000,0:03:50.000 A súa reacción inspiroume 0:03:50.000,0:03:52.000 para facer unha segunda Ruta Anual no Metro sen Pantalóns 0:03:52.000,0:03:54.000 e seguimos facéndoo todos os anos. 0:03:54.000,0:03:56.000 Este xaneiro fixemos a X Ruta no Metro sen Pantalóns 0:03:56.000,0:03:59.000 na que un grupo moi diverso de 3.500 persoas 0:03:59.000,0:04:01.000 foi no metro de Nova Iorque en roupa interior. 0:04:01.000,0:04:03.000 Practicamente todas as liñas de metro na cidade. 0:04:03.000,0:04:05.000 E tamén noutras 50 cidades en todo o mundo 0:04:05.000,0:04:07.000 a xente participou. 0:04:07.000,0:04:09.000 (Risas) 0:04:09.000,0:04:12.000 Cando empecei a ir a clases de improvisación no Upright Citizens Brigade Theater 0:04:12.000,0:04:15.000 e comecei a coñecer a outra xente creativa e outros actores e cómicos 0:04:15.000,0:04:17.000 empecei a amasar unha lista de correos 0:04:17.000,0:04:19.000 da xente que quería facer este tipo de proxectos 0:04:19.000,0:04:21.000 para poder facer proxectos máis grandes. 0:04:21.000,0:04:23.000 Un día ía atravesando Union Square 0:04:23.000,0:04:25.000 e vin este edificio 0:04:25.000,0:04:27.000 que fora construído en 2005. 0:04:27.000,0:04:30.000 Había unha rapaza nunha das ventás que estaba bailando. 0:04:30.000,0:04:32.000 Era moi peculiar 0:04:32.000,0:04:34.000 porque estaba escuro fóra, pero ela tiña unha iluminación fluorescente de fondo 0:04:34.000,0:04:36.000 estaba moi metida na escena 0:04:36.000,0:04:38.000 e eu non podía imaxinar por que o estaba facendo. 0:04:38.000,0:04:40.000 Despois de máis ou menos 15 segundos apareceu a súa amiga 0:04:40.000,0:04:42.000 estaba escondida tras unha pancarta 0:04:42.000,0:04:44.000 botáronse a rir, abrazáronse e marcharon correndo. 0:04:44.000,0:04:46.000 Parecía que tivesen apostado para ver se era capaz de facelo. 0:04:46.000,0:04:48.000 Iso inspiroume. 0:04:48.000,0:04:50.000 Mirei a fachada enteira (había 70 ventás en total) 0:04:50.000,0:04:52.000 e souben o que tiña que facer. 0:04:52.000,0:04:54.000 (Risas) 0:04:54.000,0:04:57.000 Este proxecto chámase Mira Máis cara Arriba. Tiñamos 70 actores vestidos de negro. 0:04:57.000,0:04:59.000 Non tiñamos autorización. 0:04:59.000,0:05:01.000 Non informamos aos grandes almacéns de que iamos ir. 0:05:01.000,0:05:03.000 Eu quedei no parque dando instrucións. 0:05:03.000,0:05:06.000 A primeira era para que todo o mundo levantase as letras de máis dun metro de alto 0:05:06.000,0:05:08.000 coas que se facía a frase "Mira Máis cara Arriba", 0:05:08.000,0:05:11.000 o nome do proxecto. 0:05:11.000,0:05:14.000 A segunda instrución era para que todos saltasen xuntos. 0:05:14.000,0:05:17.000 Aquí podedes ver o comezo. 0:05:17.000,0:05:19.000 (Risas) 0:05:19.000,0:05:21.000 E logo bailes. Fixemos que todos bailasen. 0:05:21.000,0:05:23.000 E logo fixeron solos de baile, nos que unha única persoa bailaba 0:05:23.000,0:05:25.000 e o resto a sinalaba. 0:05:25.000,0:05:32.000 (Risas) 0:05:32.000,0:05:34.000 Despois din unha nova instrución 0:05:34.000,0:05:37.000 que sinalaba ao seguinte bailarín en Forever 21 0:05:37.000,0:05:39.000 e bailou. 0:05:39.000,0:05:41.000 Houbo varias actividades máis. 0:05:41.000,0:05:43.000 A xente saltaba arriba e abaixo 0:05:43.000,0:05:45.000 tirábanse ao chan. 0:05:45.000,0:05:47.000 E eu estaba alí de anónimo cun chándal, 0:05:47.000,0:05:49.000 metendo e sacando a man dunha papeleira 0:05:49.000,0:05:51.000 para sinalar os avances. 0:05:51.000,0:05:53.000 E como estabamos en Union Square Park, ao lado dunha estación de metro 0:05:53.000,0:05:55.000 cara o final había centos de persoas 0:05:55.000,0:05:57.000 que paraban e miraban cara arriba 0:05:57.000,0:06:00.000 para ver o que faciamos. 0:06:01.000,0:06:03.000 Aquí vese unha foto mellor. 0:06:03.000,0:06:05.000 Así que este acontecemento concreto 0:06:05.000,0:06:07.000 inspirouse nun momento 0:06:07.000,0:06:09.000 co que me topei de casualidade. 0:06:09.000,0:06:11.000 O seguinte proxecto que quero mostrar 0:06:11.000,0:06:13.000 chegou ao meu e-mail da man dun descoñecido. 0:06:13.000,0:06:16.000 Un rapaz dun instituto de Texas escribiume en 2006 0:06:16.000,0:06:18.000 e dixo: "Deberías conseguir que tanta xente como sexa posible 0:06:18.000,0:06:21.000 poña polos azuis e pantalóns caqui, 0:06:21.000,0:06:23.000 vaia a unha tenda Best Buy e pasee por alí". 0:06:23.000,0:06:27.000 (Risas) 0:06:27.000,0:06:29.000 (Aplausos) 0:06:29.000,0:06:31.000 Así que respondín o correo do rapaz inmediatamente 0:06:31.000,0:06:33.000 e lle dixen: "Tes toda a razón. 0:06:33.000,0:06:35.000 Creo que vou intentar facelo esta fin de semana. Grazas". 0:06:35.000,0:06:37.000 E aquí está o vídeo. 0:06:37.000,0:06:39.000 De novo, estamos en 2005. 0:06:39.000,0:06:42.000 Este é o Best Buy de Nova Iorque. 0:06:42.000,0:06:44.000 Unhas 80 persoas achegáronse para participar 0:06:44.000,0:06:46.000 e entraron unha por unha. 0:06:46.000,0:06:48.000 Había unha nena de oito anos, outra de dez, 0:06:48.000,0:06:50.000 e tamén un home de 65 anos 0:06:50.000,0:06:52.000 entre os participantes. 0:06:52.000,0:06:54.000 Un grupo moi diverso, en definitiva. 0:06:54.000,0:06:57.000 Díxenlle á xente: "Non traballedes, non fagades nada de traballo. 0:06:57.000,0:06:59.000 Pero tampouco compredes. 0:06:59.000,0:07:01.000 Só paseade e non fagades caso dos produtos". 0:07:01.000,0:07:03.000 Podedes distinguir os empregados reais 0:07:03.000,0:07:05.000 polas etiquetas amarelas que levan na camiseta. 0:07:05.000,0:07:07.000 O resto da xente son os nosos actores. 0:07:07.000,0:07:09.000 (Risas) 0:07:09.000,0:07:11.000 Os empregados pensaron que era divertido. 0:07:11.000,0:07:13.000 E, de feito, algúns deles foron buscar as súas cámaras á sala de descanso 0:07:13.000,0:07:15.000 e sacáronse fotos connosco. 0:07:15.000,0:07:18.000 Moitos deles dicían de brincadeira que nos ían mandar ao almacén 0:07:18.000,0:07:21.000 a coller sets de televisión moi pesados para os clientes. 0:07:21.000,0:07:24.000 Aos encargados e aos gardas de seguridade, por outra banda, 0:07:24.000,0:07:26.000 non lles pareceu moi gracioso. 0:07:26.000,0:07:28.000 Podedes velos aquí. 0:07:28.000,0:07:31.000 Levan unha camisa amarela ou negra. 0:07:31.000,0:07:33.000 Estivemos alí probablemente dez minutos 0:07:33.000,0:07:35.000 antes de que os encargados chamasen o 911. 0:07:35.000,0:07:38.000 (Risas) 0:07:38.000,0:07:40.000 Empezaron a corricar por todas partes 0:07:40.000,0:07:43.000 dicíndolle a todo o mundo que viña a poli, que tivesen coidado. 0:07:43.000,0:07:46.000 E podedes ver os policías nesta secuencia. 0:07:46.000,0:07:49.000 Aquí hai un policía vestido de negro que está sendo filmado cunha cámara oculta. 0:07:49.000,0:07:51.000 Ao final, o policía tivo que informar os encargados de Best Buy 0:07:51.000,0:07:53.000 de que non era ilegal 0:07:53.000,0:07:55.000 levar polo azul e pantalóns caqui. 0:07:55.000,0:07:57.000 (Risas) 0:07:57.000,0:08:01.000 (Aplausos) 0:08:01.000,0:08:03.000 Grazas. 0:08:03.000,0:08:06.000 (Aplausos) 0:08:06.000,0:08:09.000 Levábamos alí 20 minutos, xa podiamos saír da tenda tranquilos. 0:08:09.000,0:08:11.000 Unha das cousas que os encargados trataban de facer 0:08:11.000,0:08:13.000 era localizar as nosas cámaras. 0:08:13.000,0:08:16.000 Colleron a un par dos meus rapaces que tiñan cámaras ocultas en bolsas de tela. 0:08:16.000,0:08:18.000 Pero houbo unha cámara que non descubriron 0:08:18.000,0:08:20.000 e foi a dun rapaz que entrou simplemente cunha cinta 0:08:20.000,0:08:22.000 foi ao departamento de cámaras de Best Buy 0:08:22.000,0:08:24.000 meteu a cinta nunha das cámaras 0:08:24.000,0:08:27.000 e fixo como que mercaba. 0:08:27.000,0:08:30.000 Gustoume a idea de utilizar a súa propia tecnoloxía en contra deles. 0:08:30.000,0:08:32.000 (Risas) 0:08:32.000,0:08:34.000 Creo que os nosos mellores proxectos son os que teñen un lugar específico 0:08:34.000,0:08:36.000 e pasan nun sitio concreto por unha razón. 0:08:36.000,0:08:38.000 Unha mañá ía no metro, 0:08:38.000,0:08:40.000 tiña que facer transbordo na parada da rúa 53 0:08:40.000,0:08:42.000 onde están esas escaleiras mecánicas enormes. 0:08:42.000,0:08:45.000 É un sitio moi deprimente polas mañás, está ateigado de xente. 0:08:45.000,0:08:47.000 Así que decidín facer algo alí 0:08:47.000,0:08:50.000 que puidese facelo o máis alegre posible durante unha mañá. 0:08:51.000,0:08:53.000 Estabamos no inverno de 2009. 0:08:53.000,0:08:55.000 Eran as 8:30 da mañá. 0:08:55.000,0:08:57.000 Hora punta pola mañá. 0:08:57.000,0:08:59.000 Facía moito frío fóra. 0:08:59.000,0:09:01.000 A xente chegaba dende Queens 0:09:01.000,0:09:04.000 facendo transbordo do tren E ao tren 6 0:09:04.000,0:09:06.000 e ían subindo esas escaleiras xigantes 0:09:06.000,0:09:09.000 de camiño ao traballo. 0:09:19.000,0:09:29.000 Rob quere chocar a man contigo. (Risas) 0:09:31.000,0:09:33.000 Prepárate. (Risas) 0:09:33.000,0:09:39.000 (Aplausos) 0:09:39.000,0:09:41.000 Grazas. 0:09:41.000,0:09:44.000 Hai unha foto que o ilustra un pouco mellor. 0:09:44.000,0:09:46.000 Chocou a man 2.000 veces aquel día, 0:09:46.000,0:09:48.000 lavou as mans antes e despois 0:09:48.000,0:09:50.000 e non se puxo enfermo. 0:09:50.000,0:09:52.000 Isto fíxose tamén sen permiso 0:09:52.000,0:09:54.000 pero a ninguén pareceu importarlle. 0:09:54.000,0:09:56.000 Diría que co paso dos anos 0:09:56.000,0:09:59.000 unha das críticas máis comúns que vexo de Improv Everywhere 0:09:59.000,0:10:01.000 que aparece de forma anónima nos comentarios de YouTube 0:10:01.000,0:10:04.000 é: "Esta xente ten demasiado tempo libre". 0:10:04.000,0:10:07.000 E, por suposto, non a todo o mundo lle vai gustar o que fas 0:10:07.000,0:10:09.000 e eu xa me fixen máis duro grazas aos comentarios de internet 0:10:09.000,0:10:11.000 pero esta crítica sempre me molesta 0:10:11.000,0:10:13.000 porque non temos moito tempo libre. 0:10:13.000,0:10:16.000 A xente que participa nos eventos de Improv Everywhere 0:10:16.000,0:10:18.000 ten o mesmo tempo libre que calquera outro neoiorquino, 0:10:18.000,0:10:20.000 simplemente escollen 0:10:20.000,0:10:22.000 utilizalo dunha forma orixinal. 0:10:22.000,0:10:24.000 Xa sabedes, cada sábado e domingo 0:10:24.000,0:10:26.000 centos de miles de persoas cada outono 0:10:26.000,0:10:28.000 reúnense nos estadios de fútbol para ver os partidos. 0:10:28.000,0:10:31.000 E nunca oín a ninguén comentar, ao ver un partido de fútbol: 0:10:31.000,0:10:34.000 "Esta xente que está nas bancadas ten demasiado tempo libre". 0:10:34.000,0:10:36.000 E por suposto que non o teñen. 0:10:36.000,0:10:38.000 E unha forma marabillosa de pasar unha tarde de fin de semana 0:10:38.000,0:10:41.000 vendo un partido de fútbol nun estadio. 0:10:41.000,0:10:43.000 Pero na miña opinión tamén é perfectamente válido 0:10:43.000,0:10:46.000 pasar unha tarde conxelándose con outras 200 persoas 0:10:46.000,0:10:48.000 na terminal de Grand Central 0:10:48.000,0:10:51.000 ou disfrazándose de cazapantasmas 0:10:51.000,0:10:53.000 e correndo a través da Biblioteca Pública de Nova Iorque. 0:10:53.000,0:10:55.000 (Risas) 0:10:55.000,0:10:58.000 Ou escoitando a mesma canción que outras 3.000 persoas 0:10:58.000,0:11:01.000 e bailando en silencio nun parque, 0:11:01.000,0:11:03.000 ou empezando a cantar nunha tenda de comestibles 0:11:03.000,0:11:05.000 como parte dun musical espontáneo 0:11:05.000,0:11:08.000 ou lanzándose ao océano en Coney Island ataviado con roupas formais. 0:11:08.000,0:11:11.000 Cando eramos nenos ensináronnos a xogar 0:11:11.000,0:11:13.000 e nunca nos deron unha razón pola que debiamos xogar. 0:11:13.000,0:11:16.000 Simplemente se acepta que xogar é algo bo. 0:11:16.000,0:11:19.000 E creo que esa é a razón de ser de Improv Everywhere. 0:11:19.000,0:11:21.000 Non hai razón e non ten por que haber unha razón. 0:11:21.000,0:11:23.000 Non necesitamos unha razón. 0:11:23.000,0:11:25.000 Mentres sexa divertido 0:11:25.000,0:11:27.000 e pareza que vai ser unha idea divertida 0:11:27.000,0:11:30.000 e pareza que a xente que a vai ver vaia ter un momento divertido tamén 0:11:30.000,0:11:32.000 iso é suficiente para nós. 0:11:32.000,0:11:34.000 E creo que, como adultos, temos que aprender 0:11:34.000,0:11:36.000 que non hai unha forma correcta ou incorrecta de xogar. 0:11:36.000,0:11:38.000 Moitas grazas 0:11:38.000,0:11:43.000 (Aplausos)