0:00:00.509,0:00:04.841 Gustaríame falarlles [br]sobre un caso xudicial no que traballei 0:00:04.841,0:00:08.404 que tiña que ver cun home[br]chamado Steve Titus. 0:00:08.404,0:00:11.433 Titus era o xerente dun restaurante. 0:00:11.433,0:00:15.523 Tiña 31 anos, vivía en Seattle,[br]Washington, 0:00:15.523,0:00:17.418 estaba comprometido con Gretchen, 0:00:17.418,0:00:20.366 a punto de casar. [br]Ela era o amor da súa vida. 0:00:20.366,0:00:22.650 Unha noite, a parella saíu 0:00:22.650,0:00:25.655 para cearen romanticamente [br]nun restaurante. 0:00:25.655,0:00:27.303 Ían de volta á casa, 0:00:27.303,0:00:30.253 e detívoos un policía. 0:00:30.253,0:00:33.570 O coche de Titus tiña algún parecido 0:00:33.570,0:00:37.457 cun coche que esa mesma tarde conducía 0:00:37.457,0:00:40.863 un home que violara unha muller[br]que facía autostop, 0:00:40.863,0:00:44.457 e Titus parecíase algo a ese violador. 0:00:44.457,0:00:47.035 Así que o policía tomou unha[br]fotografía de Titus, 0:00:47.035,0:00:49.802 puxérona xunto con outras 0:00:49.802,0:00:51.962 e amosáronllas á vítima. 0:00:51.962,0:00:54.122 Ela sinalou a foto de Titus. 0:00:54.122,0:00:57.743 E dixo, "ese é o máis parecido". 0:00:57.743,0:01:01.631 A policía e a fiscalía iniciaron un xuízo 0:01:01.631,0:01:04.972 contra Steve Titus, que foi inculpado[br]por violación. 0:01:04.972,0:01:07.068 Cando a vítima da violación[br]subiu ao estrado, 0:01:07.068,0:01:11.410 dixo, "estou completamente segura[br]de que ese é o home". 0:01:11.410,0:01:14.336 E Titus foi condenado. 0:01:14.336,0:01:16.310 El declarou a súa inocencia, 0:01:16.310,0:01:18.892 a súa familia gritoulle ao xurado, 0:01:18.892,0:01:21.763 a súa noiva esvaeceuse lepeando, 0:01:21.763,0:01:25.158 e a Titus levárono ao cárcere. 0:01:25.158,0:01:28.616 Que farían vostedes a partir de aí? 0:01:28.616,0:01:30.252 Que farían? 0:01:30.252,0:01:34.020 Ben, Titus perdeu completamente [br]a súa fe no sistema legal 0:01:34.020,0:01:36.052 pero tivo unha idea. 0:01:36.052,0:01:38.483 Chamou ao diario local, 0:01:38.483,0:01:41.870 conseguiu interesar [br]a un xornalista investigador 0:01:41.870,0:01:46.606 e este logrou atopar [br]ao verdadeiro violador. 0:01:46.606,0:01:49.959 Un home que ao final confesou a violación. 0:01:49.959,0:01:53.251 Un home que parece que cometera[br]50 violacións 0:01:53.251,0:01:54.583 nesa área, 0:01:54.583,0:01:57.757 e cando esta información [br]se lle presentou ao xuíz, 0:01:57.757,0:02:00.693 o xuíz liberou a Titus. 0:02:00.693,0:02:04.724 E realmente, aí debería rematar o caso. 0:02:04.724,0:02:05.847 Debería acabarse. 0:02:05.847,0:02:08.367 Titus debeu pensar [br]que ese fora un ano horrible, 0:02:08.367,0:02:12.203 un ano de acusación e xuízo,[br]pero que xa pasou. 0:02:12.203,0:02:14.250 Pero non rematou así. 0:02:14.250,0:02:16.928 Titus estaba moi amargado. 0:02:16.928,0:02:19.508 Perdeu o seu traballo. [br]Non puido recuperalo. 0:02:19.508,0:02:21.351 Perdeu á súa noiva. 0:02:21.351,0:02:24.257 Ela non podía soportar [br]a súa permanente ira. 0:02:24.257,0:02:26.403 Perdeu tódolos seus aforros, 0:02:26.403,0:02:29.261 polo que decidiu presentar unha demanda 0:02:29.261,0:02:31.542 contra a policía e contra todos[br]os que pensaba 0:02:31.542,0:02:33.861 que eran responsables [br]do seu sufrimento. 0:02:33.861,0:02:38.574 E foi nese momento [br]cando eu comecei a traballar neste caso, 0:02:38.574,0:02:40.535 tratando de entender 0:02:40.535,0:02:42.609 como esa vítima pasou de 0:02:42.609,0:02:44.137 "Ese é o máis parecido" 0:02:44.137,0:02:48.887 a "Estou completamente segura [br]de que ese é o home". 0:02:48.887,0:02:52.166 Ben, Titus estaba consumido[br]co proceso civil. 0:02:52.166,0:02:55.200 Pasaba cada intre do día [br]pensando nel, 0:02:55.200,0:02:59.351 e xusto uns días antes [br]da súa cita no xulgado, 0:02:59.351,0:03:01.570 espertou unha mañá, 0:03:01.570,0:03:03.378 dobregado pola dor, 0:03:03.378,0:03:06.072 e morreu dun ataque cardíaco[br]asociado ao estrés. 0:03:06.072,0:03:09.259 Tiña 35 anos. 0:03:09.259,0:03:14.069 Así que me pedíron que traballase[br]no caso de Titus 0:03:14.069,0:03:16.584 porque son psicóloga científica. 0:03:16.584,0:03:20.411 Estudo a memoria. Fíxeno durante décadas. 0:03:20.411,0:03:23.800 E se atopo alguén nun avión 0:03:23.800,0:03:25.896 --isto pasoume de camiño a Escocia -- 0:03:25.896,0:03:27.726 se eu coñezo a alguén nun avión, 0:03:27.726,0:03:30.771 e nos preguntamos,[br]"en que traballas? En que traballas?" 0:03:30.771,0:03:32.222 e eu digo: "Estudo a memoria", 0:03:32.222,0:03:35.602 adoitan empezar a contarme [br]os seus problemas para recordar nomes, 0:03:35.602,0:03:38.401 ou que teñen un parente con Alzheimer 0:03:38.416,0:03:40.481 ou algún tipo de problema coa memoria. 0:03:40.481,0:03:42.697 Entón teño que dicir que 0:03:42.697,0:03:46.202 eu non estudo como a xente esquece. 0:03:46.202,0:03:49.204 Estudo o contrario: como recordan, 0:03:49.204,0:03:51.957 cando lembran cousas que non ocorreron 0:03:51.957,0:03:53.922 ou se lembran cousas diferentes 0:03:53.922,0:03:55.947 de como sucederon na realidade. 0:03:55.947,0:04:00.683 Eu estudo falsos recordos. 0:04:00.683,0:04:04.990 Por desgraza, Steve Titus non é o único 0:04:04.990,0:04:09.295 que foi condenado baseándose[br]nos falsos recordos de alguén. 0:04:09.295,0:04:12.603 Nun proxecto nos EE.UU., 0:04:12.603,0:04:14.855 recompilouse información 0:04:14.855,0:04:18.789 acerca de 300 persoas inocentes, 0:04:18.789,0:04:22.684 300 acusados condenados por delitos[br]que non cometeran. 0:04:22.684,0:04:27.984 Persoas que pasaron 10, 20, 30[br]anos no cárcere por eses delitos, 0:04:27.984,0:04:30.411 e despois as probas de ADN demostraron 0:04:30.411,0:04:33.327 que, en realidade, eran inocentes. 0:04:33.327,0:04:35.848 E cando se analizaron eses casos, 0:04:35.848,0:04:37.989 tres cuartas partes 0:04:37.989,0:04:43.600 ocorreran por fallos de memoria, [br]recordos imperfectos das testemuñas. 0:04:43.600,0:04:44.863 Entón, por que? 0:04:44.863,0:04:48.314 Como os xurados que condenaron[br]a todos eses inocentes 0:04:48.314,0:04:50.598 e os que condenaron a Titus, 0:04:50.598,0:04:52.839 moita xente cre que a memoria 0:04:52.839,0:04:54.576 é coma un dispositivo de gravación. 0:04:54.576,0:04:56.743 Só necesitas gravar a información, 0:04:56.743,0:04:59.390 logo búscala e reprodúcela 0:04:59.390,0:05:02.817 cando queres responder preguntas[br]ou identificar imaxes. 0:05:02.817,0:05:04.980 Pero décadas de traballo en psicoloxía 0:05:04.980,0:05:08.133 mostraron, simplemente, que isto[br]non é certo. 0:05:08.133,0:05:10.563 Os nosos recordos son construtivos. 0:05:10.563,0:05:12.132 Son reconstrutivos. 0:05:12.132,0:05:15.613 A memoria funciona máis[br]coma unha páxina da Wikipedia: 0:05:15.613,0:05:20.726 Ti podes ir e cambiala, [br]pero tamén poden facelo outros. 0:05:20.726,0:05:25.975 Comecei a estudar [br]este proceso construtivo da memoria 0:05:25.975,0:05:28.390 nos anos 70. 0:05:28.390,0:05:32.813 Fixen experimentos [br]que implicaban amosarlle á xente 0:05:32.813,0:05:35.318 delitos e accidentes simulados 0:05:35.318,0:05:38.836 e logo preguntarlles [br]acerca do que recordaban. 0:05:38.836,0:05:42.775 Nun estudo, amosabámoslle á xente[br]un accidente simulado 0:05:42.775,0:05:44.053 e preguntabámoslles, 0:05:44.053,0:05:46.917 como de rápido ían os coches[br]cando chocaron? 0:05:46.917,0:05:48.551 E a outros preguntabámoslles, 0:05:48.551,0:05:52.240 como de rápido ían os coches[br]cando se estrelaron? 0:05:52.240,0:05:55.242 Se na pregunta diciamos "estrelaron", 0:05:55.242,0:05:58.527 as testemuñas dicían[br]que os coches ían máis rápido, 0:05:58.527,0:06:02.524 e máis aínda, se na pregunta[br]se dicía "estrelaron" 0:06:02.524,0:06:05.384 iso facía que a xente dixese[br]con máis probabilidade 0:06:05.384,0:06:08.451 que viran vidros rotos [br]na escena do accidente 0:06:08.451,0:06:12.230 cando non había ningún en absoluto. 0:06:12.230,0:06:15.119 Noutro estudo, amosabamos[br]un accidente simulado 0:06:15.119,0:06:18.779 onde un coche atravesaba[br]unha intersección cun sinal de "stop", 0:06:18.779,0:06:23.711 e se lles preguntabamos, insinuando que[br]había un sinal de "ceda o paso", 0:06:23.711,0:06:27.560 moitas testemuñas dicían que lembraban[br]o sinal de "ceda o paso" 0:06:27.560,0:06:31.017 na intersección, non o sinal de "stop". 0:06:31.017,0:06:33.206 Agora ben, vostedes poden pensar que 0:06:33.206,0:06:34.529 estes son eventos gravados, 0:06:34.529,0:06:36.457 non son particularmente estresantes. 0:06:36.457,0:06:39.191 Cometeríase o mesmo tipo de error 0:06:39.191,0:06:42.142 nun evento realmente estresante? 0:06:42.142,0:06:45.233 Nun estudo que publicamos[br]hai poucos meses, 0:06:45.233,0:06:47.537 demos unha resposta a esta pregunta, 0:06:47.537,0:06:50.301 porque o especial dese estudo 0:06:50.301,0:06:55.933 foi que puxemos as persoas [br]nunha situación moi estresante. 0:06:55.933,0:06:58.162 Os que participaron nese estudo 0:06:58.162,0:07:00.672 eran militares dos EE.UU. 0:07:00.672,0:07:05.097 que pasaran por un horroroso [br]exercicio de adestramento 0:07:05.097,0:07:07.879 para ensinarlles o que lles pasaría 0:07:07.879,0:07:11.797 se fosen capturados[br]como prisioneiros de guerra. 0:07:11.797,0:07:14.227 Como parte dese exercicio [br]de adestramento, 0:07:14.227,0:07:17.756 eses soldados eran interrogados[br]dun xeito agresivo, 0:07:17.756,0:07:22.842 hostil e fisicamente abusivo,[br]durante 30 minutos. 0:07:22.842,0:07:25.659 Logo debían tratar de identificar 0:07:25.659,0:07:28.682 a persoa que levara a cabo[br]o interrogatorio. 0:07:28.682,0:07:32.505 E cando se lles subministraba[br]información interesada 0:07:32.505,0:07:35.283 insinuando que fora unha persoa diferente, 0:07:35.283,0:07:39.320 moitos deles identificaban [br]erroneamente o seu interrogador, 0:07:39.320,0:07:43.155 ás veces sinalando a alguén que,[br]nin remotamente, 0:07:43.155,0:07:46.259 se parecía ao interrogador verdadeiro. 0:07:46.259,0:07:48.560 O que amosan estes estudos é 0:07:48.560,0:07:52.420 que, cando lle dás á xente[br]información errada 0:07:52.420,0:07:55.800 acerca dalgunha experiencia pasada, 0:07:55.800,0:08:01.455 podes alterar, contaminar ou cambiar[br]o seu recordo. 0:08:01.455,0:08:03.655 Fóra de aí, no mundo real, 0:08:03.655,0:08:06.546 a información errada está en todas partes. 0:08:06.546,0:08:07.906 Recibimos información errada 0:08:07.906,0:08:10.822 non só se nos preguntan dun certo xeito, 0:08:10.822,0:08:13.269 senón tamén se falamos [br]con outras testemuñas 0:08:13.269,0:08:16.302 que, consciente ou inconscientemente, 0:08:16.302,0:08:18.439 dannos algo de información errónea. 0:08:18.439,0:08:23.169 Ou se vemos a cobertura nos medios [br]dalgún suceso que vivimos, 0:08:23.169,0:08:25.962 todos estes casos son oportunidades 0:08:25.962,0:08:30.312 para este tipo de contaminación[br]da memoria. 0:08:30.312,0:08:34.100 Nos anos 90, comezamos a ver 0:08:34.100,0:08:38.783 un tipo de problema de memoria[br]aínda máis extremo. 0:08:38.783,0:08:41.879 Algúns pacientes estaban iniciando[br]tratamento para un problema-- 0:08:41.879,0:08:44.793 quizais depresión, unha desorde[br]alimenticia -- 0:08:44.793,0:08:47.546 e saían da terapia 0:08:47.546,0:08:50.207 con outro problema distinto. 0:08:50.207,0:08:53.908 Recordos extremos de brutalidade [br]horrible, 0:08:53.908,0:08:55.891 ás veces, de rituais satánicos, 0:08:55.891,0:09:00.588 ás veces, incluíndo elementos[br]estraños ou infrecuentes. 0:09:00.588,0:09:03.142 Unha muller saíu de psicoterapia 0:09:03.142,0:09:05.570 crendo que soportara durante anos 0:09:05.570,0:09:09.472 abusos rituais, nos que era forzada[br]a quedar embarazada 0:09:09.472,0:09:12.038 e que lle arrincaban o bebé do seu ventre. 0:09:12.038,0:09:14.397 Pero non tiña cicatrices 0:09:14.397,0:09:16.423 nin ningún tipo de evidencia física 0:09:16.423,0:09:19.304 que apoiase a súa historia. 0:09:19.304,0:09:22.312 E cando empecei a examinar estes casos, 0:09:22.312,0:09:23.762 eu preguntábame, 0:09:23.762,0:09:26.090 de onde veñen estes estraños recordos? 0:09:26.090,0:09:30.477 O que atopei é que, [br]a maioría destas situacións 0:09:30.477,0:09:35.968 tiñan que ver con algunha forma[br]de psicoterapia. 0:09:35.968,0:09:37.567 Así que preguntei 0:09:37.567,0:09:40.955 se serían algunhas desas cousas[br]resultado da psicoterapia 0:09:40.955,0:09:43.839 --como exercicios de imaxinación 0:09:43.839,0:09:45.896 ou interpretación de soños 0:09:45.896,0:09:48.028 ou, nalgúns casos, hipnose 0:09:48.028,0:09:51.846 ou, quizais, exposición[br]a información falsa-- 0:09:51.846,0:09:54.633 se estes pacientes serían suxestionados 0:09:54.633,0:09:57.310 para desenvolver eses raros 0:09:57.310,0:10:00.241 e improbables recordos? 0:10:00.241,0:10:02.400 E deseñei algúns experimentos 0:10:02.400,0:10:07.425 para estuda-los procesos que se usaban 0:10:07.425,0:10:10.498 nesa psicoterapia, para examinar 0:10:10.498,0:10:14.049 o desenvolvemento[br]destes falsos recordos tan vívidos. 0:10:14.049,0:10:16.457 Nun dos primeiros estudos que fixemos 0:10:16.457,0:10:18.810 usamos a suxestión, 0:10:18.810,0:10:22.873 un método inspirado pola psicoterapia[br]que vimos neses casos, 0:10:22.873,0:10:24.983 usamos ese tipo de suxestión. 0:10:24.983,0:10:26.835 e implantamos un falso recordo 0:10:26.835,0:10:29.912 de que, cando eras un neno,[br]de cinco ou seis anos, 0:10:29.912,0:10:32.163 perdícheste nun centro comercial. 0:10:32.163,0:10:34.663 Estabas asustado. Chorabas. 0:10:34.663,0:10:37.177 Finalmente fuches rescatado [br]por un adulto 0:10:37.177,0:10:39.029 e volviches coa túa familia. 0:10:39.029,0:10:41.637 E tivemos éxito ao implantar [br]ese recordo 0:10:41.637,0:10:45.743 nas mentes da cuarta parte dos suxeitos. 0:10:45.743,0:10:47.748 E vostedes poden pensar que 0:10:47.748,0:10:50.094 iso non é especialmente estresante. 0:10:50.094,0:10:53.463 Pero, nós e outros investigadores 0:10:53.463,0:10:56.221 implantamos recordos vívidos de cousas 0:10:56.221,0:10:59.136 moito máis estrañas e máis estresantes. 0:10:59.136,0:11:01.675 Nun estudo feito en Tennessee, 0:11:01.675,0:11:04.091 os investigadores implantaron[br]o falso recordo 0:11:04.091,0:11:06.665 de que cando eras un neno, [br]case afogaches 0:11:06.665,0:11:09.172 e tívote que rescatar un socorrista. 0:11:09.172,0:11:11.475 E nun estudo feito en Canadá, 0:11:11.475,0:11:13.999 os investigadores implantaron [br]o falso recordo 0:11:13.999,0:11:15.227 de que, cando un neno, 0:11:15.227,0:11:18.957 algo tan horrible como ser atacado[br]por un animal salvaxe 0:11:18.957,0:11:20.339 pasárache a ti, 0:11:20.339,0:11:23.761 e tiveron éxito coa metade dos suxeitos. 0:11:23.761,0:11:26.113 E nun estudo feito en Italia, 0:11:26.113,0:11:28.771 os investigadores implantaron[br]o falso recordo, 0:11:28.771,0:11:33.983 de que cando eras neno, foras[br]testemuña dunha posesión demoníaca. 0:11:33.983,0:11:36.190 Quero engadir que podería parecer 0:11:36.190,0:11:39.929 como que estamos traumatizando[br]aos suxeitos experimentais 0:11:39.929,0:11:41.529 no nome da ciencia, 0:11:41.529,0:11:46.167 pero os nosos estudos foron examinados[br]coidadosamente 0:11:46.167,0:11:48.142 por comités de ética da investigación 0:11:48.142,0:11:50.484 que decidiron 0:11:50.484,0:11:53.557 que a molestia temporal que algúns 0:11:53.557,0:11:56.641 destes suxeitos poderían experimentar[br]nestes estudos 0:11:56.641,0:12:00.541 é superada pola importancia [br]deste problema 0:12:00.541,0:12:03.648 para entender os procesos da memoria 0:12:03.648,0:12:06.994 e o abuso da memoria[br]que esta a ocorrer 0:12:06.994,0:12:10.287 nalgúns lugares do mundo. 0:12:10.287,0:12:13.325 Ben, para a miña sorpresa, 0:12:13.325,0:12:16.754 cando publiquei este traballo[br]e comecei a falar 0:12:16.754,0:12:20.649 en contra desta forma particular[br]de psicoterapia, 0:12:20.649,0:12:24.629 tiven algúns problemas serios: 0:12:24.629,0:12:29.530 hostilidades, principalmente con[br]terapeutas da memoria reprimida, 0:12:29.530,0:12:31.206 que se sentiron atacados, 0:12:31.206,0:12:34.734 e cos pacientes aos que eles influíran. 0:12:34.734,0:12:37.671 Tiven gardas armados nalgunhas charlas 0:12:37.671,0:12:39.576 que me invitaron a dar. 0:12:39.576,0:12:43.793 Houbo campañas de recolleita de firmas[br]para que me despedisen. 0:12:43.793,0:12:45.774 Pero probablemente o peor 0:12:45.774,0:12:48.541 foi que eu sospeitaba que unha muller 0:12:48.541,0:12:50.965 era inocente dos abusos 0:12:50.965,0:12:53.801 dos que a acusaba [br]a súa propia filla, xa adulta. 0:12:53.801,0:12:57.218 Ela acusaba a súa nai de abuso sexual 0:12:57.218,0:12:59.077 baseada nun recordo reprimido. 0:12:59.077,0:13:01.960 E esta filla permitira que a súa historia 0:13:01.960,0:13:05.394 se filmase e se presentase[br]en lugares públicos. 0:13:05.394,0:13:07.903 Eu sospeitaba desta historia, 0:13:07.903,0:13:10.203 así que empecei a investigar, 0:13:10.203,0:13:14.686 e, finalmente, atopei[br]información convincente 0:13:14.686,0:13:16.975 de que a nai era inocente. 0:13:16.975,0:13:19.936 Publiquei unha exposición do caso, 0:13:19.936,0:13:23.380 e pouco tempo despois, a filla 0:13:23.380,0:13:24.901 presentou unha demanda. 0:13:24.901,0:13:27.256 Aínda que nunca mencionei o seu nome, 0:13:27.256,0:13:31.618 ela demandoume por difamación[br]e invasión da intimidade. 0:13:31.618,0:13:34.341 E pasei preto de cinco anos 0:13:34.341,0:13:40.893 loitando con esta desagradable lea, 0:13:40.893,0:13:44.567 pero finalmente, todo rematou e[br]puiden realmente 0:13:44.567,0:13:46.991 retornar ao meu traballo. 0:13:46.991,0:13:49.476 No proceso, con todo, volvinme parte 0:13:49.476,0:13:52.130 dunha tendencia perturbadora [br]nos EE.UU., 0:13:52.130,0:13:54.237 na que os científicos eran denunciados 0:13:54.237,0:13:58.836 simplemente por falar de temas[br]de gran controversia pública. 0:13:58.836,0:14:02.194 Cando regresei ao meu traballo,[br]fíxenme a pregunta: 0:14:02.194,0:14:04.592 Se implanto falsos recordos na túa mente, 0:14:04.592,0:14:06.436 haberá repercusións? 0:14:06.436,0:14:08.495 Afectará iso aos teus [br]pensamentos despois? 0:14:08.495,0:14:10.496 Ao teu comportamento futuro? 0:14:10.496,0:14:12.963 O noso primeiro estudo implantaba[br]o recordo falso 0:14:12.963,0:14:15.849 de que de neno enfermaras por comer[br]certos alimentos: 0:14:15.849,0:14:18.848 ovos cocidos, cogombros en vinagre,[br]xeado de amorodo... 0:14:18.848,0:14:22.038 Atopamos que, unha vez que implantamos[br]estes falsos recordos, 0:14:22.038,0:14:24.489 as persoas xa non querían comer[br]estes alimentos 0:14:24.489,0:14:26.749 nun pícnic ao aire libre. 0:14:26.749,0:14:30.622 Os falsos recordos non son necesariamente[br]malos ou desagradables. 0:14:30.622,0:14:32.980 Se implantábamos un recordo [br]agradable, borroso, 0:14:32.980,0:14:36.001 que tiña que ver con comida saudable,[br]coma espárragos, 0:14:36.001,0:14:39.476 podíamos facer que a xente quixese[br]comer máis espárragos. 0:14:39.476,0:14:41.850 Así que, o que estes estudos[br]están a mostrar 0:14:41.850,0:14:43.965 é que podes implantar falsos recordos 0:14:43.965,0:14:45.378 e lograr repercusións 0:14:45.378,0:14:50.463 que afectan ao comportamento moito tempo[br]despois de que o recordo sexa asimilado. 0:14:50.463,0:14:52.887 Ben, canda esta capacidade 0:14:52.887,0:14:55.810 para implantar recordos e controla-lo[br]comportamento, 0:14:55.810,0:14:59.991 obviamente veñen algúns asuntos[br]éticos importantes, 0:14:59.991,0:15:03.050 como, cando deberiamos usar[br]esta tecnoloxía na mente? 0:15:03.050,0:15:06.580 E se deberiamos incluso prohibila? 0:15:06.580,0:15:09.513 Os terapeutas non poden, eticamente,[br]implantar falsos recordos 0:15:09.513,0:15:11.100 na mente dos seus pacientes, 0:15:11.100,0:15:13.664 aínda que iso puidera axudarlles, 0:15:13.664,0:15:15.286 pero nada pode evitar que un pai 0:15:15.286,0:15:19.735 intente isto co seu adolescente[br]con sobrepeso ou obesidade. 0:15:19.735,0:15:22.340 E cando suxerín isto publicamente, 0:15:22.340,0:15:25.686 provoquei outra protesta. 0:15:25.686,0:15:29.719 "Aí vai esta outra vez. Está a suxerir que[br]os pais lles mintan aos fillos". 0:15:29.719,0:15:31.964 Ola, Papá Noel. (Risas) 0:15:31.964,0:15:41.461 Quero dicir, outro xeito de velo é, 0:15:41.461,0:15:43.494 que preferirías ter: 0:15:43.494,0:15:46.523 un neno obeso, diabético, con menor[br]esperanza de vida, 0:15:46.523,0:15:48.055 e todo o que iso implica, 0:15:48.055,0:15:51.071 ou un neno cuns poucos recordos falsos? 0:15:51.071,0:15:54.462 Eu sei o que escollería[br]para un dos meus fillos. 0:15:54.462,0:15:58.439 Pero, quizais, o meu traballo fíxome[br]distinta da maioría das persoas. 0:15:58.439,0:16:00.518 A maioría da xente valora[br]os seus recordos, 0:16:00.518,0:16:02.672 sabe que representan a súa identidade, 0:16:02.672,0:16:04.697 quen son, de onde veñen. 0:16:04.697,0:16:07.555 Eu entendo isto. Síntome tamén así. 0:16:07.555,0:16:09.760 Pero sei, polo meu traballo, 0:16:09.760,0:16:14.241 canto de mito hai neste tema. 0:16:14.241,0:16:16.973 Se aprendín algo destas décadas 0:16:16.973,0:16:19.383 de traballo sobre estes problemas, é isto: 0:16:19.383,0:16:21.594 só porque alguén che diga algo 0:16:21.594,0:16:23.169 e cho diga con confianza, 0:16:23.169,0:16:25.849 só porque o di con todo luxo de detalles, 0:16:25.849,0:16:28.608 só porque se expresa[br]con emoción cando o di, 0:16:28.608,0:16:31.810 non significa que realmente ocorrese. 0:16:31.810,0:16:35.675 Non podemos distinguir os recordos falsos[br]dos verdadeiros con fiabilidade. 0:16:35.675,0:16:39.223 Necesitamos unha confirmación[br]independente. 0:16:39.223,0:16:42.313 Este descubrimento fíxome máis tolerante 0:16:42.313,0:16:44.452 cos erros cotiáns de memoria 0:16:44.452,0:16:47.366 que cometen os meus amigos[br]e a miña familia. 0:16:47.366,0:16:51.900 Este descubrimento puido [br]salvar a Steve Titus, 0:16:51.900,0:16:55.476 o home cuxo futuro foi arrebatado 0:16:55.476,0:16:57.714 por un recordo falso. 0:16:57.714,0:17:00.530 Pero mentres tanto, [br]todos deberíamos ter presente, 0:17:00.530,0:17:02.166 faríamos ben en facelo, 0:17:02.166,0:17:06.037 que a memoria, como a liberdade, 0:17:06.037,0:17:09.731 é algo fráxil. 0:17:09.731,0:17:12.669 Grazas. Grazas. 0:17:12.669,0:17:15.397 Grazas. (Aplausos) 0:17:15.397,0:17:19.116 Moitas grazas. (Aplausos)