WEBVTT 00:00:00.000 --> 00:00:02.381 Durante moito tempo, 00:00:02.381 --> 00:00:07.692 sentía que estaba a vivir dúas vidas: 00:00:07.692 --> 00:00:11.097 a vida que a xente ve, 00:00:11.097 --> 00:00:14.804 e logo a que só vexo eu. 00:00:14.804 --> 00:00:17.324 Na primeira delas 00:00:17.324 --> 00:00:19.798 eu son un amigo. 00:00:19.798 --> 00:00:22.353 un fillo, un irmán, 00:00:22.353 --> 00:00:25.979 un cómico e un adolescente. 00:00:25.979 --> 00:00:27.820 Esa é a vida que todo o mundo ve. 00:00:27.820 --> 00:00:29.346 De describirme amigos e familia 00:00:29.346 --> 00:00:31.185 isto é o que dirían. 00:00:31.185 --> 00:00:33.183 E iso é gran parte do que son. 00:00:33.183 --> 00:00:35.993 E se me describise a min mesmo, 00:00:35.993 --> 00:00:38.915 de seguro que diría algo parecido. 00:00:38.915 --> 00:00:42.476 E non estaría mentindo, 00:00:42.476 --> 00:00:46.006 nin tampouco a dicir toda a verdade, 00:00:46.006 --> 00:00:47.533 porque a verdade é, 00:00:47.533 --> 00:00:50.705 que iso só é a vida que os demais ven. 00:00:50.705 --> 00:00:53.258 E na vida que só eu vexo, 00:00:53.258 --> 00:00:56.395 na que realmente son eu, 00:00:56.395 --> 00:01:00.830 vexo alguén que lida coa depresión 00:01:00.830 --> 00:01:03.507 desde hai xa seis anos. 00:01:03.507 --> 00:01:08.626 e así, todos os días. 00:01:08.626 --> 00:01:11.123 Para quen nunca a sufriu 00:01:11.123 --> 00:01:12.325 ou non sabe ben o que é, 00:01:12.325 --> 00:01:13.708 isto pode sorprendelo, 00:01:13.708 --> 00:01:15.613 porque é habitual o mito 00:01:15.613 --> 00:01:18.360 de que a depresión é estar triste 00:01:18.360 --> 00:01:20.848 cando algo na túa vida vai mal: 00:01:20.848 --> 00:01:22.490 cando cortas coa moza, 00:01:22.490 --> 00:01:23.881 ou perdes un ser querido, 00:01:23.881 --> 00:01:25.632 ou non obtés o traballo que querías. 00:01:25.632 --> 00:01:27.619 Pero iso é tristura: é algo normal. 00:01:27.619 --> 00:01:29.531 Son emocións humanas naturais. 00:01:29.531 --> 00:01:33.729 A depresión real non é estar triste 00:01:33.729 --> 00:01:36.358 cando algo na túa vida vai mal. 00:01:36.358 --> 00:01:38.144 A depresión real é estar triste 00:01:38.144 --> 00:01:41.413 cando todo na túa vida vai ben. 00:01:41.413 --> 00:01:43.898 Iso é a depresión real, a que eu sufro. 00:01:43.898 --> 00:01:46.023 E para ser completamente sincero, 00:01:46.023 --> 00:01:48.837 resúltame duro estar aquí e dicilo. 00:01:48.837 --> 00:01:50.558 Resúltame duro falar do tema, 00:01:50.558 --> 00:01:53.321 e parece que ao resto da xente tamén: 00:01:53.321 --> 00:01:55.689 tanto que ninguén está a falalo. 00:01:55.689 --> 00:01:58.083 E ninguén está a falalo, pero é necesario, 00:01:58.083 --> 00:02:01.825 porque está a ser un problema enorme. 00:02:01.825 --> 00:02:03.495 É un problema enorme. 00:02:03.495 --> 00:02:05.297 Pero non está nas redes sociais, 00:02:05.297 --> 00:02:07.385 nin en Facebook, nin en Twitter, 00:02:07.385 --> 00:02:09.357 nin nas noticias porque non é alegre, 00:02:09.357 --> 00:02:10.836 non é divertido, non é fácil. 00:02:10.836 --> 00:02:14.431 E como non o vemos, tampouco vemos o grave que é. 00:02:14.431 --> 00:02:18.190 Pero a gravidade e seriedade é esta: 00:02:18.190 --> 00:02:19.913 cada 30 segundos, 00:02:19.913 --> 00:02:22.117 cada 30 segundos, en algures, 00:02:22.117 --> 00:02:24.160 alguén acaba coa súa vida 00:02:24.160 --> 00:02:25.387 por mor da depresión, 00:02:25.387 --> 00:02:27.667 e pode que a dúas rúas, a dous países 00:02:27.667 --> 00:02:29.107 ou a dous continentes de aquí. 00:02:29.107 --> 00:02:31.727 Pero está a pasar todos os días. 00:02:31.727 --> 00:02:34.691 E adoitamos, como sociedade, 00:02:34.691 --> 00:02:40.207 velo e dicir: "E que?" 00:02:40.207 --> 00:02:43.572 "E que?" Vémolo e pensamos: 00:02:43.572 --> 00:02:44.922 "É problema teu." 00:02:44.922 --> 00:02:46.925 "É problema seu." 00:02:46.925 --> 00:02:48.767 Dános mágoa e sentímolo, 00:02:48.767 --> 00:02:50.224 pero tamén dicimos, "E que?" 00:02:50.224 --> 00:02:54.907 Pois hai dous anos era problema meu, 00:02:54.907 --> 00:02:58.964 porque sentei ao bordo da cama 00:02:58.964 --> 00:03:02.324 como un millón de veces antes 00:03:02.324 --> 00:03:05.140 e tiña pensamentos suicidas. 00:03:05.140 --> 00:03:09.066 Era suicida, pero de mirar para min, 00:03:09.066 --> 00:03:11.308 non verías un rapaz que era suicida: 00:03:11.308 --> 00:03:13.424 verías o capitán do equipo de baloncesto, 00:03:13.424 --> 00:03:15.485 o mellor estudante de teatro 00:03:15.485 --> 00:03:16.435 o mellor en inglés, 00:03:16.435 --> 00:03:18.272 sempre na lista de honores 00:03:18.272 --> 00:03:21.905 e en todas as festas. 00:03:21.905 --> 00:03:23.586 Non dirías que estaba deprimido, 00:03:23.586 --> 00:03:26.297 nin suicida, pero estarías errado. 00:03:26.297 --> 00:03:27.736 Moi errado. Sentei esa noite 00:03:27.736 --> 00:03:31.774 de lado dun bote de pílulas cun bolígrafo e papel na man 00:03:31.774 --> 00:03:33.762 e pensei en acabar coa vida 00:03:33.762 --> 00:03:37.114 e estiven así de preto de facelo. 00:03:37.114 --> 00:03:38.796 Así de preto. 00:03:38.796 --> 00:03:41.924 Non o fixen, así que son dos afortunados, 00:03:41.924 --> 00:03:44.059 deses que sentan na repisa, 00:03:44.059 --> 00:03:46.320 miran para abaixo pero non saltan, 00:03:46.320 --> 00:03:48.325 un dos afortunados que sobreviven. 00:03:48.325 --> 00:03:50.722 E iso déixame coa miña historia, 00:03:50.722 --> 00:03:53.127 e a miña historia é esta: 00:03:53.127 --> 00:03:56.480 en dúas palabras: sufro depresión. 00:03:56.480 --> 00:03:58.860 Sufro depresión, 00:03:58.860 --> 00:04:05.731 e durante moito tempo, creo, 00:04:05.731 --> 00:04:08.396 estaba a vivir dúas vidas diferentes 00:04:08.396 --> 00:04:10.687 en que unha persoa sempre temía a outra. 00:04:10.687 --> 00:04:12.786 Temía que se vise quen era realmente, 00:04:12.786 --> 00:04:16.028 non o rapaz perfecto e popular de instituto que todos crían, 00:04:16.028 --> 00:04:18.453 que tras o meu sorriso había dor, 00:04:18.453 --> 00:04:20.416 e tras a miña luz había escuridade, 00:04:20.416 --> 00:04:24.793 tras a miña gran personalidade, unha meirande dor. 00:04:24.793 --> 00:04:27.430 Algúns temerán non gustarlles ás mozas, 00:04:27.430 --> 00:04:29.519 algúns ás quenllas e outros á morte. 00:04:29.519 --> 00:04:34.212 Pero eu, por moito tempo, teminme a min mesmo: 00:04:34.212 --> 00:04:36.904 á miña verdade, honestidade e vulnerabilidade, 00:04:36.904 --> 00:04:39.126 e ese temor facíame sentir 00:04:39.126 --> 00:04:41.483 como se estivese acantoado, 00:04:41.483 --> 00:04:44.513 acantoado e cunha soa saída. 00:04:44.513 --> 00:04:48.306 Así que pensaba niso todos os días, 00:04:48.306 --> 00:04:49.753 todos os días. 00:04:49.753 --> 00:04:51.424 E se vos digo a verdade, 00:04:51.424 --> 00:04:54.797 volvín pensalo, porque así é a enfermidade, 00:04:54.797 --> 00:04:56.731 así é a loita, a depresión; 00:04:56.731 --> 00:04:57.950 non é como a varicela, 00:04:57.950 --> 00:04:59.668 non se supera unha vez para sempre. 00:04:59.668 --> 00:05:02.431 É algo co que vives, en que vives. 00:05:02.431 --> 00:05:06.003 É o compañeiro que non podes botar, a voz que non cala, 00:05:06.003 --> 00:05:08.264 os sentimentos que te apresan. 00:05:08.264 --> 00:05:13.337 E o máis aterrador é que, ao cabo, 00:05:13.337 --> 00:05:16.217 te volves insensible, vólvese normal, 00:05:16.217 --> 00:05:18.504 e o que máis temes 00:05:18.504 --> 00:05:21.360 non é o sufrimento dentro 00:05:21.360 --> 00:05:22.876 senón o estigma dos demais, 00:05:22.876 --> 00:05:25.157 a vergoña, o desacougo, 00:05:25.157 --> 00:05:27.610 a mirada de desaprobación dun amigo, 00:05:27.610 --> 00:05:31.264 os rumores no corredor de que es débil. 00:05:31.264 --> 00:05:32.893 os comentarios de que estás tolo. 00:05:32.893 --> 00:05:34.575 Iso é o que che impide pedir axuda. 00:05:34.575 --> 00:05:37.569 e o que fai que o aguantes e o agoches. 00:05:37.569 --> 00:05:39.904 É o estigma: aguántalo e agóchalo, 00:05:39.904 --> 00:05:41.766 aguántalo e agóchalo. 00:05:41.766 --> 00:05:43.442 Se ben te atrapa na cama a diario 00:05:43.442 --> 00:05:46.382 e baleira a túa vida, por moito que fagas por enchela, 00:05:46.382 --> 00:05:48.545 escóndelo, porque o estigma social 00:05:48.545 --> 00:05:51.460 en canto á depresión, é real. 00:05:51.460 --> 00:05:54.662 Moi real, e se pensas que non, pregúntate: 00:05:54.662 --> 00:05:56.471 preferirías publicar no Facebook 00:05:56.471 --> 00:05:58.217 que che custa saír da cama 00:05:58.217 --> 00:06:00.366 porque che doe o lombo, 00:06:00.366 --> 00:06:02.358 ou que che custa erguerte polas mañás 00:06:02.358 --> 00:06:04.458 por estares deprimido? 00:06:04.458 --> 00:06:06.742 Ese é o estigma, porque desafortunadamente 00:06:06.742 --> 00:06:09.210 no noso mundo, se rompes o brazo, 00:06:09.210 --> 00:06:11.884 todos corren asinarche a escaiola, 00:06:11.899 --> 00:06:14.700 pero se dis que tes depresión, escapan correndo. 00:06:14.700 --> 00:06:17.200 Ese é o estigma. 00:06:17.200 --> 00:06:22.166 Aceptamos que falle calquera parte do corpo 00:06:22.166 --> 00:06:25.268 menos o cerebro. E iso é ignorancia: 00:06:25.268 --> 00:06:27.280 ignorancia pura que creou un mundo 00:06:27.280 --> 00:06:28.844 que non entende de depresión, 00:06:28.844 --> 00:06:31.350 nin de saúde mental. 00:06:31.350 --> 00:06:33.303 E iso resúltame irónico, pois a depresión 00:06:33.303 --> 00:06:35.813 é dos problemas máis documentados 00:06:35.813 --> 00:06:37.858 pero dos menos comentados. 00:06:37.858 --> 00:06:40.294 Apartámolo e esquecémolo nunha esquina 00:06:40.294 --> 00:06:43.881 coa esperanza que se arranxe só. 00:06:43.881 --> 00:06:47.223 Pero non, non o fixo nin o fará, 00:06:47.223 --> 00:06:49.114 porque isto é ilusorio, 00:06:49.114 --> 00:06:51.887 e non serve de nada: é procrastinar 00:06:51.887 --> 00:06:56.816 e non se pode procrastinar sobre algo tan importante. 00:06:56.816 --> 00:07:00.207 Primeiro, para resolver un problema 00:07:00.207 --> 00:07:01.690 hai que recoñecer que existe. 00:07:01.690 --> 00:07:04.448 E como non o fixemos, non podemos pretender 00:07:04.448 --> 00:07:07.633 unha resposta se se teme a pregunta. 00:07:07.633 --> 00:07:11.412 E eu non sei cal é a solución. 00:07:11.412 --> 00:07:13.873 Oxalá si, pero non a teño –-pero penso, 00:07:13.873 --> 00:07:15.881 penso que ten que comezar aquí. 00:07:15.881 --> 00:07:18.280 Ten que comezar comigo, contigo, 00:07:18.280 --> 00:07:21.698 coa xente que está a sufrir, 00:07:21.698 --> 00:07:23.115 que está escondida na sombra. 00:07:23.115 --> 00:07:25.115 Debemos alzar a voz e rachar o silencio. 00:07:25.115 --> 00:07:27.434 Debemos defender con valentía o que cremos 00:07:27.434 --> 00:07:30.609 porque se de algo me dei de conta, 00:07:30.609 --> 00:07:34.185 se hai algo que para min é o problema máis grande 00:07:34.185 --> 00:07:37.224 non é construír un mundo 00:07:37.224 --> 00:07:40.973 en que eliminemos a ignorancia dos outros, 00:07:40.973 --> 00:07:44.259 senón un en que se ensine a aceptarse, 00:07:44.259 --> 00:07:45.460 a estar ben consigo, 00:07:45.460 --> 00:07:46.960 porque cando nos abrimos, 00:07:46.960 --> 00:07:49.756 vemos que todos loitamos e sufrimos. 00:07:49.756 --> 00:07:51.708 Ben sexa con isto ou con outra cousa, 00:07:51.708 --> 00:07:54.535 todos sabemos o que é sufrir. 00:07:54.535 --> 00:07:56.373 Porque a todos nos doe o corazón, 00:07:56.373 --> 00:07:59.067 e sabemos a importancia de recuperarse. 00:07:59.067 --> 00:08:02.461 Pero neste momento a depresión é unha ferida social 00:08:02.461 --> 00:08:05.022 que tapamos cun apósito, coma se nada. 00:08:05.022 --> 00:08:09.526 Pero segue aí. E sabedes que? Non pasa nada. 00:08:09.526 --> 00:08:13.337 A depresión é lícita. Se a tes, que saibas que o é. 00:08:13.337 --> 00:08:15.999 que estás enfermo, non débil, 00:08:15.999 --> 00:08:17.935 que é un problema, non unha identidade, 00:08:17.935 --> 00:08:20.688 porque cando superas o medo e a mofa 00:08:20.688 --> 00:08:22.485 e o prexuízo e o estigma dos demais, 00:08:22.485 --> 00:08:25.471 verás a depresión polo que realmente é: 00:08:25.471 --> 00:08:27.710 só unha parte da vida, 00:08:27.710 --> 00:08:31.438 só unha parte da vida, e por moito que odie, 00:08:31.438 --> 00:08:33.917 que odie algúns dos lugares, 00:08:33.917 --> 00:08:37.013 algunhas das partes da vida ás que me arrastrou, 00:08:37.013 --> 00:08:39.548 de moitos xeitos, agradézoo. 00:08:39.548 --> 00:08:41.360 Porque se me meteu nun val, 00:08:41.360 --> 00:08:42.792 foi para mostrarme os cumios, 00:08:42.792 --> 00:08:44.391 e se me arrastrou polas tebras 00:08:44.391 --> 00:08:46.977 foi para lembrarme que había luz. 00:08:46.977 --> 00:08:50.720 A miña dor, máis que nada en 19 anos, 00:08:50.720 --> 00:08:52.979 deume perspectiva. A miña dor 00:08:52.979 --> 00:08:55.474 obrigoume a ter esperanza, 00:08:55.474 --> 00:08:58.005 esperanza e confianza en min mesmo, 00:08:58.005 --> 00:09:00.550 nos demais, en que pode mellorar, 00:09:00.550 --> 00:09:02.628 que podemos cambialo, denuncialo 00:09:02.628 --> 00:09:05.386 denuncialo e loitar contra a ignorancia, 00:09:05.386 --> 00:09:07.975 loitar contra a intolerancia, 00:09:07.975 --> 00:09:09.990 e máis que nada 00:09:09.990 --> 00:09:12.716 aprender a querernos a nós mesmos, 00:09:12.716 --> 00:09:14.895 a aceptarnos por quen somos: 00:09:14.895 --> 00:09:18.990 quen somos, non quen o mundo quere. 00:09:18.990 --> 00:09:20.602 Porque o mundo en que creo é onde 00:09:20.602 --> 00:09:24.770 abrazar a túa luz non implica ignorar a túa escuridade. 00:09:24.770 --> 00:09:26.851 Un mundo en que se nos valore 00:09:26.851 --> 00:09:31.367 a capacidade de vencer a adversidade, non esquivala. 00:09:31.367 --> 00:09:35.591 Un mundo en que podo mirar alguén, 00:09:35.591 --> 00:09:37.353 dicirlle: "Estou a vivir un inferno." 00:09:37.353 --> 00:09:40.930 E que me miren e digan: "Eu tamén." E non pasa nada. 00:09:40.930 --> 00:09:44.632 Porque a depresión é lícita. Somos persoas. 00:09:44.632 --> 00:09:47.062 Somos persoas, e sufrimos e loitamos, 00:09:47.062 --> 00:09:49.790 sangramos e choramos. Se pensas que ser forte 00:09:49.790 --> 00:09:51.909 é nunca mostrar debilidades, estou aquí 00:09:51.909 --> 00:09:55.155 para dicirche que estás equivocado. 00:09:55.155 --> 00:09:59.052 Estás equivocado porque é o oposto. 00:09:59.052 --> 00:10:01.736 Somos persoas e temos problemas. 00:10:01.736 --> 00:10:03.407 Non somos perfectos, non pasa nada. 00:10:03.407 --> 00:10:05.621 Así que debemos parar a ignorancia, 00:10:05.621 --> 00:10:08.699 a intolerancia, o estigma, 00:10:08.699 --> 00:10:13.273 parar o silencio e eliminar os tabús, 00:10:13.273 --> 00:10:17.812 mirar a verdade e comezar a falar: 00:10:17.812 --> 00:10:22.536 o único xeito de vencer o problema, 00:10:22.536 --> 00:10:25.870 que a xente está a combater soa, 00:10:25.870 --> 00:10:29.633 é sermos fortes xuntos, 00:10:29.633 --> 00:10:33.397 sermos fortes xuntos. 00:10:33.397 --> 00:10:36.376 E eu creo que somos quen. 00:10:36.376 --> 00:10:38.295 Si que o creo. Moitísimas grazas a todos. 00:10:38.295 --> 00:10:40.702 Isto é un soño feito realidade. Grazas. (Aplausos) 00:10:40.702 --> 00:10:42.960 Grazas. (Aplausos)