WEBVTT 00:00:00.509 --> 00:00:04.841 Gustaríame falarlles sobre un caso xudicial no que traballei 00:00:04.841 --> 00:00:08.404 que tiña que ver cun home chamado Steve Titus. NOTE Paragraph 00:00:08.404 --> 00:00:11.433 Titus era o xerente dun restaurante. 00:00:11.433 --> 00:00:15.523 Tiña 31 anos, vivía en Seattle, Washington, 00:00:15.523 --> 00:00:17.418 estaba comprometido con Gretchen, 00:00:17.418 --> 00:00:20.366 a punto de casar. Ela era o amor da súa vida. 00:00:20.366 --> 00:00:22.650 Unha noite, a parella saíu 00:00:22.650 --> 00:00:25.655 para cearen romanticamente nun restaurante. 00:00:25.655 --> 00:00:27.303 Ían de volta á casa, 00:00:27.303 --> 00:00:30.253 e detívoos un policía. 00:00:30.253 --> 00:00:33.570 O coche de Titus tiña algún parecido 00:00:33.570 --> 00:00:37.457 cun coche que esa mesma tarde conducía 00:00:37.457 --> 00:00:40.863 un home que violara unha muller que facía autostop, 00:00:40.863 --> 00:00:44.457 e Titus parecíase algo a ese violador. 00:00:44.457 --> 00:00:47.035 Así que o policía tomou unha fotografía de Titus, 00:00:47.035 --> 00:00:49.802 puxérona xunto con outras 00:00:49.802 --> 00:00:51.962 e amosáronllas á vítima. 00:00:51.962 --> 00:00:54.122 Ela sinalou a foto de Titus. 00:00:54.122 --> 00:00:57.743 E dixo, "ese é o máis parecido". 00:00:57.743 --> 00:01:01.631 A policía e a fiscalía iniciaron un xuízo 00:01:01.631 --> 00:01:04.972 contra Steve Titus, que foi inculpado por violación. 00:01:04.972 --> 00:01:07.068 Cando a vítima da violación subiu ao estrado, 00:01:07.068 --> 00:01:11.410 dixo, "estou completamente segura de que ese é o home". 00:01:11.410 --> 00:01:14.336 E Titus foi condenado. 00:01:14.336 --> 00:01:16.310 El declarou a súa inocencia, 00:01:16.310 --> 00:01:18.892 a súa familia gritoulle ao xurado, 00:01:18.892 --> 00:01:21.763 a súa noiva esvaeceuse lepeando, 00:01:21.763 --> 00:01:25.158 e a Titus levárono ao cárcere. NOTE Paragraph 00:01:25.158 --> 00:01:28.616 Que farían vostedes a partir de aí? 00:01:28.616 --> 00:01:30.252 Que farían? 00:01:30.252 --> 00:01:34.020 Ben, Titus perdeu completamente a súa fe no sistema legal 00:01:34.020 --> 00:01:36.052 pero tivo unha idea. 00:01:36.052 --> 00:01:38.483 Chamou ao diario local, 00:01:38.483 --> 00:01:41.870 conseguiu interesar a un xornalista investigador 00:01:41.870 --> 00:01:46.606 e este logrou atopar ao verdadeiro violador. 00:01:46.606 --> 00:01:49.959 Un home que ao final confesou a violación. 00:01:49.959 --> 00:01:53.251 Un home que parece que cometera 50 violacións 00:01:53.251 --> 00:01:54.583 nesa área, 00:01:54.583 --> 00:01:57.757 e cando esta información se lle presentou ao xuíz, 00:01:57.757 --> 00:02:00.693 o xuíz liberou a Titus. NOTE Paragraph 00:02:00.693 --> 00:02:04.724 E realmente, aí debería rematar o caso. 00:02:04.724 --> 00:02:05.847 Debería acabarse. 00:02:05.847 --> 00:02:08.367 Titus debeu pensar que ese fora un ano horrible, 00:02:08.367 --> 00:02:12.203 un ano de acusación e xuízo, pero que xa pasou. NOTE Paragraph 00:02:12.203 --> 00:02:14.250 Pero non rematou así. 00:02:14.250 --> 00:02:16.928 Titus estaba moi amargado. 00:02:16.928 --> 00:02:19.508 Perdeu o seu traballo. Non puido recuperalo. 00:02:19.508 --> 00:02:21.351 Perdeu á súa noiva. 00:02:21.351 --> 00:02:24.257 Ela non podía soportar a súa permanente ira. 00:02:24.257 --> 00:02:26.403 Perdeu tódolos seus aforros, 00:02:26.403 --> 00:02:29.261 polo que decidiu presentar unha demanda 00:02:29.261 --> 00:02:31.542 contra a policía e contra todos os que pensaba 00:02:31.542 --> 00:02:33.861 que eran responsables do seu sufrimento. NOTE Paragraph 00:02:33.861 --> 00:02:38.574 E foi nese momento cando eu comecei a traballar neste caso, 00:02:38.574 --> 00:02:40.535 tratando de entender 00:02:40.535 --> 00:02:42.609 como esa vítima pasou de 00:02:42.609 --> 00:02:44.137 "Ese é o máis parecido" 00:02:44.137 --> 00:02:48.887 a "Estou completamente segura de que ese é o home". NOTE Paragraph 00:02:48.887 --> 00:02:52.166 Ben, Titus estaba consumido co proceso civil. 00:02:52.166 --> 00:02:55.200 Pasaba cada intre do día pensando nel, 00:02:55.200 --> 00:02:59.351 e xusto uns días antes da súa cita no xulgado, 00:02:59.351 --> 00:03:01.570 espertou unha mañá, 00:03:01.570 --> 00:03:03.378 dobregado pola dor, 00:03:03.378 --> 00:03:06.072 e morreu dun ataque cardíaco asociado ao estrés. 00:03:06.072 --> 00:03:09.259 Tiña 35 anos. NOTE Paragraph 00:03:09.259 --> 00:03:14.069 Así que me pedíron que traballase no caso de Titus 00:03:14.069 --> 00:03:16.584 porque son psicóloga científica. 00:03:16.584 --> 00:03:20.411 Estudo a memoria. Fíxeno durante décadas. 00:03:20.411 --> 00:03:23.800 E se atopo alguén nun avión 00:03:23.800 --> 00:03:25.896 --isto pasoume de camiño a Escocia -- 00:03:25.896 --> 00:03:27.726 se eu coñezo a alguén nun avión, 00:03:27.726 --> 00:03:30.771 e nos preguntamos, "en que traballas? En que traballas?" 00:03:30.771 --> 00:03:32.222 e eu digo: "Estudo a memoria", 00:03:32.222 --> 00:03:35.602 adoitan empezar a contarme os seus problemas para recordar nomes, 00:03:35.602 --> 00:03:38.401 ou que teñen un parente con Alzheimer 00:03:38.416 --> 00:03:40.481 ou algún tipo de problema coa memoria. 00:03:40.481 --> 00:03:42.697 Entón teño que dicir que 00:03:42.697 --> 00:03:46.202 eu non estudo como a xente esquece. 00:03:46.202 --> 00:03:49.204 Estudo o contrario: como recordan, 00:03:49.204 --> 00:03:51.957 cando lembran cousas que non ocorreron 00:03:51.957 --> 00:03:53.922 ou se lembran cousas diferentes 00:03:53.922 --> 00:03:55.947 de como sucederon na realidade. 00:03:55.947 --> 00:04:00.683 Eu estudo falsos recordos. NOTE Paragraph 00:04:00.683 --> 00:04:04.990 Por desgraza, Steve Titus non é o único 00:04:04.990 --> 00:04:09.295 que foi condenado baseándose nos falsos recordos de alguén. 00:04:09.295 --> 00:04:12.603 Nun proxecto nos EE.UU., 00:04:12.603 --> 00:04:14.855 recompilouse información 00:04:14.855 --> 00:04:18.789 acerca de 300 persoas inocentes, 00:04:18.789 --> 00:04:22.684 300 acusados condenados por delitos que non cometeran. 00:04:22.684 --> 00:04:27.984 Persoas que pasaron 10, 20, 30 anos no cárcere por eses delitos, 00:04:27.984 --> 00:04:30.411 e despois as probas de ADN demostraron 00:04:30.411 --> 00:04:33.327 que, en realidade, eran inocentes. 00:04:33.327 --> 00:04:35.848 E cando se analizaron eses casos, 00:04:35.848 --> 00:04:37.989 tres cuartas partes 00:04:37.989 --> 00:04:43.600 ocorreran por fallos de memoria, recordos imperfectos das testemuñas. NOTE Paragraph 00:04:43.600 --> 00:04:44.863 Entón, por que? 00:04:44.863 --> 00:04:48.314 Como os xurados que condenaron a todos eses inocentes 00:04:48.314 --> 00:04:50.598 e os que condenaron a Titus, 00:04:50.598 --> 00:04:52.839 moita xente cre que a memoria 00:04:52.839 --> 00:04:54.576 é coma un dispositivo de gravación. 00:04:54.576 --> 00:04:56.743 Só necesitas gravar a información, 00:04:56.743 --> 00:04:59.390 logo búscala e reprodúcela 00:04:59.390 --> 00:05:02.817 cando queres responder preguntas ou identificar imaxes. 00:05:02.817 --> 00:05:04.980 Pero décadas de traballo en psicoloxía 00:05:04.980 --> 00:05:08.133 mostraron, simplemente, que isto non é certo. 00:05:08.133 --> 00:05:10.563 Os nosos recordos son construtivos. 00:05:10.563 --> 00:05:12.132 Son reconstrutivos. 00:05:12.132 --> 00:05:15.613 A memoria funciona máis coma unha páxina da Wikipedia: 00:05:15.613 --> 00:05:20.726 Ti podes ir e cambiala, pero tamén poden facelo outros. 00:05:20.726 --> 00:05:25.975 Comecei a estudar este proceso construtivo da memoria 00:05:25.975 --> 00:05:28.390 nos anos 70. 00:05:28.390 --> 00:05:32.813 Fixen experimentos que implicaban amosarlle á xente 00:05:32.813 --> 00:05:35.318 delitos e accidentes simulados 00:05:35.318 --> 00:05:38.836 e logo preguntarlles acerca do que recordaban. 00:05:38.836 --> 00:05:42.775 Nun estudo, amosabámoslle á xente un accidente simulado 00:05:42.775 --> 00:05:44.053 e preguntabámoslles, 00:05:44.053 --> 00:05:46.917 como de rápido ían os coches cando chocaron? 00:05:46.917 --> 00:05:48.551 E a outros preguntabámoslles, 00:05:48.551 --> 00:05:52.240 como de rápido ían os coches cando se estrelaron? 00:05:52.240 --> 00:05:55.242 Se na pregunta diciamos "estrelaron", 00:05:55.242 --> 00:05:58.527 as testemuñas dicían que os coches ían máis rápido, 00:05:58.527 --> 00:06:02.524 e máis aínda, se na pregunta se dicía "estrelaron" 00:06:02.524 --> 00:06:05.384 iso facía que a xente dixese con máis probabilidade 00:06:05.384 --> 00:06:08.451 que viran vidros rotos na escena do accidente 00:06:08.451 --> 00:06:12.230 cando non había ningún en absoluto. 00:06:12.230 --> 00:06:15.119 Noutro estudo, amosabamos un accidente simulado 00:06:15.119 --> 00:06:18.779 onde un coche atravesaba unha intersección cun sinal de "stop", 00:06:18.779 --> 00:06:23.711 e se lles preguntabamos, insinuando que había un sinal de "ceda o paso", 00:06:23.711 --> 00:06:27.560 moitas testemuñas dicían que lembraban o sinal de "ceda o paso" 00:06:27.560 --> 00:06:31.017 na intersección, non o sinal de "stop". NOTE Paragraph 00:06:31.017 --> 00:06:33.206 Agora ben, vostedes poden pensar que 00:06:33.206 --> 00:06:34.529 estes son eventos gravados, 00:06:34.529 --> 00:06:36.457 non son particularmente estresantes. 00:06:36.457 --> 00:06:39.191 Cometeríase o mesmo tipo de error 00:06:39.191 --> 00:06:42.142 nun evento realmente estresante? 00:06:42.142 --> 00:06:45.233 Nun estudo que publicamos hai poucos meses, 00:06:45.233 --> 00:06:47.537 demos unha resposta a esta pregunta, 00:06:47.537 --> 00:06:50.301 porque o especial dese estudo 00:06:50.301 --> 00:06:55.933 foi que puxemos as persoas nunha situación moi estresante. 00:06:55.933 --> 00:06:58.162 Os que participaron nese estudo 00:06:58.162 --> 00:07:00.672 eran militares dos EE.UU. 00:07:00.672 --> 00:07:05.097 que pasaran por un horroroso exercicio de adestramento 00:07:05.097 --> 00:07:07.879 para ensinarlles o que lles pasaría 00:07:07.879 --> 00:07:11.797 se fosen capturados como prisioneiros de guerra. 00:07:11.797 --> 00:07:14.227 Como parte dese exercicio de adestramento, 00:07:14.227 --> 00:07:17.756 eses soldados eran interrogados dun xeito agresivo, 00:07:17.756 --> 00:07:22.842 hostil e fisicamente abusivo, durante 30 minutos. 00:07:22.842 --> 00:07:25.659 Logo debían tratar de identificar 00:07:25.659 --> 00:07:28.682 a persoa que levara a cabo o interrogatorio. 00:07:28.682 --> 00:07:32.505 E cando se lles subministraba información interesada 00:07:32.505 --> 00:07:35.283 insinuando que fora unha persoa diferente, 00:07:35.283 --> 00:07:39.320 moitos deles identificaban erroneamente o seu interrogador, 00:07:39.320 --> 00:07:43.155 ás veces sinalando a alguén que, nin remotamente, 00:07:43.155 --> 00:07:46.259 se parecía ao interrogador verdadeiro. NOTE Paragraph 00:07:46.259 --> 00:07:48.560 O que amosan estes estudos é 00:07:48.560 --> 00:07:52.420 que, cando lle dás á xente información errada 00:07:52.420 --> 00:07:55.800 acerca dalgunha experiencia pasada, 00:07:55.800 --> 00:08:01.455 podes alterar, contaminar ou cambiar o seu recordo. NOTE Paragraph 00:08:01.455 --> 00:08:03.655 Fóra de aí, no mundo real, 00:08:03.655 --> 00:08:06.546 a información errada está en todas partes. 00:08:06.546 --> 00:08:07.906 Recibimos información errada 00:08:07.906 --> 00:08:10.822 non só se nos preguntan dun certo xeito, 00:08:10.822 --> 00:08:13.269 senón tamén se falamos con outras testemuñas 00:08:13.269 --> 00:08:16.302 que, consciente ou inconscientemente, 00:08:16.302 --> 00:08:18.439 dannos algo de información errónea. 00:08:18.439 --> 00:08:23.169 Ou se vemos a cobertura nos medios dalgún suceso que vivimos, 00:08:23.169 --> 00:08:25.962 todos estes casos son oportunidades 00:08:25.962 --> 00:08:30.312 para este tipo de contaminación da memoria. NOTE Paragraph 00:08:30.312 --> 00:08:34.100 Nos anos 90, comezamos a ver 00:08:34.100 --> 00:08:38.783 un tipo de problema de memoria aínda máis extremo. 00:08:38.783 --> 00:08:41.879 Algúns pacientes estaban iniciando tratamento para un problema-- 00:08:41.879 --> 00:08:44.793 quizais depresión, unha desorde alimenticia -- 00:08:44.793 --> 00:08:47.546 e saían da terapia 00:08:47.546 --> 00:08:50.207 con outro problema distinto. 00:08:50.207 --> 00:08:53.908 Recordos extremos de brutalidade horrible, 00:08:53.908 --> 00:08:55.891 ás veces, de rituais satánicos, 00:08:55.891 --> 00:09:00.588 ás veces, incluíndo elementos estraños ou infrecuentes. 00:09:00.588 --> 00:09:03.142 Unha muller saíu de psicoterapia 00:09:03.142 --> 00:09:05.570 crendo que soportara durante anos 00:09:05.570 --> 00:09:09.472 abusos rituais, nos que era forzada a quedar embarazada 00:09:09.472 --> 00:09:12.038 e que lle arrincaban o bebé do seu ventre. 00:09:12.038 --> 00:09:14.397 Pero non tiña cicatrices 00:09:14.397 --> 00:09:16.423 nin ningún tipo de evidencia física 00:09:16.423 --> 00:09:19.304 que apoiase a súa historia. 00:09:19.304 --> 00:09:22.312 E cando empecei a examinar estes casos, 00:09:22.312 --> 00:09:23.762 eu preguntábame, 00:09:23.762 --> 00:09:26.090 de onde veñen estes estraños recordos? 00:09:26.090 --> 00:09:30.477 O que atopei é que, a maioría destas situacións 00:09:30.477 --> 00:09:35.968 tiñan que ver con algunha forma de psicoterapia. 00:09:35.968 --> 00:09:37.567 Así que preguntei 00:09:37.567 --> 00:09:40.955 se serían algunhas desas cousas resultado da psicoterapia 00:09:40.955 --> 00:09:43.839 --como exercicios de imaxinación 00:09:43.839 --> 00:09:45.896 ou interpretación de soños 00:09:45.896 --> 00:09:48.028 ou, nalgúns casos, hipnose 00:09:48.028 --> 00:09:51.846 ou, quizais, exposición a información falsa-- 00:09:51.846 --> 00:09:54.633 se estes pacientes serían suxestionados 00:09:54.633 --> 00:09:57.310 para desenvolver eses raros 00:09:57.310 --> 00:10:00.241 e improbables recordos? 00:10:00.241 --> 00:10:02.400 E deseñei algúns experimentos 00:10:02.400 --> 00:10:07.425 para estuda-los procesos que se usaban 00:10:07.425 --> 00:10:10.498 nesa psicoterapia, para examinar 00:10:10.498 --> 00:10:14.049 o desenvolvemento destes falsos recordos tan vívidos. NOTE Paragraph 00:10:14.049 --> 00:10:16.457 Nun dos primeiros estudos que fixemos 00:10:16.457 --> 00:10:18.810 usamos a suxestión, 00:10:18.810 --> 00:10:22.873 un método inspirado pola psicoterapia que vimos neses casos, 00:10:22.873 --> 00:10:24.983 usamos ese tipo de suxestión. 00:10:24.983 --> 00:10:26.835 e implantamos un falso recordo 00:10:26.835 --> 00:10:29.912 de que, cando eras un neno, de cinco ou seis anos, 00:10:29.912 --> 00:10:32.163 perdícheste nun centro comercial. 00:10:32.163 --> 00:10:34.663 Estabas asustado. Chorabas. 00:10:34.663 --> 00:10:37.177 Finalmente fuches rescatado por un adulto 00:10:37.177 --> 00:10:39.029 e volviches coa túa familia. 00:10:39.029 --> 00:10:41.637 E tivemos éxito ao implantar ese recordo 00:10:41.637 --> 00:10:45.743 nas mentes da cuarta parte dos suxeitos. 00:10:45.743 --> 00:10:47.748 E vostedes poden pensar que 00:10:47.748 --> 00:10:50.094 iso non é especialmente estresante. 00:10:50.094 --> 00:10:53.463 Pero, nós e outros investigadores 00:10:53.463 --> 00:10:56.221 implantamos recordos vívidos de cousas 00:10:56.221 --> 00:10:59.136 moito máis estrañas e máis estresantes. 00:10:59.136 --> 00:11:01.675 Nun estudo feito en Tennessee, 00:11:01.675 --> 00:11:04.091 os investigadores implantaron o falso recordo 00:11:04.091 --> 00:11:06.665 de que cando eras un neno, case afogaches 00:11:06.665 --> 00:11:09.172 e tívote que rescatar un socorrista. 00:11:09.172 --> 00:11:11.475 E nun estudo feito en Canadá, 00:11:11.475 --> 00:11:13.999 os investigadores implantaron o falso recordo 00:11:13.999 --> 00:11:15.227 de que, cando un neno, 00:11:15.227 --> 00:11:18.957 algo tan horrible como ser atacado por un animal salvaxe 00:11:18.957 --> 00:11:20.339 pasárache a ti, 00:11:20.339 --> 00:11:23.761 e tiveron éxito coa metade dos suxeitos. 00:11:23.761 --> 00:11:26.113 E nun estudo feito en Italia, 00:11:26.113 --> 00:11:28.771 os investigadores implantaron o falso recordo, 00:11:28.771 --> 00:11:33.983 de que cando eras neno, foras testemuña dunha posesión demoníaca. NOTE Paragraph 00:11:33.983 --> 00:11:36.190 Quero engadir que podería parecer 00:11:36.190 --> 00:11:39.929 como que estamos traumatizando aos suxeitos experimentais 00:11:39.929 --> 00:11:41.529 no nome da ciencia, 00:11:41.529 --> 00:11:46.167 pero os nosos estudos foron examinados coidadosamente 00:11:46.167 --> 00:11:48.142 por comités de ética da investigación 00:11:48.142 --> 00:11:50.484 que decidiron 00:11:50.484 --> 00:11:53.557 que a molestia temporal que algúns 00:11:53.557 --> 00:11:56.641 destes suxeitos poderían experimentar nestes estudos 00:11:56.641 --> 00:12:00.541 é superada pola importancia deste problema 00:12:00.541 --> 00:12:03.648 para entender os procesos da memoria 00:12:03.648 --> 00:12:06.994 e o abuso da memoria que esta a ocorrer 00:12:06.994 --> 00:12:10.287 nalgúns lugares do mundo. NOTE Paragraph 00:12:10.287 --> 00:12:13.325 Ben, para a miña sorpresa, 00:12:13.325 --> 00:12:16.754 cando publiquei este traballo e comecei a falar 00:12:16.754 --> 00:12:20.649 en contra desta forma particular de psicoterapia, 00:12:20.649 --> 00:12:24.629 tiven algúns problemas serios: 00:12:24.629 --> 00:12:29.530 hostilidades, principalmente con terapeutas da memoria reprimida, 00:12:29.530 --> 00:12:31.206 que se sentiron atacados, 00:12:31.206 --> 00:12:34.734 e cos pacientes aos que eles influíran. 00:12:34.734 --> 00:12:37.671 Tiven gardas armados nalgunhas charlas 00:12:37.671 --> 00:12:39.576 que me invitaron a dar. 00:12:39.576 --> 00:12:43.793 Houbo campañas de recolleita de firmas para que me despedisen. 00:12:43.793 --> 00:12:45.774 Pero probablemente o peor 00:12:45.774 --> 00:12:48.541 foi que eu sospeitaba que unha muller 00:12:48.541 --> 00:12:50.965 era inocente dos abusos 00:12:50.965 --> 00:12:53.801 dos que a acusaba a súa propia filla, xa adulta. 00:12:53.801 --> 00:12:57.218 Ela acusaba a súa nai de abuso sexual 00:12:57.218 --> 00:12:59.077 baseada nun recordo reprimido. 00:12:59.077 --> 00:13:01.960 E esta filla permitira que a súa historia 00:13:01.960 --> 00:13:05.394 se filmase e se presentase en lugares públicos. 00:13:05.394 --> 00:13:07.903 Eu sospeitaba desta historia, 00:13:07.903 --> 00:13:10.203 así que empecei a investigar, 00:13:10.203 --> 00:13:14.686 e, finalmente, atopei información convincente 00:13:14.686 --> 00:13:16.975 de que a nai era inocente. 00:13:16.975 --> 00:13:19.936 Publiquei unha exposición do caso, 00:13:19.936 --> 00:13:23.380 e pouco tempo despois, a filla 00:13:23.380 --> 00:13:24.901 presentou unha demanda. 00:13:24.901 --> 00:13:27.256 Aínda que nunca mencionei o seu nome, 00:13:27.256 --> 00:13:31.618 ela demandoume por difamación e invasión da intimidade. 00:13:31.618 --> 00:13:34.341 E pasei preto de cinco anos 00:13:34.341 --> 00:13:40.893 loitando con esta desagradable lea, 00:13:40.893 --> 00:13:44.567 pero finalmente, todo rematou e puiden realmente 00:13:44.567 --> 00:13:46.991 retornar ao meu traballo. 00:13:46.991 --> 00:13:49.476 No proceso, con todo, volvinme parte 00:13:49.476 --> 00:13:52.130 dunha tendencia perturbadora nos EE.UU., 00:13:52.130 --> 00:13:54.237 na que os científicos eran denunciados 00:13:54.237 --> 00:13:58.836 simplemente por falar de temas de gran controversia pública. NOTE Paragraph 00:13:58.836 --> 00:14:02.194 Cando regresei ao meu traballo, fíxenme a pregunta: 00:14:02.194 --> 00:14:04.592 Se implanto falsos recordos na túa mente, 00:14:04.592 --> 00:14:06.436 haberá repercusións? 00:14:06.436 --> 00:14:08.495 Afectará iso aos teus pensamentos despois? 00:14:08.495 --> 00:14:10.496 Ao teu comportamento futuro? 00:14:10.496 --> 00:14:12.963 O noso primeiro estudo implantaba o recordo falso 00:14:12.963 --> 00:14:15.849 de que de neno enfermaras por comer certos alimentos: 00:14:15.849 --> 00:14:18.848 ovos cocidos, cogombros en vinagre, xeado de amorodo... 00:14:18.848 --> 00:14:22.038 Atopamos que, unha vez que implantamos estes falsos recordos, 00:14:22.038 --> 00:14:24.489 as persoas xa non querían comer estes alimentos 00:14:24.489 --> 00:14:26.749 nun pícnic ao aire libre. 00:14:26.749 --> 00:14:30.622 Os falsos recordos non son necesariamente malos ou desagradables. 00:14:30.622 --> 00:14:32.980 Se implantábamos un recordo agradable, borroso, 00:14:32.980 --> 00:14:36.001 que tiña que ver con comida saudable, coma espárragos, 00:14:36.001 --> 00:14:39.476 podíamos facer que a xente quixese comer máis espárragos. 00:14:39.476 --> 00:14:41.850 Así que, o que estes estudos están a mostrar 00:14:41.850 --> 00:14:43.965 é que podes implantar falsos recordos 00:14:43.965 --> 00:14:45.378 e lograr repercusións 00:14:45.378 --> 00:14:50.463 que afectan ao comportamento moito tempo despois de que o recordo sexa asimilado. NOTE Paragraph 00:14:50.463 --> 00:14:52.887 Ben, canda esta capacidade 00:14:52.887 --> 00:14:55.810 para implantar recordos e controla-lo comportamento, 00:14:55.810 --> 00:14:59.991 obviamente veñen algúns asuntos éticos importantes, 00:14:59.991 --> 00:15:03.050 como, cando deberiamos usar esta tecnoloxía na mente? 00:15:03.050 --> 00:15:06.580 E se deberiamos incluso prohibila? 00:15:06.580 --> 00:15:09.513 Os terapeutas non poden, eticamente, implantar falsos recordos 00:15:09.513 --> 00:15:11.100 na mente dos seus pacientes, 00:15:11.100 --> 00:15:13.664 aínda que iso puidera axudarlles, 00:15:13.664 --> 00:15:15.286 pero nada pode evitar que un pai 00:15:15.286 --> 00:15:19.735 intente isto co seu adolescente con sobrepeso ou obesidade. 00:15:19.735 --> 00:15:22.340 E cando suxerín isto publicamente, 00:15:22.340 --> 00:15:25.686 provoquei outra protesta. 00:15:25.686 --> 00:15:29.719 "Aí vai esta outra vez. Está a suxerir que os pais lles mintan aos fillos". NOTE Paragraph 00:15:29.719 --> 00:15:31.964 Ola, Papá Noel. (Risas) NOTE Paragraph 00:15:31.964 --> 00:15:41.461 Quero dicir, outro xeito de velo é, 00:15:41.461 --> 00:15:43.494 que preferirías ter: 00:15:43.494 --> 00:15:46.523 un neno obeso, diabético, con menor esperanza de vida, 00:15:46.523 --> 00:15:48.055 e todo o que iso implica, 00:15:48.055 --> 00:15:51.071 ou un neno cuns poucos recordos falsos? 00:15:51.071 --> 00:15:54.462 Eu sei o que escollería para un dos meus fillos. NOTE Paragraph 00:15:54.462 --> 00:15:58.439 Pero, quizais, o meu traballo fíxome distinta da maioría das persoas. 00:15:58.439 --> 00:16:00.518 A maioría da xente valora os seus recordos, 00:16:00.518 --> 00:16:02.672 sabe que representan a súa identidade, 00:16:02.672 --> 00:16:04.697 quen son, de onde veñen. 00:16:04.697 --> 00:16:07.555 Eu entendo isto. Síntome tamén así. 00:16:07.555 --> 00:16:09.760 Pero sei, polo meu traballo, 00:16:09.760 --> 00:16:14.241 canto de mito hai neste tema. 00:16:14.241 --> 00:16:16.973 Se aprendín algo destas décadas 00:16:16.973 --> 00:16:19.383 de traballo sobre estes problemas, é isto: 00:16:19.383 --> 00:16:21.594 só porque alguén che diga algo 00:16:21.594 --> 00:16:23.169 e cho diga con confianza, 00:16:23.169 --> 00:16:25.849 só porque o di con todo luxo de detalles, 00:16:25.849 --> 00:16:28.608 só porque se expresa con emoción cando o di, 00:16:28.608 --> 00:16:31.810 non significa que realmente ocorrese. 00:16:31.810 --> 00:16:35.675 Non podemos distinguir os recordos falsos dos verdadeiros con fiabilidade. 00:16:35.675 --> 00:16:39.223 Necesitamos unha confirmación independente. 00:16:39.223 --> 00:16:42.313 Este descubrimento fíxome máis tolerante 00:16:42.313 --> 00:16:44.452 cos erros cotiáns de memoria 00:16:44.452 --> 00:16:47.366 que cometen os meus amigos e a miña familia. 00:16:47.366 --> 00:16:51.900 Este descubrimento puido salvar a Steve Titus, 00:16:51.900 --> 00:16:55.476 o home cuxo futuro foi arrebatado 00:16:55.476 --> 00:16:57.714 por un recordo falso. NOTE Paragraph 00:16:57.714 --> 00:17:00.530 Pero mentres tanto, todos deberíamos ter presente, 00:17:00.530 --> 00:17:02.166 faríamos ben en facelo, 00:17:02.166 --> 00:17:06.037 que a memoria, como a liberdade, 00:17:06.037 --> 00:17:09.731 é algo fráxil. 00:17:09.731 --> 00:17:12.669 Grazas. Grazas. 00:17:12.669 --> 00:17:15.397 Grazas. (Aplausos) 00:17:15.397 --> 00:17:19.116 Moitas grazas. (Aplausos)