1 00:00:00,509 --> 00:00:04,841 Gustaríame falarlles sobre un caso xudicial no que traballei 2 00:00:04,841 --> 00:00:08,404 que tiña que ver cun home chamado Steve Titus. 3 00:00:08,404 --> 00:00:11,433 Titus era o xerente dun restaurante. 4 00:00:11,433 --> 00:00:15,523 Tiña 31 anos, vivía en Seattle, Washington, 5 00:00:15,523 --> 00:00:17,418 estaba comprometido con Gretchen, 6 00:00:17,418 --> 00:00:20,366 a punto de casar. Ela era o amor da súa vida. 7 00:00:20,366 --> 00:00:22,650 Unha noite, a parella saíu 8 00:00:22,650 --> 00:00:25,655 para cearen romanticamente nun restaurante. 9 00:00:25,655 --> 00:00:27,303 Ían de volta á casa, 10 00:00:27,303 --> 00:00:30,253 e detívoos un policía. 11 00:00:30,253 --> 00:00:33,570 O coche de Titus tiña algún parecido 12 00:00:33,570 --> 00:00:37,457 cun coche que esa mesma tarde conducía 13 00:00:37,457 --> 00:00:40,863 un home que violara unha muller que facía autostop, 14 00:00:40,863 --> 00:00:44,457 e Titus parecíase algo a ese violador. 15 00:00:44,457 --> 00:00:47,035 Así que o policía tomou unha fotografía de Titus, 16 00:00:47,035 --> 00:00:49,802 puxérona xunto con outras 17 00:00:49,802 --> 00:00:51,962 e amosáronllas á vítima. 18 00:00:51,962 --> 00:00:54,122 Ela sinalou a foto de Titus. 19 00:00:54,122 --> 00:00:57,743 E dixo, "ese é o máis parecido". 20 00:00:57,743 --> 00:01:01,631 A policía e a fiscalía iniciaron un xuízo 21 00:01:01,631 --> 00:01:04,972 contra Steve Titus, que foi inculpado por violación. 22 00:01:04,972 --> 00:01:07,068 Cando a vítima da violación subiu ao estrado, 23 00:01:07,068 --> 00:01:11,410 dixo, "estou completamente segura de que ese é o home". 24 00:01:11,410 --> 00:01:14,336 E Titus foi condenado. 25 00:01:14,336 --> 00:01:16,310 El declarou a súa inocencia, 26 00:01:16,310 --> 00:01:18,892 a súa familia gritoulle ao xurado, 27 00:01:18,892 --> 00:01:21,763 a súa noiva esvaeceuse lepeando, 28 00:01:21,763 --> 00:01:25,158 e a Titus levárono ao cárcere. 29 00:01:25,158 --> 00:01:28,616 Que farían vostedes a partir de aí? 30 00:01:28,616 --> 00:01:30,252 Que farían? 31 00:01:30,252 --> 00:01:34,020 Ben, Titus perdeu completamente a súa fe no sistema legal 32 00:01:34,020 --> 00:01:36,052 pero tivo unha idea. 33 00:01:36,052 --> 00:01:38,483 Chamou ao diario local, 34 00:01:38,483 --> 00:01:41,870 conseguiu interesar a un xornalista investigador 35 00:01:41,870 --> 00:01:46,606 e este logrou atopar ao verdadeiro violador. 36 00:01:46,606 --> 00:01:49,959 Un home que ao final confesou a violación. 37 00:01:49,959 --> 00:01:53,251 Un home que parece que cometera 50 violacións 38 00:01:53,251 --> 00:01:54,583 nesa área, 39 00:01:54,583 --> 00:01:57,757 e cando esta información se lle presentou ao xuíz, 40 00:01:57,757 --> 00:02:00,693 o xuíz liberou a Titus. 41 00:02:00,693 --> 00:02:04,724 E realmente, aí debería rematar o caso. 42 00:02:04,724 --> 00:02:05,847 Debería acabarse. 43 00:02:05,847 --> 00:02:08,367 Titus debeu pensar que ese fora un ano horrible, 44 00:02:08,367 --> 00:02:12,203 un ano de acusación e xuízo, pero que xa pasou. 45 00:02:12,203 --> 00:02:14,250 Pero non rematou así. 46 00:02:14,250 --> 00:02:16,928 Titus estaba moi amargado. 47 00:02:16,928 --> 00:02:19,508 Perdeu o seu traballo. Non puido recuperalo. 48 00:02:19,508 --> 00:02:21,351 Perdeu á súa noiva. 49 00:02:21,351 --> 00:02:24,257 Ela non podía soportar a súa permanente ira. 50 00:02:24,257 --> 00:02:26,403 Perdeu tódolos seus aforros, 51 00:02:26,403 --> 00:02:29,261 polo que decidiu presentar unha demanda 52 00:02:29,261 --> 00:02:31,542 contra a policía e contra todos os que pensaba 53 00:02:31,542 --> 00:02:33,861 que eran responsables do seu sufrimento. 54 00:02:33,861 --> 00:02:38,574 E foi nese momento cando eu comecei a traballar neste caso, 55 00:02:38,574 --> 00:02:40,535 tratando de entender 56 00:02:40,535 --> 00:02:42,609 como esa vítima pasou de 57 00:02:42,609 --> 00:02:44,137 "Ese é o máis parecido" 58 00:02:44,137 --> 00:02:48,887 a "Estou completamente segura de que ese é o home". 59 00:02:48,887 --> 00:02:52,166 Ben, Titus estaba consumido co proceso civil. 60 00:02:52,166 --> 00:02:55,200 Pasaba cada intre do día pensando nel, 61 00:02:55,200 --> 00:02:59,351 e xusto uns días antes da súa cita no xulgado, 62 00:02:59,351 --> 00:03:01,570 espertou unha mañá, 63 00:03:01,570 --> 00:03:03,378 dobregado pola dor, 64 00:03:03,378 --> 00:03:06,072 e morreu dun ataque cardíaco asociado ao estrés. 65 00:03:06,072 --> 00:03:09,259 Tiña 35 anos. 66 00:03:09,259 --> 00:03:14,069 Así que me pedíron que traballase no caso de Titus 67 00:03:14,069 --> 00:03:16,584 porque son psicóloga científica. 68 00:03:16,584 --> 00:03:20,411 Estudo a memoria. Fíxeno durante décadas. 69 00:03:20,411 --> 00:03:23,800 E se atopo alguén nun avión 70 00:03:23,800 --> 00:03:25,896 --isto pasoume de camiño a Escocia -- 71 00:03:25,896 --> 00:03:27,726 se eu coñezo a alguén nun avión, 72 00:03:27,726 --> 00:03:30,771 e nos preguntamos, "en que traballas? En que traballas?" 73 00:03:30,771 --> 00:03:32,222 e eu digo: "Estudo a memoria", 74 00:03:32,222 --> 00:03:35,602 adoitan empezar a contarme os seus problemas para recordar nomes, 75 00:03:35,602 --> 00:03:38,401 ou que teñen un parente con Alzheimer 76 00:03:38,416 --> 00:03:40,481 ou algún tipo de problema coa memoria. 77 00:03:40,481 --> 00:03:42,697 Entón teño que dicir que 78 00:03:42,697 --> 00:03:46,202 eu non estudo como a xente esquece. 79 00:03:46,202 --> 00:03:49,204 Estudo o contrario: como recordan, 80 00:03:49,204 --> 00:03:51,957 cando lembran cousas que non ocorreron 81 00:03:51,957 --> 00:03:53,922 ou se lembran cousas diferentes 82 00:03:53,922 --> 00:03:55,947 de como sucederon na realidade. 83 00:03:55,947 --> 00:04:00,683 Eu estudo falsos recordos. 84 00:04:00,683 --> 00:04:04,990 Por desgraza, Steve Titus non é o único 85 00:04:04,990 --> 00:04:09,295 que foi condenado baseándose nos falsos recordos de alguén. 86 00:04:09,295 --> 00:04:12,603 Nun proxecto nos EE.UU., 87 00:04:12,603 --> 00:04:14,855 recompilouse información 88 00:04:14,855 --> 00:04:18,789 acerca de 300 persoas inocentes, 89 00:04:18,789 --> 00:04:22,684 300 acusados condenados por delitos que non cometeran. 90 00:04:22,684 --> 00:04:27,984 Persoas que pasaron 10, 20, 30 anos no cárcere por eses delitos, 91 00:04:27,984 --> 00:04:30,411 e despois as probas de ADN demostraron 92 00:04:30,411 --> 00:04:33,327 que, en realidade, eran inocentes. 93 00:04:33,327 --> 00:04:35,848 E cando se analizaron eses casos, 94 00:04:35,848 --> 00:04:37,989 tres cuartas partes 95 00:04:37,989 --> 00:04:43,600 ocorreran por fallos de memoria, recordos imperfectos das testemuñas. 96 00:04:43,600 --> 00:04:44,863 Entón, por que? 97 00:04:44,863 --> 00:04:48,314 Como os xurados que condenaron a todos eses inocentes 98 00:04:48,314 --> 00:04:50,598 e os que condenaron a Titus, 99 00:04:50,598 --> 00:04:52,839 moita xente cre que a memoria 100 00:04:52,839 --> 00:04:54,576 é coma un dispositivo de gravación. 101 00:04:54,576 --> 00:04:56,743 Só necesitas gravar a información, 102 00:04:56,743 --> 00:04:59,390 logo búscala e reprodúcela 103 00:04:59,390 --> 00:05:02,817 cando queres responder preguntas ou identificar imaxes. 104 00:05:02,817 --> 00:05:04,980 Pero décadas de traballo en psicoloxía 105 00:05:04,980 --> 00:05:08,133 mostraron, simplemente, que isto non é certo. 106 00:05:08,133 --> 00:05:10,563 Os nosos recordos son construtivos. 107 00:05:10,563 --> 00:05:12,132 Son reconstrutivos. 108 00:05:12,132 --> 00:05:15,613 A memoria funciona máis coma unha páxina da Wikipedia: 109 00:05:15,613 --> 00:05:20,726 Ti podes ir e cambiala, pero tamén poden facelo outros. 110 00:05:20,726 --> 00:05:25,975 Comecei a estudar este proceso construtivo da memoria 111 00:05:25,975 --> 00:05:28,390 nos anos 70. 112 00:05:28,390 --> 00:05:32,813 Fixen experimentos que implicaban amosarlle á xente 113 00:05:32,813 --> 00:05:35,318 delitos e accidentes simulados 114 00:05:35,318 --> 00:05:38,836 e logo preguntarlles acerca do que recordaban. 115 00:05:38,836 --> 00:05:42,775 Nun estudo, amosabámoslle á xente un accidente simulado 116 00:05:42,775 --> 00:05:44,053 e preguntabámoslles, 117 00:05:44,053 --> 00:05:46,917 como de rápido ían os coches cando chocaron? 118 00:05:46,917 --> 00:05:48,551 E a outros preguntabámoslles, 119 00:05:48,551 --> 00:05:52,240 como de rápido ían os coches cando se estrelaron? 120 00:05:52,240 --> 00:05:55,242 Se na pregunta diciamos "estrelaron", 121 00:05:55,242 --> 00:05:58,527 as testemuñas dicían que os coches ían máis rápido, 122 00:05:58,527 --> 00:06:02,524 e máis aínda, se na pregunta se dicía "estrelaron" 123 00:06:02,524 --> 00:06:05,384 iso facía que a xente dixese con máis probabilidade 124 00:06:05,384 --> 00:06:08,451 que viran vidros rotos na escena do accidente 125 00:06:08,451 --> 00:06:12,230 cando non había ningún en absoluto. 126 00:06:12,230 --> 00:06:15,119 Noutro estudo, amosabamos un accidente simulado 127 00:06:15,119 --> 00:06:18,779 onde un coche atravesaba unha intersección cun sinal de "stop", 128 00:06:18,779 --> 00:06:23,711 e se lles preguntabamos, insinuando que había un sinal de "ceda o paso", 129 00:06:23,711 --> 00:06:27,560 moitas testemuñas dicían que lembraban o sinal de "ceda o paso" 130 00:06:27,560 --> 00:06:31,017 na intersección, non o sinal de "stop". 131 00:06:31,017 --> 00:06:33,206 Agora ben, vostedes poden pensar que 132 00:06:33,206 --> 00:06:34,529 estes son eventos gravados, 133 00:06:34,529 --> 00:06:36,457 non son particularmente estresantes. 134 00:06:36,457 --> 00:06:39,191 Cometeríase o mesmo tipo de error 135 00:06:39,191 --> 00:06:42,142 nun evento realmente estresante? 136 00:06:42,142 --> 00:06:45,233 Nun estudo que publicamos hai poucos meses, 137 00:06:45,233 --> 00:06:47,537 demos unha resposta a esta pregunta, 138 00:06:47,537 --> 00:06:50,301 porque o especial dese estudo 139 00:06:50,301 --> 00:06:55,933 foi que puxemos as persoas nunha situación moi estresante. 140 00:06:55,933 --> 00:06:58,162 Os que participaron nese estudo 141 00:06:58,162 --> 00:07:00,672 eran militares dos EE.UU. 142 00:07:00,672 --> 00:07:05,097 que pasaran por un horroroso exercicio de adestramento 143 00:07:05,097 --> 00:07:07,879 para ensinarlles o que lles pasaría 144 00:07:07,879 --> 00:07:11,797 se fosen capturados como prisioneiros de guerra. 145 00:07:11,797 --> 00:07:14,227 Como parte dese exercicio de adestramento, 146 00:07:14,227 --> 00:07:17,756 eses soldados eran interrogados dun xeito agresivo, 147 00:07:17,756 --> 00:07:22,842 hostil e fisicamente abusivo, durante 30 minutos. 148 00:07:22,842 --> 00:07:25,659 Logo debían tratar de identificar 149 00:07:25,659 --> 00:07:28,682 a persoa que levara a cabo o interrogatorio. 150 00:07:28,682 --> 00:07:32,505 E cando se lles subministraba información interesada 151 00:07:32,505 --> 00:07:35,283 insinuando que fora unha persoa diferente, 152 00:07:35,283 --> 00:07:39,320 moitos deles identificaban erroneamente o seu interrogador, 153 00:07:39,320 --> 00:07:43,155 ás veces sinalando a alguén que, nin remotamente, 154 00:07:43,155 --> 00:07:46,259 se parecía ao interrogador verdadeiro. 155 00:07:46,259 --> 00:07:48,560 O que amosan estes estudos é 156 00:07:48,560 --> 00:07:52,420 que, cando lle dás á xente información errada 157 00:07:52,420 --> 00:07:55,800 acerca dalgunha experiencia pasada, 158 00:07:55,800 --> 00:08:01,455 podes alterar, contaminar ou cambiar o seu recordo. 159 00:08:01,455 --> 00:08:03,655 Fóra de aí, no mundo real, 160 00:08:03,655 --> 00:08:06,546 a información errada está en todas partes. 161 00:08:06,546 --> 00:08:07,906 Recibimos información errada 162 00:08:07,906 --> 00:08:10,822 non só se nos preguntan dun certo xeito, 163 00:08:10,822 --> 00:08:13,269 senón tamén se falamos con outras testemuñas 164 00:08:13,269 --> 00:08:16,302 que, consciente ou inconscientemente, 165 00:08:16,302 --> 00:08:18,439 dannos algo de información errónea. 166 00:08:18,439 --> 00:08:23,169 Ou se vemos a cobertura nos medios dalgún suceso que vivimos, 167 00:08:23,169 --> 00:08:25,962 todos estes casos son oportunidades 168 00:08:25,962 --> 00:08:30,312 para este tipo de contaminación da memoria. 169 00:08:30,312 --> 00:08:34,100 Nos anos 90, comezamos a ver 170 00:08:34,100 --> 00:08:38,783 un tipo de problema de memoria aínda máis extremo. 171 00:08:38,783 --> 00:08:41,879 Algúns pacientes estaban iniciando tratamento para un problema-- 172 00:08:41,879 --> 00:08:44,793 quizais depresión, unha desorde alimenticia -- 173 00:08:44,793 --> 00:08:47,546 e saían da terapia 174 00:08:47,546 --> 00:08:50,207 con outro problema distinto. 175 00:08:50,207 --> 00:08:53,908 Recordos extremos de brutalidade horrible, 176 00:08:53,908 --> 00:08:55,891 ás veces, de rituais satánicos, 177 00:08:55,891 --> 00:09:00,588 ás veces, incluíndo elementos estraños ou infrecuentes. 178 00:09:00,588 --> 00:09:03,142 Unha muller saíu de psicoterapia 179 00:09:03,142 --> 00:09:05,570 crendo que soportara durante anos 180 00:09:05,570 --> 00:09:09,472 abusos rituais, nos que era forzada a quedar embarazada 181 00:09:09,472 --> 00:09:12,038 e que lle arrincaban o bebé do seu ventre. 182 00:09:12,038 --> 00:09:14,397 Pero non tiña cicatrices 183 00:09:14,397 --> 00:09:16,423 nin ningún tipo de evidencia física 184 00:09:16,423 --> 00:09:19,304 que apoiase a súa historia. 185 00:09:19,304 --> 00:09:22,312 E cando empecei a examinar estes casos, 186 00:09:22,312 --> 00:09:23,762 eu preguntábame, 187 00:09:23,762 --> 00:09:26,090 de onde veñen estes estraños recordos? 188 00:09:26,090 --> 00:09:30,477 O que atopei é que, a maioría destas situacións 189 00:09:30,477 --> 00:09:35,968 tiñan que ver con algunha forma de psicoterapia. 190 00:09:35,968 --> 00:09:37,567 Así que preguntei 191 00:09:37,567 --> 00:09:40,955 se serían algunhas desas cousas resultado da psicoterapia 192 00:09:40,955 --> 00:09:43,839 --como exercicios de imaxinación 193 00:09:43,839 --> 00:09:45,896 ou interpretación de soños 194 00:09:45,896 --> 00:09:48,028 ou, nalgúns casos, hipnose 195 00:09:48,028 --> 00:09:51,846 ou, quizais, exposición a información falsa-- 196 00:09:51,846 --> 00:09:54,633 se estes pacientes serían suxestionados 197 00:09:54,633 --> 00:09:57,310 para desenvolver eses raros 198 00:09:57,310 --> 00:10:00,241 e improbables recordos? 199 00:10:00,241 --> 00:10:02,400 E deseñei algúns experimentos 200 00:10:02,400 --> 00:10:07,425 para estuda-los procesos que se usaban 201 00:10:07,425 --> 00:10:10,498 nesa psicoterapia, para examinar 202 00:10:10,498 --> 00:10:14,049 o desenvolvemento destes falsos recordos tan vívidos. 203 00:10:14,049 --> 00:10:16,457 Nun dos primeiros estudos que fixemos 204 00:10:16,457 --> 00:10:18,810 usamos a suxestión, 205 00:10:18,810 --> 00:10:22,873 un método inspirado pola psicoterapia que vimos neses casos, 206 00:10:22,873 --> 00:10:24,983 usamos ese tipo de suxestión. 207 00:10:24,983 --> 00:10:26,835 e implantamos un falso recordo 208 00:10:26,835 --> 00:10:29,912 de que, cando eras un neno, de cinco ou seis anos, 209 00:10:29,912 --> 00:10:32,163 perdícheste nun centro comercial. 210 00:10:32,163 --> 00:10:34,663 Estabas asustado. Chorabas. 211 00:10:34,663 --> 00:10:37,177 Finalmente fuches rescatado por un adulto 212 00:10:37,177 --> 00:10:39,029 e volviches coa túa familia. 213 00:10:39,029 --> 00:10:41,637 E tivemos éxito ao implantar ese recordo 214 00:10:41,637 --> 00:10:45,743 nas mentes da cuarta parte dos suxeitos. 215 00:10:45,743 --> 00:10:47,748 E vostedes poden pensar que 216 00:10:47,748 --> 00:10:50,094 iso non é especialmente estresante. 217 00:10:50,094 --> 00:10:53,463 Pero, nós e outros investigadores 218 00:10:53,463 --> 00:10:56,221 implantamos recordos vívidos de cousas 219 00:10:56,221 --> 00:10:59,136 moito máis estrañas e máis estresantes. 220 00:10:59,136 --> 00:11:01,675 Nun estudo feito en Tennessee, 221 00:11:01,675 --> 00:11:04,091 os investigadores implantaron o falso recordo 222 00:11:04,091 --> 00:11:06,665 de que cando eras un neno, case afogaches 223 00:11:06,665 --> 00:11:09,172 e tívote que rescatar un socorrista. 224 00:11:09,172 --> 00:11:11,475 E nun estudo feito en Canadá, 225 00:11:11,475 --> 00:11:13,999 os investigadores implantaron o falso recordo 226 00:11:13,999 --> 00:11:15,227 de que, cando un neno, 227 00:11:15,227 --> 00:11:18,957 algo tan horrible como ser atacado por un animal salvaxe 228 00:11:18,957 --> 00:11:20,339 pasárache a ti, 229 00:11:20,339 --> 00:11:23,761 e tiveron éxito coa metade dos suxeitos. 230 00:11:23,761 --> 00:11:26,113 E nun estudo feito en Italia, 231 00:11:26,113 --> 00:11:28,771 os investigadores implantaron o falso recordo, 232 00:11:28,771 --> 00:11:33,983 de que cando eras neno, foras testemuña dunha posesión demoníaca. 233 00:11:33,983 --> 00:11:36,190 Quero engadir que podería parecer 234 00:11:36,190 --> 00:11:39,929 como que estamos traumatizando aos suxeitos experimentais 235 00:11:39,929 --> 00:11:41,529 no nome da ciencia, 236 00:11:41,529 --> 00:11:46,167 pero os nosos estudos foron examinados coidadosamente 237 00:11:46,167 --> 00:11:48,142 por comités de ética da investigación 238 00:11:48,142 --> 00:11:50,484 que decidiron 239 00:11:50,484 --> 00:11:53,557 que a molestia temporal que algúns 240 00:11:53,557 --> 00:11:56,641 destes suxeitos poderían experimentar nestes estudos 241 00:11:56,641 --> 00:12:00,541 é superada pola importancia deste problema 242 00:12:00,541 --> 00:12:03,648 para entender os procesos da memoria 243 00:12:03,648 --> 00:12:06,994 e o abuso da memoria que esta a ocorrer 244 00:12:06,994 --> 00:12:10,287 nalgúns lugares do mundo. 245 00:12:10,287 --> 00:12:13,325 Ben, para a miña sorpresa, 246 00:12:13,325 --> 00:12:16,754 cando publiquei este traballo e comecei a falar 247 00:12:16,754 --> 00:12:20,649 en contra desta forma particular de psicoterapia, 248 00:12:20,649 --> 00:12:24,629 tiven algúns problemas serios: 249 00:12:24,629 --> 00:12:29,530 hostilidades, principalmente con terapeutas da memoria reprimida, 250 00:12:29,530 --> 00:12:31,206 que se sentiron atacados, 251 00:12:31,206 --> 00:12:34,734 e cos pacientes aos que eles influíran. 252 00:12:34,734 --> 00:12:37,671 Tiven gardas armados nalgunhas charlas 253 00:12:37,671 --> 00:12:39,576 que me invitaron a dar. 254 00:12:39,576 --> 00:12:43,793 Houbo campañas de recolleita de firmas para que me despedisen. 255 00:12:43,793 --> 00:12:45,774 Pero probablemente o peor 256 00:12:45,774 --> 00:12:48,541 foi que eu sospeitaba que unha muller 257 00:12:48,541 --> 00:12:50,965 era inocente dos abusos 258 00:12:50,965 --> 00:12:53,801 dos que a acusaba a súa propia filla, xa adulta. 259 00:12:53,801 --> 00:12:57,218 Ela acusaba a súa nai de abuso sexual 260 00:12:57,218 --> 00:12:59,077 baseada nun recordo reprimido. 261 00:12:59,077 --> 00:13:01,960 E esta filla permitira que a súa historia 262 00:13:01,960 --> 00:13:05,394 se filmase e se presentase en lugares públicos. 263 00:13:05,394 --> 00:13:07,903 Eu sospeitaba desta historia, 264 00:13:07,903 --> 00:13:10,203 así que empecei a investigar, 265 00:13:10,203 --> 00:13:14,686 e, finalmente, atopei información convincente 266 00:13:14,686 --> 00:13:16,975 de que a nai era inocente. 267 00:13:16,975 --> 00:13:19,936 Publiquei unha exposición do caso, 268 00:13:19,936 --> 00:13:23,380 e pouco tempo despois, a filla 269 00:13:23,380 --> 00:13:24,901 presentou unha demanda. 270 00:13:24,901 --> 00:13:27,256 Aínda que nunca mencionei o seu nome, 271 00:13:27,256 --> 00:13:31,618 ela demandoume por difamación e invasión da intimidade. 272 00:13:31,618 --> 00:13:34,341 E pasei preto de cinco anos 273 00:13:34,341 --> 00:13:40,893 loitando con esta desagradable lea, 274 00:13:40,893 --> 00:13:44,567 pero finalmente, todo rematou e puiden realmente 275 00:13:44,567 --> 00:13:46,991 retornar ao meu traballo. 276 00:13:46,991 --> 00:13:49,476 No proceso, con todo, volvinme parte 277 00:13:49,476 --> 00:13:52,130 dunha tendencia perturbadora nos EE.UU., 278 00:13:52,130 --> 00:13:54,237 na que os científicos eran denunciados 279 00:13:54,237 --> 00:13:58,836 simplemente por falar de temas de gran controversia pública. 280 00:13:58,836 --> 00:14:02,194 Cando regresei ao meu traballo, fíxenme a pregunta: 281 00:14:02,194 --> 00:14:04,592 Se implanto falsos recordos na túa mente, 282 00:14:04,592 --> 00:14:06,436 haberá repercusións? 283 00:14:06,436 --> 00:14:08,495 Afectará iso aos teus pensamentos despois? 284 00:14:08,495 --> 00:14:10,496 Ao teu comportamento futuro? 285 00:14:10,496 --> 00:14:12,963 O noso primeiro estudo implantaba o recordo falso 286 00:14:12,963 --> 00:14:15,849 de que de neno enfermaras por comer certos alimentos: 287 00:14:15,849 --> 00:14:18,848 ovos cocidos, cogombros en vinagre, xeado de amorodo... 288 00:14:18,848 --> 00:14:22,038 Atopamos que, unha vez que implantamos estes falsos recordos, 289 00:14:22,038 --> 00:14:24,489 as persoas xa non querían comer estes alimentos 290 00:14:24,489 --> 00:14:26,749 nun pícnic ao aire libre. 291 00:14:26,749 --> 00:14:30,622 Os falsos recordos non son necesariamente malos ou desagradables. 292 00:14:30,622 --> 00:14:32,980 Se implantábamos un recordo agradable, borroso, 293 00:14:32,980 --> 00:14:36,001 que tiña que ver con comida saudable, coma espárragos, 294 00:14:36,001 --> 00:14:39,476 podíamos facer que a xente quixese comer máis espárragos. 295 00:14:39,476 --> 00:14:41,850 Así que, o que estes estudos están a mostrar 296 00:14:41,850 --> 00:14:43,965 é que podes implantar falsos recordos 297 00:14:43,965 --> 00:14:45,378 e lograr repercusións 298 00:14:45,378 --> 00:14:50,463 que afectan ao comportamento moito tempo despois de que o recordo sexa asimilado. 299 00:14:50,463 --> 00:14:52,887 Ben, canda esta capacidade 300 00:14:52,887 --> 00:14:55,810 para implantar recordos e controla-lo comportamento, 301 00:14:55,810 --> 00:14:59,991 obviamente veñen algúns asuntos éticos importantes, 302 00:14:59,991 --> 00:15:03,050 como, cando deberiamos usar esta tecnoloxía na mente? 303 00:15:03,050 --> 00:15:06,580 E se deberiamos incluso prohibila? 304 00:15:06,580 --> 00:15:09,513 Os terapeutas non poden, eticamente, implantar falsos recordos 305 00:15:09,513 --> 00:15:11,100 na mente dos seus pacientes, 306 00:15:11,100 --> 00:15:13,664 aínda que iso puidera axudarlles, 307 00:15:13,664 --> 00:15:15,286 pero nada pode evitar que un pai 308 00:15:15,286 --> 00:15:19,735 intente isto co seu adolescente con sobrepeso ou obesidade. 309 00:15:19,735 --> 00:15:22,340 E cando suxerín isto publicamente, 310 00:15:22,340 --> 00:15:25,686 provoquei outra protesta. 311 00:15:25,686 --> 00:15:29,719 "Aí vai esta outra vez. Está a suxerir que os pais lles mintan aos fillos". 312 00:15:29,719 --> 00:15:31,964 Ola, Papá Noel. (Risas) 313 00:15:31,964 --> 00:15:41,461 Quero dicir, outro xeito de velo é, 314 00:15:41,461 --> 00:15:43,494 que preferirías ter: 315 00:15:43,494 --> 00:15:46,523 un neno obeso, diabético, con menor esperanza de vida, 316 00:15:46,523 --> 00:15:48,055 e todo o que iso implica, 317 00:15:48,055 --> 00:15:51,071 ou un neno cuns poucos recordos falsos? 318 00:15:51,071 --> 00:15:54,462 Eu sei o que escollería para un dos meus fillos. 319 00:15:54,462 --> 00:15:58,439 Pero, quizais, o meu traballo fíxome distinta da maioría das persoas. 320 00:15:58,439 --> 00:16:00,518 A maioría da xente valora os seus recordos, 321 00:16:00,518 --> 00:16:02,672 sabe que representan a súa identidade, 322 00:16:02,672 --> 00:16:04,697 quen son, de onde veñen. 323 00:16:04,697 --> 00:16:07,555 Eu entendo isto. Síntome tamén así. 324 00:16:07,555 --> 00:16:09,760 Pero sei, polo meu traballo, 325 00:16:09,760 --> 00:16:14,241 canto de mito hai neste tema. 326 00:16:14,241 --> 00:16:16,973 Se aprendín algo destas décadas 327 00:16:16,973 --> 00:16:19,383 de traballo sobre estes problemas, é isto: 328 00:16:19,383 --> 00:16:21,594 só porque alguén che diga algo 329 00:16:21,594 --> 00:16:23,169 e cho diga con confianza, 330 00:16:23,169 --> 00:16:25,849 só porque o di con todo luxo de detalles, 331 00:16:25,849 --> 00:16:28,608 só porque se expresa con emoción cando o di, 332 00:16:28,608 --> 00:16:31,810 non significa que realmente ocorrese. 333 00:16:31,810 --> 00:16:35,675 Non podemos distinguir os recordos falsos dos verdadeiros con fiabilidade. 334 00:16:35,675 --> 00:16:39,223 Necesitamos unha confirmación independente. 335 00:16:39,223 --> 00:16:42,313 Este descubrimento fíxome máis tolerante 336 00:16:42,313 --> 00:16:44,452 cos erros cotiáns de memoria 337 00:16:44,452 --> 00:16:47,366 que cometen os meus amigos e a miña familia. 338 00:16:47,366 --> 00:16:51,900 Este descubrimento puido salvar a Steve Titus, 339 00:16:51,900 --> 00:16:55,476 o home cuxo futuro foi arrebatado 340 00:16:55,476 --> 00:16:57,714 por un recordo falso. 341 00:16:57,714 --> 00:17:00,530 Pero mentres tanto, todos deberíamos ter presente, 342 00:17:00,530 --> 00:17:02,166 faríamos ben en facelo, 343 00:17:02,166 --> 00:17:06,037 que a memoria, como a liberdade, 344 00:17:06,037 --> 00:17:09,731 é algo fráxil. 345 00:17:09,731 --> 00:17:12,669 Grazas. Grazas. 346 00:17:12,669 --> 00:17:15,397 Grazas. (Aplausos) 347 00:17:15,397 --> 00:17:19,116 Moitas grazas. (Aplausos)