¿Que fan cando lles doe a cabeza?
Toman unha aspirina.
Para que esta pílula
chegue á cabeza onde está a dor
pasa polo estómago, intestinos
e outros órganos primeiro.
Tomar pílulas é a forma
máis efectiva e indolora
de medicar o corpo.
O inconvinte é que tomar
calquera medicación
leva a dilución.
Isto é un gran problema.
Especialmente con pacientes con VIH.
Cando toman as menciñas contra o VIH
estas son boas
para diminuír o virus no sangue
e aumentar o reconto de células CD4.
Pero tamén son coñecidas
polos seus efectos secundarios adversos
na súa maioría malos porque se dilúen
cando chegan ao sangue
e peor aínda, cando cheguen ao lugar
onde máis importa:
nas reservas virales do VIH.
Estas zonas do corpo
como os nódulos ninfáticos,
o sistema nervioso
e os pulmóns
onde o virus está inactivo
e non chegan fácilmente ao sangue
dos pacientes baixo terapia constante
con menciñas conta o VIH.
Porén, tras unha terapia discontinua
o virus podes despertar
e infectar novas células no sangue.
Agora isto é un problema ao tratar o VIH
co tratamento actual
o cal é un tratamento a longo prazo
que debe ser administrado por vía oral.
Un día, sentei e pensei:
"¿Podemos dar menciñas contra o VIH
directamente nas zonas de reservas
sen o risco da dilución da menciña?
Como científica experta en láseres,
a resposta estaba ante min:
Láseres, por suposto.
Se se usan en odontoloxía,
para a cicatrización e ciruxía da diabetes
poden ser usados
para calquera cousa imaxinable
incluíndo o transporte de menciñas
nas células.
De feito,
actualmente usamos pulsos láser
para meter ou perforar
furados extremadamente pequenos
que abren e pechan case inmediatamente
en células infectadas polo VIH
para introducir os fármacos nelas.
"¿Como é posible?" Preguntaranse.
Enviamos un raio moi poderoso
pero moi pequeno
na membrana
das células infectadas polo VIH
mentres estas células están inmersas
en líquido que contén o fármaco.
O láser perfora a célula,
mentres a célula absorbe o fármaco
en cuestión de microsegundos.
Antes de decatarse,
o furado inducido
é reparado inmediatamente.
Actualmente estamos testando
esta nova tecnoloxía in vitro
ou en placas Petri,
pero a meta é conseguir esta tecnoloxía
no corpo humano,
aplicala no corpo humano.
"¿Como é posible?" Preguntaranse.
A resposta é:
A través dun dispositivo de tres cabezas.
Usando a primeira cabeza,
que é un láser,
faremos unha incisión
na zona da infección.
Usando a segunda cabeza,
que é a cámara,
dirixímonos á zona da infección.
Finalmente, usando a terceira cabeza
que é un aspersor que distribúe o fármaco
liberamos o fármaco directamente
na zona de infección,
mentres usamos o láser de novo
para manter as células abertas.
Isto pode non parecer moito de momento.
Pero un día, se ten éxito,
esta tecnoloxía pode conducir
a unha completa erradicación
do VIH do corpo.
Si. Unha cura para o VIH.
Isto é o soño
de calquera investigador do VIH.
No noso caso
unha cura con láseres.
Grazas.
(Aplausos)