Estiven aquí hai catro anos
e lembro que entón
as disertacións non se subían a Internet
Penso que llas daban aos asistentes nunha caixa
unha caixa de DVDs
para deixala nun estante, onde segue a estar
(Risas)
E Chris chamoume
unha semana despois da miña conferencia
e dixo: "Vamos a subilas a Internet
¿Podemos subir a túa?" E eu dixen: "Claro"
E catro anos máis tarde
vírona xa catro...
Descargárona catro millóns de veces
Así que supoño que se multiplicamos iso por 20
temos o número de xente que a viu
E como di Chris, a xente ten fame
de vídeos meus
(Risas)
(Aplausos)
... non cren?
(Risas)
Así que todo o anterior foi para darlle bombo
a outra conferencia miña, conque aquí a teñen
(Risas)
Al Gore falou
na Conferencia TED na que falei eu hai catro anos
sobre a crise climática
E eu fixen referencia ao tema
cara a fin do meu discurso
Así que quero comezar aí
porque só tiven 18 minutos, sinceramente
Como ía dicindo...
(Risas)
Vedes, ten razón
É dicir, estamos a presenciar unha crise climática, é evidente.
E penso que se a xente non o cre tería que saír máis
(Risas)
Pero penso que hai aínda outra crise climática máis
igual de grave
que ten a mesma orixe
e que temos que solucionar coa mesma urxencia
E quero dicir...
e pode que vós digades: "Mira, xa me chega
Xa teño unha crise climática
E non me fai falla ningunha ter outra"
Pero esta é unha crise, non de recursos naturais
aínda que penso que iso é certo
senón unha crise de recursos humanos
Creo firmemente
que, como se dixo nestes últimos días
facemos un uso moi parco
dos nosos talentos
Moitísima xente pasa pola vida
sen ter idea ningunha de cales son os seus talentos
ou de se teñen algún
Atópome con xente moi distinta
que non cre que se lle dea ben nada en especial
De feito, divido o mundo en dous grupos
Jeremy Bentham, o filósofo utilitario
tratou o tema
Dixo: "Neste mundo hai dous tipos de persoas
as que dividen o mundo en dous tipos
e as que non"
(Risas)
Eu divídoo.
(Risas)
Atópome con xente moi distinta
á que non lle gusta o seu traballo
Simplemente pasan a vida enteira
soportándoo
Non reciben ningún pracer do que fan
Atúrano, mais non lles comprace
e agardan pola fin de semana
Pero tamén atopo xente
que adora o seu traballo
e que non se imaxina facendo outra cousa
Se lles dis: "Deixa de facer iso", quedan pensando de que estarás a falar
Porque non é o que fan, é o que son.
Din: "Pero ese son eu
Sería unha parvada deixalo
porque é o meu ser máis auténtico"
Pero non lle pasa á xente suficiente
Pola contra,
pásalle só a unha minoría
E creo que hai moitos
motivos posibles para isto
E moi ao comezo desa lista
está a educación
porque a educación, dalgún xeito
afasta a moita xente
dos seus talentos naturais
E os recursos humanos son como os naturais
a miúdo, están soterrados
e hai que ir buscalos
Non quedan aboiando na superficie
senón que hai que crear circunstacias nas que poidan amosarse
E quizáis imaxinedes
que a educación crea esas circunstancias
pero a miúdo non é así.
Todos os sistemas educativos deste mundo
están a ser reformados agora mesmo
E non chega
A reforma xa non serve
porque está soamente a mellorar un modelo roto
O que precisamos
e esta palabra empregouse moito estes últimos días
non é evolución
senón unha revolución na educación
Ten que transformarse
nalgo distinto
(Aplausos)
Un dos maiores retos
é innovar nos fundamentos
da educación
A innovación é complicada
porque implica facer algo
que moitas veces non é sinxelo
Implica desafiar cousas que damos por feitas
cousas que cremos evidentes
O principal problema para a reforma
ou para a transformación
é a tiranía do sentido común
Cousas das que a xente pensa
"Non se pode facer doutro xeito porque así é como se fai"
Hai pouco lin unha cita de Abraham Lincoln
que creo que vos pode gustar que mencione agora mesmo
(Risas)
Dixo isto en decembro de 1862
na segunda reunión anual do Congreso
E teño que dicir que non teño nin idea do que estaba a pasar daquela
Non ensinamos historia de América en Inglaterra
(Risas)
Suprimímola. É a nosa política
(Risas)
Sen dúbida, estaba a pasar algo fascinante en decembro de 1862
e os americanos presentes
saberán o que é
Pero el dixo:
"Os dogmas
do pasado sereno
non son axeitados para o tempestuoso presente
A situación
está cuberta de dificultades
e debemos medrar coa situación"
Encántame esa parte
Non estar á súa altura, senon medrar con ela
"Por ser novo o noso caso
temos que pensar de novo
e actuar de novo
Temos que desenfeitizarnos
e así poderemos salvar o noso país"
Encántame esa palabra, "desenfeitizar"
Sabedes o que significa?
Que hai ideas que nos teñen enfeitizados
que damos por feitas
que son a orde natural das cousas, o xeito en que as cousas son
E moitas das nosas ideas xurdiron
non para enfrontarse ás circunstacias deste século
senón ás de séculos pasados
Pero as nosas mentes aínda están engaioladas por elas
e temos que desenfeitizarnos dalgunhas
Agora ben, dicilo é máis sinxelo que facelo
É moi difícil saber que é o que damos por feito
e o motivo é que o damos por feito
Así que deixádeme que vos pregunte algo que ao mellor dades por feito
Cantos de vós sodes maiores de 25?
Non é iso o que penso que dades por feito
Estou seguro de que xa o sabedes
Hai xente aquí que teña menos de 25?
Estupendo. Agora, os maiores de 25
poderiades levantar a man se levades reloxo?
Vaia, somos moitos, non?
Preguntade o mesmo nunha sala chea de adolescentes
Os adolescentes non levan reloxo
Non quero dicir que non podan ou que non lles deixen
senón que moitos deciden non levalo
E a razón é que medramos
nunha cultura pre-dixital, os que temos máis de 25
e para nós, se queres saber a hora que é
tes que levar algo que cho diga
Os nenos de hoxe viven nun mundo dixitalizado
e para eles, a hora está en todas partes
Non ven motivo ningún para levalo
e, por certo, vós tampouco tedes que facelo
É só que o fixéchedes sempre, e seguides facéndoo
A miña filla Kate, de 20 anos, nunca leva reloxo.
Non lle parece necesario
Como di ela: "É un dispositivo cunha soa función"
(Risas)
"Que cousa máis inútil!"
E eu dígolle: "Non, non, tamén di a data"
(Risas)
"Ten múltiples funcións"
Pero hai cousas da educación que nos teñen enfeitizados
Deixade que poña un par de exemplos
Un deles é a idea de lineariedade
Que si comezas aqui e vas por ese camiño
e fas todo ben
rematarás establecido para o resto da vida
Todos os que falaron en TED contaron, implícita
ou explícitamente, unha historia distinta
Que a vida non é lineal, é orgánica
Creamos as nosas vidas simbióticamente
mentres exploramos os nosos talentos
en relación coas circunstancias que axudaron a crealos
Pero, sabedes, estamos obsesionados
con esta narración linear
E é probable que o pináculo para a educación
sexa o ingreso na universidade
Estamos obsesionados con meter á xente na universidade
certos tipos de universidades
Non quero dicir que non se deba ir, pero non todos teñen que facelo
e non todos teñen que ir agora
Quizáis vaian máis tarde, non inmediatamente
E eu estiven en San Francisco hai tempo
asinando libros
e estaba alí un tipo duns 30 anos mercando un libro
Pregunteille: "De que traballas?"
E díxome: "Son bombeiro"
Pregunteille: Hai canto que es bombeiro?"
Contestou: "Sempre, sempre fun bombeiro"
E eu: "Pero cando o decidiches?"
E el: "Cando neno. De feito, foi un problema na escola
porque de pequenos todos querían ser bombeiros"
Dixo: "Eu quería ser bombeiro
pero cando cheguei ao derradeiro ano da escola
os meus profesores non o tomaban en serio
Había un profesor que non o tomaba en serio
Dicía que estaba a estragar a miña vida
se iso era todo o que ía facer
Que tiña que ir á universidade e ter unha profesión
que tiña un enorme potencial
e que estaba a malgastar o meu talento"
E dixo: "Foi humillante
porque o dixo diante de toda a clase. Sentinme fatal
Pero era o que quería, así que tan pronto acabei a escola
presentei unha solicitude no departamento de bombeiros e aceptáronme
E dixo, "Sabes, recentemente estaba a pensar nese profesor
hai uns minutos, mentres falaba vostede
porque hai seis meses
salveille a vida"
(Risas)
Díxome: "Estaba dentro dun coche accidentado
e eu saqueino, reanimeino
e tamén salvei á súa muller"
Díxome: "Creo que agora ten mellor opinión de min"
(Risas)
(Aplausos)
Sabedes, na miña opinión
as comunidades humanas
dependen da diversidade de talento
e non dunha concepción única de capacidade
E o punto clave dos nosos retos
(Aplausos)
O punto clave do reto
é a reconstrución do que entendemos por capacidade
e por intelixencia
Este asunto da lineariedade é un problema
Cando cheguei aos Ánxeles
hai uns nove anos
lin unha declaración de políticas
moi ben intencionada
que dicía: "A Universidade Comeza na Gardería"
Non é certo
(Risas)
Non é certo
Se tivesemos tempo, seguiría con este tema, pero non temos
(Risas)
A gardería comeza na gardería
(Risas)
Un amigo díxome unha vez
"Un neno de tres anos non é medio neno de seis anos"
(Risas)
(Aplausos)
Teñen tres anos
Pero, como escoitamos nesta sesión
hai tanta competición para entrar nas garderías
para entrar na gardería axeitada
que están entrevistando a persoas de tres anos
Nenos que se sentan en fronte de tribunais pouco convencidos
xa sabedes, cos seus currículos
(Risas)
e que pasan as páxinas e din: "E xa está?"
(Risas)
(Aplausos)
"Levas neste mundo 36 meses, e isto é todo?"
(Risas)
"Non acadaches nada, home
Pero se pasaches os primeiros seis meses mamando da teta"
(Risas)
Como concepto, é indignante, pero atrae á xente
O outro gran problema é a conformidade
Construimos os nosos sistemas educativos
co modelo da comida rápida
É algo do que falou Jamie Oliver o outro día
Sabedes que, en cátering, hai dous modelos de control de calidade
Un é a comida rápida
onde todo está estandarizado
E o outro son cousas como os restaurantes de Zagat ou Michelín
onde nada está estandarizado
senón que están customizados para as circunstancias locais
E nos vendémonos a un modelo de educación de comida rápida
que está a depauperar o noso espírito e enerxías
tal e como a comida rápida prexudica os nosos corpos
(Aplausos)
Creo que temos que recoñecer un par de cousas
A primeira, que o talento humano é enormemente diverso
que a xente ten aptitudes moi distintas
Hai pouco dinme conta
de que me deron unha guitarra de pequeno
máis ou menos cando a Eric Clapton lle deron a súa primeira guitarra
A Eric funcionoulle, é todo o que digo
(Risas)
A min non
Non conseguín xamáis que a cousa funcionase
por moitas veces e moi forte que lle soprara
Non daba funcionado
Pero non só iso
Hai que ter en conta a paixón
A miúdo, á xente dáselle ben algo que non lle gusta especialmente
Hai que pensar na paixón
e no que excita o noso espírito e a nosa enerxía
E se estás facendo o que máis che gusta, o que se che da ben
o tempo parece ir por un curso distinto
A miña muller acaba de rematar unha novela
e creo que é un libro moi bo
pero ela desaparece durante horas
Xa o sabedes, cando estás a facer algo que che encanta
unha hora semella cinco minutos
Pero se estás a facer algo que non concorda coa túa alma
cinco minutos semellan unha hora
E a razón pola que tanta xente deixa a escola
é que non alimenta o seu espírito
Non alimenta a súa enerxía e a súa paixón
Por iso creo que temos que cambiar metáforas
Temos que pasar do que é un modelo industrial da educación
manufacturado
baseado na linearidade
na conformidade e no amoreamento de xente
Temos que crear un modelo
máis baseado nos principios da agricultura
Temos que recoñecer que o crecemento humano
non é un proceso mecánico
senón un proceso orgánico
E que non se pode predicir o resultado do desenvolvemento humano
Todo o que podes facer, como agricultor
é crear as condicións idóneas
para que comecen a medrar
Por iso, cando pensamos na reforma e transformación da educación
non debe ser como a clonación dun sistema
Hai sistemas moi bos, como o programa KIPP
Hai moitos modelos excelentes
Trátase de adaptalos ás nosas ciscunstacias
e de personalizar a educación
para a xente á que estades ensinando
E penso que facer isto
é a chave para o futuro
porque non se trata de acadar una nova solución
senón de crear un movemento na educación
no que a xente chegue ás súas solucións propias
cun apoio externo baseado nun currículo personalizado
Nesta sala
hai persoas que representan
recursos extraordinarios nos negocios
nos medios e en Internet
Estas tecnoloxías
combinadas co extraordinario talento dos profesores
representan unha oportunidade para revolucionar a educación
E eu anímovos a que vos involucredes
porque é crucial non só para nós
senón para o futuro dos nosos cativos
Pero temos que cambiar do modelo industrial
ao modelo agricultor
onde cada escola poda medrar mañá
Alí é onde os nenos experimentan a vida
Ou na casa, se así é como son educados
coas súas familias ou amigos
Falouse moito de soños
nestes últimos días
e só quero, moi brevemente...
A noite pasada impactáronme moito as cancións de Natalie Merchant
que recuperaban vellos poemas
E quero ler un poema moi curtiño
de W.B Yeats, que algúns coñeceredes
Escribiu isto ao seu amor
Maud Gonne
lamentándose do feito
de que non lle podía dar o que cría que ela quería del
Di: "Teño algo máis, pero se cadra non é para ti"
Di así
Se tivera os mantos bordados do ceo
texidos do ouro
e a prata da luz
Os mantos azuis, escuros
e negros do ceo
da noite, da luz e da media luz
estendería os mantos baixo os teus pes
Pero, sendo pobre como son
non teño máis que os meus soños
Estendín os meus soños baixo os teus pes
Pisa con tento
porque pisas os meus soños"
E, todos os días, en todas partes
os nosos cativos estenden os seus soños baixo os nosos pes
E deberíamos pisar con tento
Grazas
(Aplausos)
Moitas grazas